Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do Centro

Nome do Centro: CEIP Plurilingüe Monte dos Postes (15019359) Dirección: Rúa Fontiñas, 79 Correo electrónico: ceip.monte.postes@edu.xunta.gal Páxina WEB: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmontepostes/ Etapas Educativas: Educación Infantil (2 liñas) e Educación Primaria (2 liñas) Nº de alumnado: 440 Nº de profesorado: 34

1.2. Contextualización do Plan Dixital no Centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

- Características socioeconómicas e culturais do contexto do Centro (PE)

O CEIP Monte dos Postes está situado no barrio de San Lázaro, no Concello de Santiago de Compostela, entre dúas rúas estratéxicas, a Avenida das Fontiñas e o Camiño Francés. Atopámonos ao carón da Xunta de Galicia e de diversos centros socioculturais. No centro están escolarizados 440 alumnos/a, destacando un número alto de alumnado marroquí. As condicións socioeconómicas son moi diferentes sendo a maioría de familias traballadoras e traballadores do sector servizos.

- Incardinación e contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo:

O noso centro acolleuse en 2012 ao Proxecto Abalar da Consellería de Educación o cal supuxo unha modernización das aulas en canto ás TIC. Nese momento as aulas de 5º e 6º modernizáronse con canóns de última xeneración, as PDI e un ordenador portátil para o profesorado en cada aula, ao alumnado concedíaselle un portátil tipo tablet e táctil. No ano 2018 xa decidimos acollernos ao Proxecto E-Dixgal, o cal supuxo un cambio cualitativo no emprego das TIC xa que os portátiles tanto de profesorado como do alumnado se ceden durante os dous cursos que se imparte o proxecto. No resto das aulas do centro pasouse en poucos anos de "computador por aula" a "computador con canon e nalgunhas aulas tamén PDI Outros proxectos aos que nos adscribimos foron relacionados coa robótica durante dous cursos escolares, concretamente ao MAKEBLOCK e os MBOT. Para seguir nesta liña de dixitalización para a curación de contidos o centro mercou unha impresora 3D, kits de MICROBITS, kits de MAKEYMAKEY, micro placas solares, chroma, aro de luz, tablets. O alumnado manexa programas de software para a creación e edición de podcast, imaxe e video, e programación a través de scratch, e o código cero. Aínda que non somos un centro con liña STEAM, pese a traballar as competencias dixitais programadas no noso Plan Dixital, non estamos adscritos a ningún programa de innovación dixital, este aspecto foi negativo para nós no sentido de non ter a posibilidade de participar en diferentes eventos organizados pola Consellería. Este motivo levounos a decidir subscribirnos ao programa “Polos Creativos” no vindeiro curso. Taméns estamos adscritos a diferentes programas na liña da Axenda 2030, relacionados con diferentes aspectos que xiran ao redor da biblioteca, sostibilidade, ámbito da igualdade e das emocións : EMOCIONA-T, Voz Natura, PLAMBE, ......

1.3. Xustificación:

O deseño do noso Plan Dixital ten como referencia o marco legal establecido pola lei e decretos seguintes: • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 Contribución do Plan Dixital á PXA:

-Potenciar a coordinación e colaboración entre os diferentes equipos docentes especialmente para a redacción dos proxectos, e concretamente co PDC. - Continuar no Proxecto E-dixgal, e abrirnos a outras ferramentas e programas institucionais . 

-Contribuir de xeito transversal na implementación do Plan Dixital a través do traballo realizado no centro por parte de todos os Equipos e Departamentos.

- Que o Plan Dixital sirva para mellorar a formación de todo o profesorado e tamén a do alumnado desenvolvemento dun pensamento cri¿tico e reflexivo

-Potenciar actividades de participacioón de toda a comunidade educativa por medio do uso de recursos compartidos entre a comunidade educativa.

- Promover a utilización de aulas virtuais como ferramenta de apoio e reforzo entre profesorado e alumnado.

-Promover a utilizacio¿n de ferramentas de software libre, para compensar as desigualdades tecnolo¿xicas que hai entre as familias.

-Facilitar o acceso ás ferramentas por parte do alumnado con necesidades

-Analizar as necesidades, tanto de recursos (materiais, persoais e/ou de conectividade) como de formación, que a nosa comunidade educativa puidese demandar.

