Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Intro PDC (DOG y proceso, sin detalles centro específicos)

O contexto normativo que marca a elaboración do Plan Dixital do noso centro é a seguinte.

A LOE 2/2006, de 3 maio establece:

-Art. 111 bis Tecnoloxías da Informacion e Comunicación.

*1. As condicións nas que se debe desenvolver a xestion dos datos académicos do alumnado de xeito que se cumpran os protocolos de protección de datos e se empreguen formatos que garantan a interoperabilidade entre os diferentes sistemas empregados no sistema educativo estatal.

*Faise referencia aos contornos virtuais de aprendizaxe, as características destes e ao seu emprego dentro da vida académica.

*5. Faise fincapé na necesidade de que as diferentes administracións educativas promovan o emprego das Tecnoloxías da Información e a Comunicación como método axeitado e valioso para levar a cabo tarefas de ensino e aprendizaxe procurando a eliminación de condutas de risco.

* As administracións educativas revisarán os marcos de referencia da competencia dixital que orienten á formación inicial e permanente do profesorado de xeito que se facilite a implantación dunha cultura dixital nas aulas.

* As administracións educativas velarán polo acceso de todo o estudantado aos recursos dixitais precisos que garantan a igualdade de oportunidades entre todos os escolares.

- Art 121 O proxecto educativo de Centro

O proxecto educativo de centro recollerá asimesmo a estratexia dixital do centro de acordo co establecido no Art 111bis.5.

- Art 122 Competencias da Dirección do Centro

Inclúe dentro das competencias das persoas directoras promover a innovación e experimentación con novos métodos de ensino encamiñados a acadar os obxectivos propostos no PEC.

Disposicións adicionais:

- Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato no curso académico 2021/22.

Disposición adicional quinta. Plan Dixital de centro.

- Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativos no curso 2021/22.

Disposición adicional terceira. Plan Dixital de centro.

Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instruccións que se diten.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021/22.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes empregadas foron:

- Autoavaliación SELFIE. Na táboa reflíctese a información do resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa avaliada. No noso centro realizáronse dúas enquisas SELFIE, unha para Educación Infantil e Primaria, outra para a ESO.

- Test CDD

 

