Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Introdución

O plan dixital do IES Eduardo Pondal é unha ferramenta de planificación que ten como obxectivo fundamental o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como recurso didáctico nos procesos de ensinanza-aprendizaxe. O plan dixital pretende darlle un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e medios dispoñibles, de maneira que se constitúa non proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe no uso das tecnoloxías.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

A contribución do Plan Dixital ao PEC e á PXA hai que considerala desde a perspectiva de como pode reforzar o uso adecuado das novas tecnoloxías na comunidade educativa. Hai que ter en conta que a competencia dixital é unha das competencias clave nas que é preciso traballar co alumnado. O noso centro ten adquirido o compromiso cunha educación integradora, baseada na igualdade de oportunidades. Neste eido, a fenda tecnolóxica constitúese nun grave inconveniente para o logro desta integración. Finalmente, nunha sociedade plural, a liberdade de pensamento, ideas e opinións, expresadas frecuentemente nos medios de comunicación virtuais e redes sociais, cobra especial importancia na actualidade. Na PXA formúlanse obxectivos directamente relacionados coa dixitalización: 1. Facilitar a incorporación do alumnado novo no centro. 2. Accións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado. 3. Potenciar e mellorar a comunicación coas familias.

Breve xustificación do PD

Co plan dixital preténdese: 1. Avaliar a situación do centro no relativo ao uso da innovación e as TIC como punto de partida para poder deseñar e emprender un proceso de transformación e mellora. 2. Facer do plan dixital unha ferramenta clave para a planificación da estratexia dixital do centro. 3. Contribuír a desenvolver unha cultura dixital na comunidade educativa.

Normativa: Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional.

Proceso de elaboración

A formación e asesoramento para a elaboración do Plan sustentouse sobre os seguintes piares: a) Un Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) asociado ao Plan Dixital para a formación do profesorado que participou na elaboración do Plan. b) En todo o proceso estivo unha persoa mentora que nos guiou no deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital. c) Contamos cun espazo virtual onde se nos proporcionaron modelos dos diferentes elementos que integran o Plan Dixital e se crearon tarefas para poder achegar aos asesores ADIX os documentos que se foron elaborando durante o proceso para a súa supervisión.

O proceso de elaboración do Plan Dixital foi o seguinte: 1. Realizamos unha análise da situación do centro. Esta análise realizouse a través das ferramentas para a diagnose de situación SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente. 2. Realizamos un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que nos permitiu definir as liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións. 3. Elaboramos as táboas de obxectivos e accións correspondentes. 4. Redactamos a primeira versión (v. 1.0) do Plan dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregáronse dous instrumentos de recollida de información previa: o informe SELFIE e o test CDD.

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade No noso centro o alumnado non aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade No noso centro o alumnado non aprende a actuar de maneira responsable na internet. Alumnado Si
Debilidade No noso centro o alumnado non aprende a actuar de maneira segura na internet. Alumnado Si
Debilidade No noso centro o alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que encontrou na internet. Hai un escaso coñecemento sobre normas e dereitos de autor e licenzas de uso. Alumnado Si
Debilidade No noso centro o alumnado non aprende a comprobar se a información que encontra na internet é fiable e precisa. Alumnado Si
Debilidade A infraestrutura do centro ten as súas limitacións ao ser un centro antigo. Infraestruturas Si
Debilidade No noso centro non avaliamos os nosos progresos en materia de ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade No noso centro non contamos cunha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade No noso centro o equipo directivo non desenvolve unha estratexia dixital en colaboración co profesorado. Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo para a creación de repositorios propios. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non utiliza as tecnoloxías emerxentes para explorar experiencias e contidos de aprendizaxe novos. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación adecuada (feedback) ao alumnado. Persoal docente Si
Debilidade No noso centro o equipo directivo non axuda a intercambiar experiencias dentro do centro sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado crea poucos recursos dixitais para reforzar o seu labor de ensinanza. Persoal docente Si
Fortaleza O noso alumnado usa recursos e ferramentas dixitais, contornos virtuais de aprendizaxe e plataformas en liña dentro e fóra da aula. Alumnado Si
Fortaleza En xeral, o noso alumnado dispón de recursos e dispositivos dixitais na casa para o traballo escolar. Alumnado Si
Fortaleza No noso centro hai dispositivos dixitais para o seu uso na ensinanza. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro ou están xestionados por el e que o alumnado pode utilizar cando os precisa. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro existen sistemas de protección de datos. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro disponse de asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro facilítase o acceso a internet para a ensinanza e a aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro ofértase unha materia denominada ¿Programación¿ no 1º curso da ESO. Oferta Non
Fortaleza No noso centro está normalizado o uso da tecnoloxía e os recursos nas diferentes tarefas académicas (uso do XADE, Aula Virtual, WEB, Abalar, Correo electrónico corporativo). Organización de centro Si
Fortaleza No noso centro existe un comportamento colaborativo entre o profesorado na utilización de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado utiliza criterios de busca e selección para identificar recursos dixitais que cumpran os obxectivos do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado ten acceso a posibilidades de DPC no relativo á ensinanza e á aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado utiliza entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado busca recursos dixitais en liña. Persoal docente Si
Fortaleza No noso centro debatimos sobre as vantaxes e desvantaxes da ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado realiza actividades de aprendizaxe dixitais que implican ao alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Si
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O profesorado ten tanta carga burocrática que lle impide dedicar tempo a explorar novos métodos de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Si
Ameaza O profesorado non dispón de tempo suficiente para investigar metodoloxías baseadas nas tecnoloxías. Administración educativa Si
Ameaza A constante modificacións de curriculos complica a innovación e a implementación na aula de estratexias conxuntas de aprendizaxe, e dificulta a súa consolidación. Lexislación Non
Ameaza No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. Outras Non
Oportunidade Existe unha boa oferta de actividades de formación en TIC. Administración educativa Non
Oportunidade Hai dispoñibles múltiples recursos dixitais para empregar na aula. Administración educativa Non
Oportunidade Boa comunicación coa ANPA. ANPA Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez definido o noso horizonte (cara a onde queremos que vaia o noso centro educativo) e analizada a situación de partida, chegou o momento de definir o Plan de Acción. Este instrumento debe ser realista, viable e asumible por toda a comunidade educativa.

