Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES Aquis Querquernis acolle alumnado da Baixa Limia (concellos de Bande, Muíños, Entrimo, Lobeira e Lobios) e do concello de Verea. A zona da Baixa Limia é unha área eminentemente montañosa, de relevo accidentado e cun forte encaixonamento dos ríos.

As características demográficas da Baixa Limia correPodemos destacar as seguintes características:

  1. Dispersión e atomización poboacional, descenso demográfico continuado, envellecemento demográfico e predominio da poboación inactiva.

Con respecto á economía, trátase dunha zona na que o peso do sector primario segue a ser considerable. O sector secundario ten unha presenza mínima na comarca. Polo que respecta ao sector servizos, preséntasenos un panorama tamén escaso pero que vai mellorando ao elevarse o número de bares, restaurantes, aloxamentos rurais… Un último apunte debe ser destacado no que respecta ás características económicas da Baixa Limia: a alta porcentaxe de poboación subsidiada, característica esta que se corresponde de maneira lóxica cunha poboación envellecida. Respecto á situación lingüística a comarca presenta un predominio aplastante do galego como lingua vehicular. 

O Plan Dixital de centro debe encaixar no contexto institucional mais amplo que ven recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo do centro e ambos documentos deben estar en total consonancia.

Programación Xeral Anual do curso 22/23:

-Dotar ao alumnado de estratexias para obter e xestionar a información conseguida mediante o uso das TIC.

-Utilizar o ordenador como medio de integración, de creación, de cooperación e de expresión das propias ideas.

-Mellorar a proposta didáctica do profesorado e a súa práctica docente ao aproveitar as posibilidades que ofrecen as TIC.

-Empregar as TIC para o traballo cotián e nas actividades de aula

-Consultar e obter información a través das TIC

-Favorecer a superación das limitacións de acceso ás TIC derivadas das desigualdades sociais.

-Fomentar a páxina web do centro como espazo de comunicación

-A comunicación do centro coa comunidade educativa terá que levarse a cabo a través de ABALAR

O centro, partindo dos datos extraídos das pesquisas á comunidade educativa establece a necesidade de elaborar obxectivos reais e sobre todo posibles para acadar maiores competencias dixitais en todos os membros da comunidade. Este plan, previsto e concretizado para o vindeiro curso, establecerá pautas de cambio nas comunicacións e competencias do alumnado, familias e profesorado, o que esperamos que repercuta positivamente na realidade docente. 

O plan dixital elaborouse conxuntamente polo equipo creado para tal obxectivo, sempre en base ás directrices e pautas establecidas na lexislación para implementación do Plan, así como as recomendadas na formación específica recibida para a súa elaboración. 

O paso inicial do proceso foi a realización por parte da comunidade educativa do Selfie e do Test CDD que serviu de base para elaborar o Plan. Para realizar este plan de acción, encamiñado á mellora da situación do centro en canto á súa dixitalización, iniciamos plantexando distintos obxectivos necesarios a curto e longo prazo, e escollimos tres para centrar os esforzos no vindeiro curso en acadar aqueles que consideramos prioritarios. 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Test CDD e Selfie

Ademáis de inventariado sobre infraestructuras, equipamentos e servizos dixitais do centro: 

Todo o centro e os seus recursos tecnolóxicos dispoñen de acceso a Internet a través da rede de cable (Rede Corporativa da Xunta) e mediante conexión wifi do programa “Escuelas Conectadas”, sendo en xeral boa.

O equipamento tecnolóxico do que se dispón procede da dotación da Xunta e de adquisicións do propio centro e consta de:

  • 39 ordenadores "torre"
  • 17 ordenadores portátiles
  • 7 kits dixitais completos (proxector, pantalla e portátil)
  • 2 kits dixitais (proxector e pantalla)
  • 2 pantallas interactivas
  • 12 impresoras
  • 12 proxectores
  • 4 tablets

A distribución é a seguinte: 

  • aula informática: 17 ordenadores
  • aula tecnoloxía: 1 portátil, 8 ordenadores torre e unha impresora
  • aula de clase: kit dixital en 9 aulas
  • secretaría, dirección e xefatura de estudos: ordenador e impresora en cada un
  • sala de profesorado: 5 ordenadores torre, proxector e impresora
  • aula PT: 6 portátiles, 1 ordenador torre, 1 proxector e unha pantalla interactiva. 
  • aulas de inglés e laboratorio de Física teñen un ordenador portátil, proxector e pantalla dixital. 

