Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

O IES de Allariz está no concello de Allariz sendo o único centro de educación secundaria e bacharelato da vila. Ten dous centros adscritos, o CEIP Padre de Feijoo de Allariz e o CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía. O IES de Allariz imparte ESO e Bacharelato científico tecnolóxico, de humanidade e de ciencias sociais.

  • O IES de Allariz conta cunha páxina web www. Iesallariz.gal

  • Aula virtual en Moodle

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • O centro leva varios anos mellorando a súa infraestrutura dixital para facer fronte aos retos que a educación actual plantea. Nos últimos anos, debido en gran medida á pandemia, o incremento do uso nas tecnoloxías dixitais foi moi importante, tendo dúas vertentes, por un lado a formación e por outro a mellora das infraestruturas dixitais a cargo do centro. O profesorado do IES de Allariz fixo un esforzo enorme, non recoñecido nin salarial, nin en horas de formación, para que o alumnado poidera continuar desde os fogares co proceso de aprendizaxe.

  • O Plan Dixital pretende artellar unha estratexia dixital dento da Programación Xeral Anual do curso 22/23 e servir como ferramenta útil para a mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe.

Breve xustificación do mesmo

Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Test CDD
  • Test Selfie
Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado considera que non ensinamos a usar de maneira segura Internet, verificar a verdade da información e a comunicarse dixitalmente. Alumnado Si
Debilidade Non existen suficientes ordenadores a disposición do alumnado no centro Infraestruturas Si
Debilidade Non dispoñemos de espazos físicos que faciliten o ensino dixital Infraestruturas Si
Debilidade Non debatemos as vantaxes e desvantaxes do uso de tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Non colaboramos con outros centros para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Non coñece a comunidade edutiva que existen ordenadores para levar acasa en caso de necesidade polo alumnado. Organización de centro Si
Debilidade Non dispoñemos de bibliotecas en liña con material de aprendizaxe dixital Persoal docente Si
Debilidade Non usamos as tecnoloxías dixitais para que alumando poida retroalimentar o proceso de ensino aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Non usamos as tecnoloxías dixitais para promover unha reflexión do alumnado sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Non ensinamos a crear contidos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non realizamos proxectos interdisciplinares usando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non usamos as tecnoloxías dixitais para favorecer a corrección constructiva aos compañeiros e compañeiras. Persoal docente Si
Fortaleza Usamos tecnoloxías dixitais para comunicar respecto ao centro Alumnado Non
Fortaleza Usamos as tecnoloxías dixitais para realizar un ensino personalizado Alumnado Non
Fortaleza Temos unha estratexia para identificar ao alumnado con necesidade de equipos no fogar e eliminar a fenda dixital Familias Non
Fortaleza Existen dispositivos dixitais para uso docente Infraestruturas Non
Fortaleza Existe asistencia técnica aos problemas dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Existe unha estratexia de protección de datos Organización de centro Non
Fortaleza Cóntase co profesorado para a estratexia dixital Organización de centro Non
Fortaleza Avaliamos os nosos progresos en ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Apoio ao profesorado para novas formas de ensino Persoal docente Non
Fortaleza Creamos recursos dixitais para o ensino dixital Persoal docente Non
Fortaleza Usamos as tecnoloxías dixitais para motivar ao alumnado Persoal docente Non
Fortaleza Temos oferta de FPP relativo ao ensino dixital Persoal docente Non
Fortaleza O equipo directivo axuda a intercambiar experiencias dentro do centro respecto ao ensino dixital Persoal docente Non
Fortaleza Buscamos recursos dixitais en Internet Persoal docente Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O sistema Abalar restrinxe o acceso a vídeos en Youtube de maneira incorrecta. Administración educativa Non
Ameaza Non aporta suficientes equipos informáticos. Administración educativa Si
Ameaza Non aporta os suficientes encerados dixitais. Administración educativa Si
Ameaza Non aporta información suficiente sobre os cursos online respecto a PFPP. Administración educativa Si
Ameaza Non recoñece nin económica nin en horas de o traballo realizado para crear contidos dixitais das aulas. Administración educativa Si
Ameaza Presenta dificultades para adquirir equipos de maneira flexible. Administración educativa Non
Ameaza Non existe ANPA ANPA Non
Ameaza As administración non aseguran a posibilidade de contratar un Internet rápido e fiable polas familias do alumnado. Contorna Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O punto de partida do centro para unha dixitalización do nosos procesos parte dunha boa motivación, formación, experiencia, pero adolece de falta de recursos materiais axeitados e non garantidos pola administración.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Establecer un equipo de profesores/as para a xestión e seguimento do plan dixital de centro (A1)
O012PD Solicitar aos departamentos necesidades de formación antes dunha CCP para crera os PFPP no 2022-23
O02PD Coñecemento sobre os dereitos de autor, as licenzas Creative Commons e o dereito de cita
O03PD Avaliar os nosos progresos en ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais
O04PD Debatir a importancia do Plan Dixital e da estratexia dixital
O05PD Instalar ordenadores na biblioteca de acceso libre para o alumnado
O06PD Informar á comunidade educativa da existencia de 20 ordenadores para que o alumnado que o precise poida levar á casa
O07PD Crear un formulario a cubrir polas titorías para identificar ao alumnado sen equipo no fogar
O08PD Solicitar encerados dixitais á Consellería de Educación
O09PD Crear un espazo web para unha Biblioteca Virtual de centro
O10PD Renovar os equipos da aula de informática de ESO
O11PD Renovar os equipos do Equipo Directivo
O12PD Solicitar aos departamentos necesidades de formación antes dunha CCP para crera os PFPP no 2022-23
O13PD Deseño do xardín do Festival de Xardíns a partir de ideas atopadas na web
O14PD Usar os foros na Aula Virtual de centro
O15PD Crear unha aula virtual para os proxectos do ERASMUS + sobre aeroponia
O16PD Usar os foros das aulas virtuais das materias para realimentar o proceso de aprendizaxe e facer correccións construtivas dos compañeiros/as
O17PD Crear polo menos un contido dixital (documento de texto, vídeo, entrada da web..) nas materias
O18PD Informar sobre o uso seguro de Internet e identificar as fakenews e os perigos existentes.

