Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O contorno urbano do noso colexio é o correspondente a un distrito de clase media. Detectamos, que a influenza na educación dos nosos alumnos procede, non tanto do específico e estrito ámbito xeográfico e socioeconómico no que está situado o colexio, senón dos valores, estilos de vida e vivencias sociais presentes na sociedade urbana. Así pois, se constata que o sistema de valores dende o que o colexio pretende orientar a súa acción educativa, é claramente diverxente co sistema de valores promovidos pola sociedade na que está inserto.
En canto a incardinación do PD no proxecto educativo do centro pódese destacar as seguintes contribucións:

  • No curso 2007-2008 prodúxose a primeira mellora destacable nas infraestruturas en TIC motivada pola actuación da Fundación Amancio Ortega no Centro.
  • O proxecto Abalar posto en marcha no curso 2010-2011 pola Consellería de Educación implantado nos cursos de 5º e 6º de E.P. e 1º e 2º da ESO. Actualmente non sigue vixente este proxecto
  • Os alumnos  de 5º e 6º E.P. estiveron a traballar co proxecto E-DIXGAL da Consellería de Educación ata o curso 2022-23, o que tiña coma obxectivo por en marcha o libro dixital, para acadar dito fin, docentes e alumnos desenvolveran a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe. Actualmente non sigue vixente este proxecto
  • Proxecto “Uno por Uno” implantado no curso 2020-2021 combina o uso na aula de un dispositivo Chromebook coa Suite de Google para Centros Educativos. Este proxecto está presente dende 3º de Educación Primaria en adiante. Ademais, grazas ao proxecto “Uno por Uno” todos os estudiantes do centro posúen unha dirección de correo electrónico corporativo coas conseguintes vantaxes proporcionadas pola Suite de Google.
  • A raíz do proxecto anterior, no curso 2021-22, có aumento significativo de dispositivos no centro e ante a necesidade dun maior control por el profesorado incorporouse un software específico de filtrado web, filtrado específico de Youtube e xestión dos dispositivos na aula.
  • No trancurso do curso 2022-2023 realizáronse melloras nas aulas de E.Primaria e E.S.O. coa sustitución de pizarras dixitais por pantallas interactivas grazas a unha subvención da Xunta.
  • Eleccións de materias optativas ou de libre configuración relacionadas coa dixitalización:
    • En 3º ESO o centro oferta a materia de Educación Dixital (LOMLOE)
    • En 4º ESO o centro oferta a materia de Dixitalización (LOMLOE)
    • En 1º y 2º de Bacharelato o Centro oferta a materia de Tecnoloxía da Información e Comunicación (LOMLOE)
    • O Centro, dando resposta a unha demanda de formación, dun mundo globalizado e que cada vez esixe máis capacidades nos alumnos, oferta actividades complementarias de robótica e informática. Co obxectivo de estimular o pensamento creativo: axudando a seleccionar, crear e manexar información de diferentes tipos. A robótica presenta a tecnoloxía ós rapaces dunha forma lúdica, onde se experimentan as recompensas de comprensión e realización.

Proceso de elaboración

Na elaboración do Plan Dixital o equipo de Dinamización tivo como referencia os obxetivos do ano pasado encontrando diversas casuísticas:

  • Obxectivos que non foron acadados no curso anterior e que deberían volver a estar nesta nova versión como estaban.
  • Obxectivos que non foron acadados no curso anterior e que deberían volver a estar nesta nova versión pero reaxustando as accións para chegar a acadalos.
  • Obxectivos que xa foron acadados pero que se considera que teñen que repetirse de forma anual por formar parte do funcionamento do centro.
  • Obxectivos que xa foron acadados e que non estarán presentes nesta nova versión.
  • Obxectivos novos que precisan ser incluídos.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para obter a información do estado do centro previo ao Plan Dixital, durante o curso 2021/2022, empregáronse as seguintes fontes de información: 

