Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Poden consultarse a redacción completa no pdf axunto. Volcandose, na plataforma, unicamente un resumo dos distintos apartados que conforman o Plan Dixital do CIFP Compostela.

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL

O actual Plan Dixital do CIFP Compostela responde ao documento redactado co establecido na Resolución do 3 de setembro de 2021,da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, plan que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, iniciando a súa implementación no actual curso 2022-23 así como ao abeiro da Resolución do 12 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2022-23;e tendo  como referentes:

a.       “A transformación dixital dos centros educativos atenderá ás tres dimensións establecidos polo Marco Europeo de Organizacións Dixitalmente (DigCompOrg): pedagóxica, tecnolóxica e organizativa.

b.       O marco europeo propón unha análise do centro baseado en sete elementos: Infraestrutura, Liderado e Gobernanza, Ensino e Aprendizaxe, Desenvolvemento Profesional, Avaliación, Contidos e Currículo, así como Redes de Apoio e Colaboración. Cada centro poderá engadir outros elementos adecuados ás súas características específicas.”

DATOS BÁSICOS DO CENTRO

Formación regrada:   A oferta educativa para o presente curso 2022-23 pode consultarse no enlace: https://cifpcompostela.gal/contenidos/353/formacion-regrada/

Datos de alumnado, profesorado e PAS: A data 19/09/2022 contabamos con 1145 matriculados/as; 730 mulleres e 415 homes.

      En canto ao profesorado o claustro está conformado por 50 mulleres e 45 homes.

      Tendo en Persoal de Administración e Servizos (Limpeza, subalternos/as, administrativos, encargado/a de almacén, mantemento, coidadora e auxiliar de conversa): 21 mulleres e 6 homes.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO.  CONTRIBUCIÓN AO PLAN ANUAL

O Plan Dixital contribuirá a innovación, actualización e dinamización da labor docente e do proceso ensino aprendizaxe nas distintas Familias Profesionais do noso CIFP; influíndo así mesmo na internacionalización do mesmo, así como, á mellorar a xestión nalgunhas áreas do Persoal de Administración e de Servizos.

Este Plan, como se pode comprobar nos obxectivos do seu Plan de Acción, está estreitamente ligado ao Plan Anual de Formación, A Coordinación de Bibliotecas, afectará a programación dalgún módulo, ao seguimento de FCT, á implementación de distintos programas informáticos (Hostalería e Servizos) e do espazo multisensorial do CIFP, incorporar a este proceso de dixitalización o proxecto concedido (Simuladores na aula de impresión) para a conversión de aulas tradicionais en tecnoloxía aplicada, xestión de procedementos administrativos vía web e incorporar a dixitalización Erasmus como obxectivo[1]

Contemplando accións para todas as Familias Profesionais e tentando presentar un programa equilibrado con influencia no CIFP e que supoña un avance para o mesmo.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Formación: DAFO: 17/03/2022; Redacción Plan Dixital: 06/04/2022

Fase I: de análise e diagnose de situación dos centros

SELFIE: 21/12/2022; CDD: 15 /03/ 2022; DAFO: 02/05/2022

Fase II: Deseño e elaboración do Plan Dixital

Plan de Acción: 22/05/2022; Redacción final PD

 


[1] Dixitalización implementada dende o SEPIE e ERASMUS+ para todos os colaboradores.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a súa redacción tivéronse en conta a  infraestructura, equipamento e servizos dixitais do CIFP Compostela (vero apartado 3.1 do Plan Dixital) así como para análise DAFO, estimamos os datos de autoavaliación SELFIE e os resultados obtivos no Test CDD e distinta información do CIFP.

Tomamos en primeiro lugar os datos da autoavaliación SELFIE do que presentamos, a continuación, o Resumo das áreas, coa media de resposta para cada grupo (equipo directivo, profesorado e alumnado) para cada unha das 8 áreas:

A.- Liderado: Equipo directivo: 3,1; Profesorado: 2,8

B.- Colaboración en redes: Equipo directivo: 2,4; Profesorado: 2,6; Alumnado:2,6.

C.- Infraestructura e Equipos: Equipo directivo: 3,3; Profesorado:3,2; Alumnado; 3,1.

D.- Desenvolvemento profesional continuo: Equipo directivo: 3,2; Profesorado: 3.

E.- Pedagoxía: Apoio e Recursos: Equipo directivo: 3,2; Profesorado: 3,6; Alumando: 4.