Logo de ter analizado a información, e identificadas as áreas de mellora, o deseño das accións do Plan supón levar a cabo os seguintes pasos:

1. Determinar os obxectivos que queremos conseguir. Estes obxectivos deben ser:

  • Específicos, é dicir, deben ser o máis concretos posibles. A lectura do obxectivo por parte de calquera membro do claustro debe permitir comprender exactamente que se pretende facer e como.
  • Medibles. Deben responder a metas cuantificables. Se o obxectivo non é medible non poderemos saber cando o conseguimos.
  • Alcanzables, é dicir, poden e deben ser ambiciosos, pero posibles.
  • Realistas. Debemos propoñernos obxectivos que estean dentro das nosas posibilidades (tanto por recursos dispoñibles como pola motivación para logralos).
  • Definidos no tempo. Isto facilitaranos identificar as distintas etapas e fitos que nos permitirán alcanzalos.

2. Definir os indicadores que permitirán avaliar a consecución ou non dos obxectivos. Os indicadores deben responder a escalas numéricas, e deben ir acompañados dun valor obxectivo ou meta que é aquel que nos marcamos segundo o obxectivo ao que fan referencia.

3. Definir as accións (polo menos dúas por cada área) necesarias para alcanzar os obxectivos. As accións incluirán:

  • Os recursos (humanos e materiais) necesarios para levalas a cabo.
  • O prazo de execución.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear e/ou empregar de maneira xeneralizada modelos e/ou ferramentas en formato dixital das tarefas burocráticas que lles corresponde realizar ao profesorado. (A2)
O02PD Crear un curso semipresencial de metodoloxías baseadas nas tecnoloxías dixitais para o profesorado do centro. (E2)
O03PD Crear na Aula virtual do centro espazos para a provisión de repositorios comúns distribuídos por áreas de coñecemento. (E2)
O04PD Crear na Aula virtual do centro un espazo para a difusión de experiencias e contidos de aprendizaxe novos entre o profesorado. (E2)
O05PD Realizar unha reunión anual monográfica por cada un dos órganos colexiados do centro, CCP, Claustro e Consello Escolar para informar sobre os obxectivos programados no Plan Dixital do Centro. (A1)
O06PD Incorporar ao Plan de Acción Titorial unha actividade a realizar preferiblemente na hora de titoría orientada a que o alumnado aprenda a comprobar se a información que atopa na Internet é fiable e precisa. (H4)
O07PD Elaborar por parte dos departamentos didácticos e poñer a disposición do alumnado un catálogo de sitios web recomendados para consultar temas relacionados coa área de coñecemento de que se trate.(E1)
O08PD Incorporar ao Plan Anual de Actividades Extraescolares e Complementarias un taller ou obradoiro para ofertar ao alumnado sobre uso responsable da Internet. (H3)
O09PD Deseñar un Plan de Actuación sobre mantemento dos equipos do centro. (C5)
O10PD Deseñar un Plan de Actuación sobre mantemento das plataformas dixitais do centro: páxina web, correo e aula virtual. (C5)
O11PD Deseñar e implementar un Plan de Acción para a atención das necesidades do alumnado que non dispón de recursos e dispositivos dixitais na casa para o traballo escolar, co obxectivo de minimizar a fenda dixital. (C8)
O12PD Conseguir que todo o profesorado teña montado un curso por cada materia que imparta na Aula Virtual. (A2)
O13PD Conseguir que todo o profesorado e o alumnado utilice o correo do centro para as comunicacións internas.(A1)
O14PD Conseguir que a maioría das familias e o profesorado utilice a plataforma ABALAR Móbil para comunicarse no referido á vida académica do alumnado.(E4)
O15PD Actualizar o curso na aula virtual sobre o uso de ferramentas dixitais docentes para o profesorado do centro. (D1)

