Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

DATOS BÁSICOS

Nome do centro: CEIP Padre Feijóo

Dirección: Estrada da Xunqueira, s/n 32660 Allariz (Ourense)

Correo electrónico: ceip.padre.feijoo@edu.xunta.gal

Páxina web: colexioallariz.blogspot.com

Etapas educativas: Educación Infantil e Educación Primaria

Nº de alumnado: 445 alumnos e alumnas no curso actual, agrupados en 13 unidades de Primaria e 8 de Infantil.

Nº de profesorado: 38

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO

Entre as fontes principais da riqueza da vila está o turismo, aínda que a calidade de vida, a recuperación do seu patrimonio e a preocupación polo desenvolvemento sostible son outros dos seus eixos importantes. 

En canto ao contexto socioeconómicos, existen tres grupos de familias: un grupo moi numeroso de familias cun alto nivel económico, familias con baixo nivel de ingresos e familias cun nivel medio, ao cal pertence a maioría.

O CEIP Padre Feijóo está situado na vila de Allariz pero tamén escolariza a alumnado de A Merca e Taboadela. A maioría do alumnado reside na vila, con todo, son rapaces e rapazas dun nivel socioeconómico medio-baixo, que non perderon aínda as características dos nenos do rural. Con todo, viven nun medio que os valora e crea oportunidades de ensino e lecer para eles: biblioteca, escolas deportivas municipais ou escola de música.

Por outra banda, o Plan Dixital é primordial neste centro, posto que entre os obxectivos propostos dentro do Proxecto Educativo aparece o de promover a innovación educativa e proporcionar aprendizaxes motivadoras e funcionais ao noso alumnado. En consecuencia, procede buscar un maior aproveitamento posible das tecnoloxías da información e comunicación tendo en conta que serán recursos moi importantes para lograr a igualdade e a promoción das persoas.

No curso actual, entre os programas de innovación nos que estamos a participar, están o Donas de Si, Mulleres emprendedoras nas TIC, Ponte nas Ondas e Misión Alba, todos eles moi relacionados co Plan Dixital, posto que a través destes plans potenciamos o obxectivo anteriormente citado. Ademais, o alumnado de sexto realiza cada ano a gravación dun CD e algún profesorado participa no programa eTwinning.

Este colexio pretende que o Plan Dixital poida contribuír na Programación Xeral Anual do vindeiro curso dispoñendo dun documento práctico para a planificación dixital do centro. O análise e valoración previos foron primordiais para que no curso que ven se poida mellorar a competencia dixital do profesorado, mellorar a aprendizaxe do alumnado como consecuencia da súa mellor competencia dixital e mellorar as infraestruturas de centro, dotándonos de novos recursos para poder cumprir os anteriores aspectos mencionados.

BREVE XUSTIFICACIÓN DO MESMO

O Plan Dixital está contextualizado na seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

PROCESO DE ELABORACIÓN

A organización para a elaboración do Plan Dixital foi paralela ao cronograma proposto dende o equipo ADIX. As tarefas realizadas durante o segundo trimestre e parte do terceiro foron consensuadas entre todos os membros partícipes do PFPP para a elaboración do Plan Dixital, elaboradas polo Equipo de Dinamización e entregadas na Aula Virtual pola coordinadora do mesmo.

A última fase do Plan, a súa redacción, foi realizada pola coordinadora do Equipo, consensuando co resto de membros que ollarán o borrador previamente á presentación do Plan Dixital ante Claustro e Consello Escolar.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados para a recollida da información previda foron o Test SELFIE e o Test CDD. 