F.- Pedagoxía: Implementación na aula: Equipo directivo: 2,8; Profesorado: 3,2; Alumnado: 3,4

G.- Prácticas de avaliación: Equipo directivo: 2,5; Profesorado: 2,9; Alumnado: 2,9.

H.- Competencias dixitais do alumnado: Equipo directivo: 2,5; Profesorado: 2,5; Alumnado: 2,9.

Ademais dos resultados obtidos no Test CDD dos que se detalla un resumo da participación segundo o perfil do profesorado:

Definitivo: participan 23 dun total de 56 (41,1%)

Provisional: participan 3 dun total de 6 (50%)

Interino: participan 10 dun total de 22 (45,5%)

Substituto: participan 2 dun total de 10 (20%)

Desprazado: ---

En canto a puntuación e nivl de competencia do centro:

Puntuación media do test (sobre 192): 73,8

Nivel de competencia: Integrador/a (B1)

Puntuación media do test en Galicia (sobre 192): 76,4

Nivel de competencia en Galicia: Integrador/as (B1)

No que atinxe a nivel de competencia por etapas:

Puntuación media do test (sobe 192): 73,2

Nivel de competencia: Integrador/a (B1)

Puntuación media do test en Galicia (sobre 192): 80,3

Nivel de compentencia en Galicia: Integrador/a (B1)

E, por último, a distribución do profesorado por niveis datos sobre o 100% de profesora participante (38):

A1: profesorado participante: 2; % profesorado participante: 5,3%

A2: profesorado participante: 14; % profesorado participante: 36,8%

B1: profesorado participante: 11; % profesorado participante: 28,9%

B2: profesorado participante: 9; % profesorado participante: 23,7%

C1: profesorado participante: 2; % profesorado participante: 5,3%

C2: profesorado participante: ---; % profesorado participante: ---

Así, para a análise DAFO que se indica no apartado seguinte, tivéronse en conta os resultados da Autoavaliación SELFIE; os resultados obtidos no test CDD e distinta información do CIFP: Oferta educativa, dotación actual e prevista, situación da Aula Virtual do CIFP Compostela, dixitalización ERASMUS+, presentación de proxectos de conversión de aulas e PLAMBE, consulta e grado de utilización da xestión documental a través da páxina web do CIFP: www.cifpcompostela.gal entre outros e, obviamente, o descrito como situación de partida.

A DAFO completa con cores identificando ás áreas (Liderazgo, colaboración en redes, Infraestrutura e equipos, desenvolvemento profesional continuo, Pedagoxía: Implementación na aula, prácticas de avaliación, competencias dixitais do alumnado), así como referencias a preguntas específicas do SELFIE, actuacións nas que se seguirá traballando como parte da xestión organizativa do CIFP e indicación sobre liñas prioritarias, poden consultarse do plan completo axunto.

A DAFO compleméntase coas NOTAS:

*Conseguir a puntuación máxima, no caso e “explorar tecnoloxías de forma ética” CDD (1.8 puntuación moi baixa)

