Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

-Art. 11 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, do 3 de maio, de educación.

-Instrucións de inicio de curso.

-Resolución do 3 de setembro de 2021.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

A dixitalización da escola é un proceso inaplazable e que ten que ir da mao das institucións e organismos públicos, ao mesmo tempo que a sociedade vai cambiando, e que ten que ter como obxectivo principal unha formación integral do alumnado.

A escola non pode contribuir á sociedade se non é unha escola acorde cos tempos, preparada para as novidades e os cambios.

O Plan Dixital ten que ser unha ferramenta que permita organizar e establecer uns obxectivos definidos que permitan acadar esa formación integral antes mencionada.

A presenza dunha estratexia definida através do P.D.permitirá ver os avances e as melloras acadadas, así como permitirá as oportunas reflexións perante as dificultades que xordan.

A metodoloxía na ensinanza tense que aprobeitar das oportunidades que lle ofrecen as TICs,non como un único elemento, se non como un máis, que permita unha sociedade adaptada ós tempos, independentemente de se procedes dun entorno rural ou urbán. E así como a escola ten que funcionar como igualador de oportunidades, sobre todo para aqueles alumnos que pertenzan as clases máis desfavorecidas.

Por último, decir, que a escola e o seu equipo docente ten que procurar que unhas instalacións e uns equipos e materiais dixitais que permitan obter os obxectivos plantexados no P.D., así como contribuir ó PEC.

En canto a súa importancia dentro doutros Plans do centro, destacar que o colexio pertence ó PLAMBE dende o ano 2011, e as bibliotecas creativas dende o ano 2017.Na biblioteca temos unha cantidade respetable de volumenes en formato papel, pero non contamos con libros electrónicos que poidan presentar unha nova forma enriquecedora de achegarse á literatura.E se falamos da biblioteca creativa, o noso centro ven de participar en anos consecutivos na introducción da robótica e a impresión dixital na escola a través dos escornabots e a impresora 3D. No cabe dúbida de que a dixitalización da nosa escola debe e pode avanzar nos vindeiros cursos.

  Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.

As modificacións máis salientables consistirán na inclusión de novos obxectivos que garantan a posta en marcha do P.D.

-  Mellorar a administración e xestión do centro.

-  Acceder a novas ferramentas e recursos didácticos como medida de renovación de metodoloxías.

-  Facilitar a comunicación entre os diferentes membros da comunidade educativa.

            Proceso de elaboración

O proceso de elaboración deste Plan Dixital comeza dentro do marco de desenvolvemento dun PFFP no que participaron o equipo de TICs do centro, composto por os catro mestres do claustro. O seu desenvolvemento comezou a finais de novembro de 2021.

Estivo composto de diferentes fases que expoñemos brevemente a continuación:

FASE 1. ANÁLISE E DIAGNOSE DE SITUACIÓN DOS CENTROS

–                 Presentación e contacto co centro.

–                 Comezo do SELFIE e preguntas personalizadas.

–                 Realización do test CDD

–                 Presentación informe DAFO

FASE 2. DESEÑO E ELABORACIÓN DO PLAN DIXITAL

–                 Obxectivos do Plan de Acción

–                 Redacción Plan Dixital

FASE 3. IMPLEMENTACIÓN, SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN DIXITAL

Estase levando a cabo ó longo do curso 22-23.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do DAFO, a primeira ferramenta que se utilizou foi a realización do SELFIE, tanto por parte da dirección,o claustro, e nalgúns apartados o alumnado.

Podemos subdividir os apartados desta ferramenta, catalogalos como fortalezas ou debilidades do centro e indicar a información recollida.

A.  LIDERAZGO

Debilidades: Estratexia dixital, desenrolo dunha estratexia co profesorado e o tempo para explorar a ensinanza dixital.

Fortalezas: O uso de novas modalidades de ensinanza.

B.  COLABORACIÓN E REDES

Debilidades: A avaliación do progreso e as sinerxías para o aprendizaxe mixto. Fortaleza: O debate sobre o uso da tecnoloxía e a colaboración.

C.  INFRAESTRUCTURAS E EQUIPOS

Debilidades: A asistencia técnica, os dispositivos para o alumnado para levar á casa, tecnoloxías asistencias e repositorios en liña.

Fortalezas: As insfraestructuras, os dispositivos dixitais para a ensinanza, o acceso a internet, a protección de datos, os dispositivos dixitais para o aprendizaxe, medidas para identificar a brecha dixital e os espazos físicos.

D.  DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO

Fortalezas: A participación en DPC e os intercambios de experiencias. Debilidades: Ningunha.

