Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
XUSTIFICACIÓN DO PLAN EN RELACIÓN Á NORMATIVA
 Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 , no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.
O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.
A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021- 2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.
A resolución do 3 de setembro de 2021, ten por obxecto establecer as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital para o curso 2021-2022, nos centros docentes sostidos con fondos públicos correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia, así como definir os principios, obxectivos e referentes que o deben guiar. Defínense o proceso de redacción, a temporalización, o sistema de coordinación e determínanse os recursos que se van empregar neste proceso.
CONTEXTUALIZACIÓN  DO PLAN 
Segundo se recolle no vixente Plan Funcional da escola (2021-24), a visión do centro é consolidar a EASD Mestre Mateo como un centro de vangarda na formación de deseñadores e artistas en Galicia, aunando tradición e modernidade, artesanía e tecnoloxía, teoría e práctica, prosperidade e sostibilidade.
Unha misión definida no Plan Funcional é “coñecer, respectar, valorar, transmitir e implementar as novas tecnoloxías nos proxectos e procesos de deseño”, e unha prioridade de actuación é “a adecuación de espazos do centro para poder ofrecer unha ensinanza de calidade incorporando novidades en materia de metodoloxía didáctica e novas tecnoloxías, técnicas, materiais e procesos aplicados aos procesos de deseñ

A área de Calidade e promoción das Ensinanzas ten como obxectivo, para o período 2021-24, fomentar a formación permanente do profesorado para a impartición dos módulos e disciplinas incorporando novidades en materia de metodoloxía didáctica e novas tecnoloxías, técnicas, materiais e procesos aplicados aos procesos de deseño en coordinación co CAFI e tamén impulsando un plan de formación interno no centro.Ademais, segundo se recolle no Plan Funcional, o alumnado ten dereito o acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación na práctica educativa e ao uso seguro de internet na escola.

PROCESO DE ELABORACIÓN

1-Análisis de la situación de partida

2-Determinación de obxectivos e accións a desenvolver

3-Identificaciín de recursos humanos y materiales

4-Estimación de cronograma a seguir

5-Seguimento e avaliación do plan

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Test selfie (Anexo 1)

Test CDD (Anexo 2)

Coñecemento do centro

Reunións cos departamentos

Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Alumnado indignado por non dispor dunha boa conexión a Internet, máis equipos de procesamento rápido e licenzas Alumnado Non
Debilidade Alumnado que reclama a incorporación de novas tecnoloxías que están a empregar os profesionais do sector. Alumnado Non
Debilidade Orzamento limitado. Infraestruturas Non
Debilidade Instalacións obsoletas derivadas do carácter histórico do edificio: Mal acceso a internet. Infraestruturas Non
Debilidade Necesidade de equipamento tecnolóxico profesional. Infraestruturas Non
Debilidade Licencias de software insuficientes Infraestruturas Non
Debilidade Elevado custo das novas tecnoloxías que están a empregar os profesionais do sector. Infraestruturas Non
Debilidade Equipos obsoletos e insuficientes. Infraestruturas Non
Debilidade Espacio insuficiente e procesamento lento de abalar box. Infraestruturas Non
Debilidade Software de xestión de centro pouco resolutivo Infraestruturas Non
Debilidade Aula virtual con carencias Infraestruturas Non
Debilidade Elevado custo de equipamento e materiais profesionais. Oferta Non
Debilidade Elevada complexidade para organizar o centro: Alumnado e profesorado diverso, oferta formativa diversa. Organización de centro Non
Debilidade Persoal frustrado por non dispor dunha boa conexión a Internet nin de equipos de procesamento rápido Persoal docente Non
Debilidade Persoal que reclama a incorporación de novas tecnoloxías que están a empregar os profesionais do sector Persoal docente Non
Debilidade Persoal implicado e con aptitude positiva ante o aprendizaxe de novas tecnoloxías. Persoal non docente Non
Debilidade Persoal indignado por non dispor dunha boa conexión a internet e por a pérdida de tempo con aplicacións de xestións pouco intuitivas, que non proporciona de forma directa os datos que nos solicita a Xunta, en canto a becas, seguro escolar, etc. Persoal non docente Non
Debilidade Persoal administrativo en secretaría insuficiente. Necesitamos dúas persoas pola complexidade de procesos de probas de acceso, matrícula, diversidade de ensinanzas (ciclos e estudos superiores) ,etc Persoal non docente Non
Debilidade Non dispor dun técnico informático que resolva incidencias diariamente. Persoal non docente Non
Fortaleza Alumnado maior de edad, con destreza informática . Alumnado Non
Fortaleza Incorporación de tecnoloxías CAD-CAM en diversas disciplinas Infraestruturas Non
Fortaleza Aula virtual en todas as materias que se imparten na escola Infraestruturas Non
Fortaleza Todas as aulas contan cun ordenador no posto do profesor/a Infraestruturas Non
Fortaleza Algún aula con equipos para o alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza Oferta formativa con contidos tecnolóxicos: deseño por ordenador CAD, fabricación CAM, etc. Oferta Non
Fortaleza Ampla oferta de novas tecnoloxías que están a empregar os profesionais do sector. Oferta Non
Fortaleza Equipo dinámico e favorable á incorporación de novas tecnoloxías. Organización de centro Non
Fortaleza Profesorado implicado e con ganas de aprender e introducir novas tecnoloxías. Persoal docente Non
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Escasa resolución de problemas por parte da administración educativa, por exemplo, a espera de Antega para a instalación de internet con fibra de 1 GB dende setembro de 2021 Administración educativa Non
Ameaza Crise económica Contorna Non
Ameaza Prezos altos. Contorna Non
Ameaza Presencia de currículum LOXSE vixente no ciclo de Xoiaría desfasado e obsoleto Lexislación Non
Ameaza Trámite lexislativo e burocrático moi longo na creación e actualización dos plans de estudios. Lexislación Non
Oportunidade Rede de escolas de arte e deseño en Galicia: Posibilidade de facer unha compra conxunta por parte da administración educativa para minimizar o prezo por unidade das licenzas e equipos (economía de escala) Administración educativa Non
Oportunidade Equipamento similar a ciclos de formación profesional : fabricación mecánica, artes gráficas, etc. Administración educativa Non
Oportunidade Ampla oferta de novas tecnoloxías que están a empregar os profesionais do sector. Contorna Non
Oportunidade Incorporación das novas tecnoloxías nos curriculums das disciplinas impartidas na escola Lexislación Non
Oportunidade A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación,promove o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). Lexislación Non
Oportunidade Resolución do 3 de setembro de 2021, que ten por obxecto establecer as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital para o curso 2021-2022. Lexislación Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD CREACIÓN DUN FAB-LAB
O02PD RENOVACIÓN DO EQUIPAMENTO INFORMÁTICO OBSOLETO DA ESCOLA.
O04PD INCORPORACIÓN DO SOFTWARE DE XERACIÓN DE ESCENARIOS E PROTOTIPOS
O05PD ACTUALIZACIÓN E FORMACIÓN DO PROGRAMA DE DESEÑO DE ENVASES E EMBALAXES
O06PD Actualización de equipamento dixital no ciclo de Fotografía
003PD INCORPORACIÓN DO SOFTWARE PROFESIONAL CAD-CAM DE DESEÑO DE XOIARÍA.