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que serven para determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

 

1º Trimestre

O01PD

AO1.1 ....................................... ACADADO

AO1.2 ....................................... ACADADO

AO1.3 ....................................... ACADADO

O02PD

AO2.1 ...................................... ACADADO

AO2.2 ...................................... ACADADO

O03PD

AO3.1 ...................................... ACADADO

O04PD

AO4.1 ...................................... ACADADO

O05PD

AO5.1 ..................................... ACADADO

AO5.2 ..................................... ACADADO

AO5.3 ..................................... ACADADO

O06PD 

AO6.1 ..................................... ACADADO

O07PD

AO7.1 ..................................... APRAZADO

O08PD

AO8.1 .................................... ACADADO

AO8.2 .................................... ACADADO

O09PD

AO9.1 .................................... ACADADO

AO9.2 .................................... ACADADO

AO9.3 .................................... ACADADO

O10PD

AO10.1 .................................... APRAZADO

AO10.2 .................................... APRAZADO

O11PD

AO11.1 .................................... ACADADO

AO11.2 .................................... ACADADO

AO11.3 .................................... ACADADO

O12PD

AO12.1 .................................... ACADADO

AO12.2 .................................... ACADADO

AO12.3 .................................... ACADADO

O13PD

AO13.1 .................................... ACADADO

AO13.2 .................................... ACADADO

AO13.3 .................................... ACADADO

O14PD

AO14.1 .................................... ACADADO

AO14.2 .................................... ACADADO

O14PD

AO15.1 .................................... ACADADO

AO15.3 .................................... APRAZADO

 

ACCIÓNS PREVISTAS: 32

ACCIÓNS ACADADAS: 28 (88%)

ACCIÓNS APRAZADAS: 4 (12%)

 

 

2º Trimestre

O02PD

AO2.3 ...................................... ACADADO

O07PD

AO7.1 ..................................... PARCIALMENTE

AO7.2 ..................................... PARCIALMENTE

AO7.3 ..................................... APRAZADO

O10PD

AO10.1 .................................... ACADADO

AO10.2 .................................... ACADADO

O15PD

AO15.3 .................................... APRAZADO

 

ACCIÓNS PREVISTAS: 7

ACCIÓNS ACADADAS: 3 (42%)

ACCIÓNS ACADADAS PARCIALMENTE: 2 (29%)

ACCIÓNS APRAZADAS: 2 (29%)

3º Trimestre

O03PD

AO3.2 ..................................... PARCIALMENTE

O04PD

AO4.2 ..................................... ACADADO

O06PD

AO6.2 ..................................... ACADADO

AO6.3 ..................................... PARCIALMENTE

O07PD

AO7.1 ..................................... PARCIALMENTE

AO7.2 ..................................... ACADADO

AO7.3 ..................................... APRAZADO

AO7.4 ...................................... PARCIALMENTE

O08PD

AO8.3 ..................................... ACADADO

O15PD

AO15.3 .................................... APRAZADO

 

ACCIÓNS PREVISTAS: 10

ACCIÓNS ACADADAS: 4

ACCIÓNS ACADADAS PARCIALMENTE: 4

ACCIÓNS APRAZADAS: 2

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será dunha vez ao ano, ao final de cada curso. Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe evaluativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores. Como documento complementario de recollida de información, podería activarse un informe SELFIE e compararar os resultados obtidos co informe SELFIE anterior.

Valoración xeral

A valoración xeral é positiva. Foron programados un total de 15 obxectivos, dos cales se realizaron na súa totalidade 10 (67%). Os 5 (33%) restantes foron realizados parcialmente. Se nos centramos nas accións previstas, o total é de 42, das cales foron realizadas totalmente 34 (81%); de maneira parcial, 6 (14%) e aprazáronse para o vindeiro curso un total de 2 (5%).

