Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Plurilingüe San Vicenzo está situado na localidade de Vimianzo, capital do concello do mesmo nome, na comarca de Soneira (A Coruña). Os datos principais do centro son:

- Denominación: CEIP Plurilingüe San Vicenzo

Titularidade: Pública Ø Código do Centro: 15019372.

 CIF: Q6555030C Ø Enderezo: Rúa do Candil 19 – C/P 15129 – Vimianzo , A Coruña

Teléfono / Fax: 881 866 532

 Correo electrónico: ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es

O CEIP Plurilingüe San Vicente de Vimianzo imparte ensinanza de segundo ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria. É un colexio de línea 1, coa excepción daqueles cursos onde a rátio supera 28 alumnos/as, onde se dividen en 2 cursos. Todos os estudos son de réxime público. O total do profesorado por catálogo é de 19 profesores no curso actual, tendo en conta que contamos con unha mestra de Relixión Católica con destino no centro, que forma parte persoal docente con contrato de persoal laboral.

Para a elaboración deste Plan Dixital seguimos un proceso aberto, longo guiado en todo o momento polo equipo ADIX. No mes de outubro formamos o equipo do Plan Dixital, formado por:

- Ana García Torralba (directora)

- Mª José Villaverde (xefa de estudios)

- Alba Vieites Lestón (coordinadora)

Posteriormente realizamos algunha formación dende a aula virtual creada polo equipo ADIX. Nel informousenos da aplicación SELFIE para avaliar a realidade dixital do noso centro. Posteriormente todo o profesorado do centro realizou o test de Competencia Dixital Docente, para ter unha visión realista do punto de partida de cada membro do claustro. Unha vez realizadas as avaliacións anteriores asistimos a unha formación virtual relacionada co informe DAFO. Unha vez realizada esta formación comezamos a redactar o noso informe DAFO onde analizabamos as debilidades, ameazas, oportunidades e fortalezas, internas e externas ao centro, para poder valorar cales son os obxectivos prioritarios neste plan Dixital Por último elaboramos os obxectivos do plan de acción que están incluídos neste Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- SELFIE

- Test da Competencia Dixital Docente

- Análises internos

Interno
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8. No noso centro hai moi poucos dispositivos dixitais que o alumnado pode usar cando precise. Alumnado Non
Debilidade G6. Non empregamos as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros Alumnado Non
Debilidade F5. Colaboración do alumnado Alumnado Si
Debilidade H7. No noso centro o alumnado non aprende a crear contidos dixitais xa que non contamos co material necesario para facelo. Alumnado Non
Debilidade H8. No noso centro o alumnado non pode aprender a comunicarse mediante as TICs xa que non contamos cos medios necesarios. Alumnado Non
Debilidade C10. Dende o centro non contamos con dispositivos propiedade Infraestruturas Non
Debilidade . A1. No noso centro non contamos cunha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade .A2. Desenvolvemento da estratexia do profesorado (2,5). (Porque non temos os medios suficientes para levar a cabo a estratexia) Organización de centro Non
Debilidade B4. Sinerxias para a aprendizaxe mixta. No noso centro non colaboramos con outros centros para mellorar a estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade G8. Non facilitamos aos estudantes o uso das tecnoloxías para documentar a súa aprendizaxe, xa que non temos os medios necesarios. Organización de centro Non
Debilidade E3. Ao non ter recursos empregamos poucas veces os ambientes virtuais de aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade F1. Non nos adaptamos ás necesidades do alumnado como nos gustaría ao non ter recursos para poder facelo. Persoal docente Non
Debilidade F3. Fomento da creatividade Persoal docente Si
Debilidade E2. Creación de recursos Persoal docente Si
Debilidade F6. Non fomentamos a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares xa que non temos recursos para realizar ditos proxectos. Persoal docente Non
Debilidade B2. Non se debateu o suficiente no uso das tecnoloxías Persoal docente Non
Debilidade B1. No noso centro ninguén avalía o noso progreso de ensino coas tic. Persoal docente Non
Debilidade G3. Non empregamos tecnoloxía dixital para proporcionar unha retroalimentación aos estudantes. Persoal docente Non
Debilidade G5. No noso centro non utilizamos as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade A4. No noso centro o profesorado conta con tempo para mellorar o método de ensino Persoal docente Non
Fortaleza H1. No noso centro o alumnado aprende a actuar con seguridade en internet Alumnado Non
Fortaleza H3. No noso centro o alumnado aprende a actuar de forma responsable en internet Alumnado Non
Fortaleza .Dende o centro empregamos as TICs para amosar ás familias as actividades que se realizan no centro. Familias Non
Fortaleza C16. No noso centro contamos con repositorios en liña que conteñen materiais de ensino aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C7. No noso centro existen sistemas de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza A3. Apoiamos aos profesores a explorar novas formas de ensinar coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza C11. No noso centro contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico Organización de centro Non
Fortaleza C16. No noso centro existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza . F 3. Algún mestre utiliza actividades de aprendizaxe dixital que fomentan a creatividade do alumnado . Persoal docente Non
Fortaleza O persoal docente amosa interese e disposición nas actividades que se propoñen no centro Persoal docente Non
Fortaleza D2. O noso profesorado ten acceso a posibilidades de CPD en relación co ensino e a aprendizaxecoas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza G1. Empregamos as TICs para avaliar as competencias do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza D1. Comentamos cos nosos profesores sobre as súas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza D3. Axudamos ao noso profesorado a intercambiar experiencias dentro da comunidade educativa sobre o ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza B2. No noso centro comentamos as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E4. O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionada co centro educativo Persoal docente Non
Fortaleza F4. Os nosos profesores realizan actividades de aprendizaxe dixital que motiven o alumnado Persoal docente Non
Fortaleza G10. O noso profesorado valora as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo Persoal docente Non
Fortaleza H4. No noso centro o alumnado aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa. Persoal docente Non
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C2. No noso centro non existen dispositivos dixitais para o seu uso na docencia Administración educativa Si
Ameaza B2. O profesorado non ten o tempo suficiente para explorar e formarse sobre aprendizaxe dixital. Administración educativa Si
Ameaza C1. No noso centro a infraestrutura dixital é nula, polo que non apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Administración educativa Si
Ameaza . C8. No noso centro hai poucos dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise Administración educativa Si
Ameaza C3. O noso centro ten un acceso a internet de moi mala calidade, que non chega a todos os dispositivos. Administración educativa Si
Ameaza C4. A asistencia técnica non está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais Administración educativa Non
Ameaza C14. No noso centro, contamos con espazos físicos que faciliten o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais pero non contamos con recursos dixitais e acceso a internet para aproveitar este espazo Administración educativa Non
Ameaza C12. Na nosa escola non temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica. Contorna Non
Ameaza A5. No noso centro non respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe Lexislación Non
Ameaza B3. No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións Outras Non
Ameaza A6. No noso centro os organismos cos que colaboramos non participan no desenvolvemento da estratexia dixital do centro, porque non a temos. Outras Non
Ameaza B4. No noso centro non colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD . A1. No noso centro non contamos cunha estratexia dixital
O02PD E3. Fomentar o uso da aula virtual por parte do profesorado e alumnado
O03PD F5. Mellorar a competencia dixital do alumnado
O04PD B2. Mellorar a utilización das TIC por parte do profesorado
O05PD F3. Participar no programa Polos Creativos
O06PD E2: Crear recursos dixitais para levar a cabo na práctica docente
O07PD E5: Usar recursos educativos abertos (REA)
O08PD Deseñar proxectos interdisciplinares nos que se empreguen as TIC.

