Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O centro educativo atópase situado sobre as Brañas, espazo urbano rodeado de parques na zona sur da cidade de Santiago de Compostela. Preto do colexio están o parque Eugenio Granell e as Brañas do Sar que, coas súas áreas de pradería, céspede, xardín, bosque de ribeira e carballeira, son un importante recurso para as actividades docentes.

A demarcación da zona de escolarización, abrangue unha ampla área do SL da cidade de Santiago de Compostela, nos barrios de: O Ensanche, Pontepedriña, Castiñeiriño e Sar. É zona urbana na práctica totalidade, con algúns retallos periurbanos de vivendas unifamiliares con terreo e dependencias anexas. Está experimentando unha importante transformación por mor de urbanizacións de recente planificación que hai dentro do seu ámbito. Están construídos e ocupados moitos edificios nos do contorno da Pontepedriña e arredores do centro e, están proxectadas un número importante de vivendas nos SUP situados entre a rúa da Estrada e Granxa do Castiñeiriño ou entre o Monte do Seixo e o Periférico.

A día de hoxe contamos cunha matrícula de 423 alumnos/as (tendo unha capacidade de 450). Con alumado de educación infantil y primaria. Durante o curso soe flutuar levemente á matricula por mor de cambios no domicilio dalgunhas familias, normalmente por motivos laborais e/ou relacionados con movementos migratorios.

Este centro caracterízase por ser un centro inclusivo onde está escolarizado alumnado que presenta necesidades específicas de apoio educativo, alumnado de ascendencia e de procedencia estranxeira (sobre todo de orixe marroquí, latinoamericano (colombianos e peruanos) chinés e latinoamericano).

Os datos socioeconómicos indican que as familias teñen unha renda media alta e unha cultura similar. Por outra banda, existe unha importante diversidade sociocultural, polo que o centro educativo procura compensar as necesidades e as posibilidades de todo o alumnado atendendo a todas as situacións.

Polo xeral, os hábitos de hixiene e alimentación que amosa o alumnado é positivo.

A lingua galega ten un uso minoritario polo alumnado, se ben, se detectan casos puntuais nos que o alumnado fala galego e a actitude xeral das familias é positiva.

Ata a actualidade o absentismo escolar é escaso e as faltas de asistencia soen estar motivadas por enfermidade ou visitas médicas, nalgún caso por viaxes programadas debidamente xustificadas nas titorías.

O Plan Dixital (en diante PD) intégrase no Proxecto Educativo dun xeito global. Este PD conformará unha peza fundamental para a concreción de do ensino cos materiais dixitais. Este centro, no seu PE. Contempla o traballo docente a través da tecnoloxía. Contamos anualmente cun plan de formación desenvolvido desde o centro relacionado coas TIC. Formámonos nos anos anterioes coas ferramentas de Agueiro, tamén coas ferramentas de comunicación coa Communidade Educativa (Abalarmobil). Por outra banda, o centro conta co proxecto E-Dixgal dende hai 5 anos, e o profesorado ten interese en continuar. Neste curso, solicitamos entrar e formar parte do proxecto de Polos Creativos, coa intención de continuar na liña tecnolóxica. Por último, o profesorado traballa diariamente co material de aula, como é un ordenador de mesa e un proxector, ademais, contan e utilizan para a educación mixta a aula virtual (alumnado que, por diferentes motivos xustificados ten que quedar na casa). Todas as aulas contan actualmente con estes recursos ademais de ter auriculares e webcam para comunicacións externas.

O Plan Dixital (en diante PD) contribúe coa Programación Xeral Anual (PXA) no desenvolvemento dos diferentes proxectos nos que o centro se implica globalmente, como por exemplo Radio Furelo, que se desenvolve nas aulas e que consiste na gravación de material audio que logo é editado e subido na páxina web do centro. Tamén contribúe, no desenvolvemento da comunicación de alumnado NEE, na preparación, formación e posta en práctica de recursos a través de Sistemas Alternativos de Comunicación (en diante SAC), contamos con dúas alumnas que utilizan o sistema Grib3 e Proloquo, para os cales precisan de material TIC.

Por outra banda, sinalar os programas nos que estamos implicados como é E-Dixgal, Aulas virtuais e Polos Creativos (solicitado).

Por último, indicar que o centro xestiona material de Educa en Dixital para o alumnado que se atopa en fenda dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1) Elaboración do SELFIE.