- Acordar un orzamento miínimo de dedicación aos labores tecnolóxicos que estean vinculadas co feito educativo.

-.Que sexa un verdadeiro plan no que estea implicada toda a comunidade educativa.

1.4. Proceso de elaboración:

Formamos un equipo de 7 profesionais con diferentes perfís tecnolóxicos, para poder obter unha visión amplia. Adscribímonos a unha formación para elaborar o documento dentro dun PFPP con este título “S2105166 - PFPP S2131069 Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital” contando con que teríamos unha axuda complementaria, o cal non foi así. Creamos un curso dentro da Aula virtual, para poder ter acceso as ferramentas e os contidos, aos que só tiña acceso a coordinadora do PDC a través da Aula ADIX1. para facilitar as tarefas, xuntanzas, deberes pendentes, e información de cada paso a seguir, cunha dobre intención facilitar a comunicación e deixar organizada a documentación elaborada neste curso.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O imparable desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación está a afectar de forma profunda a todas as actividades que realizan os seres humanos, tanto no seu traballo e no seu lecer, como na súa forma de relacionarse ou de comunicarse. O noso centro educativo non permanece alleo a esta realidade , polo que se expón ofrecer os recursos e estratexias necesarias para a integración e o uso eficaz das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe, de modo que o alumnado poida incorporarse de forma plena na sociedade, e compénsense todo tipo de desigualdades sociais.

En liña coas orientacións da normativa vixente1  e as liñas establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe.

Seguindo a cronoloxía establecida pola Admón. no mes de decembro do 2021 fíxose o SELFIE, cunha participación do 100% do equipo directivo, o 79% do profesorado e o 85% do alumnado.
En febreiro de 2022 realizouse o Test CDD tendo unha participación do 60,4% do profesorado.
Marzo do 2022 levouse a cabo o DAFO