 

 

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade baixo nivel de competencia dixital e poucos recursos para o emprego das novas tecnoloxías na aula Alumnado Si
Debilidade baixo nivel de competencia dixital e poucos recursos para o emprego das novas tecnoloxías na aula Familias Si
Debilidade pouco equipamiento accesible para a comunidade educativa Infraestruturas Si
Debilidade non existe estratexia dixital e baixa fluidez na comunicación Organización de centro Si
Debilidade necesaria a participación en diferentes posibilidades de formación de profesorado Persoal docente Si
Fortaleza motivación alta no alumnado de cara ao emprego de recursos TIC. Alumnado Si
Fortaleza centro con pouco alumnado que permite a intervención personalizada coa comunidade educativa Familias Si
Fortaleza profesorado con disponibilidade horaria para ofrecer unha maior oferta educativa nas súas correspondentes especialidades Oferta Si
Fortaleza centro aberto á inclusión de novas posibilidades, con profesorado interesado na implicación. - posibilidades de mellora na comunicación entre a comunidade educativa coas distintas ferramentas das que dispomos (abalar, web, aula virtual...) Organización de centro Si
Fortaleza claustro reducido con estabilidade que facilita a comunicación e colaboración entre o profesorado, e emprego e creación de recursos educativos online Persoal docente Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza baixa matrícula de alumnado que impide en ocasións unha maior oferta educativa para o alumnado. recortes de profesorado e límites establecidos pola administración que impiden unha ampla oferta educativa. Administración educativa Non
Ameaza baixa implicación das familias no funcionamento do centro ANPA Si
Oportunidade amplo catálogo de formación para o profesorado en TIC Administración educativa Si
Oportunidade creación da ANPA ANPA Si
Oportunidade novo currículo que incide no desenvolvemento da competencia dixital Lexislación Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Acadar que alomenos o 80% das comunicacións entre familias e profesorado se realicen a través da plataforma ABALAR
Levar a cabo e acadar participación en cursos de formación sobre as posibilidades de comunicación a través de ABALAR para profesorado e familias de cara a empregala como medio principal de comunicación entre familias e profesorado.
Mellorar a competencia dixital do alumnado a través de realización de tarefas que desenvolvan a creación de contidos dixitais

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Unha vez rematados cursos de formación entre o profesorado e familias, levariíase a cabo unha enquisa entre os participantes na que se teria que valorar o grado de satisfacción e aproveitamento da formación.

Trimestralmente solicitar ó profesorado un rexistro de comunicacións feitas coas familias, no que quede reflexado, cal foi o medio Utilizado.

Nas sesións de avaliación recadaríase informacion entre o profesorado das tarefas levadas a cabo no trimestre, que supuxeron a creación de contidos dixitais.

Valoración xeral

Unha vez recollidos os datos da enquisa, analizaríanse aplicando unha puntuación de entre 1 e 5 as respostas reflexadas nas enquisas. Se os resultados acadados estivesen entre 3 e 5 de valoración daríase por acadado o obxectivo.

Como o obxectivo é acadar no curso un 80% das comunicacións a través do ABALAR, cada trimestre debería verse un incremento respecto do anterior.

Valoración da calidade e da dificultade de tales contidos.

 

Proposta de mellora

Se o resultado acadado non chegase a unha puntuacion de como mínimo 3, realízaríase una nova xornada de formación na que se afondaria naqueles aspectos nos que os participantes reflexaron unha baixa puntuación.

Insistencia coas familias na necesidade de comunicarse por ABALAR e limitar na maior media outras vias de comunicación.

Ofertar a posibilidade de afondar naqueles aspectos nos que se detecten maiores dificultades a hora de crear os contidos dixitais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Publicación do Plan Dixital na Páxina Web do Centro