**Xa incorporado con anterioridade como liña de mellora no CIFP

***Destacando o 4 obtido na resposta do alumnado.

****Destacando 3,6 do profesorado.

*****Con dotación para implementación completa FP Básica (2022-23)

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Debate sobre o uso da tecnoloxía Biblioteca / respositorios en liña. Utilizar as tecnoloxías de forma ética* Autorreflexión sobre a aprendizaxe Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo Comportamento seguro Aprender a codificar ou programar Habilidades para a cualificación profesional Consulta da web Alumnado Si
Debilidade Consulta da web Familias Non
Debilidade Biblioteca / repositorios en liña. Utilizar as tecnoloxías de forma ética* Consulta da web (fomentar a súa consulta) Infraestruturas Si
Debilidade ---- Oferta Non
Debilidade Biblioteca / respositorios en liña. Utilizar as tecnoloxías de forma ética* Necesidade de DPC Intercambio de experiencias Orientación profesional Consulta da web Organización de centro Si
Debilidade Sinerxias para o aprendizaxe mixto Debate sobre o uso da tecnoloxía Avaliación do proceso Biblioteca / respositorios en liña. Utilizar as tecnoloxías de forma ética* Necesidade de DPC Intercambio de experiencias Nivel de competencia integrador (B1) Orientación profesional Avaliación dixital Autorreflexión sobre a aprendizaxe Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo Emprego de datos ara mellorar a aprendizaxe Comportamento seguro Creación de contidos dixitais (profesorado) Habilidades dixitais do alumnado para diferentes materiais Aprender a codificar ou programar Habilidades para a cualificación profesional Consulta da web Persoal docente Si
Debilidade ---- Persoal non docente Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a aprendizaxe***** Emprego de contornos virtuais de aprendizaxe*** Adaptación ás necesidades do alumnado Implicación do alumando Colaboración do alumnado Proxectos interdisciplinares Alto nivel de uso da Aula virtual do CIFP /Habilidades dixitais para diferentes materias (alumnado) Avaliación das capacidades Documentación da aprendizaxe **** Alumnado Si
Fortaleza Protección de datos* Comunicación coa comunidade educativa Adaptación ás necesidades do alumnado Familias Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a ensinanza Dispositivos dixitais para a aprendizaxe***** Tecnoloxías asistenciais Fenda dixital: apoio para abordar retos Emprego de contornos virtuais de aprendizaxe*** Recursos educativos abertos Alto nivel de uso da Aula virtual do CIFP Compostela Documentación da aprendizaxe **** Infraestruturas Si
Fortaleza Normas sobre dereito de autor e licenzas de uso* Novas modalidades de ensinanza (implementación Ciclos distancia) Dispositivos dixitais para aprendizaxe***** Protección de datos* Difusión dixital oferta Dual (spot en Youtube, xestión en redes sociais, banners, ...) segmentada por intereses. Oferta Si
Fortaleza Normas sobre dereito de autor e licenzas de uso* Novas modalidades de ensinanza Dispositivos dixitais para a ensinanza Protección de datos* Dispositivos dixitais para a aprendizaxe***** Tecnoloxías asistenciais Fenda dixital: apoio para abordar retos Participación no DPC Creación de recursos dixitais Emprego de contornos virtuais de aprendizaxe*** Comunicación coa comunidade educativa Recursos educativos abiertos Proxectos interdisciplinares Alto nivel de uso da Aula virtual do CIFP Compostela Formación xeralizada do Claustro Organización de centro Si
Fortaleza Normas sobre dereito de autor e licenzas de uso* Novas modalidades de ensinanza Dispositivos dixitais para a ensinanza Protección de datos* Dispositivos dixitais para a aprendizaxe***** Tecnoloxías asistenciais Fenda dixital: apoio para abordar retos Participación no DPC Creación de recursos dixitais Emprego de contornos virtuais de aprendizaxe*** Comunicación coa comunidade educativa Recursos educativos abertos Adaptación ás necesidades do alumnado Implicación do alumando Colaboración do alumnado Proxectos interdisciplinares Alto nivel de uso da Aula virtual do CIFP Compostela Formación xeralizada do Claustro Avaliación das capacidades Documentación da aprendizaxe **** Habilidades dixitais do profesorado para diferentes materias Persoal non docente Si
Fortaleza Normas sobre dereito de autor e licenzas de uso* Protección de datos* Dispositivos dixitais para a aprendizaxe***** Persoal non docente Si
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Acceso a internet** Resolver problemas técnicos Avaliación das capacidades desenvolvemento fora do centro Administración educativa Si
Ameaza O noso centro é un CIFP ANPA Non
Ameaza ---- Contorna Non
Ameaza Falta de lexislación e organización específica para actividades online na FP presencial Avaliación das capacidades desenvolvemento fora do centro Lexislación Si
Ameaza ---- Outras Non
Oportunidade Dotación para os diferentes ciclos Recursos educativos en liña Impulso Plan Dixital Dixitalización ERASMUS Administración educativa Si
Oportunidade O noso centro é un CIFP ANPA Non
Oportunidade Colaboración con distintas empresas e ONGs Contorna Si
Oportunidade Implementación legal Plan Dixital e Lexislación Protección datos Organización de Educación a Distancia Lexislación Si
Oportunidade Dixitalización Erasmus Oferta Dual (Distintos Convenios) Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O Plan de Acción, así, terá en conta a análise feita (curso 2021-2022), que supón o punto de partida para a súa implementación, por tanto, realizarase un seguimento e avaliación do Plan Dixital (curso 2022-2023) que teremos unha nova realidade sobre a que continuar co proceso de dixitalización (entendido como un proceso de mellora continúa adaptada ás necesidades do CIFP).  Tal e como se pode consultar na análise DAFO, este CIFP estableceu liñas prioritarias de acción que serven de guía, favorecendo así, pensamos, un Plan de Acción realista, funcional e alcanzable.

