Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital do Centro é a ferramenta que facilita o acceso ao uso dos medios dixitais no proceso de ensinanza- aprendizaxe de cara o desenvolvemento pleno e integral do alumnado. Trátase polo tanto dun instrumento que forme parte do Proxecto Educativo, Proxecto de Dirección e o Programa Xeral Anual de cara a dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de xeito que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa que mostre coherencia e guíe no uso das tecnoloxías.

Datos básicos do centro

- Nome do centro: CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo (Amoeiro)
- Dirección: Rúa Souto S/N
- Correo electrónico: ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.gal
- Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippedraioamoeiro/
- Etapas educativas: Educación infantil e Educación primaria

- Número de alumnos: Educación infantil: 24, Educación primaria: 44, Total: 68.

- Profesorado do centro: No noso centro este curso escolar formaron parte do claustro  12 mestres/as, tendo en conta que, ata o 15 de xuño tivemos á mestra de PROA+ (Programa para a Orientación, Avance e Enriquecemento Educativo) dirixido ao alumnado de 6º de educación primaria e, no 1º trimestre, eramos 13 por ter o mestre de ARCO (Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación) para o alumnado de 4º e 5º de EP.
Así, o centro tivo profesorado itinerante, concretamente tres:  a orientadora que, substituíuno un  orientador desde xaneiro ata final de curso; e dúas mestras de relixión católica.

- Características singulares do centro: A singularidade do noso centro é o número de unidades, xa que, ao rematar o curso escolar nunca sabemos cantas unidades iremos ter o curso que vén. O número de unidades depende directamente do número de alumnos/as, a máis alumnado, máis profesorado.
Así, este ano tivemos 6 unidades, a nivel administrativo (pois a nivel interno funcionamos con 7), o que contribuíu a que tiveramos unha PT a tempo completo e dous mestres/as de primaria, ademais de secretaria dentro do equipo directivo. Noutras ocasións, o centro dispón de 5 unidades ou menos,  o que con leva a non contar cos recursos anteriormente mencionados.

Contextualización do Plan Dixital do Centro

O Plan Dixital de Centro (PDC) é un instrumento de planificación que debe estar integrado no Proxecto Educativo, segundo se recolle na LOE que persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.
O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios. Neste sentido, non pretendemos que sexa un documento que xere conflitos, senón que recolla o que se leva facendo anos no colexio e que aglutine todas as actuacións no ámbito dixital e tecnolóxico que queremos abordar de cara ao futuro. Intentaremos que encaixe nos programas nos que xa participa o colexio: Edixgal, todas as liñas de contratos programa, plans proxecta...

Xustificación do Plan

En base á normativa vixente e como parte do Proxecto Educativo do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo, elabórase este Plan Dixital, documento que pretende regular a relación coa tecnoloxía nas distintas etapas educativas e ofrecer unha guía de referencia para as familias e profesorado que sexa sinxela e efectiva. Neste documento trataremos de atopar o equilibrio necesario para que a tecnoloxía se introduza nas aulas de xeito natural sen ter dependencia dela, pero sendo conscientes de que no século XXI o alumnado debe adquirir unha serie de competencias en relación co seu emprego. 
A nivel lexislativo, para a elaboración do plan, tivemos en conta.
•    Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación
•    Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
•    Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
•    Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Proceso de elaboración

O equipo de Dinamización do Plan Dixital fórmano case todos os compoñentes do claustro sendo, a coordinadora, a directora. Este ano tivemos no centro un PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) con tres liñas diferentes, no que, unha delas, era a elaboración do plan Dixital do centro. Tivemos reunións periódicas ao longo do curso para tratar os diferentes aspectos (SELFIE, TCDD, DAFO, elaboración dos obxectivos...). A continuación,  exponse brevemente o tratado nas reunións efectuadas: Elabórase e impleméntase o Plan dixital a través do análise do cuestionario SELFIE, todo o profesorado do centro realiza o TCDD, elabórase o DAFO e elabórase o Plan Dixital completo por parte de todo o equipo de mestres/as

