Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:
Realizaremos unha avaliación procesual trimestralmente. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións que se realizaron neste trimestre. Aínda que estas iranse cubrindo a medida que se vaian realizando, na avaliación trimestral farase unha recompilación das mesmas, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Traballouse a través das accións programadas no PD e no plan de traballo do equipo TIC da PXA para este período, reflectindo a súa evolución nas actas das reunións do equipo.
Traballouse a través das accións programadas no PD e no plan de traballo do equipo TIC da PXA para este período, reflectindo a súa evolución nas actas das reunións do equipo.
Traballouse a través das accións programadas no PD e no plan de traballo do equipo TIC da PXA para este período, reflectindo a súa evolución nas actas das reunións do equipo.
Avaliación
Na avaliación final, ao remate do curso, incluiremos, entre os aspectos a valorar, a avaliación do PDix en xeral e as propostas de mellora para o curso seguinte.
En xeral, acadáronse a meirande parte dos obxectivos e accións propostas no PD. Aínda así, cabe destacar a dificultade práctica que supón a dualidade entre o PD e o plan de traballo do equipo TIC reflectido na PXA. Malia o esforzo realizado polo equipo este curso, o feito de verse obrigado a atender a dous documentos, crea certa confusión no día a día. É por isto que para o equipo TIC resultou máis operativo implementar os obxectivos relacionados coas TIC a través fundamentalmente do plan de traballo. De feito, a valoración global da acción do centro con recpecto ao ámbito dixital explícase de xeito máis preciso na memoria anual do equipo TIC incluída na memoria anual do centro.
Eliminar a dualidade PD e plan de traballo, tratando de armonizar obxectivos e actividades nun e noutro.
Comunicación e difusión
Unha vez rematado o PDix presentarase ante o claustro e consello escolar do Centro para a súa aprobación e, posteriormente, publicarase na páxina web do centro para que quede a disposición de toda a Comunidade Educativa.
Pódese acceder ao documento na páxina web do centro, na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipraquelcamacho/plandixital.