Obviamente, consensuáronse as distintas accións con cada unha das Coordinacións e docentes (o que garante a súa cooperación) e se tivo en conta as necesidades propias deste CIFP. Tentando, así mesmo, incorporar unha liña de dixitalización metodolóxica que consideramos importante e imprescindible para os futuros docentes; liña que ademais quixemos unir á internacionalización do CIFP como elemento de mellora para o mesmo.

O CIFP parte cun equipamento e infraestruturas adecuadas para a implementación do Plan Dixital do curso 2022-2023 e, indicar, simplemente que, relacionado coa Infraestrutura Dixital, como actuación impulsada, en parte, pola administración necesitaremos adecuada:

­   Infraestrutura de datos (conectividade a internet)

­   Conexións cableadas, sen fíos e electrónica de rede

En canto ao Obxectivo 15 a Consellería de Cultura, Educación e Universidade contratou o servizo e equipamento necesario que facilitou ao CIFP para a gravación do vídeo (Tour virtual)

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Seguir solicitando melloras no servizo WIFI e na rede do CIFP
O10PD Combinar internacionalización dixitalización na actividade docente (proxecto piloto)
O11PD Implementar o uso do espazo multisensorial do CIFP
O12PD Implementar o sistema de reservas (XAT)
O13PD Implementar o sistema de reservas de comedor (reservas CIFP Compostela)
O15PD Gravar tour virtual do CIFP (acción promovida a través da Consellería para os distintos CIFPS
O16PD Dixitalizar Erasmus (obxectivo obrigatorio e propio de Programas Internacionais pero que redundará na dixitalización do CIFP)
O2PD Reorganizar a estrutura física da biblioteca para fomentar a dixitalización
O3PD Implementar o PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas escolares)
O4PD Implementar o espazo da biblioteca na Web do CIFP Compostela (www.cifpcompostela.gal)
O5PD Informar ao claustro de profesorado das normas de autor e licenzas de uso
O6PD Xestionar a través da plataforma corporativa (Educalidade) toda a documentación de Calidade.
O7PD Facer o seguimento da FCT do alumnado a través da Aula Virtual do CIFP Compostela
O9PD Implementar a xestión de permisos e licenzas a través da web do CIFP (www.cifpcompostela.gal)
014PD Xestionar o proxecto presentado ao abeiro da Resolución do 8 de marzo de 2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o ano 2022***
08PD Implementar o aviso de incidencias técnicas a través da web do CIFP (www.cifpcompostela.gal)

Seguimento

Procedemento

O propio proceso de avaliación establece medidas de seguimento (ver o apartado Procedementos de avaliación), así como as táboas do Plan de Acción do Plan Dixital de Centro para cada obxectivo, onde se indicará se o obxectivo foi acada ou non  (ao finalizar o plan), así como esta descrito o seguimento da acción coa súa valoración e estado (realizada, aprazada, pendente)

1º Trimestre

- Reunión inicial 25/10/2022: Orden do día: Constitución do equipo. Decisión do día de reunión. Entrega de obxectivos (con as correspondentes accións) para implementar.
Acordos e compromisos: Día de reunión so martes ás 16.30h
Propostas para a próxima xuntanza: Revisión dos obxectivos e acción

- Reunión primeiro trimestre (seguimento):  13/12/2023: Orden do día: Revisión de obxectivos e accións. Información da visita ADIX
Temas tratados: Acadados os obxectivos: 1, 4, 9 e parcialmente o 6 así como o 15 (parcialmente porque falta que envíen vídeo). En proceso biblioteca, simuladores e Erasmus (seguindo a implementación SEPIE)
Acordos e compromisos: Propostas para a próxima xuntanza: Revisión das accións do Plan Dixital (para o seu seguemento)

2º Trimestre

- Reunión segundo trimestre (seguimento): 07/02/2023: Orden do día: Revisión de obxectivos e accións. Inclusión do Plan en Educalidade
Temas tratados: Acadados os obxectivos: 12 e 13. A aula de simuladores está organizada co proxecto entregado. Comezouse a incluír o Plan Dixital en Educalidade. A Coordinación de Programas Internacionais informa que o proceso de dixitalización de Erasmus estase a realizar en función da implementación por parte do SEPIE.
Acordos e compromisos: Completar o Plan Dixital en Educacalidade (con anexo do plan completo en .pdf)
Propostas para a próxima xuntanza: Implementación dos obxectivos e accións por parte dos distintos integrantes do Plan.

