Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Realizarase un seguimento a través das reunións mensuais e trimestrais antes do remate de cada avaliación.
Reunido o equipo de dinamización do Plan DIxital, compróbase que as accións planificadas están iniciadas e en proceso de execución
Reunido o equipo de dinamización do Plan Dixital, cáese na conta de que moitas das accións non se realizaron por estar o claustro implicado na formación e traballo co material de Polos Creativos.
Reunido o equipo de dinamización do Plan Dixital, chégase á conclusión de que non se puideron acadar os obxectivos propostos ao comezo de curso por mor da implicación na área de Polos Creativos e a implícita falta de tempo.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, realizarase indicando:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre en función de cada obxectivo proposto.
Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Obx1. Favorecer o traballo colaborativo entre o alumnado empregando as TIC. Titoría entre iguais.
- Temporalización: á finalización de cada trimestre se valorarán os resultados das accións seguintes:
participación nas tarefas
a destreza do alumnado no uso dos programas de edición e Tics
comprobación da difusión en web.
- Os instrumentos de avaliación se realizan a través da observación e da análise dos materiais elaborados.
Obx2. Familiarizarse co material de Polos Creativos
- Temporalización: á finalización de cada trimestre se valorarán os resultados das accións seguintes:
participación nas tarefas
a destreza do alumnado no desenvolvemento de proxectos para a impresora 3D
valoración dos prototipos creados
- Os instrumentos de avaliación se realizan a través da observación e da análise dos materiais elaborados.
- No contexto da avaliación final e global a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano, e na finalización do curso académico. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Con respecto ao primeiro obxectivo, coidamos que se puideron ter empregadas en maior medida certas ferramentas TIC que tiñamos en mente, como por exemplo a radio, pero a falta de tempo, e as dificultades de coordinación de espazos e tempos, impediu esa consecución. Aínda así, pensamos firmemente que se conseguiu instaurar o uso das TIC no día a día da aula para favorecer a aprendizaxe do alumnado nas diferentes materias.
Con respecto á familiarización do alumnado co material de Polos Creativos, cremos que se construiu unha moi boa base para poder empregar de xeito significativo os materiais de Polos Creativos dentro da aula. Os alumnos e alumnas dalgún curso puideron experimentar xa con diferentes materiais proporcionados por Polos Creativos, con moi bos resultados para ser os primeiros pasos que dan neste eido, e cremos que esto dará pé a poder seguir traballando nesta dinámica
De cara a anos futuros, consideramos que sería esencial poder dispoñer dun espazo funcional e accesible para a totalidade do alumnado dun curso no que poder aprender a traballar co material de TIC e Polos Creativos e poder realizar tarefas con eles.
Ademais, consideramos que sería óptimo seguir formándose o profesorado neste eido para familiarizarse e interiorizar estes contidos e poder despois compartilos co alumnado.
Comunicación e difusión
1º) A difusión a través da páxina Web do centro.
2º) A comunicación a través do Claustro e do Consello Escolar.
3º) A difusión a través das reunións iniciais de curso.