Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Mallón é un centro de titularidade pública que está situado na parroquia de Mallón, no concello de Nigrán.

Sitúase no enderezo Avenida Manuel Lemos, 81 C.P: 36379. A Ramallosa (San Pedro). (Pica para ver ubicación mapa). O correo electrónico é ceip.mallon@edu.xunta.gal. Tamén conta con páxina web https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmallon/.

Trátase dun centro dunha liña que imparte as etapas de educación infantil e de educación primaria. No curso escolar 2021-2022 conta cun total de 149 alumnos matriculados distribuidos en 9 unidades. O claustro está composto por 18 profesores, dos cales 15 son definitivos.O nivel socioeconómico das familias do noso alumnado é un nivel medio, aínda que é certo que a situación dalgunhas poucas familias é bastante precaria tanto a nivel económico como cultural.
Por outra banda, contextualizando o Plan, é fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, co aproveitamento das posibilidades e recursos dispoñibles, de maneira que se convirta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que de coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Por isto, contribúe e forma parte do Proxecto Educativo e da Programación Xeral Anual do curso 2022/2023.
Moi relacionado tamén co Plan Dixital, está o programa de innovación no que a totalidade do Claustro participou no presente curso: O centro educativo comprometido cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS). Edusostibilidade (Resolución 11 de xuño de 2021, da Secretaría de Educación e Formación Profesional, pola que se regulan os Contratos-Programa Innova (CPIInnova) para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o curso 2021/22).

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Ferramenta SELFIE

Para realizar este análise axudámonos da ferramenta SELFIE, unha ferramenta en liña gratuita que pretende axudar aos centros escolares a plantexarse cómo utilizan as tecnoloxías dixitais para lograr un aprendizaxe efectivo e innovador. Os resultados dan a coñecer qué está funcionando ben, en qué aspectos se necesita mellorar e cales deberían ser as prioridades do noso centro tendo en conta as opinións de profesorado, alumnado e equipo directivo. 

Test CDD
Outra ferramenta que empregamos foi o Test de Competencia Dixital, do Marco Europeo de Referencia para a Competencia Dixital docente, que nos ofrece datos da competencia do profesorado neste ámbito.


A Lei Orgánica 2/ 2006 do 3 de maio de Educación, modificada pola Lei Orgánica 3/2020 do 29 de decembro establece no seu artigo 2. l como un dos fins do sistema educativo español, a capacitación para garantizar a plena inserción do alumnado na sociedade dixital e o aprendizaxe dun uso seguro dos medios dixitais e respetuoso coa dignidade humana, os valores constitucionais, os dereitos fundamentais e, particularmente, co respecto e a garantía da intimidade individual e colectiva. Asimesmo, no seu artigo 19, dispón como un dos seus principios pedagóxicos que, sin prexuicio do seu tratamento específico nalgunhas das áreas da etapa, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade, do espíritu científico e do emprendemento traballaránse en tódalas áreas.

No artigo 102, con respecto á formación permanente recolle que as Administracións educativas promoverán a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación e a formación tanto en dixitalización como en linguas extranxeiras de todo o profesorado, independentemente da súa especialidade, establecendo programas específicos de formación nestes ámbitos. Finalmente, no seu artigo 111bis, establece diferentes aspectos sobre as Tecnoloxías da Información e a comunicación no proceso de ensino -aprendizaxe e no artigo 121 dise que o Proxecto Educativo de Centro recollerá asimesmo a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artículo 111 bis.5. 

Tamén se xustifica tendo en conta a disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 e a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado comproba a fiabilidade da información atopada en Internet Alumnado Si
Debilidade Otorgar recoñecemento ao traballo dos demais Alumnado Si
Debilidade O alumnado aprende a crear contido dixital Alumnado Non
Debilidade Tecnoloxías asistenciais Infraestruturas Si
Debilidade Fenda dixital. Apoio para abordar dificultades Organización de centro Si
Debilidade Sinerxias para o ensino e aprendizaxe a distancia Organización de centro Si
Debilidade Estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade Traer o propio dispositivo Organización de centro Non
Debilidade Desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Si
Debilidade Estratexia dixital Persoal docente Si
Debilidade Fenda dixital no apoio para abordar difultades Persoal docente Si
Debilidade Traer o propio dispositivo Persoal docente Si
Debilidade Sinerxias para o ensino e aprendizaxe a distancia Persoal docente Si
Debilidade Desenvolvemento da estratexia co profesorado Persoal docente Si
Debilidade Alumnado Persoal non docente Non
Debilidade O alumnado aprende a crear contido dixital Persoal non docente Non
Debilidade Otorgar recoñecemento ao traballo dos demais Persoal non docente Si
Debilidade O alumnado comproba a fiabilidade da información atopada na Internet Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado aprende a actuar de xeito seguro en Internet Alumnado Non
Fortaleza Boa participación das familias Familias Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza Uso das plataformas dixitais promovidas pola administración educativa Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a Internet Infraestruturas Non
Fortaleza Uso activo e creativo das aulas virtuais Infraestruturas Non
Fortaleza Os espazos físicos facilitan a ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza Estabilidade laboral Persoal non docente Non
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Conectividade a Internet irregular Contorna Non
Ameaza Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo Contorna Non
Ameaza Colaboracións Outras Non
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro Administración educativa Non
Oportunidade Existencia de proxectos externos Administración educativa Non
Oportunidade Oferta- de actividades formativas e as condicións de participación. Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación coa AMPA ANPA Si
Oportunidade Participación das familias Contorna Si
Oportunidade Existencia de lexislación que impulsa a dixitalización e a competencia dixital tanto no eido educativo como o non educativo Lexislación Si
Oportunidade Colaboración con institución alleas ao centro educativo Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Unha vez realizadas as pesquisas a traves dos informes anteriores e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas, xunto coa reflexión colectiva do Equipo de dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES, a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS, a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntación en base á cal, de xeito CUANTITATIVO, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro CUALITATIVO dando como resultado unha serie de PRIORIDADES ás que nós propoñemos atender en diferente TEMPORALIZACIÓN. Aquelas que son de atención máis  urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN, convertindo os ítems en OBXECTIVOS que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes ACCIÓNS. Todo isto recollerase na pestana seguinte de obxectivos.