Seguimento

Procedemento

O procedemento consistiu no seguimento do traballo colectivo e individual dos membros do equipo do plan dixital a través de reunións períodicas detalladas a continuación:

1º Trimestre

Reunión 1- Obxectivos do plan dixital para o ano 2023 Reparto de tareas para a consecusión de obxectivos.

Reunión 2- Organización do fab-lab

Reunión 3- Traballos de Instalación do fab-lab

Reunión 4- Seguimento das tarefa asignada a cada docente do grupo

2º Trimestre

Reunión 1- Seguimento das tarefa asignada a cada docente do grupo: renovación de equipamento, formación, estudos de softwares...

Reunión 2- Seguimento das tarefa asignada a cada docente do grupo: renovación de equipamento, formación, estudos de softwares...

3º Trimestre

Reunión 1- Seguimento das tarefa asignada a cada docente do grupo: renovación de equipamento, formación, estudos de softwares...

Reunión 2- Consecución de obxectivos e obxectivos aprazados. 

Como conclusión decir que o valoración é positiva xa qe se acadaron máis dun 60 % dos obxectivos

Avaliación

Procedemento para a avaliación

-O procedemento para a avaliación consistirá en ver si se cumpliron os obxectivos establecidos durante as reunións do equipo de plan dixital

-Consideramos que a valoración é positiva si acadamos o 60 % dos obxecivos previstos.

Valoración xeral

- Todos os membros da organización tiveron actitude favorable e positiva  co plan. 

-Cumprironse máis dun 60% dos obxectivos, polo que a valoración é positiva

Proposta de mellora

- Racionalizar as tarefas de formación.

- Desenrolar un plan de xestión do fab-lab.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Presentación do FAB-LABs ao profesorado e alumnado.

Divulgación do uso das novas tecnoloxías do centro na páxina web da escola e nas redes sociais.

Publicación dos mellores traballos e do proceso da elaboración dos mesmos na páxina web da escola e nas redes sociais.

Promoción durante as xornadas de portas abertas das novas tecnoloxías empregadas nas Ensinanzas Ar¿s¿cas Profesionais de Fotogra¿a, Técnicas Escultóricas e Xoiaría.

Incorporación de talleres de fabricación dixital nas Xornadas de  INNOVART para público de primaria e secundaria, estaba previsto realizar las jornadas de Deseño en colaboración coa Universidade de Historia del Arte