Interno
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 2. Brecha dixital Alumnado Non
Debilidade 3. Falta de formación dixital no ámbito escolar Alumnado Non
Debilidade 4. Seguridade na rede Alumnado Non
Debilidade 5. Emprego de equipos electrónicos individuais de xeito simultáneo en distintas aulas inviable Alumnado Non
Debilidade 1. Dificultades para realizar tarefas escolares polo emprego masivo do smartphone como dispositivo electrónico principal de traballo Alumnado Non
Debilidade 2. Conectividade das familias (brecha dixital e situacións de exclusión social) Familias Non
Debilidade 1. Xestión da información sobre dixitalización e conectividade das familias insuficiente Familias Non
Debilidade 3. Ausencia dun sistema de xestión de recursos dixitais para familias en situación de brecha dixital Familias Non
Debilidade 4. Equipos electrónicos axeitados Familias Non
Debilidade 5. Seguridade (redes, control parental) Familias Non
Debilidade 1. Soporte técnico insuficiente Infraestruturas Non
Debilidade 2. Falta de orzamento para renovación de equipos Infraestruturas Si
Debilidade 3. Aula de informática (espazo pouco axeitado) Infraestruturas Non
Debilidade 4. Falta de seguridade na rede, na wifi e nos equipos Infraestruturas Non
Debilidade 5. Rede lenta e wifi pouco potente Infraestruturas Non
Debilidade 1. Actividades extraescolares Oferta Non
Debilidade 2. Falta de oferta de Robótica Oferta Non
Debilidade 3. Redes sociais Organización de centro Non
Debilidade 1. Falta dunha Estratexia Dixital de centro Organización de centro Non
Debilidade 2. Falta de dixitalización de tarefas administrativas Organización de centro Non
Debilidade 1. Falta de formación dixital adaptada ás necesidades de cada docente Persoal docente Non
Debilidade 3. Falta de creación de materias dixitais propios Persoal docente Non
Debilidade 2. Falta de tempo para formación dixital Persoal docente Non
Debilidade 6. Falta de debate e intercambio de experiencias docentes sobre ensinanza/aprendizaxe con novas tecnoloxías (especialmente docencia telemática e mixta) Persoal docente Non
Debilidade 4. Non empregar XADE para a xestión de faltas de asistencia do alumnado Persoal docente Non
Debilidade 5. Frear ou ralentizar a mellora da competencia dixital adquirida polo profesorado dende a crise da COVID-19 Persoal docente Non
Fortaleza 1. Nativos dixitais Alumnado Non
Fortaleza 3. Acceso masivo ao entorno virtual docente propio do centro (Educamos, Office365 e Teams) Alumnado Non
Fortaleza 2. Mellora da dixitalización no ámbito escolar dende a crise da COVID-19 Alumnado Non
Fortaleza 2. Mellora na dixitalización das familias para a comunicación e información académica dos alumnos dende a crise da COVID-19 Familias Non
Fortaleza 1. Emprego xeralizado de smartphone para comunicación co centro (app institucional propia) Familias Non
Fortaleza 1. Equipación informática en todas as aulas do centro Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Comedor Oferta Non
Fortaleza 2. Pequenos madrugadores Oferta Non
Fortaleza 3. Ludoteca Oferta Non
Fortaleza 4. Transporte escolar Oferta Non
Fortaleza 1. Xestión económica do centro dixitalizada Organización de centro Non
Fortaleza 2. Web do centro Organización de centro Non
Fortaleza 3. Existencia dun entorno virtual docente institucional (Educamos, Office 365 e Teams) coñecido por toda a comunidade educativa dende a crise da COVID-19 Organización de centro Non
Fortaleza 2. Emprego xeralizado da tecnoloxía e recursos dixitais para tarefas académicas Persoal docente Non
Fortaleza 3. Comunicación permanente entre o profesorado, as familias e o alumnado mediante app institucional propia Persoal docente Non
Fortaleza 1. Mellora na dixitalización do profesorado dende a crise da COVID-19 Persoal docente Non
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Falta de soporte Abalar para centro concertado Administración educativa Non
Ameaza 1. Falta de coñecemento da normativa sobre protección de datos Lexislación Non
Ameaza 2. Descoñecemento do Equipo Directivo da normativa para adquisición/renovación de equipos informáticos Lexislación Non
Ameaza 3. Normas dereitos de autor e licenzas de uso Lexislación Non
Oportunidade 1. Ter soporte Abalar para AV Administración educativa Non
Oportunidade 2. Subvencións para adquisición de equipos Administración educativa Non
Oportunidade 3. Oferta de cursos para formación de profesorado en competencia dixital Administración educativa Non
Oportunidade 1. Apoio para a protección de datos de empresa especializada no centro Lexislación Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Enquisa SELFIE

A participación na enquisa SELFIE tivo un amplo seguimento (entre paréntese figura nº participantes avaliados/ nº total participantes establecido). Entre o profesorado non participaron os profesores con menos de dous anos de experiencia docente no centro, os profesores en comisión de servizos e excedencia.

Educación Infantil e Primaria ESO

- Equipo Directivo: 100% (2/2) - Equipo Directivo: 67% (2/3)

- Profesorado: 64% (16/25) - Profesorado: 79% (15/19)

- Alumnado (5º-6º EP): 84% (78/83) - Alumnado (ESO): 89% (188/211)

Participación no Test CDD:

A participación segundo perfil do profesorado (Táboa 1.3 do infore grupal do TestCDD)

- Profesorado definitivo. Nº profesores que participan: 29 - nº profesores total: 40 - Nº participación: 72,5%%

- Profesorado substituto. Nº profesores que participan: 1 - nº profesores total: 3 - Nº participación: 33,3%%

- Autónomos relixiosos: nº profesores que participan: 1 - nº profesores total: 2 - Nº participación: 50%%

Puntuación e nivel de competencia do centro (Táboa 2.1 do informe grupal do TestCDD)

- Puntuación media do test (sobre 192): 65; Nivel competencia: B1 Integrador/a; Puntuación media sobre o test en Galicia (sobre 192): 76,4; Nivel competencia en Galicia: B1 Integrador/a

