Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Realizarase a lo menos unha vez ao trimestre tendo en conta a táboa do Plan Dixital onde se marcará os ítems; realizada, pendente ou aprazada seguindo a consecución dos obxectivos.
No 1º trimestre:
- Elaborouse un sistema de comunicación de incidencias para poder xestionalas correctamente e no menor tempo posible.
- Fíxose unha revisión dos equipos obsoletos do centro para solicitar equipamento novo á Consellería.
- Puxéronse en funcionamento os equipos dos cursos de Edixgal, así como as aulas virtuales dos demais cursos.
- Organizouse o material informático da aula móbil para poñela en funcionamento.
Tarefas que se realizarán en todos os trimestres
- Distribuír no equipo TIC a xestión de incidencias.
- Formación entre iguais: Edixgal e aula virtual.
- Formar ao profesorado no empleo de ferramentas dixitais relacionadas co uso da biblioteca.
Catalogar os libros da biblioteca co programa Koha.
No 2º Trimestre:
- Continuamos coa xestión das incidencias e a súa solución.
- Comezouse co uso da aula móvil nos cursos de 2º, 3º e 4º de primaria a nivel titoría e especialidades (inglés).
- Tivemos as formacións dos PFPP tanto de Plambe como de Polos creativos. No Plambe houbo formación do programa Koha entre outras e comezouse co rexistro dos libros mediante dito programa. En polos creativos recibimos a formación en impresión 3D, pero non o pudimos levar á práctica pola falta de material para facelo.
Tarefas que se realizan en todos os trimestres
- Distribuír no equipo TIC a xestión de incidencias.
- Formación entre iguais: Edixgal e aula virtual.
- Formar ao profesorado no empleo de ferramentas dixitais relacionadas co uso da biblioteca.
Catalogar os libros da biblioteca co programa Koha.
No 3º trimestre:
- Continuamos traballando na rápida resolución das incidencias.
- Instaláronse os paneis dixitais nos cursos que faltaban e recibimos para esas aulas un portátil novo para actualizar os equipos.
- Continuouse co traballo dos portátiles da aula móvil nos cursos de 2º, 3º e 4º de primaria.
- Decídese no Consello Escolar debido a unha petición dos representantes de nais e pais non renovar a subscrición ao programa EDIXGAL. Preséntanse tanto pola dirección do centro como pola coordinación TIC informes sobre o rendemento do seu emprego que é favorable, pero realízase unha enquisa entre as familias na que máis do 90 % votan en contra da continuidade. Ante tal resultado, o Consello vota e valida a petición das familias. Nos meses de xuño e xullo de 2024 son retirados os equipos de carga e os dispositivos de alumnado do programa.
Tarefas que se realizan en todos os trimestres
- Distribuír no equipo TIC a xestión de incidencias.
- Formación entre iguais: Edixgal e aula virtual.
- Formar ao profesorado no empleo de ferramentas dixitais relacionadas co uso da biblioteca.
Catalogar os libros da biblioteca co programa Koha.
Avaliación
- avaliación procesual: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- avaliación final: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
A nivel xeral fóronse conseguindo case todos os obxectivos propostos en maior ou menor medida.
A implementación de polos creativos quedou a medias pola falta de envío de material, aínda que se trataron de facer outras actividades sen o mesmo.
Houbo renovación de portátiles nas aulas dos cursos superiores, onde se instalaron os paneis dixitais e a maiores diso os portátiles do profesorado de Edixgal quedarán no centro para habilitalos en aulas e no de partamento de orientación o que supón unha mellora dixital para o traballo docente que facía moita falta.
As incidencias resolvéronse de forma satisfactoria ben polos membros do equipo TICs ou pola UAC en casos máis técnicos.
A aula móbil xa está funcionando correctamente.
Houbo un rexistro elevado dos libros da biblioteca na aplicación Koha.
Cumpre mencionar aquí tamén o feito importante da non continuidade no programa EDIXGAL. Aínda que o mesmo estaba a proporcionar bos resultados tanto no eido académico como no relativo á alfabetización informática do alumnado e que o profesorado o estaba empregando de modo puntual e limitado, existiu unha petición por parte das familias para non renovarmos a adscrición ao programa que foi aprobada polo Consello Escolar. Deste xeito, as aulas de 5º e 6º de Ed. Primaria abandonan EDIXGAL e incorporaranse ao uso da aula informática móbil o curso próximo como actividade para garantir un mínimo de uso escolar de recursos dixitais.
Recibir o material de polos creativos para poder continuar coa formación no uso dos materiais recibidos e poder empregalos na aula.
Reforzar o uso da aula virtual (Moodle) co centro como substitutivo de EDIXGAL.
Comunicación e difusión
Na páxina web do centro.