Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Reunións do Equipo do Plan Dixital do Centro
Os diferentes obxectivos do plan de acción teñen uns indicadores específicos e concretos que axudan a determinar si está acadado ou non acadado e se é preciso facer modificacións nas
diferentes accións para lograr a súa consecución.
Unha vez por trimestre o equipo dixital docente reunirase e valorará o estado dos indicadores asociados aos obxectivos e determinará se son necesarios cambios tomando as
decisións que considere oportunas .
Revisadas as accións previstas de rematar no primeiro trimestre, os resultados foron os seguintes:
AO1.1:Reunión do claustro para explicar a importancia do PDC: Cumpriuse en prazo, o equipo directivo informou ao Claustro da importancia de desenvolver o Plan Dixital que se iniciou no curso anterior.
AO1.2: Asignación ao profesorado implicado no EPD dunha hora de reducción semanal: Non foi posible dar unha hora aos docentes que forman parte do Equipo do Plan Dixital, xa que a carga horaria lectiva dos departamentos fai imposible dispoñer dunha hora para dedicar ao Plan Dixital. Só o coordinador do PD pudo contar cunha hora de dedicación.
AO1.1: Establecer as necesidades do centro a nivel informático para solucionar a falta de asistencia técnica: Realizouse no mes de decembro a enquisa que foi contestada maioritariamente (32 de 42 docentes, 76%)
AO1.2: Analizar e buscar unha empresa na contorna que se axuste as necesidades do centro en materia dixital. Tras o estudo das necesidades (segundo rersultados da enquisa) e o estudo das diferentes ofertas recibidas por varias empresas, tanto da oferta de servizos como de orzamento para realizalos. eliximos a unha empresa para levar a cabo o mantememto que necesitamos. A empresa elixida foi Novatedi Dixital, con sede en Ourense.
Revisadas as accións previstas de rematar no segundo trimestre, os resultados foron os seguintes:
AO1.3: Establecer un protocolo de comunicación das incidencias informáticas.
Estaba previsto mediante a Aula Virtual establecer un protocolo de comunicación para comunicar os fallos ou incidencias informáticas que se producen no centro. Analizada esta posibilidade vimos que non era o máis adecuado, e tras o estudo doutras canles de comunicación chegamos á conclusión de que o mello é crear un formulario na páxina web do centro, só accesible ao profesorado e persoal autenticado, para cominicar a través del as incidencias. O formulario xa está funcionando dende o momento en que se informou en Claustro desta posibilidade. O formulario comunica de xeito instantáneo as incidencias aos coordinadores TIC, Plan Dixital e empresa de servizo de mantemento contratada para resolver os problemas técnicos do IES Ferro Couselo.
Revisadas as accións previstas de rematar no terceiro trimestre, os resultados foron os seguintes:
AO1.2:Creación de recursos colaborativos. Logramos acadar o obxectivo cun 23,8% de participación sobre un 20% previsto inicialmente.
AO1.3: Publicación dos contidos colaborativos. Decidimos publicar os resultados através dun curso na Aula Virtual dispoñoble para o profesorado coa finalidade de que poda ver que tipo de preguntas se poden facer, que significa un banco de preguntas e vantaxes para aplicalo na realización de probas dun xeito rápido e ordenado.
Avaliación
Feitas as análises trimestrais o equipo elaborará un informe (parte da memoria final de curso) que recollerá os resultados acadados ou non, os aspectos negativos e positivos alcanzados e posibles propostas de mellora de cara o plan dixital anual seguinte.
As propostas de mellora sempre partirán da análise dos resultados do seguimento do plan de acción descrito anteriormente e ademáis da probable realización anual do test SELFIE e o test CDD por parte da comunidade educativa nos distintos sectores, xa que a realidade dos centros irá mudando ano tras ano. Estas melloras serán plasmadas no novo Plan Dixital de Centro anual.
Acadamos todos os obxectivos previstos agás aqueles que non eran dependentes do centro. O único obxectivo que non acadamos foi o de dispoñer dunha hora semanal para o traballo no Plan Dixital dos membros participantes, pero as cargas horarias non permitiron dispoñer desa hora agás para o coordinador do Plan Dixital.
O Claustro estivo informado de todos os paso que se deron no Plan Dixital, ben nas reunións de Claustro, ben a través das reuniónds dea CCP
Valoramos positivamente ter acadados os obxectivos que nos permiten solucionar incidencias TIC dun xeito máis rápido, pero tamén somos conscientes do gran número desas incidencias que se producen debido aos obsoletos recursos tic cos que conta o centro e ás malas infraestructuras tanto eléctricas como cableado de rede e puntos de acceso wifi.
Resultou moi positiva a participación do profesorado nas enquisas realizadas para obter información sobre as necesidades ou demandas que teñen.
Resultou positivo realizar o banco de preguntas colaborativo, que pode resultar de proveito para todos os membros de cada departamento participante,
A creación de actividades dixitais supón unha mellora da competencia dixital do profesorado participante e tamén do alumnado.
A formación E-Dixgal que recibiu o Equipo do Plan Dixital valórase como moi positiva, tanto polo aprendido, como polas posibilidades (recursos, facilidade) que descubrimos e que ofrece o Proxecto E-Dixgal, crendo conveniente promovelo ao Claustro pese ás reticencias infundadas que parte del mostra cara o libro dixital e os recursos dixitais.
Despois de analizar e avaliar na última reunión do Plan Dixital establecemos como puntos de mellora os seguintes:
Establecer no horario (se é posible) unha hora de dedicación al Plan Dixital para os membros do equipo.
Manter e tratar de mellorar os resultados dos obxectivos acadados do Plan Dixital para o vindeiro curso.
Establecer novos obxectivos do PD:
1. Comunicar ao Claustro a situación do PD e as accións previstas para o curso 23-24
2. Renovar a aula de informática e os ordenadores dalgunha aula e dispoñer dun repositorio de materiales como teclados, ratos, swichts, etc
3. Crear "recetas" instruccións curtas e sinxelas para que o profesorado poda resolver aquelas incidencias TIC que non precisen de personal técnico especializado
4. Realizar unha enquisa para recabar as demandas de formación sobre algún aspecto TIC ou Competencia Dixital.
5. Mellorar a Competencia Dixital do alumnado de 1º ESO en canto ao uso da Aula Virtual, ofimática básica, creación de PDF, contas de correo e sobre todo sobre os riscos polo (mal) uso das redes sociais.
Comunicación e difusión
PROTOCOLO PARA A DIFUSIÓN DO PLAN DIXITAL
Publicación do Plan Dixital a toda a comunidade educativa a través da páxina do centro polo equipo directivo.
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesferrocouselo/system/files/PLAN%20DIXITAL-1.pdf
Envío ao profesorado a través do correo electrónico.
Envío a familias a través de ABALAR.