Proposta de mellora

Obxectivos e accións previstas para o curso 2022/23 e que non foron realizadas ou foron realizadas parcialmente:

O03PD. Crear na Aula virtual do centro espazos para a provisión de repositorios comúns distribuídos por áreas de coñecemento. A acción AO3.2:Incorporar contidos aos cursos por área de coñecemento, só foi parcialmente acadada. A completar no vindeiro curso.

O06PD. Incorporar ao Plan de Acción Titorial unha actividade a realizar preferiblemente na hora de titoría orientada a que o alumnado aprenda a comprobar se a información que atopa na Internet é fiable e precisa. A acción AO6.3: Realizar unha actividade complementaria (charla, taller u obradoiro) para BACHARELATO, só foi parcialmente acadada, dado que o alumnado de 2º BAC xa non estaba en período lectivo cando se levou a cabo a actividade. No vindeiro curso procurarase que a actividade poida chegar a todo o alumnado.

O07PD. Elaborar por parte dos departamentos didácticos e poñer a disposición do alumnado un catálogo de sitios web recomendados para consultar temas relacionados coa área de coñecemento de que se trate. A acción AO7.1: Elaboración por parte do profesorado do departamento do catálogo segundo os criterios que estableza, só foi parcialmente acadada. A completar no vindeiro curso. A acción AO7.3: Creación dun espazo na páxina web do centro para incorporar o catálogo e desta maneira poida ser aproveitado por outros centros, quedou aprazada á espera de que os departamentos completen as súas achegas. A realizar no vindeiro curso. A acción AO7.4:Incorporación de novos sitios web ao catálogo orixinal só foi parcialmente acadada. A completar no vindeiro curso.

O10PD. Deseñar un Plan de Actuación sobre mantemento das plataformas dixitais do centro: páxina web, correo e aula virtual. A acción AO10.1: Elaboración do plan de actuación e a acción AO10.2: Desenvolvemento das tarefas de mantemento só foron parcialmente acadadas. A completar no vindeiro curso.

O15PD. Actualizar o curso na aula virtual sobre o uso de ferramentas dixitais docentes para o profesorado do centro. A acción AO15.3: Organizar unha xornada informativa sobre o curso e o seu aproveitamento queda aprazada ao primeiro trimestre do vindeiro curso.

Obxectivos previstos para o curso 2023/24 e que serán incluidos no Plan Dixital.

O01PD. Crear un cuestionario e implementalo nos cursos da Aula Virtual para que o profesorado poida avaliar o proceso de ensinanza e aprendizaxe.

O02PD. Fomentar entre o profesorado o uso de funcionalidades da Aula Virtual orientadas a que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo en actividades e tarefas creativas dos seus compañeiros.

O03PD. Crear un cuestionario e implementalo nos cursos da Aula Virtual para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe.

O04PD. Crear dous proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais.

O05PD. Crear un curso semipresencial sobre metodoloxías de avaliación baseadas nas tecnoloxías dixitais para o profesorado do centro.

O06PD. Organizar unha xornada de intercambio de experiencias tanto entre o profesorado do propio centro coma doutros centros sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais.

O07PD. Incorporar ao Plan de Acción Titorial actividades a realizar preferiblemente nas sesións de titoría orientadas a que o alumnado aprenda a dar crédito ao traballo doutras persoas atopado na Internet e ao coñecemento sobre normas e dereitos autor e licenzas de uso.

O08PD. Incorporar ao Plan Anual de Actividades Extraescolares e Complementarias un taller ou obradoiro para ofertar ao alumnado sobre creación de contidos dixitais.

O09PD. Deseñar un Plan de Actuación orientado a optimizar o uso dos recursos dixitais dos espazos comúns (aulas de informática, aula TIC, biblioteca).

O10PD. Deseñar un Plan de Actuación orientado a optimizar o uso dos recursos dixitais dos espazos comúns (laboratorios, aula de tecnoloxía,salón de actos).

O11PD. Crear unha conta do centro nunha rede social e difundila entre a comunidade educativa.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Didusión do Plan Dixital ao Claustro do profesorado mediante a inclusión como punto a tratar na orde do día na reunión do Claustro de inicio de curso.

Difusión do Plan Dixital á comunidade educativa mediante a inclusión do PD no PEC e como punto a tratar na orde do día da reunión do Consello Escolar de inicio de curso.

Difusión pública do Plan Dixital na páxina web oficial do IES Eduardo Pondal.

Ligazón de acceso ao Plan Dixital: Plan Dixital IES Eduardo Pondal