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non dispoñen de recursos dixitais para unha aprendizaxe mixta. C8 Alumnado Si
Debilidade Insuficiente comportamento seguro e responsable do alumnado. H1-H3 Alumnado Si
Debilidade O alumnado non emprega a tecnoloxía para comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa. H4 Alumnado Si
Debilidade Baixo uso das tecnoloxías con fins pedagóxicos fóra do centro educativo. H3 Alumnado Si
Debilidade Escaso dominio das ferramentas ofimáticas. H10 Alumnado Si
Debilidade Dispoñen de dispositivos dixitais insuficientes ou mala conectividade. Familias Si
Debilidade Insuficiente formación no uso e existencia de determinadas ferramentas e aplicacións dixitais. Familias Non
Debilidade Falta de competencias dixitais nas familias sobre todo relacionadas coa escola. Familias Non
Debilidade Algunhas familias reticentes ao uso das tecnoloxías. Familias Non
Debilidade Escaseza de dispositivos para facilitarlles ao alumnado en caso de que os precisen. C8 Infraestruturas Si
Debilidade Non están actualizadas e son insuficientes os equipamentos e as redes. C2 Infraestruturas Si
Debilidade Falta de infraestrutura dixital para docentes e alumnado. C1 Infraestruturas Si
Debilidade Insuficiente política de protección de datos. C7 Infraestruturas Non
Debilidade Non existe actualmente ningunha modalidade de ensino en relación ás tecnoloxías dixitais. A3 Oferta Si
Debilidade Insuficiente tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. H12 Organización de centro Si
Debilidade Estratexia dixital en proceso de definición. H12 Organización de centro Non
Debilidade Asistencia técnica insuficiente. C5 Organización de centro Si
Debilidade Formación do docente non axustada ás necesidades que se demandan. A3 Persoal docente Si
Debilidade Dificultade do profesorado a explorar o ensino dixital e tempo para facelo. A4 Persoal docente Si
Debilidade Falta de seguridade do profesorado para a creación de recursos dixitais. E2 Persoal docente Si
Debilidade Necesidade de mellora na retroalimentación e autoreflexión da aprendizaxe. G3-G5 Persoal docente Si
Debilidade Dificultade para aplicar as tecnoloxías dixitais ás necesidades individuais do alumnado. F1 Persoal docente Si
Debilidade Non emprego de canles de comunicación internas corporativas entre o persoal docente e non docente. B3 Persoal non docente Non
Fortaleza Acceso aos dispositivos E-Dixgal fóra do centro educativo. C8 Alumnado Si
Fortaleza Alta motivación ao alumnado ao traballar coas novas tecnoloxías. C10 Alumnado Si
Fortaleza Gran capacidade de aprendizaxe no uso das novas tecnoloxías. H10 Alumnado Si
Fortaleza As familias amosan boa vontade para participar e implicarse nos proxectos do centro. Familias Si
Fortaleza Emprego do espazo abalar para a comunicación coas familias. Familias Si
Fortaleza Boa relación co equipo directivo e co profesorado. Familias Si
Fortaleza Participan en redes sociais. Familias Si
Fortaleza Dispoñemos de espazos para facilitar o ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. C14 Infraestruturas Si
Fortaleza Todas as aulas dispoñen de PDI e ordenador do profesor. C2 Infraestruturas Si
Fortaleza O centro solicita os diferentes plans de Apoio educativo (ARCO e PROA+) para atender ás necesidades individuais do alumnado. A3-A2 Oferta Si
Fortaleza Existencia dunha boa comunicación coa comunidade educativa (abalarmóbil, páxina web, correo electrónico...). C15 Organización de centro Si
Fortaleza Existencia dunha estratexia dixital así como un plan de comunicación. A1 Organización de centro Non
Fortaleza Empréganse entornos virtuais de aprendizaxe (EVA) co alumnado E-Dixgal en 5º e 6º de EP. E3 Persoal docente Si
Fortaleza Docentes motivados para formarse en competencias dixitais. D2 Persoal docente Si
Fortaleza Relación cordial entre o profesorado e a capacidade de traballo en equipo. B3 Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado recibe formación a través dos PFPP. D2 Persoal docente Si
Fortaleza Hai persoal definitivo involucrado, responsable das TICS. B3-D2 Persoal docente Si
Fortaleza Suficiente participación en proxectos interdisciplinares. F6 Persoal docente Si
Fortaleza Boa predisposición á colaboración cos membros da comunidade educativa. B3 Persoal non docente Si
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Insuficientes equipos para o ensino. C2 Administración educativa Si
Ameaza Asistencia técnica externa ineficaz. C5 Administración educativa Si
Ameaza Excesiva carga burocrática e administrativa na actualización dos recursos tecnolóxicos. Administración educativa Si
Ameaza Non existe certificación en competencias dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Non están actualizados os equipamentos nin as redes. C1-C3 Administración educativa Si
Ameaza Presión para alcanzar unha dixitalización por parte da Administración Educativa ás familias e ao profesorado sen establecer uns prazos acordes á realidade individual de cada centro. Administración educativa Si
Ameaza A provisionalidade do profesorado para a continuidade do proxecto. Administración educativa Si
Ameaza Non existe proposta de actividades extraescolares relacionadas coas tecnoloxías. H11 ANPA Si
Ameaza Non existe oferta formativa no ámbito dixital por parte da administración pública da contorna. C11 Contorna Si
Ameaza Escasa difusión por parte do Concello das actividades relacionadas co centro educativo. C12 Contorna Si
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna para levar a cabo unha formación e un cambio atendendo ás necesidades dixitais que se nos presentan. C11 Contorna Si
Ameaza As institucións alleas ao centro educativo só contan con nós para lucir algún proxecto seu. C11-C12 Contorna Si
Ameaza Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. C12 Contorna Si
Ameaza Cambios constantes na lexislación educativa. Lexislación Non
Ameaza Falta de continuidade nas leis educativas relacionadas no eido dixital. Lexislación Non
Ameaza Insuficiente política de protección de datos relacionados co profesorado. C7 Lexislación Non
Ameaza Pouca oferta educativa dixital público-privada para os centros educativos. B3 Outras Si
Oportunidade Adecuada oferta de actividades formativas. Administración educativa Si
Oportunidade Aumento e uso das aplicacións dixitais establecidas pola Administración educativa (XADE, abalarmobil, proens, persoalcentros, fprofe, fondolibros, admisionalumnado...). C2 Administración educativa Non
Oportunidade A administración aposta e apoia a transformación educativa a través das tecnoloxías dixitais. C2 Administración educativa Si
Oportunidade Moitas aplicacións en liña dispoñibles. C2 Administración educativa Non
Oportunidade Existencia da Rede DixitalGal promovida pola Administración. C2 Administración educativa Non
Oportunidade Adecuada e boa relación coa AFA. ANPA Non
Oportunidade Interacción con outras entidades locais en diferentes proxectos (concello de Amoeiro, mancomunidade de santa Águeda). C12 Contorna Si
Oportunidade Nova lexislación que permite o acceso a novos programas e a unha nova financiación e dotación de recursos dixitais. Lexislación Non
Oportunidade Implicación con entidades externas público-privadas que ofertan actividades dixitais para centros educativos (Deputación, Fundacións, Abanca...). B3 Outras Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO tanto a nivel interno como externo. En canto a nivel interno atopamos 23 debilidades das cales 5 son a nivel do alumnado, 4 de familia, 4 de infraestruturas, 1 de oferta, 3 de organización de centro 5 de persoal docente e 1 de persoal non docente. Por outra banda, en canto a nivel externos nos atopamos con 19 fortalezas das cales 3 son referente ao alumnado, 4 as familias, 2 a infraestruturas, 1 a oferta, 2 a organización do centro, 6 a persoal docente e 1 a persoal non docente. Polo tanto podemos deducir que a nivel interno hai máis debilidades que fortalezas, destacando un maior número de debilidades a nivel de alumnado e persoal docente, mentres que en fortalezas destacamos ao persoal docente.

