Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro

O CPI de Zas está situado na capital do concello de Zas, aínda que non é o núcleo urbán máis poboado, que é Baio. O municipio ten unha superficie de 133,29 km² cunha poboación aproximada de 4.300 habitantes, a maioría de ámbito rural.

O noso centro está situado na Rúa Galicia, 49, na estrada que leva da poboación de Zas á poboación de Baio. Os/As alumnos/as que acoden ao centro son das parroquias centrais e meridionais co concello: Zas, Mira, S. Adrián de Castro, Meanos, Carreira, Roma, Gándara, Muíño, Vilar, Loroño e Lamas. No curso actual 2021-2022, o C.P.I. de Zas ten 136 alumnos e alumnas, o que supón, aproximadamente, unha terceira parte dos que hai no concello.

No centro impártense as ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. O noso centro participa en diferentes programas ofertados pola Consellería de Educación, tales como PLAMBE, Plan Proxecta, Fprofe entre outros.

O centro conta con 12 profesores/as de Infantil e Primaria e outros 12 profesores/as de Secundaria, máis 3 compartidos respectivamente co IES Maximino Romero de Baio, CEIP Labarta Pose tamén de Baio, e coas unitarias de Traba e A Torre.

A páxina web do centro é http://www.edu.xunta.gal/centros/cpizas/, e a dirección de correo electrónico é cpi.zas@edu.xunta.gal.

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

 

Na actualidade o concello presenta un grave problema de despoboamento e de envellecemento, o que se reflicte na continuada baixada no número de alumnado nos últimos anos. Desde os anos 70 o éxodo rural masivo cara as cidades próximas de A Coruña e Santiago e cara o estranxeiro, como Alemaña e Suíza, xunto coa caída da

natalidade propia dunha sociedade evolucionada, explica que o concello perdese máis de dous mil habitantes con respecto a poboación que tiña hai medio século.

 

O sector agropecuario é a principal base económica, ocupando a case o 40% da poboación activa. A agricultura, a tempo parcial, combínase coa crecente comercialización de produtos gandeiros e forestais. Aínda conviven formas tradicionais de explotación con outras máis modernas.

O sector secundario céntrase na construción, xa que a implantación industrial é escasa. Algunhas canteiras, prefabricados, panaderías e serradoiros constituían ate fai pouco o único tecido industrial do concello. Debido á crise está en clara decadencia e cada día pechan máis empresas.

O sector terciario está bipolarizado entre Baio, cunha forte dotación comercial, e Zas, que reúne as funcións administrativas.

Co desenvolvemento do Plan Dixital agardamos acadar o obxectivo de mellora e o fomento do uso das TICs entre toda a comunidade educativa, que no momento que estamos a vivir é esencial. O uso de Abalarmóvil e a aula virtual é xa unha realidade que se conseguíu hai dous cursos.

Por suposto, na Programación Xeral Anual do curso 22/23 contemplaremos o obxectivo da implementación do Plan Dixital. Neste senso, a PXA recollerá os obxectivos que nos marcamos no PD.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe SELFIE, TCDD e outras fontes.

Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H8 : Dimensión pedagóxica. Competencias dixitais do alumnado. Alumnado Si
Debilidade H4- No noso centro o alumnado debe aprender a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa. Alumnado Non
Debilidade H3- No noso centro o alumnado debe aprender a actuar de forma responsable en internet. Alumnado Non
Debilidade H8- No noso centro o alumnado debe aprender a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade O centro educativo debe mellorar para ter unha comunicación regular e ben organizada coas familias. Familias Non
Debilidade C12-Na nosa escola, non temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica. Organización de centro Non
Debilidade B3-No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións. Organización de centro Non
Debilidade F6- O noso profesorado fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade F1- Os nosos profesores utilizan as tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Organización de centro Non
Debilidade G5- Os nosos profesores utilizan as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade D1-O noso equipo directivo non reflexiona connosco sobre as nosas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade E3- Os nosos profesores non utilizan entornos virtuais de aprendizaxe cos alumnos. Organización de centro Non
Debilidade G1- Os nosos profesores utilizan as tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades dos estudantes. Organización de centro Non
Debilidade G3-Os nosos profesores empregan tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes.. Organización de centro Non
Debilidade A4- No noso centro os profesores NON teñen tempo para explorar como mellorar o seu método de ensino coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade D1- Debemos comentar cos nosos profesores sobre as súas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade B3-Debemos mellorar para axudar ao profesorado a utilizar as tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Non
Debilidade E2- Os nosos profesores deben mellorar na creación recursos dixitais para reforzar o seu labor docente. Persoal docente Si
Fortaleza C2- No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías Dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza C3- No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías Dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C8-No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise. Infraestruturas Non
Fortaleza C10- No noso centro, hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Infraestruturas Non
Fortaleza G7-Axudamos ao profesorado a utilizar as tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Non
Fortaleza SC- O profesorado colabora dentro da escola para o uso da tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza E4-O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionada co centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza D3-O noso equipo directivo axúdanos a intercambiar experiencias dentro do centro sobre a docencia con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O profesorado carece de tempo para desenvolver material para a aprendizaxe. Administración educativa Non
Ameaza O centro educativo non ten acceso a recursos dixitais en liña ben organizados. Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo para os profesores Administración educativa Non
Ameaza Falta de fondos Administración educativa Non
Ameaza Conexión a internet pouco fiable ou lenta. Contorna Non
Ameaza Alumnos con competencias dixitais insuficientes. Contorna Si
Ameaza Baixa competencia dixital das familias Contorna Si
Ameaza Acceso limitado do alumnado a unha conexión estable de internet. Contorna Non
Ameaza C7- No noso centro deben mellorar os sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Ameaza B3- No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Aprender a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais.
O02PD Mellorar a navegación segura na web e a comprobar a fiabilidade e precisión da información que atopa en internet
O03PD Creación dun repositorio de proxectos interdisciplinares online.
O04PD Mellorar na creación de recursos dixitais para reforzar o labor docente.
O05PD Mellora do uso da aula de informática.
O06PD Mellorar o intercambio de información coas familias usando as tecnoloxías dixitais.