Puntuación e nivel de competencia por etapas (Táboa 2.2 do informe grupal do TestCDD)

- Ed. Infantil. Puntuación media do test (sobre 192): 68,2; Nivel de competencia: B1 Integrador/a; Puntuación media do test en Galicia (sobre 192): 68,2; Nivel de competencia en Galicia: B1 Integrador/a

- Ed. Primaria. Puntuación media do test (sobre 192): 58,4; Nivel de competencia: A2 Explorador/a; Puntuación media do test en Galicia (sobre 192): 77; Nivel de competencia en Galicia: B1 Integrador/a

- Ed. Secundaria (ESO). Puntuación media do test (sobre 192): 72,9; Nivel de competencia: B1 Integrador/a; Puntuación media do test en Galicia (sobre 192): 79,2; Nivel de competencia en Galicia: B1 Integrador/a

- ENR. Puntuación media do test (sobre 192): 47; Nivel de competencia: A2 Explorador/a; Puntuación media do test en Galicia (sobre 192): 75,5; Nivel de competencia en Galicia: B1 Integrador/a

Distribución do profesorado por niveis (Táboa 2.3 do informe grupal do TestCDD)

- A.1. Total do profesorado no nivel de competencia: -; % profesorado participante neste nivel: -

- A.2. Total do profesorado no nivel de competencia: 16; % profesorado participante neste nivel: 51,6%

- B.1.Total do profesorado no nivel de competencia: 14; % profesorado participante neste nivel: 45,2%

- B.2. Total do profesorado no nivel de competencia: 1; % profesorado participante neste nivel: 3,2%

- C.1. Total do profesorado no nivel de competencia: -; % profesorado participante neste nivel: -

- C.2. Total do profesorado no nivel de competencia: -; % profesorado participante neste nivel: -

- TOTAL. Total do profesorado no nivel de competencia: 31; % profesorado participante neste nivel: 100%

A partir do informe SELFIE e Test Competencia Dixital Docente (TestCDD), o centro elaborou unha análise DAFO que é de utilidade para a análise da situación e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Obxectivo 1. Mellorar a rede e wifi pouco potente do centro
Obxectivo 17. Coñecer as normas básicas sobre dereitos de autor e licenzas de uso de material audiovisual, dixital e copia en papel.
Obxectivo 3. Dispoñer dunha asistencia técnica eficaz para resolver os problemas cos equipos dixitais do centro
Obxectivo 2. Mellorar a seguridade na rede, na wifi e nos equipos
Obxectivo 6. Aproveitar a oferta de cursos de formación en competencia dixital para profesorado
Obxectivo 4. Substituir e/ou actualizar e mellorar as instalacións (Aula Informática) e equipos.
Obxectivo 5. Mellorar a competencia dixital de cada docente aumentando o tempo para a formación dixital.
Obxectivo 7. Evitar a brecha dixital que pode causar a situación actual entre os estudantes con recursos e cos que non os teñen (especialmente de 5Primaria a 4ESO)
Obxectivo 9. Aumentar a comunicación entre profesorado e as familias a través das diferentes canles de comunicación (Plataforma educativa propia e RR.SS.)
Obxectivo 12. Mellorar a presenza e interacción en RR.SS. co alumnado e familias.
Obxectivo 13. Planificar a Estratexia dixital do centro
Obxectivo 14. Mellorar a comunicación interna/externa creando un grupo de traballo internivel para coordinar o uso dos recursos dixitais entre o profesorado.
Obxectivo 15. Ter soporte Abalar para AV
Obxectivo 16. Mellorar o coñecemento da normativo a sobre protección de datos
Obxectivo 8. Competencia dixital a nivel usuario medio en Sistemas operativos e Ofimática en alumnado de 1ESO a 4ESO
Obxectivo 10. Mellorar a divulgación dixital da Oferta educativa e de servizos complementarios do centro.
Obxectivo 11. Conseguir que o centro teña toda a actividade administrativa dixitalizada.