E.  PEDAGOXÍA: APOIOS E RECURSOS

Debilidades: O emprego de entornos virtuais de aprendizaxe.

Fortalezas: Recursos educativos en liña, creación de recursos dixitais, comunicación coa comunidade educativa e utilización de recursos educativos abertos.

F. PEDAGOXÍA: IMPLEMENTACIÓN NA AULA

Debilidades: Ningunha.

Fortalezas: Adaptación as necesidades do alumnado, o fomento da creatividade, a implicación do alumnado, a colaboración do alumnado e os proxectos interdisciplinares.

G.  PRÁCTICAS DE AVALIACIÓN

Debilidades: Avaliación das capacidades, autorreflexión sobre a aprendizaxe, comentarios ó alumnado sobre o seu traballo, o emprego de datos para mellorar a aprendizaxe.

Fortalezas: Retroalimentación adecuada, avaliación dixital,e documentación da aprendizaxe.

A pesar destes datos amosamos neste apartado, e a presenza de fortalezas e debilidades, non podemos tampouco dar estes datos coma infalibles. Cabe destacar a profunda diferencia de puntuación entre a dirección do centro e o profesorado, tendo nos mesmos apartados profundas diferencias en canto á valoración dos mesmos.

Ademáis moitos dos apartados considerados fortalezas neste Plan poderían incluirse dentro das debilidades, e viceversa, xa que en moitas ocasións as puntuacións están na fronteira.

 

Test CDD:

A elaboración deste TEST por parte do profesorado permite ter unha visión do nivel competencial en materia dixital do mesmo, e comparalo coa media de Galicia nos seus diferentes apartados.

É, polo tanto, recomendable, neste curso 22-23, facer un seguimento e valoración destas fortalezas e debilidades, tendo todo o claustro, dirección e alumnado moi claro e definidos os criterios para valorar cada cuestión.

           

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade No noso centro dispoñemos dun número limitado de dispositivos dixitais para que o alumnado poida levar para a casa Infraestruturas Si
Debilidade O centro non dispón dunha persoa cualificada para resolver problemas técnicos, depende dun servizo técnico profesional e da súa dispoñibilidade Infraestruturas Si
Debilidade O profesorado soporta unha gran carga lectiva e de funcións dentro do centro e non dispón de horas suficientes no seu horario lectivo para mellorar e desenvolver as súas capacidades de ensinanza a través das competencias dixitais Persoal docente Si
Debilidade Non dispoñemos dun repertorio en liña con material de aprendizaxe e ensinanza dixital Persoal docente Si
Fortaleza O centro dispón tanto de wifi como internet por cable en todas as dependencias e aulas Infraestruturas Si
Fortaleza Tanto dende o centro como dende as titorías, utilízanse medios dixitais para comunicarse cos diferentes membros da comunidade educativa Organización de centro Si
Fortaleza O profesorado utiliza recursos en liña nas súas clases e crea materiais propios coa axuda das tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado fai uso das tecnoloxías dixitais para cubrir as necesidades de aprendizaxe do alumnado, tendo en conta os diferentes ritmos e motivacións do alumnado Persoal docente Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Temos un profesorado pouco estable. Isto pode repercutir no desenvolvemento do plan dixital e das súas accións Administración educativa Si
Ameaza Parte do alumnado non dispón de dispositivos dixitais na súa casa ou o seu uso está limitado Administración educativa Si
Ameaza A cobertura de internet en certas zonas do municipio é deficiente Contorna Si
Oportunidade As actividades formativas permiten estaablecer un diálogo entre o profesorado e establecer liñas de colaboración con outros centros Administración educativa Si
Oportunidade Dende o centro podemos promover actividades formativas para o profesorado Administración educativa Si
Oportunidade Mediante o uso de recursos dixitais promovemos unha ferramenta máis na aula que permite implicar e motivar tanto ó alumnado como involucrar as familias e outros organismos do municipio Contorna Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os datos obtidos son a base das liñas de acción e permiten unha análise profunda dos diferentes elementos a ter en conta para a posta en práctica do noso Plan Dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Subir documentación necesaria para as familias á web (B-Colaboración e redes)
O02PD Mellorar equipos informáticos nas aulas (C-Infraestruturas e equipos).

Seguimento

Procedemento

No contexto de avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ó trimestre, levándose a cabo en claustros de profesorado. Os aspectos a valorar trimestralmente serán:

1- Estado da execución das accións para cada obxectivo do Plan de Acción

2- Análise e valoración dos resultados

3- Posibles modificacións das accións e propostas de mellora.

