Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O Plan Dixital do IES de Sar preséntase como un documento eminentemente práctico e dinámico cunha pretensión de impacto e aplicación directa no día a día da actividade do centro. Para avaliar a súa repercusión farase un seguimento do desenvolvemento e grao de consecución do mesmo de xeito periódico cunha frecuencia como mínimo trimestral.
Iniciáronse as accións relativas á creación de aulas virtuais, cuestionarios e plataformas dixitais para intercambiar contidos e/ou información alumnado-alumnado, alumnado-profesorado e profesorado-profesorado. Así mesmo, modificouse o libro de gardas do centro para contemplar a posibilidade de permuta de sesións segundo se recolle na acción AO1.1.
Organizáronse concursos e actividades relacionadas coas artes, as ciencias e as letras fomentando o emprego de ferramentas e medios dixitais para dar resposta ás accións enfocadas neste senso. Así mesmo, comezouse coa impartición de docencia tanto ao profesorado (PFPP e grupos de traballo do centro) como ao alumnado en materia dixial.
Neste trimestre comezáronse a acadar os indicadores para varios dos obxectivos formulados na primeira edición do Plan Dixital do IES de Sar.
Continuouse co labor iniciado nos trimestres previos centrando a actividade do Plan Dixital na recollida de retroalimentación, tanto do profesorado como do alumnado, co fin de mellorar os aspectos que dificultan a consecución de todos os obxectivos do PDC do IES de Sar. Así mesmo, mellorouse a dotación de medios dixitais (hardware e software) dos equipos do centro para atender as necesidades do profesorado incorporado no presente curso académico ao centro. O grao de consecución dos indicadores inicialmente establecidos foi moi elevado, acadándose as pretensións iniciais en todos os centrados directamente na atención ás necesidades do alumnado.
Avaliación
O Plan Dixital do IES de Sar preséntase como un documento eminentemente práctico e dinámico cunha pretensión de impacto e aplicación directa no día a día da actividade do centro. Para avaliar a súa repercusión farase un seguimento do desenvolvemento e grao de consecución do mesmo de xeito periódico cunha frecuencia como mínimo trimestral.
No contexto da avaliación procesual os aspectos a valorar inclúen o estado de execución das accións dos distintos obxectivos recollidos no Plan de Acción, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Finalmente farase unha avaliación final ao remate do curso, onde se valorará o logro dos obxectivos e as posibles propostas de mellora de cara ao seguinte curso académico.
Comunicación e difusión
Co fin de lograr a máxima difusión e posta en coñecemento do presente Plan Dixital entre todos os membros da comunidade educativa do IES de Sar, facilitarase o acceso e consulta deste documento en calquera momento e circunstancia a través das distintas plataformas e canles de comunicación dispoñibles no centro, do mesmo xeito que se realiza cos restantes plans, normas e protocolos actualmente en vigor.