Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1 Datos básicos do centro

Nome do centro: CPR Cid, sociedade cooperativa galega.
Dirección: Rolda de Nelle 143, 1º.
Correo electrónico: cpr.cid@edu.xunta.gal
Blog: http://colegio-cid.blogspot.com/
Etapas educativas:
Infantil e  primaria

Número total de alumnado: 118

 

1.2 Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O barrio onde se localiza o colexio é un barrio moi heteroxéneo tanto a nivel socioeconómico como cultural. Nos últimos anos o número de familias inmigrantes viuse incrementado, reflectíndose isto no alumnado do noso colexio.
Seguindo coa análise dos rasgos familiares e culturais do noso alumnado podemos dicir que:
Temos unha baixa porcentaxe de familias monoparentais. A maior parte do alumnado matriculado neste centro teñen nacionalidade española, pero dáse un amplo abano de nacionalidades como por exemplo: senegalesa, peruana, dominicana, arxentina, cubana, portuguesa, colombiana, italiana ou boliviana. O plan dixital do CPR Cid será un instrumento que completará e complementará o existente plan para a introdución e dinamización dal Tecnoloxías da información e comunicación xa existente no colexio. Este plan persigue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensinanza- aprendizaxe. 
Este plan está concibido como un documento vivo que contén os acordos acadados no grupo de traballo con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e xestión dos recursos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. Suporá un compromiso por parte de toda a comunidade educativa, cada un na medida das súas posibilidades e o seu nivel actual de formación.

1.3. Breve xustificación do mesmo
A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas. O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.
A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021- 2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.
A resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación profesional, na que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

• Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

• Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

1.4. Proceso de elaboración
Tomamos como punto de partida a análise do plan dixital do curso pasado.
 Trala análise e realización dalgunhas modificacións no contexto DAFO que permitiu a análise dunha nova situación e a definición de novas liñas fundamentais deste Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.
O Informe Individual do test CDD permitiu ao centro educativo avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente. Así mesmo, o informe de centro permitiu planificar a liña de formación a través dos PFPP.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información empregada foron:

A memoria do plan do curso anterior foi o punto de análise para tomar como punto de inicio do plan do presente curso.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Formación insuficiente para determinados recursos dixitais. Escasa valoración da veracidade dos recursos atopados na rede. Pouca creación de recursos dixitais debido a uns intereses escasos. Falta de ferramentas persoais necesarias para facer un bo uso dos recursos dixitais (tablet, ordenador portátil...). Alumnado Si
Debilidade Falta de preparación para a educación a distancia. Recursos económicos baixos para investir en tecnoloxía. Familias Si
Debilidade Conexión Wifi leve ou defectuosa nalgún lugar do centro. Falta de equipos tecnolóxicos de aula para que o utilice todo o alumnado de xeito gratuíto (unha tablet para cada alumno/a). Infraestruturas Non
Debilidade Dende o centro poderíase ofertar certas charlas que axuden á concienciación de facer un bo uso das tecnoloxías dixitais nos fogares e tamén sobre a seguridade na rede. Oferta Si
Debilidade . Pouca utilización de tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Escasa comunicación coa comunidade educativa para compartir recursos. Persoal docente Si
Debilidade Falta de maior presuposto económico para optimizar a resolución dos problemas da aula de informática e facer un bo mantemento dos equipos dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza A comunicación coas familias faise a través da plataforma Tokapp e tamén do blog do colexio. Ademais, o centro dispón dende este curso de redes sociais que serven tamén como conduto de información ás familias e a comunidade educativa. Familias Non
Fortaleza No noso centro educativo, o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais de ensino aprendizaxe faise a través da seguinte infraestrutura: Conexión inalámbrica no centro. Todas as aulas contan con pizarra dixital con conexión a internet. Ordenadores para o profesorado en todas as aulas. Creación de aulas virtuais para poder enviar recursos ao alumnado cando este non pode acudir ao centro Infraestruturas Non
Fortaleza Ofértase e recoméndase o uso do Tokapp para comunicarse coas familias, dar avisos, citar titorías, recibir circulares... E recoméndase seguir ao centro en redes sociais para estar actualizado das noticias. Oferta Non
Fortaleza Dende o centro facilítase correos corporativos para todo o alumnado para utilizar as aplicacións de Google. Foméntase a formación nas tecnoloxías dixitais a través da materia dun horario específico de mínimo unha hora á semana para o desenvolvemento da competencia dixital e o uso de diferentes aplicacións de google como: editor de texto, folla de cálculo, realización de power points... Espazos específicos para o desenvolvemento desta competencia (aula de informática) Proposta de diferentes cursos de formación para o profesorado, tanto gratuítos como privados Organización de centro Non
Fortaleza Colaboración de recursos dixitais a través de diferentes aplicacións de Google. O profesorado busca e utiliza recursos dixitais en liña. Os docentes crean recursos para a súa utilización co alumnado. Selección de contidos dixitais adaptándoos ás necesidades e características do grupo. O persoal docente ten un correo corporativo para comunicarse coas familias e cos alumnos/as a través do espazo de aula virtual. Vídeo chamadas para ter titorías a miúdo coas familias. Utilización do Tokapp para estar en continua comunicación coas familias do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza Técnico de Canon que repara os problemas relacionados coa fotocopiadora, conexión a internet e equipos informáticos Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Poucas posibilidades económicas para mellorar as condicións das nosas infraestruturas. As posibilidades de oferta sobre cursos por parte da administración non sempre se axustan as necesidades dos docentes. Falta dunha guía clara por parte da administración educativa que apoie a formación e mellora das capacidades do profesorado no ámbito dixital. Falta dunha base de datos organizada con recursos educativos de contidos por niveis e áreas, e cun espazo para compartir por parte dos centros educativos. Administración educativa Non
Ameaza Demasiada esixencia na competencia dixital sen unha guía ou proposta de formación adecuada para a posta en práctica. Contorna Non
Ameaza Demasiada esixencia na competencia dixital sen unha guía ou proposta de formación adecuada para a posta en práctica. Lexislación Non
Oportunidade Proposta dalgúns cursos de formación gratuítos Administración educativa Si
Oportunidade Desenvolvemento e posta en práctica da competencia dixital Lexislación Si
Oportunidade A policía ten o ¿Plan director¿ onde aparece a oferta de charlas en colexios sobre os perigos do mal uso de internet. Outras Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Trala análise e realización dalgunhas modificacións no contexto DAFO, púdose reflexionar sobre a situación real actualizada do noso Centro e facilitou a modificación dos obxectivos do presente Plan dixital que dun xeito resumido podemos dicir que se basearán en aumentar a competencia dixital do profesorado e do alumnado e potenciar o uso dos recursos dixitais no centro dun xeito coordinado.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Aumentar a competencia dixital do persoal docente.
O2PD Potenciar o uso de recursos dixitais de xeito coordinado no centro
O3PD Implementar a participación do alumnado no deseño das entradas do blog do colexio e nas redes sociais.