Seguimento

Procedemento

Reunións periódicas do equipo de traballo do PDC para revisión das accións

1º Trimestre

Accións realizadas nas diferentes áreas:

-Infraestruturas e Equipamento: obx. 1 acadado; obx. 2-3 parcialmente acadados; obx. 4 acadado

- Persoal docente: obx. 1-2 acadados parcialmente

- Alumnado: obx. 2 acadado parcialmente

- Familias: obx. 1 acadado parcialmente

- Oferta: obx. 1 acadado parcialmente

- Organización de centro: obx. 1 acadado parcialmente; obx. 2 acadado; obx. 4 acadado

- Administración educativa: obx. 1 acadado pacialmente

- Lexislación: obxectivo 1 acadado parcialmente

 

2º Trimestre

Accións realizadas nas diferentes áreas:

-Infraestruturas e Equipamento: obx. 2-3 parcialmente acadados.

- Persoal docente: obxs. 5-6 parcialmente acadados.

- Alumnado: obx. 7 parcialmente acadado; obx. 8 non acadado.

- Familias: obx. 9 acadado.

- Oferta: obx. 10 acadado.

- Organización de centro: obx. 11 parcialmente acadado; obx. 14 acadado.

- Administración educativa: obx. 15 parcialmente acadado.

- Lexislación: obxs. 16-17 non acadados.

3º Trimestre

Accións realizadas nas diferentes áreas:

-Infraestruturas e Equipamento: obx. 1 acadado; obx. 2 parcialmente acadado; obx. 3 non acadado; obx. 4 acadado

- Persoal docente: obxs. 5-6 parcialmente acadados.

- Alumnado: obx. 7 parcialmente acadado; obx. 8 non acadado.

- Familias: obx. 9 acadado.

- Oferta: obx. 10 acadado.

- Organización de centro: obx. 11 parcialmente acadado; obx. 12 acadado; obx. 13 non acadado e obx. 14 acadado.

- Administración educativa: obx. 15 parcialmente acadado.

- Lexislación: obxs. 16-17 non acadados.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento e avaliación do PD en relación co grao de consecución de obxectivos levarase a cabo nos seguintes contextos:

- No contexto da avaliación procesual: 1 avaliación inicial a principio de curso e 1 vez ao trimestre (a mediados de cada trimestre).

Valorarase o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados (establecidos nas táboas do Plan de Acción), e se fose necesario, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora para o curso 2022/23.

- No contexto da avaliación final: realizarase mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización (mínimo 1 vez ao ano) e os aspectos a valorar serán os establecidos nas táboas do Plan de Acción, é dicir, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

Valoración xeral

Coa implementación do Plan Dixital no curso 2022-23 acadáronse os obxectivos que o centro consideraba esenciais e entre o resto de obxectivos a consecución das accións de moitos deles foi total ou parcial; quedan algúns obxectivos e accións adiados ata o vindeiro curso 2022-23.

En xeral, a valoración é positiva.

Proposta de mellora

Revisión dos obxectivos e modificación dos mesmos para o vindeiro curso 2023-24: obxectivos xa acadados nunha soa vez, eliminaranse; os obxectivos de presenza continua, manteranse e introduciranse novos obxectivos en substitución doutros.

Os obxectivos e accións adiadas para o vindeiro curso incorporaranse ao Plan Dixital v.2 curso 2023-24.

Revisarase a cantidade de obxectivos (no curso 2022-23 foron 17) e farase unha selección para reducir o número de ser posible.

Cambio de servicio técnico informático contratado polo centro para o vindeiro curso escolar 2023-24.

Solicitude de subvención da Consellería de Educación para Dixitalización do centro.

Fomento da formación do profesorado para a consecución do certificado CDD (nivel B.1) para o vindeiro curso escolar 2023-24 cunha consecución do 80% mín. do profesorado.

Solicitude de accións formativas para alumnos propostas pola Consellería de Educación (DixiWeek, Polos Creativos, Obradoiros AMTEGA, etc.)

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión e publicidade do PD entre a comunidade educativa empregaranse os mecanismos habituais:

- Páxina web, coa inclusión da insignia SELFIE

- Mencións en RR.SS. e na Plataforma educativa do centro.