Nesta fase houbo un proceso de exposición e convencemento do claustro, xa que para coñecer a situación do centro necesitabamos datos da maior parte do mesmo.

2) Test de competencia dixital do profesorado.

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C14- Os espazos son pequenos. Infraestruturas Non
Debilidade C10- Non ter tablets para todo o alumnado (1º EP a 4º EP). Infraestruturas Non
Debilidade C1- La obsolescencia de los recursos de aula (Kit la mayoría tiene 10 años). Infraestruturas Non
Debilidade C14- Os espazos son pequenos Infraestruturas Non
Debilidade C10- Necesidade da creación dunha aula de informática ben dotada a nivel TICs. Infraestruturas Si
Debilidade B.5 Necesidade de elaborar e compartir material e experiencias dixitais dentro e fóra do noso Centro. Organización de centro Non
Debilidade B4- O centro non conta cun plan de axuda ao profesorado para a aplicación da aprendizaxe mixta. Organización de centro Non
Debilidade A4. Falta de tempo para explorar a mellora do método de ensino con TIC Persoal docente Non
Debilidade G O proceso de avaliación a nivel dixital é esporádico, individual e non se comparte. Persoal docente Non
Fortaleza H- Boa competencia dixital do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza C10 -Dispón de tablets Abalar (40 Unidades) Infraestruturas Non
Fortaleza C- O centro dispón de 10 tablets para utilizar nas aulas de Educación Infantil. Infraestruturas Non
Fortaleza C10- Dispón de ordenadores Edixgal nas aulas de 5º e 6º de Primaria. Infraestruturas Si
Fortaleza F1 e F3- Uso de recursos dixitais para a busca de: actividades, adaptación das metodoloxías e fomento da creatividade na aula. Persoal docente Non
Fortaleza E1- O profesorado busca recursos dixitais na rede para poder usalos na aula. Persoal docente Non
Fortaleza D2- O profesorado ten acceso á posibilidade de formación TICs. Persoal docente Non
Fortaleza F1 e F3- Uso de recursos dixitais para a busca de: actividades, adaptación das metodoloxías e fomento da creatividade na aula. Persoal docente Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia e constante adaptación das programación por cambios de leis. Administración educativa Non
Ameaza Carencia e lentitude de acceso aos servicios técnicos e de mantemento fóra da plataforma EDIXGAL. Administración educativa Non
Ameaza Demasiadas trabas burocráticas á hora de solicitar melloras no centro educativo a nivel infraestruturas e/ou reformas. Administración educativa Non
Ameaza Constantes cambios de currículum que dificulta unha continuidade no proceso educativo a medio ou longo prazo. Lexislación Non
Ameaza Responsabilidades a nivel sanitario e/ou psicolóxico que ten que asumir o profesorado por falta de persoal cualificado para estas tarefas. Outras Non
Oportunidade A centro obtén colaboracións puntuais da administración. Administración educativa Non
Oportunidade Interese.Boa disposición. Participación. ANPA Non
Oportunidade O Centro é un referente a nivel de atención ao alumnado con NEEs. Contorna Non
Oportunidade A nova lei educativa potencia, na súa normativa, a competencia dixital. Lexislación Non
Oportunidade O centro obtén colaboracións puntuais do Concello. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A boa disposición do centro cara o desenvolvemento das novas tecnoloxías e a mellora da competencia dixital fronte a un cambio constante de lexislación e carga burocrática así como carencia de servicios técnicos para resolver problemas no día a día e falta de profesorado para atender as necesidades.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OPD01 Favorecer o traballo colaborativo entre o alumnado empregando as TIC. Titoría entre iguais. (F4)
OPD02 Desenvolver, en diferentes aulas, intercambio de experiencias para favorecer a multiculturalidade do centro a través do noso alumnado inmigrante. (F6)
OPD03 Fomentar o emprego da Aula Virtual, no proceso de ensino e aprendizaxe.
OPD04 Coñecer e utilizar ferramentas para a Aula Virtual. (D.2)
OPD05 Inventariar os recursos TIC (C)

Seguimento

Procedemento

Realizarase un seguimento a través das reunións mensuais e trimestrais antes do remate de cada avaliación.