- Reunión segundo trimestre (seguimento): 21/03/2023: Orden do día: Revisión de obxectivos e accións Información reunión marzo ADIX Información sobre a inclusión do Plan Dixital en Educalidade Acción prioritaria Aula Virtual FCT
Temas tratados: Para a aula de FCT, revisarase a aula proposta por TICs e a do CS EI (que leva funcionando varios cursos) Seguen e proceso os obxectivos da biblioteca, aula de simuladores está implementada a falta de docencia (dentro do seu proxecto) e Erasmus segue a implementación en función das instrucións do SEPIE
Acordos e compromisos: Implementación de obxectivos e accións
Propostas para a próxima xuntanza: Implementación de accións e obxectivos por parte dos distintos integrantes do plan

3º Trimestre

- Reunión terceiro trimestre (seguimento): 09/05/2023: Orden do día: Revisión final de obxectivos Información reunión abril ADIX Ultimas indicacións.
Temas tratados: En canto aos obxectivos está acadado a aula de simuladores, na biblioteca aprázanse os lectores electrónicos , ademais da implementación de incidencias na web e aprazamento para o próximo curso de dixitalización da actividade docente (para 2º de CS Dirección de Servizos que é un ciclo plurilingüe). Necesidade de realizar o seguimento en Educalidade
Acordos e compromisos: Implementación de accións e obxectivos salvo os aprazamentos indicados. Importación (previa autorización) da aula virtual de FCT de CS de EI para poñer en marcha no vindeiro curso para todos os Departamentos. Entrega de memoria final en maio.

- Reunión final terceiro trimestre (grao de consecución e conclusións finais): 23/05/2023: Revisión final de obxectivos e actuacións. Accións aprazadas.
Temas tratados: Acadados os obxectivos: 1, 2, 4, 9, 12, 13, 14, 16 Acadados parcialmente: 3, 6, 7, 11, 15 Aprazados:5, 8, 10, Redacción final en Educacalidade. Redacción memoria final (grupo e PD) en Fprofe
Acordos e compromisos: Incluír o seguemento final en Educalidade Redactar a memoria final en Fprofe e incluír documento do grupo de traballo.

- Entrega memoria no CAFI (05/06/2023)

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Queda  establecido, o seguinte procedemento de avaliación:

- Reunión inicial.

- Reunión primeiro trimestre (seguimento).

- Reunión segundo trimestre (seguimento).

- Reunión terceiro trimestre (grao de consecución e conclusións finais)

- Redacción (Coordinación) da memoria, envío ao CAFI.

Quedan incorporadas as actas das distintas reunións na plataforma Fprofe.

Valoración xeral

Para a avaliación do mesmo e tomando como referente o establecido no Plan de Acción, dende o CIFP Compostela, planéase unha xuntanza inicial, na que se citarán a todos os integrantes involucrados na consecución dos obxectivos, onde se dará copia do Plan Dixital, con especial mención ao Plan de Acción que se revisará para aclarar as accións a realizar no primeiro trimestre.

Con posterioridade realizarase unha revisión cada trimestre, onde se analizarán accións, realizadas, aprazadas ou pendentes e pasos a seguir como seguimento do Plan, con especial mención a reunión do trimestre final de curso onde se revisará o grado de consecución e conclusións finais.

Ao finalizar o curso e tendo en conta o seguimento do Plan (coas conclusións achegadas no último trimestre), elaborarase unha memoria final coas propostas de mellora e axustes oportunos de cara ao curso 2023-24, e que será enviada para a súa revisión e aprobación nunha última reunión aos membros do equipo.  Documento que servirá de guía para a continuación do Plan Dixital.

Quedando o grado de consecución do Plan Dixital do CIFP Compostela (curso 2022-23) como segue:

Están (con data 31/05/2023) acadados os obxectivos: 1, 2, 4, 9, 12, 13, 14 e 16.

Parcialmente: 3, 6, 7, 11 e 15:

- Obxectivo 3: Queda pendente de implementar a A01.2:  Incorporación dos lectores electrónicos nas Bibliotecas escolares E.I.B.

- Obxectivo 6: Pendente a A01.3: Información sobre o espazo de EduCalidade para o profesorado de nova incorporación. (Estará lista na Guía do curso 2023-24), encargarase a Vicedirección (no lugar da Coord. TICs) e a Xefatura da Área de Formación. Ademais do acceso á guía a través de QR.

