Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Nome: IES O Couto

Dirección: Rúa Rampa de Sas S/N, Ourense

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iescouto/

Correo electrónico: ies.couto@edu.xunta.gal

Ensino: ESO e bacharelato

Total alumnado: 463

Total profesorado: 53

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O IES O Couto é un instituto de barrio da cidade de Ourense. Trátase dun barrio populoso, de arredor de trinta mil habitantes, e na mesma área educativa existe un centro de ensino concertado e un centro de educación permanente de adultos. O perfil socioeconómico máis común dos pais e nais do noso alumnado correspóndese a traballadores por conta allea, aínda que tamén existen porcentaxes relevantes de funcionarios e pequenos empresarios. Parece de interese destacar que o barrio do Couto é un dos que de maneira preferente acolle desde hai anos poboación inmigrante que chega á cidade de Ourense, e iso ten o seu reflexo na nosa comunidade educativa, en que convive alumnado con pais de distintas procedencias, tanto comunitarias como extracomunitarias.

Nun centro das nosas características, o Plan Dixital ten que dar acollida a todas as realidades presentes na nosa comunidade educativa. A eficacia do Plan Dixital medirase tamén, entre outros indicadores de logro, á hora de establecer en que medida mellorou o noso traballo de aula e a inserción escolar do alumnado máis desfavorecido, así como no que tivo de mellora da nosa actividade docente e de xestión de documentos docentes e relativos á administración escolar. O IES O Couto participa en distintos plans e proxectos de mellora educativa (PROA, Proxecta, seminarios e grupos de traballo do CFR…). De todos eles, se cadra o Club de ciencias, que funciona hai anos no noso centro sexa dos máis acaídos no que fai aos contidos do PD. Agardamos, e ese é un dos nosos indicadores de logro máis relevantes, que o labor que desenvolvamos desde o grupo do Plan Dixital teña unha traslación, cando menos parcial, ao Proxecto Educativo de centro así como ao resto dos documentos e prácticas docentes polas que se ordenan as actividades no seo da nosa comunidade educativa, no entendemento que o que aquí se elabore non pode quedar circunscrito ao ámbito exclusivo dos integrantes do grupo elaborador e ten que ter algún tipo de aplicación para o conxunto da comunidade educativa.

Breve xustificación do mesmo

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Proceso de elaboración

Para a elaboración do plan dixital o centro solicitou un PFPP Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital, fíxose un grupo de traballo para discutir ideas en pequeno grupo levalas ante o resto do claustro e alí recoller ideas para o grupo de traballo. Dese xeito recollemos a opinión da maioría das persoas do claustro para elaborar de maneira fundamentada o noso plan, ao tempo que conseguimos implementar un proceso que abrangue un maior número de membros da comunidade educativa, circunstancias ambas que entendemos que contribuirán a mellorar o resultado final do traballo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

O centro conta con conexións cableadas en todas as aulas do centro, tamén dispón de WIFI propia, wifi de edu.xunta e a wifi Abalar.

Dispón tamén o centro de equipamento Abalar (bastante deteriorado polo uso nalgúns equipos) para 1º e 2º da ESO. Hai un ordenador para o profesor/a en cada aula do centro (algún moi vello), hai varios ordenadores a disposición do alumnado na biblioteca, e dispón tamén de dúas aulas de informática unha grande e outra pequena (van quedar curtas o curso que ven coas novas materias de 1º e 3º da ESO, e aínda máis curtas dentro de dous anos cando apareza a materia de Tecnoloxía e dixitalización de 2º ESO). Nos departamentos tamén hai un ordenador con conexión a internet, temos varios portátiles para o club de ciencias e tamén dispomos de varios ordenadores na sala de profesores con conexión a internet.

O centro dispón dos servizos propios da consellería, aula virtual, páxina web, galería de fotos, abalar móbil, etc

O mantemento dos equipos informáticos lévaos unha empresa externa ao centro e o mantemento da aula virtual, páxina web lévase a cabo por profesores do centro