1 Artigo 111 bis. Artigo 121 e Art. 132 da LO 2/2006 do de maio de educación

Resolución do 17 de xuño de 2021 na súa disposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade G3 Falta de retroalimentación en prácticas de avaliación (porfolio, foros...) Alumnado Si
Debilidade H6 Outorgar autoría Alumnado Si
Debilidade G3 Implicación na mellora das prácticas de avaliación, retroalimentación axeitada. Baixa competencia dixital. Familias Non
Debilidade C7 Manexo na protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade C8 Dispoñer dun repositorio virtual para os dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Equipamento actualizado dixital. Falta de fondos para investir en dixitalización. Infraestruturas Si
Debilidade A4 Op Tempo para explorar o ensino dixital na oferta educativa e servizos Oferta Non
Debilidade A6 participación das empresas na estratexia/ dependencia Oferta Non
Debilidade A1 Carencia dunha estratexia dixital de centro Organización de centro Non
Debilidade E3 Promover o emprego de contornas virtuais de aprendizaxe Organización de centro Si
Debilidade C16 Op bibliotecas/repositorios en liña Organización de centro Si
Debilidade B2 Debate uso da tecnoloxía Organización de centro Si
Debilidade B4 OP sinxelas para o ensino e aprendizaxe a distancia Organización de centro Non
Debilidade F6 Implementación de proxectos disciplinares. Persoal docente Si
Debilidade E2 Creación de recursos dixitais propios Persoal docente Non
Debilidade A4 Op falta de tempo para innovar e formarse en plataformas dixitais e ensino mixto. Persoal docente Si
Debilidade D1D2 Necesidade e participación de DPC Persoal docente Si
Debilidade E5 Op compromiso co emprego e elaboración de REAs Persoal docente Si
Debilidade G1 Avaliación das capacidades Persoal docente Non
Debilidade G3 Retroalimentación axeitada. Persoal docente Non
Debilidade D3 Baixa competencia dixital. Intercambio de experiencias. Persoal non docente Non
Fortaleza D3 Intercambio de experiencias TIC Alumnado Si
Fortaleza F4 Implicación do alumnado Alumnado Non
Fortaleza H1 Concienciación dun comportamento seguro Alumnado Non
Fortaleza H3 Responsabilidade na rede Alumnado Non
Fortaleza E 4 Comunicación fluída. Emprégase AbalarMobil. Manexo curricular dende o proxecto Edixgal. Familias Non
Fortaleza C1 Existencia dunha infraestrucctura axeitada Infraestruturas Non
Fortaleza C3 Acceso a internet dende calquera punto do centro (profesorado) Acceso a espazos. Acceso a dispositivos (Pdi, tablets,portátiles, cámara, impresora 3d, robótica... Infraestruturas Non
Fortaleza Actualización da información precisa na web do centro. Melloras na web para a promoción e uso das familias (xogos, conmemoracións, saídas, proxectos... Oferta Non
Fortaleza D1 Implicación no DPC Organización de centro Non
Fortaleza E4 Comunicación fluída coa comunidade educativa. Emprego de ferramentas corporativas. Aposta do Equipo Directivo na promoción da estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza C2 Presenza de dispositivos dixitais para o ensino e aprendizaxe. Organización de centro Si
Fortaleza E1 Busca recursos educativos en liña. Perfís competenciais transmedia (programación, chroma, stopmotion, editor de imaxes, impresión 3d... Persoal docente Non
Fortaleza D2 Solicitude anual de DPc, varias liñas formación. Persoal docente Si
Fortaleza F4 Implicación na comunidade educativa. F5 Inclusión e colaboración co alumnado. Persoal non docente Non
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Esixtencia burocrática dificulta a innovación e implementación de proxectos. Falta de promocióne estabilidade nos perfís profesionais para desenvolver proxectos nos centros. Administración educativa Non
Ameaza C13/16 dispositivos e H11 OP. Competencia Dixital. Sixilo. protección de datos, canais corporativos, espazos. ANPA Non
Ameaza Seguridade na rede. Acceso a dispositivos dixitais. Vulnerabilidade co menor. Contorna Non
Ameaza Cambios constantes normativos. Dificultade para implementar unha estratexia dixital a longo plazo. Lexislación Non
Ameaza Vulnerabilidade na seguridade e o uso de datos dos centros. Dependencia dixital software, dispositivos, periféricos Outras Non
Ameaza C11/12 OP Fenda dixital: medidas/apoio para identificar dificultades C15OP Tecnoloxías asistenciais. Outras Non
Oportunidade Avaliación e promoción da competencia profesional dixital. Facilitar o uso de equipamento novo e dispositivos vasriados para a transmedia. Investimento e promoción do software libre. Administración educativa Si
Oportunidade Apoio na formación competencia dixital. Uso responsable na protección de datos. B4 OP sinerxias para o ensino e a aprendizaxe a distancia. ANPA Si
Oportunidade Aprendizaxe. servizo. Avaliación competencial. Proxectos multidisciplinares na presenza da escola no barrio. Contorna Non
Oportunidade LOMLOE promoción da competencia dixital (PDC/Plan de comunicación/ PFPP/CFR) Creación dunha estratexia dixital. Abordaxe do ensino mixto. Lexislación Non
Oportunidade B3 Colaboración ncon outras entidades para compartir experiencias dixitais. Desenvolvemento profesional en liña/redes profesionais. Outras Si
Oportunidade Fomento dos perfís profesionais competentes para coordinar equipos. Fomento de perfís discentes para coordinar equipos/alumnado comprometido dixitalmente no transmedio (menexo de impresora 3d, programación, deseño de xogos) Outras Non
Oportunidade C 13 Traer o propio dispositivo: tablets, gafas 3d/virtuais, robótica. Aproveitamento perfil discente competencial. Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, como o coñecemento do funcionamento interno do colexio; o centro xenerou unha análise DAFO que permite tomar conciencia da súa realidade no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD 01 Fomentar o uso de dispositivos e ferramentas corporativas: Aula Virtual, E-Dixgal¿
O02PD 02 Establecer unha equipa de docentes (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do Plan Dixital de Centro (PDC)
O03PD 03 Acreditar unha competencia dixital dentro do claustro
O04PD 04 Crear canles de comunicación entre o profesorado das distintas etapas
O05PD 05 Colaborar con outras entidades e colexios da contorna
O06PD 06 Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro
O07PD 07 Reorganizar os espazos do centro educativo para familiar a ensinanza e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais
O08PD 08 Crear repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanzaaprendiz
O09PD 09 Actualizar os dispositivos dixitais da biblioteca
O10PD 10 Participar nun plan de formación do profesorado en ferramentas dixitais
O11PD 11 Xerar debate e reflexión sobre as necesidades do desenvolvemento profesional continuo sobre as TIC
O12PD 12 Elaboración dun banco de recursos educativos propios da AV do Centro para consulta e utilización de todo o claustro
O13PD 13 Crear unha comunidade educativa utilizando a plataforma Agueiro para potenciar o traballo colaborativo e familiar as comunicacións
O14PD 14 Crear recursos dixitais para levar a cabo na práctica docente
O15PD 15 Promover o uso da AV corporativa co alumnado nos cursos non E-Dixgal
O16PD 16 Potenciar o uso de recursos educativos abertos entre o profesorado adaptados a esta etapa educativa
O17PD 17 Elaboración dun proxecto interdisciplinar ao longo do curso
O18PD 18 Empregar os libros de cualificación en contorna Moddle/E-Dixgal
O19PD 19 Empregar rúbricas para a avaliación de traballos facilitando retroalimentación axeitada ao alumnado en contorna Moodle e/ou E-Dixgal
O20PD 20 Iniciar ao alumnado de EI e EP na programación por bloques e a robótica
O21PD 21 Ofertar continuidade ao alumnado de 4, 5 e 6 de EP en programación e xestión de diferentes softwares: Tinkercad, Ultimaker Cura, Floorplanner, Scratch, Exelearning¿
O23PD 23 Aumentar o acceso do alumnado á información fiable e precisa
O24PD 24 Desenvolver no alumnado as habilidades necesarias para a elaboración de material multimedia
O25PD 25 Promover no alumnado o coñecemento e desenvolvemento de actitudes de respecto aos dereitos de autor

