Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

¿      O IES Terra de Soneira atópase no Concello de Vimianzo, (A Coruña), é un concello de pouco máis de 8.000 habitantes, dos cales, 3.925 son homes e 4.114 son mulleres, segundo datos do Padrón Municipal do I.N.E. O centro, adoita o nome da bisbarra da Terra de Soneira, onde se atopa o propio centro e a localidade de Vimianzo. O Concello limita cos concellos de Muxía, Zas, Laxe, Camariñas, Dumbría e Mazaricos. Somos o único centro de secundaria obrigatoria (ESO) e postobrigatoria (Bacharelato) do Concello, e a el, acode o alumnado de Primaria, procedente de dous CEIPs adscritos, o CEIP San Vicenzo e o CEIP Baíñas. Tamén acode alumnado do IES Pedra da Aguia de Camariñas para cursar Bacharelato.

 

¿      A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, no seu artigo 121 establece que o Proxecto Educativo do centro recollerá a estratexia dixital. A promoción do uso das tecnoloxías da información e a comunicación é unha labor que compete tanto á administración educativo como ás direccións dos centros. Mediante o presente Plan Dixital preténdese incidir sobre aquelas carencias detectadas no eido dixital permitindo facilitar a consecución dos obxectivos do noso Proxecto Educativo.

O centro aspira a implementar o programa de innovación educativa Polos Creativos no vindeiro curso 22/23 coa participación de tódolos niveis educativos e a práctica totalidade dos departamentos didácticos. Espérase contar cun importante nivel de retroalimentación entre as medidas do Plan de acción e as actividades que formarán parte do proxecto presentado no anterior programa, permitindo sobre todo un mellor aproveitamento das actividades previstas.

En cursos anteriores o centro participou no programa Proxecta (Aprendo programando).

 

¿      O Plan Dixital formará parte da Programación Xeral Anual do curso 22/23 e contribuirá directamente ao logro dos obxectivos relacionados coa potenciación da utilización das tecnoloxías da información e a comunicación e indirectamente a outros obxectivos.

 

1.2.  Breve xustificación do mesmo

¿      Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

¿      Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

¿      Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

¿      Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.3.  Proceso de elaboración

Este plan dixital elaborouse no marco do PFPP do centro utilizando datos dos distintos SELFIE que se fixeron no centro e o test CDD de Fprofe e coa axuda dos mentores ADIX.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe SELFIE  e test CDD

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Participación de las empresas en la estrategia. Tecnologías asistenciales. Traer el propio dispositivo. Habilidades digitales para diferentes materias. Resolver problemas técnicos. La tecnología en el centro. La tecnología fuera del centro con fines de aprendizaje. Alumnado Si
Debilidade Estrategia digital. Participación de las empresas en la estrategia. Evaluación del progreso. Sinergias para el aprendizaje mixto. Traer el propio dispositivo. Tecnologías asistenciales. Documentación del aprendizaje. Organización de centro Si
Debilidade Proyectos interdisciplinares. Autorreflexión sobre el aprendizaje. Comentarios a otros/as alumnos/as sobre su trabajo. Retroalimentación e apoio. Adopción da tecnoloxía. Visitas de estudo. Persoal docente Si
Fortaleza Dispositivos digitales para el aprendizaje. Dispositivos propiedad del centro para alumnos. Verificar la calidad de la información. Aprender a comunicarse. Habilidades digitales para diferentes materias. La tecnología en el en el hogar para el ocio. Ausencia de tecnología fuera del centro. Podo facer un seguimento das miñas tarefas a través da aula virtual do centro ou do EVA do proxecto EDIXGAL na maioría das materias. Son coñecedor/a das vantaxes do emprego de software libre no ámbito educativo e dispoño e fago uso deste tipo de ferramentas no centro. Alumnado Non
Fortaleza Acceso del alumnado a dispositivos fuera del centro. A min ou a miña familia chégannos avisos e notificacións a través da aplicación AbalarMobil. Ademais pódense xustificar as faltas ou pedir titorías. Familias Non
Fortaleza Infraestructura. Dispositivos digitales para la enseñanza. Acceso a internet. Asistencia técnica. Dispositivos digitales para el aprendizaje. Espacios físicos. Infraestruturas Non
Fortaleza Nuevas modalidades de enseñanza Oferta Non
Fortaleza Asistencia técnica. Espacios físicos. O centro só emprega servizos dixitais educativos corporativos (web,aula virtual, videoconferencia, correo corporativo...) para difundir a información do centro e o ensino virtual. Organización de centro Non
Fortaleza Nuevas modalidades de enseñanza. Necesidades de DPC. Creación de recursos digitales. Empleo de entornos virtuales de aprendizaje. Comunicación con la comunidad educativa. Inclusión del alumnado.Formación do profesorado presencial. Formación de profesorado en rede. Formación a través da cooperación. Comunicación. Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Participación de las empresas en la estrategia. Sinergias para el aprendizaje mixto. Outras Non
Oportunidade Infraestructura. Dispositivos digitales para la enseñanza. Acceso a internet. Asistencia técnica. Administración educativa Non
Oportunidade Acceso del alumnado a dispositivos fuera del centro. Contorna Non
Oportunidade Normas sobre derechos de autor y licencias de uso. O equipo directivo coñece a normativa relativa a adquisición de equipamento informático para os centros educativos. Lexislación Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

·       O equipo de dinamización do plan dixital chegou á conclusión de que o alumnado demanda na aula metodoloxías colaborativas, autorreflexivas e coa retroalimentación axeitada vendo a mellora dos resultados das materias que imparte o profesorado que xa utiliza esta metodoloxía. Tamén lle consta ao equipo que o número de integrantes do profesorado que a utiliza é moi pequena, polo que pretendemos que este número sexa maior para que a porcentaxe de alumnado que se beneficia dela aumente e melloren os resultados globais.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
A01 F6 - Proxectos interdisciplinares
A02 F5 - Colaboración do alumnado
A03 G3 - Retroalimentación axeitada
A04 G5 - Autorreflexión sobre a aprendizaxe
A05 G6 - Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento será a través das actividades do PFPP de plan dixital do centro

1º Trimestre

Neste trimestre as integrantes do PFPP adicáronse á montaxe da aula de polos creativos, polo tanto non se traballaron os obxectivos do plan dixital.

2º Trimestre

Neste trimestre entrou en vigor o programa de acreditación de competencias dixitais polo que parte das reunións do PFPP que estaban previstas para este trimestre adicáronse a discutir o novo sistema de PFPP e a posible modificación do actual.

3º Trimestre

Neste trimestre as reunións adicáronse á preparación de ríbricas na aula virtual do centro e á configuración do libro de culaificacións  en Moodle.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de avaliación será a través das actividades do PFPP de plan dixital do centro

Valoración xeral

Debido á chegada dos Polos Creativos ao centro non foi posible desenvolver os obxectivos marcados no plan dixital para o curso 2022-2023.

Proposta de mellora

Cara o vindeiro curso será necesario deseñar outro PFPP no que se plantexen os obxectivos que non se acadaron este curso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan está colgado na páxina web do centro. Ademáis existe unha copia do mesmo a disposición da comunidade educativa na Dirección do centro.