- Obxectivo 7: Facer o seguemento da FCT do Alumnado a través da Aula Virtual do CIFP Compostela. (Implementarase en setembro do curso 2023-24, con aula tipo decidida e xestión dun vídeo explicativo (encargarase o equipo directivo e a xefatura do departamento de Calidade en lugar da Coordinadora TICs)

- Obxectivo 11: Implementar o uso do espazo multisensorial do CIFP. Realizadas actividades e pendente unha coordinación adecuada para futuros cursos.

- Obxectvo 15: Pedente a A01.2: Difusión a través da web do CIFP Compostela. Que será publicado en canto no lo faga chegar a Consellería.

Aprazados 5,8 e 10:

- Obxectivo 5: Informar ao claustro das normas de autor e licencas de uso. Farase cargo das dúas accións o equipo directivo ( con documento informativo e envío de correo ao inicio de curso tras a incorporación de todo o profesorado ao CIFP).

- Obxectivo 8: Implementar o aviso de incidencias técnicas a través do CIFP Compostela. Encargarase totalmente o equipo directivo (inicio da acción en xullo de 2023 e con implementacion en outubro de 2023).

- Obxectivo 10: Combinar internacionalización - dixitalización na actividade docente. Aprazada para realizarse en módulo específico (con docencia en inglés) no 2º plurilingüe C.S. de Dirección de Servizos, será implementada pola profesora Mónica Rouco Botana.

As actas que estarán incluídas na plataforma Fprofe.

Proposta de mellora

Tal e como se indicou, as propostas de mellora, serán incorporadas tras a implementación do Plan no curso 2022-23, a ter en conta para o Plan Dixital do curso 2023-24.

Ademais das novas propostas: QR para acceso á Guía de acollemento do novo profesorado ou xeralizar o uso de plataformas como Agueiro, Abalarbox e ampliar o uso de ABALAR (que serán redactadas no PD do curso 2023-24), respecto da execución do  presente Plan (curso 2022-23) estáblecense as seguintes propostas de mellora:

Acadar complemtamente os obxectivos acadados parcialmente: 3, 6, 7, 11 e 15 e cumprir cos aprazados 5,8 e 10.

- Obxectivo 3: Queda pendente de implementar a A01.2:  Incorporación dos lectores electrónicos nas Bibliotecas escolares E.I.B.

- Obxectivo 6: Pendente a A01.3: Información sobre o espazo de EduCalidade para o profesorado de nova incorporación. (Estará lista na Guía do curso 2023-24), encargarase a Vicedirección (no lugar da Coord. TICs) e a Xefatura da Área de Formación. Ademais do acceso á guía a través de QR.

- Obxectivo 7: Facer o seguemento da FCT do Alumnado a través da Aula Virtual do CIFP Compostela. (Implementarase en setembro do curso 2023-24, con aula tipo decidida e xestión dun vídeo explicativo (encargarase o equipo directivo e a xefatura do departamento de Calidade en lugar da Coordinadora TICs)

- Obxectivo 11: Implementar o uso do espazo multisensorial do CIFP. Realizadas actividades e pendente unha coordinación adecuada para futuros cursos.

- Obxectvo 15: Pedente a A01.2: Difusión a través da web do CIFP Compostela. Que será publicado en canto no lo faga chegar a Consellería.

En canto aos aprazados:

- Obxectivo 5: Informar ao claustro das normas de autor e licencas de uso. Farase cargo das dúas accións o equipo directivo ( con documento informativo e envío de correo ao inicio de curso tras a incorporación de todo o profesorado ao CIFP).

- Obxectivo 8: Implementar o aviso de incidencias técnicas a través do CIFP Compostela. Encargarase totalmente o equipo directivo (inicio da acción en xullo de 2023 e con implementacion en outubro de 2023).

- Obxectivo 10: Combinar internacionalización - dixitalización na actividade docente. Aprazada para realizarse en módulo específico (con docencia en inglés) no 2º plurilingüe C.S. de Dirección de Servizos, será implementada pola profesora Mónica Rouco Botana.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital será difundido a través da páxina web do CIFP, así como, dado acceso a todo o profesorado a través da xestión documental do CIFP para a súa consulta (que pasará a ser a través da páxina web www.cifpcompostela.gal), e, informado no primeiro claustro (por tratarse dun novo documento e facilitar así a súa localización e consulta). Así como, formará parte do Plan Anual e, polo tanto, enviado a Inspección educativa ao inicio de curso e aprobado polo Consello Social