Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa está situado na rúa Coruña 24 -- 32300, na localidade de O Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense.O enderezo de correo electrónico é : ceip.condesa.fenosa@edu.xunta.gal, e pola súa banda a páxinaWeb do centro é accesible dende https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcondesafenosa/O ceip Condesa de Fenosa atende ás etapas de ensino infantil e primario.

O CEIP Condesa de Fenosa atópase no Concello do Barco de Valdeorras, a 110 quilómetrosda capital provincial, e a 17 da linde administrativa coa comunidade de Castela-León. Tenunha poboación duns 14.000 habitantes, moitos deles orixinarios doutras comarcas erexións, que se instalan en Valdeorras por causas laboráis. Moitas persoas chegaron dendePortugal en busca de traballo nas canteiras de lousa, asentándose no Barco, por ser ocentro urbano máis importante da comarca. A economía da comarca aséntase no sectorprimario, destacando como principal fonte de recursos a extracción de pizarra. Asemadecolle pulo a producción de viño e de castañas, tras superar a crise dos anos 70-80 eapostar por unha reconversión do sector, que se ten plasmado na apertura de novas emodernas adegas, así como de naves de elaboración agroindustrial dos derivados dacastaña.No sector secundario destaca a fábrica de CEDIE, adicada á producción de carburos, áridose químicos. Asimesmo existe un amplo sector de servicios, tanto da administración,sanidade e ensino, e unha abondosa, para o tamaño do concello, oferta do pequeno emediano comercio. O desenvolvemento económico da comarca arrinca nos anos 60 coacomercialización da lousa cara a Francia, país con gran tradición pizarreira e que exerceunha gran demanda de materias primas para fornecer o seu mercado. Este fenómeno provocou unha vaga de apertura de explotacións que cumprían de moita man de obra, o que atraeu un número considerable de emigrantes procedentes de Portugal e Latinoamérica, principalmente.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Sensación de falso control e ausencia de crítica no uso dos recursos web Alumnado Non
Debilidade Teñen unha concepción unicamente lúdica dos dispositivos dixitais Familias Non
Debilidade A asistencia técnica subministrada pola UAC tarda ás veces demasiado tempo. Algúns equipos de alumnado (3º e 4º) están case obsoletos. Infraestruturas Non
Debilidade A oferta de recursos non implica á maioría do profesorado, recaíndo só nun pequeño grupo Oferta Non
Debilidade Non todo o persoal coñece e cumple as liñas mestras marcadas polos plans TIC e de comunicación Organización de centro Non
Debilidade Baixo nivel de aplicación dos protocolos de uso dos diferentes dispositivos Persoal docente Non
Debilidade Non existe un programa de formación específico para o persoal non docente Persoal non docente Non
Fortaleza Están motivados para o emprego da gran variedade de recursos dixitais que se ofertan dende o centro Alumnado Non
Fortaleza Amosan disposición para aprender novos recursos candose propón o seu uso por parte do profesorado Familias Non
Fortaleza Boa dotación de dispositivos para o proceso de ensino aprendizaxe, tanto nas aulas coma para o uso individual do alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza A oferta se vai ampliando segundo van xurdindo novos retos dixitais Oferta Non
Fortaleza Existe un plan de uso de recursos dixitais e de comunicación coas familias Organización de centro Non
Fortaleza Existe un compromiso para a formación continua do profesorado Persoal docente Non
Fortaleza Hai certa dispoñibilidade para o manexo de recursos dixitais propios dos seus traballos Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Está a disminuír a oferta de formación dende os CEFORES, e os PFPPs en moitos casos non apuntan a liñas innovadoras axeitadas Administración educativa Non
Ameaza Non todas as familias están representadas na ANPA ANPA Non
Ameaza Non existe oferta cultural axeitada e estamos alonxados das zonas onde estas si existen Contorna Non
Ameaza A inestabilidade lexislativa crea inseguridade no profesorado e unha sobrecarga de traballo burocrático Lexislación Non
Ameaza Non sempre a colaboración é recíproca Outras Non
Oportunidade Existen departamentos que orientan o traballo dos centros (asesoría de bibliotecas). Administración educativa Non
Oportunidade Un motor de colaboración e axuda en todas as tarefas que se propoñen e incluso fan as súas propias aportacións ANPA Non
Oportunidade Existe unha dispoñibilidade para a colaboración por parte de institucións e empresas Contorna Non
Oportunidade A lexislación actual permite, cando menos no papel, liñas de traballo innovadoras Lexislación Non
Oportunidade Existe unha tradición de colaboración con diversas entidades locais (HCV, Centro Saúde, Protectoras, Clínicas Veterinarias, residencias da terceira idade...) Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez coñecidos os resultados do test de CDD e os do Selfie, que dan unha visión panorámicadas necesidades do centro, o equipo de dinamización do plan Dixital reuniuse e determinou calesson as necesidades específicas propias do centro, isto é, aquelas que podemos nós mesmos faceralgo para solventalas, xa que existen multitude de factores dos que non temos responsabilidadenin posibilidade de modificar.No noso caso as necesidades céntranse en continuar co proceso de formación e na aplicación dosprotocolos de comunicación. Tamén temos un apartado referido á creación dun itinerario decontidos dixitais a traballar ao longo de toda a escolaridade do alumnado, co fin de acadar, candomenos, un nivel básico como usuarios das tecnoloxías dixitais.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Acadar un cumprimento axeitado dos protocolos Plan Dixital e de comunicación da maioría do claustro no curso 2022 ¿ 2023.
Fomentar un plan de formación en ferramentas dixitais básicas para o profesorado.
Dar a coñecer e potenciar o uso da páxina web do centro e aula virtual a toda a comunidade educativa.
Elaborar un itinerario dixital co alumnado establecendo unha secuenciación dos contidos ao longo das etapas axeitada a súa idade.