Seguimento

Procedemento

Lévaranse a cabo reunións trimestrais co responsable do equipo ADIX para colaborar no seguimento e realización do Plan Dixital.

Ademais realizaranse reunións mensuais do equipo docente que proveerá ao resto do profesorado de contido e actividades dixitais, así como reunións trimestrais para avaliar se estamos a conseguir os obxectivos propostos, dificultades e cambios necesarios para levalos a cabo levantando actas das mesmas.

Asi mesmo se levará a cabo un rexistro da asistencia aos cursos de formación e competencia dixital propostos polo equipo directivo.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre estivemos realizando reunións para coñecer os nosos intereses en materia dixital, elexir os diferentes cursos de formación e coñecer diferentes páxinas e recursos web para traballar co alumnado durante o primeiro trimestre e segundo trimestre.

 

2º Trimestre

Durante este trimestre xa estivemos traballando con máis frecuencia co alumnado diferentes ferramentas e con diferentes recursos web así como estivemos a realizar diferentes cursos de formación do profesorado para alcanzar a competencia dixital tanto do B1 coma do B2. Ademais realizouse algunha actividade das propostas pola coordinadora de Polos Creativos.

 

3º Trimestre

Durante este trimestre realizaronse máis cursos de formación por parte do profesorado e o alumnado estivo creando contido dixital empregando novos programas como Canva e realizando podcast e algunhas entradas no blogue do colexio.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para cada obxectivo fixouse persoal responsable da consecución dos mesmos e cunha temporalización acotada. Ditos responsables velarán en todo momento polo correcto desenvolvemento dos obxectivos e pola posta en práctica das accións reseñadas para cada un deles. Analizarase o resultado e valorarase o nivel de adecuación dos obxectivos ao noso centro e a idoneidade das accións que se plantexaron. Dado que os obxectivos plantexados teñen distinta temporalidade, a avaliación será continua ao longo do curso.

Unha vez analizados os resultados plantexaránse propostas de mellora de cara seguinte curso escolar.

Valoración xeral

A valoración xeral do plan dixital deste curso é boa aínda que non se acadaron todas as accións dos diferentes obxectivos. O alumnado coñeceu novos programas para crear contido e aumentaron as horas do curriculum adicadas a aumentar as súas destrezas dixitais. Tamén aumentou o número de tabletas dispoñibles no centro para traballar co alumnado e aumentou a competencia dixital do persoal docente a través da realización de diferentes cursos de formación ao longo do curso.

Proposta de mellora

Cremos que debemos mellorar a coordinación docente e realizar algunha reunión máis para mellorar a organización do plan dixital. Ademais cremos que debemos aumentar o número de tabletas e ordenadores do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Darase publicidade á comunidade educativa a partir da seguinte URL  PLAN DIXITAL que se publicará no blogue do colexio.