Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización normativa:

Articulado concreto dos Decretos autonómicos no que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Na normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O Ceip Plurilingüe Nantes é un centro de ensino público situado na parroquia de Nantes dentro do concello de Sanxenxo. O nivel socioeconómico da zona é medio-baixo, adicándose as familias ao desempeño de traballos de tipo manual e agrario.

A contribución do Plan dixital no Proxecto educativo enmárcase na tendencia de incrementar o uso das TIC aplicadas ao proceso de ensino e aprendizaxe polo que para o vindeiro curso 2023-24 o Plan dixital será un referente á hora de establecer a Programación Xeral Anual de dito curso.

As persoas que participaron na concreción anual do Plan Dixital foron: a directora, a Secretaria e a coordinadora TIC, mantendo reunións frecuentes e necesarias para a elaboración das diversas tarefas no proceso de elaboración do PD.

Estas reunións leváronse a cabo seguindo os seguintes pasos:

  1. Revisión de resultados dos obxectivos do Plan dixital do curso pasado.

  2. Actualización de obxectivos.

  3. A redación do Plan dixital do centro.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados de recollida de información para realizar a análise DAFO foron:

- O informe SELFIE 

- Test CDD

A partir destes informes e doutras fontes o centro xerou un análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

 

Interno
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Verificar a calidade da información Alumnado Non
Debilidade Resolver problemas técnicos polo alumnado Alumnado Si
Debilidade Creación de contidos dixitais Alumnado Non
Debilidade Dispositivos portátiles para o traballo cooperativo do alumnado Infraestruturas Non
Debilidade Acceso a tecnoloxías asistenciais dos ACNEE Infraestruturas Non
Debilidade Repositorios ou bibliotecas en liña. Organización de centro Si
Debilidade Contar cunha estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro Organización de centro Non
Debilidade Avaliación do progreso Persoal docente Non
Debilidade Proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade Tempo para explorar a ensinanza dixital Persoal docente Si
Debilidade Empleo de entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
Debilidade Avaliación dixital Persoal docente Non
Fortaleza Traballo de habilidades dixitais para diferentes materias Alumnado Non
Fortaleza Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Infraestrutura dixital e dispositivos. Infraestruturas Si
Fortaleza Espazos físicos con tecnoloxías dixitais Organización de centro Si
Fortaleza Protección de datos Organización de centro Non
Fortaleza Debate sobre uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Fortaleza Participación no desenvolvemento profesional continuo Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Fomento da creatividade. Persoal docente Non
Fortaleza Avaliación das capacidades Persoal docente Non
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Protección de datos Administración educativa Si
Ameaza Tempo para explorar o ensino dixital Administración educativa Si
Ameaza Normas sobre dereitos de autor Lexislación Non
Ameaza Protección de datos Lexislación Si
Oportunidade Novas modalidades de ensino Administración educativa Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a análise e analizando os factores internos e externos tomouse a decisión de comezar polos seguintes obxectivos para o presente curso 2023-2024.

- Mellorar a competencia dixital do profesorado.

- Formar á comunidade educativa no uso responsable da tecnoloxía e nas diferentes ferramentas para mellorar a comunicación.

- Empregar diferentes recursos dixitais nas actividades de ensinanza- aprendizaxe no centro.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Mellorar a competencia dixital do profesorado.
O2PD Empregar diferentes recursos dixitais nas actividades de ensinanza- aprendizaxe no centro.
O3PD Formar á comunidade educativa no uso responsable da tecnoloxía e nas diferentes ferramentas para mellorar a comunicación.

Seguimento

Procedemento

O equipo de Plan Dixital realizará alo menos unha xuntanza trimestral para seguimento e avaliación das liñas de acción e avaliación das liñas de traballo.

O mentor Adix do centro supervisará dúas veces ao trimestre a evolución do Plan Dixital para o seu seguimento e adaptación.

A persoa coordinadora do Plan Dixital realizará o seguimento do Plan Dixital empregando a ferramenta Educalidade para a súa avaliación e seguimento baixo a supervisión da persoa Directora do centro.

1º Trimestre

AO 1.1: Crear un grupo de traballo. ACADADO

AO 2.3: Ampliar o uso da aula de informática e da aula maker e elaborar un horario para as mesmas. ACADADO

AO 2.2: Realizar formacións para o uso das ferramentas tecnolóxicas a partires dos coñecementes e fortalezas individuais dos membros do equipo docente. ACADADO

AO 3.2: Realizar actividades destinadas á comunidade educativa no uso responsable da tecnoloxía. ACADADO

 

2º Trimestre

AO 2.2: Realizar formacións para o uso das ferramentas tecnolóxicas a partires dos coñecementes e fortalezas individuais dos membros do equipo docente: ACADADO

  • Robótica con Rita Bouzada.
  • Formación en radio: profesorado.
  • Formación de paneis dixitais. Asesora Abalar

AO 2.4: Introducir a Radio escolar como unha actividade transversal en toda a etapa de primaria. ACADADO

AO 3.2: Realizar actividades destinadas á comunidade educativa no uso responsable da tecnoloxía. (Participación no Plan director para pais e mestres. Charla sobre ciberseguridade e formación en paneis Dixitais) ACADADO

3º Trimestre

AO 1.3: Facer unha listaxe de aplicacións e recursos tecnolóxicos interesantes para o equipo docente. ACADADO

AO 2.5: Elaborar guías básicas para o uso das ferramentas tecnolóxicas a partires dos coñecementes adquiridos. EN PROCESO

AO 3.3: Capacitar a toda a comunidade educativa no uso das diferentes aplicacións de comunicación, AbalarMóbil, AbalarPro, Abalar Box... EN PROCESO

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da realización da avaliación será unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

Valoración xeral

Os obxectivos plantexados foron acadados na súa maioría.

Aqueles que non se acadaron están en proceso debido a que nalgúns dos obxectivos se engadiron demasiadas accións e a falta de tempo impediu que se acadase totalmente. Ademais neste curso contábamos con bastantes mestres novos no centro o que impide que o traballo sexa de todo fluido xa que teñen que poñese ao día cos aspectos do centro relativos a este plan.

 

Proposta de mellora

Sería moi positio reducir o número de accións nalgún obxectivo.

A continuidade do profesorado tamén é moi positiva para levar a cabo todas as acción e darlle continuidade real a este Plan.

Por outra banda hai algunhas accións levadas a cabo das que non é posible achegar arquivos porque aparece alumnado do centro por dereitos de imaxe.

Para o próximo curso sería convinte continuar con algúns dos obxectivos propostos e tomar unha liña de traballo dirixida ao aproveitamento dos recursos do noso centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Oído o Claustro e aprobado no Consello Escolar, o Plan Dixital publicarase na páxina web do centro e mediante os medios que se recollan no plan de comunicación do centro para o vindeiro curso 2023-24, co fin de darlle unha difusión entre toda a comunidade educativa.

CEIP PLURILINGÜE NANTES | NANTES (xunta.gal)

Plan Dixital