Seguimento

Procedemento

A persoa mentora Adix, realizará como mínimo dúas visitas ao centro por trimestre, para valorar, xunto ca coordinadora do PDC, o desenvolvemento do mesmo.

Anualmente farase unha valoración, seguimento e revisión da integración das tecnoloxías dixitais no ensino/aprendizaxe no centro; avaliando o grao de consecución dos obxectivos propostos no presente Plan e a adecuación das
actividades realizadas. Terase en conta as aportacións dos equipos docentes interniveis e as propostas de mellora aportadas, que servirán como punto de partida para a actualización do Plan de cara o curso seguinte.

1º Trimestre

* OBXECTIVO 1: Fomentar o uso de dispositivos e ferramentas corporativas: Aula Virtual, E-Dixgal…

- Este obxectivo está acadado, tendo en conta que a programación fíxose en PROENS

* OBXECTIVO 2: Establecer unha equipa de docentes (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do Plan Dixital de Centro (PDC)

- O equipo está constituido e formado por 8 persoas

* OBXECTIVO 3: Acreditar unha competencia dixital dentro do claustro

- O PFPP está aprobado e comenzarase en xaneiro

* OBXECTIVO 4: Crear canles de comunicación entre o profesorado das distintas etapas.

- No equipo hai profes de infantil e primaria co cal o trasvase de información é continua.

* OBXECTIVO 5: Colaborar con outras entidades e colexios da contorna

- As accións deste obxectivo están sen iniciar.

OBXECTIVO 6: Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro

- Estánse a renovar na medida das posibilidades do centro

OBXECTIVO 7: Reorganizar os espazos do centro educativo para familiar a ensinanza e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais

- Vaise a reconvertir a aula de informática nun espazo maker

OBXECTIVO 8: Crear repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe

- Obxectivo para o grupo de traballo, pendente ata despois da formación

OBXECTIVO 9: Actualizar os dispositivos dixitais da biblioteca

- Pendente de realización

OBXECTIVO 10: Participar nun plan de formación do profesorado en ferramentas dixitais

- Comenzará en xaneiro

OBXECTIVO 11: Xerar debate e reflexión sobre as necesidades do desenvolvemento profesional continuo sobre as TIC

- Fíxose un claustro o respecto

OBXECTIVO 12 : Elaboración dun banco de recursos educativos propios da AV do Centro para consulta e utilización de todo o claustro

- En proceso

OBXECTIVO 13: Crear unha comunidade educativa utilizando a plataforma Agueiro para potenciar o traballo colaborativo e familiar as comunicacións

- Pendente de realización, hai reticencia por parte do claustro a utilizar esta plataforma.