  • Autoavaliación SELFIE. A ferramenta SELFIE reúne de forma anónima as opinións do alumnado, profesorado e equipo directivo sobre o modo no que a tecnoloxía é usada no centro. Utiliza enunciados breves y simples cunha escala de valoración de 1 a 5. Os enunciados poden englobarse en diferentes ámbitos tal e como pódese ver na táboa seguinte no que ven recollido o resumo das valoracións por área, nivel educativo e grupo que o realiza. Cómpre destacar que non houbo participación do equipo directivo en ESO y FP por baixa temporal.
  • Test CDD. O Profesorado de todo o centro realizou un test de competencia dixital docente proporcionado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. En primer lugar na seguinte táboa pódese ver a participación do profesorado en función da súa situación laboral.
  • Outras fontes: Ademais das dúas fontes comentadas anteriormente, fíxose un pequeno debate entre o grupo de dinamización do Plan Dixital a partir dunha serie de preguntas proporcionadas polo equipo ADIX o que axudou a clasificar finalmente as debilidades e fortalezas na análise DAFO.

Baseándonos no propio coñecemento dos docentes sobre o centro e na consecución de obxectivos do plan dixital do curso anterior, levarase a cabo o novo proceso de actualización do Plan Dixital.

Interno
32 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Selfie H13 - Resolver problemas técnicos (alumnado) Alumnado Si
Debilidade Selfie H1 e outros - Incorporación nas diferentes materias de conceptos como a verificación da calidade da información, comportamento seguro e responsable do alumnado na Internet etc. Alumnado Non
Debilidade Outros - Coñecemento técnico das familias Familias Non
Debilidade Outros - Procesos de dixitalización administrativa Organización de centro Si
Debilidade Selfie E5 - Recursos educativos abiertos Persoal docente Si
Debilidade Selfie F4 - Implicación/Motivación del alumnado Persoal docente Non
Debilidade Selfie B2 - Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Debilidade Selfie H3 e CDD 6.5 - Capacitar ao alumnado dun uso responsable Persoal docente Si
Debilidade SELFIE DPC4 - Desarrollo profesional a través de redes profesionais Persoal docente Non
Debilidade Selfie D1 - Necesidades de DPC Persoal docente Non
Debilidade Selfie G5 - Autorreflexión sobre o aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade Selfie H1 e Outros - Incorporación nas diferentes materias de conceptos como a verificación da calidade da información, comportamento seguro e responsable do alumnado na Internet etc. Persoal docente Non
Fortaleza Selfie H10 - Habilidades dixitais para diferentes materias Alumnado Non
Fortaleza Selfie PEC9 - Comunicación vía CIFRA (excepto Ciclos) Familias Non
Fortaleza Selfie C2 - Infraestructuras e Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza Selfie A3 - Novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza Outros - Estabilidade laboral do persoal docente e non docente. Organización de centro Non
Fortaleza Selfie A3 - Novas modalidades de ensino Organización de centro Non
Fortaleza 1.1CDD - Comunicación Organizativa Organización de centro Non
Fortaleza Selfie PEC9 - Comunicación vía CIFRA (excepto Ciclos) Organización de centro Non
Fortaleza Outros - Existencia dunha estratexia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Selfie A3 - Novas modalidades de ensino Persoal docente Non
Fortaleza Selfie E3 - Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza 1.7CDD - Aprendizaxe profesional Persoal docente Non
Fortaleza Selfie G7 - Evaluación dixital Persoal docente Non
Fortaleza Selfie D3 - Intercambio de experiencias Persoal docente Non
Fortaleza Selfie E2 - Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza 2.1CDD - Busca e selección de recursos Persoal docente Non
Fortaleza 3.1CDD - Ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Selfie DPC2 - Desenvolvemento profesional en línea a través da colaboración Persoal docente Non
Fortaleza Outros - Transformación da práctica docente co uso da ferramentas dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Selfie PEC9 - Comunicación vía CIFRA (excepto Ciclos) Persoal non docente Non
32 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Outros - Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Non
Ameaza Outros - Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Non
Oportunidade Outros - Relación coa/a ANPA/s. ANPA Non
Oportunidade Outros - Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Contorna Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Para a realización do Plan de Acción partimos das debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades definidas na análise DAFO:

  • Selfie H13 - Resolver problemas técnicos (alumnado)
  • Selfie E5 - Recursos educativos abiertos
  • Selfie H3 e CDD 6.5 - Capacitar ao alumnado dun uso responsable
  • Outros: Procesos de dixitalización administrativa

