Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Revisión periódica da consecución dos obxectivos en reunións do equipo TIC que se celebran o segundo luns de cada mes, e tamén da coordinadora coa Dirección do centro.
Reunión trimestral para valorar as accións e obxectivos realizados no trimestre, dificultades atopadas e posibles modificacións/aprazamentos de accións.
Consultas e visitas periódicas do mentor ADIX.
2/10/2023 - Reunión Equipo Tic .Organización do traballo do equipo Tic e planificación do traballo co Plan dixital.
9/10/2023 - Correo ao profesorado do centro para poñer en marcha a AV. Pídeselles que revisen e eliminen o que non é necesario e ofrecemos colaboración para a posta en marcha.
19/10 /2023 - Reunión Asesor ADIX no noso centro para organizar o traballo do Plan dixital e resolver dúbidas.
Durante todo o trimestre insistimos a todo o profesorado da necesidade de ter operativa a AV canto antes. Imos matriculando ao alumnado novo e "facendo limpeza " de todo o que non é necesario.
Observamos niveis de interese moi diferentes no profesorado en relación ao traballo coa AV.
15/01/2024 - Reunión Equipo Tic .Organización do traballo do equipo Tic e planificación do traballo pendente co Plan dixital.
5/02/2024 - Desde o equipo TIC insistimos ao claustro da importancia de ter a AV operativa e ofrecemos colaboración para a posta en marcha ou coas dificultades que podan xurdir.
Durante este trimestre o equipo TIC estivemos a resolver dúbidas coa AV coa xente que está a traballar nela. Imos matriculando ao alumnado novo e dando de baixa o alumnado que marcha,pois neste centro hai un contínuo ir e vir de alumnado durqnte todo o curso.
Seguimos a observar niveis de interese moi diferentes no profesorado en relación ao traballo coa AV.
Durante este trimestre o equipo TIC seguimos a resolver dúbidas coa AV coa xente que está a traballar nela.Segue a haber,aínda que cada vez menos, profesorado pouco involucrado co tema da Av.
Temos os espazos preparados par o material de Polos Creativos, mais aínda non chegaron. Empregamos materiais do centro para comezar a traballar coa idea de polos creativos.
Avaliación
Reunión final xeral para valorar o Plan Dixital en xeral, onde se realizarán as achegas sobre como foi todo en conxunto, obxectivos acadados,pendentes e parcialmente acadados e valoración e propostas de mellora para o curso que ven.
Se analizamos de xeito xeral o plan dixital deste curso podemos dicir que boa parte dos obxectivos foron acadados. Houbo obxectivos que non fumos quen de completar debido a diferentes factores: as obras no centro durante gran parte do curso, as modificacións e postas a punto das instalacións de internet continuas, os diferentes niveis de interese no tema dixital por parte do profesorado,...É evidente que se necesita traballar máis profundamente no plan dixital e na formación contínua do profesorado para poder seguir acadando os obxectivos marcados e poder evolucionar con novos obxectivos,aínda que sexa pouco a pouco.
Pensamos que se necesita incidir máis desde a Consellería,así como desde os equipos directivos,na importancia de formarse a través do plan dixital, e que todo o profesorado(o 100 %) colabore dun xeito activo e participativo nas propostas ,suxerencias,e obxectivos a conseguir con respecto ao tema dixital.
Sería positivo marcar,nos primeiros días de setembro,unhas reunións informativas e formativas para o profesorado para poñer en marcha o plan dixital desde o primeiro día.
Comunicación e difusión
Este Plan Dixital presentouse ao Claustro e ao Consello Escolar para a súa aprobación con data 30 de outubro de 2023.
Publicarase en canto esté dispoñible na páxina web do centro.
O Plan Dixital será público e se adxuntará no apartado de ‘Documentación’ na páxina web do centro xunto con outros documentos importantes da organización para que a comunidade educativa poida consultalo en calquera momento. Enlace Plan Dixital - CEIP Curros Enríquez