Seguimento

Procedemento

Todos os meses acude ao centro o Mentor Adix da zona de Valdeorras e Trives co que se fai un seguimento continuado dos progresos do plan.

1º Trimestre

Realizáronse as visitas mensuais do mentor e estableceuse o seguimento das accións contempladas no plan.

2º Trimestre

Realizáronse as visitas mensuais do mentor e estableceuse o seguimento das accións contempladas no plan.

3º Trimestre

Realizáronse as visitas mensuais do mentor e estableceuse o seguimento das accións contempladas no plan.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O plan, a súa posta en marcha e a valoración dos resultados acadados, será avaliado aoremate de cada trimestre do curso. Nesta avaliación procesual se propoñerán medidas de mellora no c aso de se detectar erros no plan, for na temporización do mesmo, for nos resultados acadados.Para realizar este proceso hase reunir o equipo de apoio ao plan dixital, que valorará, enfunción dos datos recollidos previamente o nivel de cumprimento dos indicadores de logro.Ao remate do curso se realizará unha avaliación final dos logros acadados na realizacióndeste plan, valorarase o nivel de cumprimento dos obxectivos e se propoñerán os xeitos demellorar a consecución dos mesmos.Os encargados da realización desta avaliación final sera o equipo de apoio ao plan dixital,que remitirá o seu informe para o estudo e aprobación por parte do claustro de mestres.