Por outro lado en canto ao nivel externo atopámonos con 17 ameazas, das cales 7 corresponderían á administración educativa, 1 á ANPA, 5 á contorna, 3 á lexislación e por último 1 no apartado de outros. En canto ás oportunidades observamos 9 das cales 5 corresponderían á administración educativa, 1 á ANPA,  outra á contorna, outra a lexislación e por último 1 no apartado de outras. Polo tanto podemos concluir con que temos casi o dobre de ameazas que debilidades, destacando no apartado de ameazas as correspondentes ao apartado de administración educativa mentres que no apartado de oportunidades podemos destacar o mesmo apartado de administración educativa.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Crear recursos dixitais na plataforma E-Dixgal por parte do profesorado.
O3PD Revisar e actualizar os equipos existentes.
O4PD Empregar actividades de aprendizaxe dixitais que fomenten a creatividade do alumnado.
O5PD Empregar os foros na aula virtual como instrumento de avaliación.
O6PD Formar ao alumnado de segundo e terceiro ciclo en ferramentas ofimáticas.
02PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital.

Seguimento

Procedemento

Levarase a cabo un seguimento trimestral para verificar que obxectivos do Plan Dixital se cumpliron e cales non comprobando as datas previstas para cada un destes obxectivos. 

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre continuouse co PFPP relacionado coa formación Edixgal en recursos dixitais para os mestres/as os días 7 e 14 de Febreiro, solicitáronse e acudiron dende o Plan Director da Garda Civil a dar unha charla sobre as novas tecnoloxías e viñeron a deuse unha charla ao alumnado do fotografado e visualización na páxina web do cole. Ao principio do curso escolar levouse a cabo un chequeo xeral dos equipos informáticos que temos no centro (hardware, software, internet,...) para detectar cales presentan problemas para que os poidan reparar. Introduciuse ao alumnado no emprego de distintas actividades de aprendizaxe dixital: genially, quizziz, kahoot,...).  No 3º ciclo preparouse ao alumnado en prácticas de coavalliación mediante rúbricas, iniciuse no emprego de ferramentas ofimáticas e realizouse unha proba práctica para comprobar o diminio de ditas ferramentas. Ademais púxose en común o obxectivo co profesorado implicado.