OBXECTIVO 14: Crear recursos dixitais para levar a cabo na práctica docente

- Porase en práctica despois da formación

OBXECTIVO 15: Promover o uso da AV corporativa co alumnado nos cursos non E-Dixgal

- Estase facendo

OBXECTIVO 16: Potenciar o uso de recursos educativos abertos entre o profesorado adaptados a esta etapa educativa

- Realizado, tema tratado nas charlas que dou a policía.

OBXECTIVO 17: Elaboración dun proxecto interdisciplinar ao longo do curso

- Pendente

OBXECTIVO 18: Empregar os libros de cualificación en contorna Moddle/E-Dixgal

- Realizado.

OBXECTIVO 19: Empregar rúbricas para a avaliación de traballos facilitando retroalimentación axeitada ao alumnado en contorna Moodle e/ou E-Dixgal

- Estase facendo sobre todo en 5º e 6º con EDIXGAL

OBXECTIVO 20: Iniciar ao alumnado de EI e EP na programación por bloques e a robótica

- Estase levando a cabo

OBXECTIVO 21: Ofertar continuidade ao alumnado de 4º, 5º e 6º de EP en programación e xestión

de diferentes softwares: Tinkercad, Ultimaker Cura, Floorplanner, Scratch, Exelearning…

- Estase levando a cabo

OBXECTIVO 22: Aumentar o acceso do alumnado á información fiable e precisa

- Levouse a cabo

OBXECTIVO 23: Desenvolver no alumnado as habilidades necesarias para a elaboración de material multimedia

- Lévase a cabo, o PDI que parte da biblioteca, este curso é o cine, polo que se están facendo minicortos, contos, etc en formato dixital

OBXECTIVO 24: Promover no alumnado o coñecemento e desenvolvemento de actitudes de respecto aos dereitos de autor

- Estase levando a cabo

 

 

2º Trimestre

Dado o excesivo número de obxectivos tomouse a decisión de centrarse solamente en tres, a saber:

* OBXECTVIO 1: Fomentar o uso de dispositivos e ferramentas corporativas: Aula Virtual, E-Dixgal…

- Estase a levar adiante unha colaboración entre biblioteca e TIC’S, para que todas as actividades que xurdan da biblioteca se fagan en conxunto co equipo TIC’S e viceversa.

* OBXECTIVO 8: Crear repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza/aprendizaxe

- Terase a primeira formación do CAFI o 7 de febreiro de 2023

- 21/03/2022: Tívose a segunda formación do CAFI o 15/03, e tomouse a decisión de convertir a aula de informática en espazo maker, sempre ligado a biblioteca. Na actualidade úsase para pequenos proxectos de robótica.

* OBXECTIVO 17: Elaboración dun proxecto interdisciplinar ao longo do curso

- O proxecto interdisciplinar que se está a levar a cabo é o CINE, dende o equipo de PDC diséñanse actividades para realizar.

 

-21/03/2023: Seguindo nesta línea, estase facendo actividades con chroma.

 

3º Trimestre

Dado o excesivo número de obxectivos tomouse a decisión de centrarse solamente en tres, a saber:

* OBXECTVIO 1: Fomentar o uso de dispositivos e ferramentas corporativas: Aula Virtual, E-Dixgal…

- Estase a levar adiante unha colaboración entre biblioteca e TIC’S, para que todas as actividades que xurdan da biblioteca se fagan en conxunto co equipo TIC’S e viceversa.

* OBXECTIVO 8: Crear repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza/aprendizaxe

- Terase a primeira formación do CAFI o 7 de febreiro de 2023

- 21/03/2022: Tívose a segunda formación do CAFI o 15/03, e tomouse a decisión de convertir a aula de informática en espazo maker, sempre ligado a biblioteca. Na actualidade úsase para pequenos proxectos de robótica.

* OBXECTIVO 17: Elaboración dun proxecto interdisciplinar ao longo do curso

- O proxecto interdisciplinar que se está a levar a cabo é o CINE, dende o equipo de PDC diséñanse actividades para realizar.

 

-21/03/2023: Seguindo nesta línea, estase facendo actividades con chroma.

3º TRIMESTRE. 1ª VISITA. 16/05/2023

*Seguindo co proxecto do cine, realizouse con 3º un stop motion.