A análise DAFO indícanos que debemos mellorar en:

  • Dotar a todo o colexio de rede WIFI efectiva.
  • Procurar que o alumando non olvide o dispositivo diariamente.
  • Mellorar a competencia dixital do profesorado en relación ás contornas Virtuais de Aprendizaxe.
  • Amplicar o numero de recurso REA á disposición do profesorado e do alumnado
  • Coñecer a valoración da comunidade educativa en relación  a EDIXGAL
  • Melloar a retroalimentación nas actividaes do alumnado
  • Que a comunidade educativa use Internet de xeito seguro e responsable
  • Mellorar a protección de datos

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Establecer un equipo de profesores para desenvolver e xestionar e continuar coa estratexia dixital e coa implementación de novas modalidades de ensino
O02PD Coñecer os dereitos de autor e as licenzas de uso e os dereitos de cita
O03PD Establecer un tempo mensual para explorar novos métodos de ensinanza dixital e facilitar o desenvolvemento profesional continuo do profesorado no tocante ás novas tecnoloxías
O04PD Promover unha cultura de colaboración e comunicación para compartir experiencias e aprender

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do PD realizará polo menos unha reunion co mentor ADIX asignado para valorar e asesorar a evolucion deste plan dixital.

A persoa mentora ADIX visitará as veces que sexa preciso para unha boa consecución do PD.

A persoa coordinadora do PD terá acceso ao aplicativo Educalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan baixo a supervision da persoa directora do centro.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso acadouse o obxectivo O01 que consiste en facer un equipo de profesores que desenvolvan e xestionen estratexias dixitais para implementar novas modalidade no ensino.

2º Trimestre

Ao longo do segundo trimestre do presente curso acadouse o obxectivo O03, que consiste en establecer un tempo mensual para explorar novos métodos de ensinanza dixital e facilitar o desenvolvemento profesional continuo do profesorado no tocante ás novas tecnoloxías, do xeito seguinte:

- Reunións e formacións do grupo de traballo relacionadas coa implementación de novos métodos de ensinanza e utilización de recursos dixitais.

- Elaboración dun horario semanal por parte do equipo TIC para que todo o profesorado do centro poida realizar actividades relacionadas coas novas tecnoloxías co apoio e asesoramento do profesorado que forma o equipo (tanto os que están no grupo de traballo coma os que non)

3º Trimestre

No 3º trimestre, traballouse na implementación do O02 coa creación dun espazo na AV do centro onde quedan recollidas diversas información sobre o uso de licenzas e dereitos de autor.

En canto ao O04, pódese dicir que ao longo de todo o curso o profesorado compartiu experiencias e coñecementos no tocante ás novas tecnoloxías e que existe colaboración a nivel individual entre os docentes do centro.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para poder avaliar o plan, será necesario medir o grao de consecución dos obxectivos que marcamos. Tamén será necesario comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo
e o desenvolvemento do plan. Así pois, no contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Por outra banda, no contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A nivel xeral considérase que os obxectivos do Plan Dixital actual están ben deseñados e que ao longo do curso se traballou na súa consecución, aínda que algúns coma o O02 referente aos dereitos de autor e licenzas de uso, son susceptibles de mellora cada ano. Do mesmo xeito, do grupo de docentes que se formaron no grupo de traballo que se creou, aproximadamente o 40% son persoal provisional, polo que non poderán dar continuidade ao proxecto no vindeiro curso.

 

Proposta de mellora

En canto ás propostas de mellora suxírense as seguintes:

- Ampliar a porcentaxe de docentes que continúen coa estratexia dixital e leven a cabo a implementación de novas modalidades de ensino.

- Establecer un tempo mensual de 2 h por curso para experimentar con novas modalidades de ensino e aplicar as novas tecnoloxías ao proceso de ensino-aprendizaxe.

- Implementar sesións ou obradoiros de ofimática básica dende o inicio da etapa de primaria.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan porase en coñecemento en reunión de claustro a fin de curso. Farase difusión entre as familias a través da páxina web e estará dispoñible en secretaria unha copia impresa para libre consulta.

O enlace é o seguinte: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmallon/system/files/PLAN%20DIXITAL%20CEIP%20MALLO%CC%81N_0.pdf