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre continuose coa liña de traballo do trimestre anterior. Seguiuse formando ao alumnado do 3º ciclo nas prácticas de coevaluación mediante rúbricas e practicando o dominio das diferentes ferramentas ofimáticas. Ademais tamén se formou ao alumnado sobre o uso dos foros e o comportamento responsable na publicación de comentarios dentro da aula virtual e fora de ela. Dandolle a escoller tamén os diferentes temas para poder debatir nos foros da propia aula virtual e que eles mesmos escollan diferentes temáticas a tratar.

3º Trimestre

No terceiro e polo tanto, último trimestre do curso escolar a liña de traballo foi a mesma que a do resto do ano. Profundizouse na utilización dos foros e un uso responsable do mesmo do alumnado do 3º ciclo en temáticas como por exemplo os seus rincóns favoritos para a lectura. Tamén se profundizou no uso de diferentes ferramentas ofimáticas e o uso e coñecemento  por parte de todo o centro dos novos paneis interactivos. Levouse a cabo unha revisión e análise dos obxectivos pendentes de este curso escolar e a revisión dos mesmos para o próximo curso escolar.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O plan de acción avaliarase tendo en conta:

- Avaliación procesual: a avaliación está relacionada coa táboa dos obxectivos marcados neste plan, pois en cada un deles aparece establecido a data de fin prevista e o seguimento da acción.

- Avaliación final: unha vez ao ano, no mes de xuño. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Durante este curso escolar 22/23 no seminario do Plan Dixital leváronse a cabo diferentes e diversas actuacións a nivel de centro. A valoración xeral do Plan Dixital é boa, foronse cumprindo os obxectivos establecidos na medida do posible grazas á implicación do profesorado. Non obstante quedan obxectivos por cumplir, ben por falta de tempo ou ben por falta de medios ou cuestións de organización. Estes obxectivos quedarán pendentes de cara ao vindeiro curso que se valorarán ao comezo deste e se tomarán as medidas correspondentes a cada obxectivo.

Durante o primeiro trimestre continuouse co PFPP relacionado coa formación Edixgal en recursos dixitais para os mestres/as os días 7 e 14 de Febreiro, solicitáronse e acudiron dende o Plan Director da Garda Civil a dar unha charla sobre as novas tecnoloxías e viñeron a deuse unha charla ao alumnado do fotografado e visualización na páxina web do cole. Ao principio do curso escolar levouse a cabo un chequeo xeral dos equipos informáticos que temos no centro (hardware, software, internet,...) para detectar cales presentan problemas para que os poidan reparar. Introduciuse ao alumnado no emprego de distintas actividades de aprendizaxe dixital: genially, quizziz, kahoot,...).  No 3º ciclo preparouse ao alumnado en prácticas de coavalliación mediante rúbricas, iniciouse no emprego de ferramentas ofimáticas e realizouse unha proba práctica para comprobar o dominio de ditas ferramentas. Ademais púxose en común o obxectivo co profesorado implicado.

Durante o segundo trimestre continuouse coa liña de traballo do trimestre anterior. Seguiuse formando ao alumnado do 3º ciclo nas prácticas de coevaluación mediante rúbricas e practicando o dominio das diferentes ferramentas ofimáticas. Ademais tamén se formou ao alumnado sobre o uso dos foros e o comportamento responsable na publicación de comentarios dentro da aula virtual e fora de ela. Dandolle a escoller tamén os diferentes temas para poder debatir nos foros da propia aula virtual e que eles mesmos escollan diferentes temáticas a tratar.

No terceiro e polo tanto, último trimestre do curso escolar a liña de traballo foi a mesma que a do resto do ano. Profundizouse na utilización dos foros e un uso responsable do mesmo do alumnado do 3º ciclo en temáticas como por exemplo os seus rincóns favoritos para a lectura. Tamén se profundizou no uso de diferentes ferramentas ofimáticas e o uso e coñecemento  por parte de todo o centro dos novos paneis interactivos. Levouse a cabo unha revisión e análise dos obxectivos pendentes de este curso escolar e a revisión dos mesmos para o próximo curso escolar.

Proposta de mellora

En canto ás propostas de mellora do Plan Dixital para o vindeiro curso, tendo en conta o traballo levado a cabo este curso e en vistas ao vindeiro:

- Maior coordinación do equipo para unha posta en común dos obxectivos de xeito mensual.

- Información clara e concisa sobre as actuacións do Plan Dixital para un traballo efectivo e útil.

- Favorecer e facilitar o traballo do Plan Dixital para levar a cabo unha proposta real e efectiva.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital atópase na nosa web do centro ao cal se pode acceder mediante o seguinte enlace: Plan Dixital Ceip Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo.

Tamén queda incorporado ao noso Proxecto Educativo do Centro (PEC).