Valoración xeral
 Realizouse unha proposta de formación na que participou unha parte significativa do claustro. A máis disto púxose en marcha, cun retardo bastante grande debido aos prazos de entrega do material, o Polo Creativo.
En xeral a valoración que se pode facer da posta en marcha do plan é aceptable, no sentido de que se realizaron as accións que nos marcabamos na súa elaboración. Sen embargo nos gustaría que o nivel de participación do profesorado nas actividades de formación fose aínda máis alto do que foi. Tamén cremos que se debería contextualizar máis se couber as temáticas a tratar nas actividades de formación, para que tivesen unha maior incidencia na posta en práctica das mesmas nas aulas co alumnado.
Consideramos que o Polo Creativo pode ser o lugar onde todos e todas atopemos o noso lugar, o noso talento, onde poidamos expresar as nosas capacidades e colaborar dende estas na creación de proxectos colectivos. Velaí que teña un alto valor en inclusión e en traballo cooperativo, ambos os dous factores nos que queremos seguir afondando no futuro.
A aceptación das diferencias individuais, tirar partido das potencialidades de cada quen pódenos levar a desenvolver actividades de grande valor educativo.  
No que atinxe ao coñecemento do plan dixital e do plan de comunicación por parte do claustro consideramos que se cumpriu bastante ben, pero o certo é que coa mobilidade do persoal que hai no centro, é un obxectivo que temos que seguir traballando de cara ao vindeiro curso, xa que case a mitade do claustro vai ser renovada. Esta mobilidade e temporalidade da plantilla de persoal do centro é unha eiva para acadar os obxectivos propostos e atinxir outros de maior envergadura.
No que respecta ao traballo coa páxina Web do centro, temos unha páxina activa, renovada e revisada cada pouco, pero outramente hai seccións da mesma que levan bastante tempo sen proceder a actualizar os seus contidos. Neste sentido, ao igual que no resto de obxectivos temos que dar unha valoración xeral positiva, mais sen esquecer que hai elementos que temos necesariamente que ir mellorando.
Se ben os protocolos foron postos en coñecemento do claustro e consideramos que todo o persoal os coñeceu de primeira man, o seguimento dos mesmos non foi todo o estrito que a nós nos tivese gustado que fose. Hai compañeiras e compañeiros que non lle dan a importancia que nós consideramos que merece o cumprimento dos protocolos, por consideralos esaxerados ou mesmo innecesarios. Daquela, e diso falaremos no apartado de propostas de mellora, deberemos facer un traballo de concienciación entre o profesorado para que se lle dea a importancia que realmente merece no que respecta á conservación dos equipamentos, ao uso axeitado, ao emprego de ferramentas de control (epoptes), etc...
Por último no que respecta á elaboración do itinerario dixital para o alumnado existen certos aspectos que están traballados, tales como rudimentos técnicos en infantil (acendido e apagado de equipos, manexo do rato, conexión de auriculares...) e obxectivos en 4º e 6º sobre programación (participación na Code Week, Blockly games, Scratch...) e manexo de programas (tinkercad, Gimp, Cura...). Tamén en 1º e 2º curso existen actividades dixitais relacionadas co manexo de programas educativos en formato dixital. Aínda así a concreción do itinerario non está realizada dun xeito explícito.
 
 
Proposta de mellora

Tal e como se reflicte no apartado anterior existen marxes de mellora en todos os obxectivos que tiñamos marcados dentro do noso plan.

A formación, como dixemos, realizouse e entendemos que cumpriu en boa medida os seus obxectivos. Porén teríamos que acadar unha maior participación do profesorado e que esta formación estea o máis vencellada posíbel coa práctica diaria nas aulas. A implantación do polo creativo, unha vez que temos o equipamento instalado, require un intenso traballo formativo para que o profesorado saiba empregalo, cando menos rudimentariamente, para poder poñer en valor un equipamento de tan alto valor educativo.

Teremos que reunir e sistematizar, poñendo por escrito nun documento, o noso itinerario formativo para o alumnado no tema dixital.

Tal e como apontamos no apartado anterior, se ben se puxo en coñecemento de todo o profesorado os protocolos dixitais e de comunicación, dada a mobilidade do profesorado cómpre seguir insistindo neste aspecto de cara ao curso que vén. Tamén teremos que insistir na necesidade do cumprimento estrito dos protocolos, e facer un esforzo para que todo o claustro comparta os principios de necesidade que estes comportan.

No que atinxe, finalmente, ao fomento do uso da páxina Web do centro, pensamos que estamos no bo camiño, pero teremos que estender o seu uso a todos os equipos e departamentos do colexio, para evitar así que unhas partes amosen unha actualización axeitada dos contidos mentres que outras estean permanentemente estáticos. Tamén debemos acadar unha certa autonomía na edición da páxina de máis profesores, cando menos dos coordinadores ou dun dos membros de cada equipo e departamento do colexio.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan será publicado, cando o resto da documentación do centro na páxina Web do centro.Así mesmo, nas reunións iniciais de curso, e nas de trimestre, se incluirá este punto deinformación do plan dixital e do plan de comunicación nas ordes do día das reunións.Tamén se elaborará un pequeno resume dos obxectivos do plan que será enviado a toda a comunidade escolar ao través da mensaxería institucional.