Seguimento

Procedemento

Creouse un grupo de traballo para facer un seguimento do Plan Dixital composto por máis do 70% dos/as xefes/as de departamento. Ao ser os xefes/as de departamento é máis sinxelo trasladar aos departamentos a análise do plan.

A persoa coordinadora, en colaboración do profesorado participante no PFPP, baixo a supervisión da directora inserimos os contidos do Plan Dixital 2022-2023 en Educalidade.

1º Trimestre

No primeiro trimestre acadáronse os seguintes obxectivos:

  • Establecer un equipo de profesores/as para a xestión e seguimento do plan dixital de centro (A1)
  • Coñecemento sobre os dereitos de autor, as licenzas Creative Commons e o dereito de cita
  • Avaliar os nosos progresos en ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais
  • Debatir a importancia do Plan Dixital e da estratexia dixital
  • Instalar ordenadores na biblioteca de acceso libre para o alumnado
  • Informar á comunidade educativa da existencia de 20 ordenadores para que o alumnado que o precise poida levar á casa
  • O obxectivo "Informar á comunidade educativa da existencia de 20 ordenadores para que o alumnado que o precise poida levar á casa" foi modificado e en lugar de formulario fíxose en papel.
  • Do obxectivo "Solicitar encerados dixitais á Consellería de Educación" acadouse a primeira acción "Solicitar á Amtega 7 encerados dixitais", pero non nos enviaron nin instalaron ningún.
  • Renovar os equipos do Equipo Directivo
  • Solicitar aos departamentos necesidades de formación antes dunha CCP para crera os PFPP no 2022-23
2º Trimestre

Ao longo do segundo trimestre acadaronse os seguintes obxectivos:

  • Do obxectivo "Coñecemento sobre os dereitos de autor, as licenzas Creative Commons e o dereito de cita" realizouse a acción "Creación dun repositorio de enlaces na AV do centro, a materiais didácticos con licenzas CC ou de dominio público"
  • Renovar os equipos da aula de informática de ESO
  • Usar os foros na Aula Virtual de centro
3º Trimestre

Ao longo do 3º trimestre acadaronse os seguintes obxectivos:

  • Crear polo menos un contido dixital (documento de texto, vídeo, entrada da web..) nas materias
  • Informar sobre o uso seguro de Internet e identificar as fakenews e os perigos existentes

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:

  • Establecer un equipo de profesores/as para a xestión e seguimento do plan dixital de centro, implicando a maior cantidade de xefas/es de departamento posibles.

  • O secretario informará polo menos unha vez por trimeste sobre a consecución dos obxectivos.

  • O secretario informará nun claustro a final de curso sobre a consecución dos obxectivos do Plan Dixital no curso e a elaboración do Plan Dixital do curso vindeiro.

Valoración xeral

Non se acadaron os obxectivos:

  • Crear unha aula virtual para os proxectos do ERASMUS + sobre aeroponia xa que o grupo de traballo Erasmus + xa informa das súas actividades na web e non viron necesario finalmente crear a aula virtual.
  • Crear un espazo web para unha Biblioteca Virtual de centro debido a falta de tempo, decidiuse que era máis eficaz facer uso dos recursos que ofrece a Consellería e o Ministerio.
  • Non se instalaron os encerados dixitais que se precisaban xa que con recursos propios non é posible e a Consellería non aportou ningún.
Proposta de mellora

Atopamos que era preciso introducir no Plan Dixital:

  • Que o departamento de Tecnoloxía imparta no primeiro trimestre os contidos básicos sobre o uso de ordenadores, correo electrónico, elaboración de documentos, uso da aula virtual e partillado de información dixital ao alumnado de 1º de ESO, para facilitar o seu uso polo resto das materias.
  • Simplificar os obxectivos do Plan Dixital sendo un número menor e máis asequíbel.
  • Centrarnos na formación do profesorado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión
  1. Publicarase o Plan Dixital na web do centro.

  2. Informarase a principio de curso á CCP e ao Claustro tanto da importancia dunha estratexia dixital coma dos contidos do Plan Dixital.