Fontes empregadas para o análise DAFO

Autoavaliación SELFIE

Áreas Grupos Ensinanzas
ESO Bacharelato
A-Liderado Equipo directivo 3.8 3.3
Profesorado 3.3 3.4
Alumnado    
B-Colaboración e redes Equipo directivo 3.4 3.2
Profesorado 2.7 3.0
Alumnado 3.4 2.7
C-Infraestruturas e equipos Equipo directivo 3.8 3.5
Profesorado 3.5 4.1
Alumnado 3.7 3.4
D-Desenvolvemento profesional continuo Equipo directivo 3.4 3.4
Profesorado 3.4 3.2
Alumnado    
E-Pedagoxía: Apoio e recursos Equipo directivo 4.0 3.9
Profesorado 3.8 4.0
Alumnado 3.9 3.8
F-Pedagoxía: Implementación na aula Equipo directivo 3.1 3.0
Profesorado 3.3 2.9
Alumnado 2.8 2.5
G-Prácticas de avaliación Equipo directivo 2.8 2.5
Profesorado 2.7 3.0
Alumnado 3.0 2.6
H-Competencias dixitais do alumnado Equipo directivo 3.5 3.1
Profesorado 3.2 3.2
Alumnado 3.4 3.2

Test CDD

Participación segundo perfil do profesorado

  • Definitivo: Participan 20 de 32 un 62.5%
  • Provisional: Participan 2 de 5 un 40%
  • Interino: Participan 4 de 13 un 30.8%
  • Substituto: Participan 1 de 5 un 20%
  • Desprazado: Participan 1 de 1 un 100%

Puntuación e nivel de competencia do centro

O centro ten unha puntuación media de 74.9 (sobre 192) o nivel de competencia é Integrador/a (B1). Está próxima á media galega que é de 76.4

Puntuación e nivel de competencias por etapas

  Puntuación media do test (sobre 192) Nivel de competencia Puntuación media do test en Galicia Nivel de competencia en Galicia
ESO 72.9 Integrador/a (B1) 79.2 Integrador/a (B1)
Bac 66.1 Integrador/a (B1) 77.9 Integrador/a (B1)
Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade -(G5) Pouca autorreflexión -(G6) Avaliación entre iguais Alumnado Non
Debilidade -(C2,C8) Boa parte dos equipos para ceder aos alumnos están obsoletos ou deteriorados. -Só hai un par de aulas de informática para todos os grupos do centro, e unha delas é pequena Infraestruturas Non
Debilidade -A resolución de problemas non é todo o áxil que debería Organización de centro Non
Debilidade -(G1, G3, G6) Pouca retroalimentación e coavaliación Persoal docente Non
Fortaleza -(E3) Emprego de plataformas en liña -(H7) O alumnado aprende a crear contidos dixitais Alumnado Non
Fortaleza -(C2,C8) Na ESO hai dispositivos dixitais para a ensinanza -O alumnado dispón de dispositivos portátiles que pode levar á casa no caso que sexa necesario. -(C3) Bo acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza -(C3) Bo acceso a internet Organización de centro Non
Fortaleza -(E1) O profesorado usa recursos educativos en liña Persoal docente Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza -Incremento da carga burocrática en detrimento da productividade -Moito profesorado con carácter provisional nos centros -Os problemas que xorden nos equipos non obteñen solución rápida -A comunicación coas familias non é suficientemente áxil Administración educativa Non
Ameaza -Brecha dixital na contorna ANPA Si
Ameaza -Falta de estabilidade normativa no sistema educativo Lexislación Non
Ameaza -Os recursos para repartir son finitos Outras Si
Oportunidade -Financiación europea -Existen plans de formación para o profesorado Administración educativa Non
Oportunidade -As familias ven necesaria unha educación dixital ANPA Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Instalación de software libre no IES O Couto
Emprego de software libre no IES O Couto
Coñecer os tipos de licencias de uso dos recursos dixitais (Primeiro e segundo da ESO)

Seguimento

Procedemento

Comprobación polas persoas responsables de cada obxectivo do cumprimento do mesmo.

1º Trimestre
2º Trimestre

No obxectivo Emprego de software libre no IES O Couto. Tras a instalación do software correspondente o profesorado comezou a empregar o software libre co alumnado do centro.

3º Trimestre

No obxectivo Coñecer os tipos de licencias de uso dos recursos dixitais (Primeiro e segundo da ESO) O profesorado de tecnoloxía explicou como recoñecer e utilizar os distintos tipos de licenzas que existen e como se usan para poder usalas nos seus traballos

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difusión do plan

O plan terá que ser aprobado en consello escolar, nese momento xa se dará publicidade ao mesmo. Para o profesorado que se incorpore o curso que vén a información darase no inicio do curso no claustro inicial e tamén se transmitirá a través dos responsables do plan de acción. Tamén se publicará na web do centro.

O enlace na web do centro é http://www.edu.xunta.gal/centros/iescouto/node/973