1º Trimestre

Neste primeiro trimestre comezamos coa estruturación e pasos a seguir para o desenvolvemento do plan dixital neste curso 2022-2023. O primeiro en realizarse foi a posta en funcionamento da páxina web que non estaba actualizada. Cambiouse o deseño e diferentes apartados da mesma coa pretensión de conseguir unha maior funcionalidade e facilidade de acceso á mesma. Nela subiuse toda a información relevante de comezo de curso así como o plan dixital para que tivese acceso a esta información toda a comunidade educativa.

Por outra banda, procedeuse a instalar como medio de comunicación coas familias ABALAR. Creouse unha pequena presentación para informar ás familias da súa descarga e do seu funcionamento para facilitar a labor nestos primeiros días de curso.

Ademais, unha ferramenta que estaba sen explotar era a aula virtual. Fixemos cambios no seu deseño e potenciamos o acceso do alumnado xunto coa información ás familias para que tivesen información para que entrasen no seu fogar sen problemas. Convertiuse nunha ferramenta habitual que mellora o proceso de ensinanza e de aprendizaxe.

A comezo de curso tamén se comprobaron os medios tecnolóxicos en funcionamento. Fíxose mantemento en ordenadores e equipamentos. Cabe destacar neste sentido a limpeza, actualización e mellora da velocidade dos equipos xa existentes.

Co fin de mellorar o uso das novas tecnoloxías do noso centro o alumnado creou diferentes infografías que colocamos polo centro para chegar a toda a comunidade a información precisa para facer un bo uso das mesmas.

2º Trimestre

No segundo trimestre seguimos o camiño comezado no anterior trimestre, potenciando a aula virtual e mantendo actualizada a páxina web. Puxéronse en marcha medios tecnolóxicos que necesitaban mantemento e introducíronse no día a día do centro.

Neste sentido cabe destacar o traballo dende diferentes materias para potenciar a competencia dixital do alumnado. Un exemplo do dito pode ser o uso de ferramentas de deseño para crear o noso propio libro no proxecto competencial.

Cabe sinalar que para traballar activamente o noso plan dixital relacionámolo con programas nos que está inscrito o centro. Por exemplo programas para elaborar proxectos de impresión na nosa impresora 3D. Tamén dentro do programa EDU-SAÚDE no que cun pequeno croma montamos unhas entrevistas traballando coa área de lingua e literatura castelá nas que se facían as previas dos partidos das nosas ligas do recreo.

3º Trimestre

Neste trimestre introducimos melloras no noso equipamento tecnolóxico. Cabe destacar a compra de ordenadores con destacable tarxeta gráfica para potenciar diferentes proxectos, como por exemplo o traballo con ferramentas de programación en robótica ou programas de deseño para apoiar as súas presentacións. Seguimos incluíndo relación cos programas cos que participamos, como coa elaboración de trofeos na impresora 3D dentro do programa EDU-SAÚDE.

Seguiuse actualizando a páxina web como durante todo o curso e resolvendo diferentes problemáticas relacionadas cos equipos tecnolóxicos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación final a frecuencia será de unha vez ó ano , en xuño de 2023. Os apectos a considerar serán:

1- Valoración do logro dos obxectivos para cada acción desenvolvida no PDC.

2- Propostas de mellora e obxectivos para o curso 23-24.

Valoración xeral

A valoración da posta en práctica do Plan Dixital (2022-2023) foi moi positiva xa que se acadaron os principais obxectivos que se tiñan marcado para este período. Ademais, leváronse a cabo outras liñas de actuación que complementaron e favoreceron a consecución dos obxectivos. Cabe salientar que afectou a toda a comunidade educativa, polo que se sentaron as bases para un futuro traballo na dixitalización do centro. Outro aspecto destacable é a relación que fixemos con outros Programas nos que participa o centro, o que lle dou máis significatividade á nosa dixitalización de centro.

Proposta de mellora

Entre as principais propostas de mellora sinalaremos as seguintes:

- Renovar ordenador de clase e dirección.

- Potenciar a aula maker.

- Seguir avanzando no traballo coa aula virtual.

- Necesidade de formación dixital do claustro.

- Atender ás novas necesidades tecnolóxicas do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan é coñecido por toda a comunidade educativa. Pode consultarse na páxina web do centro para calquera que o desexe.

Emitiuse ás familias do centro unha circular por diversos medios informando da existencia do Plan, da súa finalidade e onde poder consultalo.

Na seguinte ligazón podémolo consultar: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxedeguadalupe/node/55