* En primeiro ciclo seguiuse realizando actividades con chroma, sempre relacionadas co cine.

*Levouse a cabo un traballo colaborativo entre infanti e 5º de primaria sobre aves autóctonas e os seus ecosistemas, usando scratch e maker maker para realizar sons.

*Fíxose un repositorio de rúbricas, cunha guía para elaboralas tendo como base exemplos do intef.

* Uso de escornabots para traballar asimetrías en 2º de primaria.

En infantil e primerio ciclo, teñen as pizarras dixitais interactivas montadas.

Está previsto incorporar a radio.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Este documento avaliarase seguindo uns parámetros relacionados no contexto do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será dun cuadrimestre, relacionados con varios parámetros relacionados co plan de actividades planificadas.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
A avaliación da acción formativa do presente proxecto realizarase en base a varias

Dimensións, incidindo en:
A. Grao de satisfacción do alumnado coa súa aprendizaxe “dixitalizada”: os cuestionarios de avaliación serán os instrumentos que revelen os indicadores de logro sobre o uso axeitada das estratexias usadas nas contornas virtuais de aprendizaxe (programas adscritos na liña STEM, Edixgal, Proxecta, etc..). Estes cuestionarios serán as propias ferramentas creadas polo profesorado para unha autoavaliación sobre os pasos dados no perfeccionamento dixital do ensino

B. A capacidade do profesorado para dar resposta ás necesidades do seu alumnado en contornas educativas. A competencia dixital docente será avaliada mediante a entrega de evidencias que xustifiquen o deseño, creación e grao de utilidade dos traballos dixitais realizados.
A persoa coordinadora a través das liñas de formación ofertadas pola Consellería, será quen rexistre e avalíe as evidencias entregadas nunha  aula virtual denominada como o presente proxecto onde todas/os os membros actúan como alumnado na súa aprendizaxe creando recursos dixitais que serán avaliados polo seu propio alumnado durante e despois da súa posta en práctica.

c) Mellora dos resultados académicos. Para iso realizarase un estudo estatístico descritivo onde se poidan sacar conclusións acerca da eficacia de todo o proceso da dixitalización nas cualificacións do alumno.

Valoración xeral
Proposta de mellora

No S.XXI as tecnoloxías son unha parte fundamental da sociedade. Por iso son un aspecto imprescindíbel na educación. As novas tecnoloxías avanzan e modernízanse vertixinosamente, por iso consideramos básico mellorar constantemente as nosas infraestruturas e equipamento relacionado coas TIC. Un entro educativo público debe de atoparse sempre na vangarda tecnolóxica. Por iso nomeamos a continuación unha serie de aspectos que consideramos indispensábeis mellorar a curto prazo.

- Xeneralizar a utilización da aula virtual en todos os cursos, poñendo en valor a súa importancia para realizar aprendizaxes de xeito global.
- Mellorar o funcionamento e actualización dos contidos da páxina web.
- Dotar a totalidade das aulas do centro de PDI.

- Dotar as aulas de segundo ciclo de portátiles ou tablets para cada alumno.
- Crear un recuncho TIC en cada aula.
- Manter actualizado o inventario de material TIC do centro.

- Manter os equipos do centro actualizados.
- Mellorar o acceso a impresora do centro a través dos portátiles do profesorado.
-Conseguir un almacenamento de datos en nube ou físico propio de gran capacidade para almacenar os datos do centro.
-Adquisición de diferentes accesorios para os robots mBot cos que contamos no centro: placas microbit, placas makey-makey, paneis solares, cables cocodilos, baterías, sensores, etc...
-Actualizar os equipos da aula de informática, creando un espazo maker -Mellorar a dotación de diferentes tablets disponíbeis do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

- Todo o claustro debera de ser conñecedor do novo plan TIC.
- O claustro debe conñecer cales son as funcións (e cales non) da comisión TIC.
- Débense presentar os distintos membros da comisión para saber a quen dirixirse en cada momento.
- Facer chegar a todas/os os membros do claustro e equipo directivo devandito plan.

Ligazón o Plan Dixital do Centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmontepostes/?q=system/files/V.Corr_.15019359_CEIPPluriling%C3%BCeMontedosPostes_PlanDixital_V.1.0.120622.pdf