1º Trimestre
  • Constituiuse o equipo NTIC´s
  • Matriculouse o alumnado na aula virtual.
  • Deuse de alta ao profesorado novo na aula virtual.
  • Mantívose ao día a páxina web do colexio.
  • Traballouse a radio escolar (radiofurelo)
  • Non se realizou a formación en aula virtual.
  • Non se desenvolveu, en diferentes aulas, intercambio de experiencias para favorecer a multiculturalidade do centro a través do noso alumnado inmigrante.

2º Trimestre
  • Traballo coa radio escolar (radiofurelo)
  • Chegada do material de Polos Creativos.
  • Coordinadora estivo de baixa.
3º Trimestre
  • Colocación nas aulas das novas pizarras dixitais.
  • Grupo de traballo sobre a radio e posta en funcionamento dos Polos Creativos.
  • Realización dun escape room para dar a coñecer todo o material de Polos Creativos ao alumnado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, realizarase indicando:

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre en función de cada obxectivo proposto.

Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Obx1. Favorecer o traballo colaborativo entre o alumnado empregando as TIC. Titoría entre iguais. (F4)

Temporalización: á finalización de cada trimestre se valorarán os resultados das accións seguintes:

Participación nas tarefas a destreza do alumnado no uso dos editores de audio comprobación da difusión en web.

-   Os instrumentos de avaliación se realizan a través da observación e da análise dos materiais elaborados.

 

Obx2. Desenvolver, en diferentes aulas, intercambio de experiencias para favorecer a multiculturalidade do centro a través do noso alumnado inmigrante. (F6)

Temporalización: á finalización de cada trimestre se valorarán os resultados das accións seguintes:

Participación nas tarefas o nivel de implicación no coñecemento doutas culturas e respecto análise do espazo creado na aula virtual

-   Os instrumentos de avaliación se realizan a través da observación e da análise dos materiais elaborados.

 

Obx3. Fomentar o emprego da Aula Virtual, no proceso de ensino e aprendizaxe. (E.3)

Temporalización: á finalización de cada trimestre se valorarán os resultados das accións seguintes:

Participación nas tarefas o nivel de implicación na formación o nivel de implicación nos grupos de colaboración por niveis valoración da utilidade do proxecto para a aula virtual

-   Os instrumentos de avaliación se realizan a través dos resultados e da análise dos materiais elaborados.

 

Obx4. Coñecer e utilizar ferramentas para a Aula Virtual. (D.2)

-   Temporalización: á finalización do primeiro trimestre se valorarán os resultados das accións seguintes:

Participación nas tarefas o nivel de implicación na formación do manexo da ferramenta AV o nivel de implicación na formación do manexo da ferramenta Audacity

 

-   Os instrumentos de avaliación se realizan a través dos resultados e da análise dos materiais elaborados.

 

Obx5. Inventariar os recursos TIC (C)

 

-   Temporalización: á finalización do primeiro trimestre se valorarán os resultados das accións seguintes:

O coñecemento na ferramenta EXCEL

á finalización do curso se valorarán os resultados das accións seguintes:

A comprobación dos recursos inventariados no Excel que estean no centro.

 

-   Os instrumentos de avaliación se realizan a través dos resultados e da análise dos materiais elaborados.

 

No contexto da avaliación final e global a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano, e na finalización do curso académico. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
  • Os obxectivos propostos para o desenvolvemento do plan dixital non foron levados a cabo neste curso 2022-2023 posto que a chegada do novo material de Polos Creativos fixo que o camiño de cara a formación en competencia dixital fóra outra. Así centrámonos na formación do profesorado en radio escolar principalmente. 
  • A chegada as aulas das novas pantallas fai tamén que de novo a formación nos leve por outros camiños dixitais.
  • A aula virtual non tivo o "éxito" que nun principio críamos polo que non chegaron a funcionar como recurso na maioría das aulas.
Proposta de mellora

Para o vindeiro curso escolar centrarémonos en tres aspectos:

  • Por unha banda o traballo da radio escolar xa no lugar e co material disposto na casa das Ciencias.
  • Formación do profesorado no manexo das novas pantallas dixitais.
  • Identificación do que cremos importante de cara a formación da competencia dixital do noso alumnado.
  • Cremos importante así mesmo a necesidade de contar con persoas formadas xa neste ámbito como persoal do centro para axudarnos no noso día a día coas ferramentas NTIC´S

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

1º) A difusión a través da páxina Web do centro.

2º) A comunicación a través do Claustro e do Consello Escolar.

3º) A difusión a través das reunións iniciais de curso.