O equipo de dinamización do PD decidiu centrarse nas debilidades, das que se foron debatindo unha por unha e clasificando segundo a súa relevancia. Intentaranse acadar os obxectivos recollidos no plan de acción deseñado para este curso.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Concienciación dos riscos existentes nas redes sociais
O2PD Dixitalización de procesos administrativos
O3PD Aumentar o grado de utilización de recursos educativos abiertos
O4PD Coñecemento por parte do alumnado de documentación relativa á resolución de problemas técnicos

Seguimento

Procedemento

Normalmente unha vez ao mes, o equipo de dinamización do Plan Dixital reúnese para facer seguemento das accións que se deben realizar cunha data máis próxima. Para facer este seguemento nunha folla de cálculo temos todas as accións listadas e facemos comentarios do seu estado.

Ademais o equipo reúnese semanalmentepara traballar nas accións marcadas nos obxectivos do plan. Contaremos durante este proceso coa colaboración da mentora ADIX.

1º Trimestre

Cumplíronse a maior parte dos obxectivos en forma e data, quedando pendente o remate do video dos REAs

2º Trimestre

Rematouse e difundiuse o video dos REAs pendente do primeiro trimestre.

En canto os obxetivos do segundo trimestre acadáronse todos coa excepción da realización do video dos problemas técnicos dos ChromeBooks. Isto foi debido a que á hora de actualizar o documento de resolución de problemas cós ChromeBook atopamos mais puntos de mellora que os esperados, polo tanto levou mais tempo actualizar o documento non quedando así tempo para facer o video. No terceiro trimestre farase o video partindo da información actualizada do documento.

3º Trimestre

Realizáronse todas as accións programadas para este trimestre e ademais finalizouse o video das preguntas frecuentes dos ChromeBooks que estaba pendente da avaliación anterior.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o proxecto seguimos as accións e indicadores de logro marcados no Plan de Acción. Nas reunións semanais do grupo de traballo do Plan Dixital imos analizando a realización das diferentes accións en tempo e forma e se acadamos os indicadores esixidos.

Trimestralmente farase tamén unha avaliación do grado de desenvovemento dos obxectivos do Plan de acción.

Valoración xeral

Dos catro obxetivos marcados inicialmente finalmente acadáronse os indicadores de logro en dous deles.

  1. Concienciación sobre os perigos en redes sociais de cara ao alumnado: Como resultados de todas as accións realizadas en este obxetivo, o porcentaxe de alumnos que perciben perigos en redes sociais aumentou significativamente superando o 80%.
  2. Coñecemento por parte do alumnado de documentación técnica dos ChromeBooks: A porcentaxe de alumnos que saben que esta documentación existe é do 76%. Como documentación referímonos ao documento Google Docs xa que o video rematouse ao final do curso polo que non o tivemos en conta.

Dos outros dous obxetivos non se conseguiron os logros indicados incialmente

  1. Dixitalización de procesos administrativos: Fixéronse dous procesos completos, o terceiro quedou a medias e terminarase a comezos do curso seguinte coa venta de libros. O indicador de logro era ter 3 procesos polo que está casi acadado.
  2. Uso de REAs por parte do profesorado: O 50% do profesorado levou a aula algún REA. O indicador de logro marcado ao inicio de curso era o 60% polo que non conseguiuse o obxetivo
Proposta de mellora

Dos obxetivos traballados neste curso fanse as seguintes propostas de mellora:

  1. Concienciación sobre os perigos en redes sociais de cara ao alumnado: Ainda que este obxetivo foi acadado o uso reiterado das redes sociais por parte dos alumnos fai que caigan en un estado de confianza e non ten en consideración todo o aprendido. Por esto proponse recordar de manera paulatina para o curso que ven estos conceptos.
  2. Coñecemento por parte do alumnado de documentación técnica dos ChromeBooks: O curso que ven volveremos a difundir o video xa que este ano non houbo tempo para traballalo có alumnado
  3. Dixitalización de procesos administrativos: Rematarase a venta de libros a comezos do ano que ven e seguirase traballando có equipo directivo para mellorar procesos.
  4. Uso de REAs por parte do profesorado: Os resultados acadados non foron bós así que haberá que pensar en outras formas de que o profesorado sea consciente da utilidade dos REAs

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Por medio de esta portal (edu.xunta.gal/educalidade) habilitarase unha URL (https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15004782) no que se tendrá acceso ao Plan Dixital de este curso.