Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O equipo do plan de dinamización do plan dixital levará a cabo, a lo menos, unha xuntanza por trimestre para poñer en coñecemento e valorar os avances do plan.
A persoa mentora ADIX realizará, cando menos, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar o desenvolvemento do plan coa coordinadora do equipo.
Por último, a persoa coordinadora terá acceso á ferramenta EDUCALIDADE para rexistrar os avances e avaliacións pertinentes deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro.
Este trimestre tivéronse 2 reunións co mentor ADIX.
Todas as reunións previstas neste trimestre nas accións dos obxectivos realizáronse; e formalizáronse as comisións e grupos de traballo previstos nas accións correspondentes.
Este trimestre valorouse o estado de execución das accións, analizouse e valorou os resultados nos casos necesarios; e as posibles modificacións de accións e propostas de mellora.
Este trimestre realizouse unha reunión co mentor ADIX.
Todas as reunións previstas neste trimestre nas accións dos obxectivos realizáronse; e formalizáronse as comisións e grupos de traballo previstos nas accións correspondentes.
Este trimestre cumpríronse as accións previstas nos obxectivos correspondentes.
Este trimestre valorouse o estado de execución das accións, analizouse e valorou os resultados nos casos necesarios; e as posibles modificacións de accións e propostas de mellora.
Este trimestre cumpríronse as accións previstas nos obxectivos correspondentes.
Este trimestre valorouse o estado de execución das accións, analizouse e valorou os resultados nos casos necesarios; e as posibles modificacións de accións e propostas de mellora.
Realizouse unha valoración final que abarca o logro de obxectivos e os cambios introducidos durante o curso académico 2023-24.
Avaliación
O seguimento do Plan Dixital de Centro estará supervisado polo Grupo de traballo creado para a súa redacción e o Coord. De Calidade do Centro, que recolleran a información dos diferentes grupos formados para a consecución de obxectivos concretos o longo do curso académico 2023_24.
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, planificase:
- Unha avaliación do proceso de consecución de obxectivos como mínimo unha vez ao trimestre. Entre os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Unha avaliación final ao finalizar o curso académico 2023_24. Os aspectos a considerar incluirán, a valoración do logro dos obxectivos e os cambios introducidos durante a súa articulación ao longo do curso académico 2023_24; así como as propostas de mellora para o seguinte ano académico.
A valoración final en conxunto da consecución do plan durante o curso académico 2023-24 é bastante satisfactoria, realizáronse total ou parcialmente os obxectivos esperados e programados, nalgúns casos incluso superando os indicadores. O próximo curso académico tomando de partida os obxectivos alcanzados este curso, pódense programar novos obxectivos máis ambiciosos e extensos.
Como mellora para o próximo ano académico 2024-25 poderíase aumentar a cantidade de contidos dixitais, materias impartidas con medios dixitais e sesións de formación na plataforma educativa para o profesorado implicado; debido sobre todo á implementación de todas as melloras na contorna dixital e ao avanzado da renovación de medios no centro.
Comunicación e difusión
A difusión deste Plan Dixital farase a partires do ano académico 2023_24, integrando dito plan no Plan Xeral Anual de Centro, ao igual que os outros plans; dando publicidade ao mesmo dentro da Comunidade Educativa, así como a súa presentación ao Consello Escolar para a súa aprobación, ou no seu caso propostas de modificación.