Interno
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Insuficientes dispositivos dixitais portátiles para o uso no fogar. Alumnado Si
Debilidade Insuficiente comportamento seguro do alumnado. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a comprobar si a información que atopa en internet é fiable e precisa. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet. Alumnado Non
Debilidade Unha alta porcentaxe de alumnado non aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Insuficientes dispositivos dixitais para o uso do alumnado. Alumnado Non
Debilidade Non se contempla que o alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles e poida utilizalos durante as clases. Familias Non
Debilidade Insuficientes dispositivos dixitais para o uso do alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade Non existen dispositivos dixitais a disposición dos docentes. Infraestruturas Si
Debilidade Asistencia técnica insuficiente. Infraestruturas Non
Debilidade Insuficiente política de protección de datos relacionados co profesorado. Infraestruturas Non
Debilidade Insuficientes dispositivos dixitais portátiles para o uso no fogar. Infraestruturas Si
Debilidade Non están actualizados os equipamentos e as redes. Infraestruturas Si
Debilidade Non existe actualmente ningunha modalidade de ensino en relación ás tecnoloxías dixitais. Oferta Non
Debilidade Non existe unha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade Non existe actualmente ningunha modalidade de ensino en relación ás tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Falta de tempo, en horario escolar, para explorar o ensino dixital. Organización de centro Non
Debilidade A maioría dos docentes non avalían a través de tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Asistencia técnica insuficiente. Organización de centro Non
Debilidade Pouco tempo para explorar o ensino dixital. Persoal docente Non
Debilidade A maioría dos docentes non avalían a través de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non existe reflexión sobre TIC's. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente reflexión sobre as necesidades de DPC. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente creación de recursos dixitais para reforzar o labor da ensinanza. Persoal docente Si
Debilidade Non existen colaboracións con outras entidades. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente adaptación dos recursos dixitais ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Non se usan suficientes contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado móstrase participativo para aprender e crear contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Gran parte do alumnado aprende a comunicarse usando as tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza As familias móstranse partícipes de desenvolver a competencia dixital no alumnado. Familias Non
Fortaleza Suficientes ordenadores a disposición dos docentes. Infraestruturas Non
Fortaleza Suficiente protección de datos en relación ao alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza Implicación da maioría do profesorado por coñecer as novas modalidades de ensino. Oferta Non
Fortaleza Existe involucración do profesorado no desenvolvemento da competencia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Implicación da maioría do profesorado en coñecer novas modalidades de ensino. Organización de centro Si
Fortaleza Facilítanselle ao alumnado tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza Implicación da maioría do profesorado por coñecer as novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza Suficiente uso de tecnoloxías dixitais para a comunicación co centro. Persoal docente Non
Fortaleza Suficiente busca de recursos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Si se utilizan recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza Suficiente colaboración do alumnado nas actividades dixitais. Persoal docente Non
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non están actualizados os equipamentos e as redes. Administración educativa Si
Ameaza Non existen dispositivos dixitais a disposición dos docentes. Administración educativa Si
Ameaza Asistencia técnica insuficiente. Administración educativa Non
Ameaza O alumnado non aprende a codificar ou programar nin resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais. ANPA Non
Ameaza Insuficiente política de protección de datos relacionado co profesorado. Lexislación Non
Ameaza Non existe colaboración con outras entidades. Outras Non
Oportunidade Suficientes ordenadores a disposición dos docentes. Administración educativa Non
Oportunidade Posible creación de actividades extraescolares para desenvolver a competencia dixital do alumnado. ANPA Non
Oportunidade Suficiente protección de datos en relación ao alumnado. Lexislación Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do EDPD de Centro e o conxunto do claustro, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presentes análise DAFO sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convirtindo os ítems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto reflíctese na seguinte lapela (obxectivos).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD 1. Mellorar a infraestrutura dixital do centro.
O02PD 2. Formación e dotación en recursos STEM.
O03PD 3. Crear estudo de gravación e radio escolar.

Seguimento

Procedemento

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan. A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo. A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso iniciouse o obxectivo O01PD que consiste en "mellorar a infraestrutura dixital do centro", o cal segue en proceso coa acción AO1.2. 

En relación ao O02PD "Formación e dotación en recursos STEM", estanse a realizar as accións AO2.1., a AO2.2. e a AO2.4. Queda pendente levar a cabo a acción AO2.3. 

Por último, en cando ao obxectivo O03PD "Crear un estudo de gravación e radio escolar", está acadada a acción AO3.1. e en proceso a AO3.3. 

En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai por bo camiño.

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre do presente curso rematamouse o obxectivo O01PD que consiste en "mellorar a infraestrutura dixital do centro".

En relación ao O02PD "Formación e dotación en recursos STEM", rematáronse as accións AO2.1., a AO2.2. e a AO2.4. Por outra banda, iniciamos a acción AO2.3. 

Por último, en cando ao obxectivo O03PD "Crear un estudo de gravación e radio escolar", está acadada a acción AO3.1. e iniciamos a AO3.3. 

En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai por bo camiño.

3º Trimestre

Durante o terceiro trimestre do presente curso damos por finalizado o O02PD "Formación e dotación en recursos STEM", conseguindo levar a cabo a última acción pendente: AO2.3. 

Por último, en cando ao obxectivo O03PD "Crear un estudo de gravación e radio escolar", está acadada a acción AO3.3. 

A pesares de que hai accións que non se levaron a cabo durante este presente curso, a posta en marcha do Plan Dixital foi positiva no centro. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación lévase a cabo co obxectivo de recoller, analizar e valorar a información relevante do Plan Dixital.

Polo tanto, o proceso de seguimento do desenvolvemento do plan e a consecución dos obxectivos realizarase a través de dous tipos de avaliacións:

A primeira avaliación ou avaliación procesual, levada a cabo trimestralmente. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

A segunda ou avaliación final, realizada unha vez ao ano e preferiblemente ao rematar o curso. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

En relación á valoración xeral do Plan Dixital, destacar que algúns dos obxectivos propostos dende un inicio, non poderán ser acadados na temporalización establecida, polo que a través do seguimento do Plan, realizaremos pequenas modificacións en relación á consecución da execución das accións. O O2PD está acadado, mentres que os O1PD e O3PD quedan parcialmente pendentes de acadar o vindeiro curso.  

 

Proposta de mellora

De cara o vindeiro curso, intentarase dar resposta ás accións que quedaron pendentes no curso actual.

Con todo, estableceremos uns novos obxectivos co fin de seguir mellorando a nosa estratexia dixital: 

- Formar ao profesorado en: pantallas dixitais, robótica e impresión 3D.

- Crear un equipo de dinamización da aula dos Polos Creativos.

- Fomentar o uso do carro dicital (ordenadores portátiles) en todos os ciclos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será publicado na páxina do centro para que toda a Comunidade Educativa poida acceder ao mesmo.