Seguimento

Procedemento

O Plan Dixital sera avaliado desde dúas perspectivas:

 

- A avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao fin de cada trimestre do curso 22/23. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Utilizanse os apartados correspondentes das táboas de obxectivos.

 

- A avaliación final farase ao remate do curso académico 22/23. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

O Plan Dixital sufrirá as melloras e cambios pertinentes segundo as avaliación mencionadas, para adaptarse ás necesidades que sexan detectadas.

1º Trimestre

Obxectivo 1: as tres primeiras accións foron acadadas.  A acción 4 queda aprazada para o vindeiro curso.

Obxectivo 2: as catro primeiras accións foron acadadas. As accións 5, 6, e 7 quedan aprazadas para o vindeiro curso.

Obxectivo 3: as tres primeiras accións foron acadadas. A acción 4 queda aprazada.

Obxectivo 4: as dúas primeiras accións foron acadadas. A acción 3 queda aprazada para o vindeiro curso.

Obxectivo 5: A acción unha foi acadada.

Obxectivo 6: As accións deste trimestre quedaron pendentes para o seguinte trimestre.

2º Trimestre

Obxectivo 1: A acción 5 queda aprazada para o vindeiro curso.

Obxectivo 2: A acción 8 queda aprazada para o vindeiro curso.

Obxectivo 3: A acción 5 queda aprazada para o vindeiro curso.

Obxectivo 4: Non hai accións programadas para este trimestre.

Obxectivo 5: Non hai accións programadas para este trimestre.

Obxectivo 6: Realizánse as accións 2 e 3, pertencentes ao primeiro trimestre, e estaban aprazadas. As accións 3 e 4 quedan aprazadas para o vindeiro curso.

3º Trimestre

Obxectivo 1: As acciósn 4 e 5, aprazadas do primeiro trimestre, non se realizan, e quedan pendentes para o vindeiro curso.

Obxectivo 2: As accións 5, 6, 7  8, pendentes dos trimestres un e dous, non se realizan, e quedan pendentes para o vindeiro curso.

Obxectivo 3: As accións 4 e 5, pendentes dos trimestres un e dous non se realizan. Tampouco se realizan as accións 6, 7,8 e 9 programadas para o terceiro trimestre, polo que todas elas quedan pendentes para o vindeiro curso.

Obxectivo 4: A acción 3, que quedou aprazada do trimestre 1, non se realizou. A acción 4, programada para este trimestre, si se acadou.

Obxectivo 5: As accións 3 e 5, programadas para este trimestre, non se realizaron. As accións 2,4, 6 e 7, programadas para este trimestre, si se acadaron.

Obxectivo 6: As accións 3 e 4, correspondentes ao primeiro trimestre, aprazadas para o segundo e, a súa vez aprazadas para o terceiro, non foron acadadas.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan Dixital sera avaliado desde dúas perspectivas: - A avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao fin de cada trimestre do curso 22/23. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Utilizanse os apartados correspondentes das táboas de obxectivos. - A avaliación final farase ao remate do curso académico 22/23. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. O Plan Dixital sufrirá as melloras e cambios pertinentes segundo as avaliación mencionadas, para adaptarse ás necesidades que sexan detectadas.

O equipo de dinamización do PDC estará conformado por todo o claustro.

 

Valoración xeral

Ningún dos obxectivos propostos para o curso 22/23 logrou acadarse na súa totalidade. Sen embargo, en todos eles se implementaron algunhas das accións en maior ou menor medida, así que se acadaron só en parte. O principal problema foi a temporalización, que resultou completamente incorrecta.

Outro dos problemas que tivemos foi a pouca implicación do Coordinador TIC, que adiou moitas das tarefas que lle correspondían segundo o Plan Dixital. E outro máis foi a dificultade que atopamos para encontrar formadores de Competencia Dixital Docente.

Estamos satisfeitos co traballo realizado neste curso, aínda que consideramos que os obxectivos propostos foron demasiado ambiciosos e practicamente imposibles de cumprir nun so curso académico.

Proposta de mellora

O vindeiro curso 23/ 24 retomaremos os obxectivos e trataremos de implementar as accións que quedaron aprazadas e pendentes, prestando especial atención á temporalización.

Outra das melloras que se propón é que se lle dea máis posibilidades ao alumnado para utilizar distintas aplicacións tecnolóxicas nas súas tarefas, así como que a competencia dixital teña máis práctica en todas as materias.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital polo Claustro, publicarase na páxina web do centro, e informarase ás familias a través da aplicación Abalar. O profesorado será informado por medio do correo corporativo do centro, empregando este mesmo medio para o Consello Escolar.