Seguimento

Procedemento

Relacionado co O01PD:

Para a realizar o seguimento deste Plan Dixital fórmase o Equipo de Dinamización do Plan Dixital a principios de setembro. Este equipo está formado por: 

- Mª José Villaverde

- Rosa Mouzo

- Andrea Villar

- Mª Montserrat Hernández

- Noelia Romero

- Alba Vieites (coordinadora)

Nesta reunión proporcionámoslle o plan Dixital ás compañeiras de equipo xa que o curso pasado non o coñecían. 

Unha vez ao mes reunirémonos para revisar o seguimento das accións. 

1º Trimestre

O obxectivo O08PD: Deseñar proxectos interdisciplinares nos que se empreguen as TIC. está comezado, xa que se fixeron propostas que se están levando a cabo. 

En relación ao obxcectivo O05PD, en relación ao programa Polos Creativos, participamos conxuntamente oc IES Terra de Soneira, pero estamos a espera da formación do equipo do IES para poder traballar de forma conxunta. 

2º Trimestre

En relación ao obxectivo O02PD, fomentar o uso da aula virtual, cumprimos as accións previstas. 

001PD: Despois de varias chamadas a UAC durante todo o curso, a día 13/02/2023 viñeron ao centro a comprobar os problemas de conexión e comentan que instalarán un novo sistema WIFI para solucionar as problemáticas actuais. Desta forma solucionariamos moitas ameazas do noso DAFO. 

001PD: Seguimos con reunións para traballar e mellorar o Plan Dixital, así como para volcar os datos do Plan Dixital na aplicación EduCalidade. 

3º Trimestre

En relación ao obxectivo O03PD, debemos mellorar a competencia dixital do alumnado, e esperamos poder facelo o curso que ven xa que temos moitos máis recursos dixitais, ao igual que co obxectivo O04PD, xa que así melloraremos tamén a  utilización das TIC.

En canto o obxectivo O05PD non participaremos no programa Polos Creativos xa que este curso non se abriu prazo para facelo. 

En canto o obxectivo O06PD, algunhas aulas si crearon recursos pero para o próximo curso ao contar con máis recursos dixitais esperemos que máis docentes o fagan. 

O obxectivo O07PD  non o cumprimos xa que non usamos REA.

O obxectivo O08PD para o ano que ven proporemos novo proxecto interdisciplinar ou a continuidade do deste curso. 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvem obxectivos será o seguinte:No contexto da avaliación procesual ento do plan e da consecución de a frecuencia da súa realización será unha vez ao mes.Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles No contexto da modificacións das accións e as propostas de mellora.avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. 

Valoración xeral

O Plan Dixital foi algo ambicioso sobre todo en relación aos PFPP, xa que puxemos varias accións en diferentes obxectivos relacionados coa creación de PFPP, xa que tiñamos pensado solicitar sobre 3 ou 4 PFPP, e realmente non temos tempo para realizar tantos. 

Ademais non puidemos realizar algunhas accións xa que non tiñamos os recursos dixitais necesarios, pero por sorte, agora contamos con algúns deles. 

 

Proposta de mellora

Para o curso que ven debemos escoller algún programa de innovación relacionado coas TIC,, e ademais gustarianos empregar metodoloxías innovadoras dixitais por parte do 90% do profesorado. 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez elaborado este plan será proposto para a súa aprobación ao Claustro de profesores e ao Consello Escolar. Unha vez aprobado será colgado na aula virtual para que toda a comunidade educativ a o poida consultar. Ademais informaremos ás familias da existencia de dito plan pola mensaxería Abalar do centro.