Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Proxecto Educativo do IES Plurilingüe Rosalía de Castro ten como obxectivo principal ofertar unha educación baseada no equilibrio entre Ciencias e
Humanidades, cun bo dominio das linguas estranxeiras e das tecnoloxías de información e da comunicación, que fomenta a creación e a intelixencia artística e practica as habilidades deportivas.
Unha das liñas máis destacadas do Plan de Mellora do centro é a elaboración do Plan Dixital que permita incrementar a competencia dixital do alumnado e do profesorado. No curso 2021–22 iniciouse no centro o programa E-dixgal en 1ºESO para ir ampliándose paulatinamente ata 4ºESO.
As actuacións para acadar este obxectivo pódense resumir en tres:

  • Difusión e formación do profesorado no emprego de E-dixgal e dos recursos TIC do centro
  • Visibilización das boas prácticas entre a comunidade educativa
  • Sensibilización e formación extensiva de todo o profesorado e alumnado

Na Programación Xeral Anual do curso 22/23 incluirase no apartado adicado á actualización da documentación oficial do centro (que prevé nestes momentos a actualización do PE, do Plan de Acción Titorial e do Plan de Atención á Diversidade) o Plan Dixital do Centro.

A Contextualización normativa do Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis Tecnoloxías da Información e Comunicación da LOE:
  • 1. As condicións nas que se debe desenvolver a xestión dos datos académicos do alumnado de xeito que se cumplan os protocolos de protección de datos e se empreguen formatos que garantan a interoperabilidade entre os diferentes sistemas empregados no sistema educativo estatal.
  • Faise referencia aos contornos virtuais de aprendizaxe, as características destes e ao seu emprego dentro da vida académica.
  • 5. Faise fincapé na necesidade de que as diferentes adminstracións educativas promovan o emprego das tecnoloxías da información e a Comunicación como método axeitado e valioso para levar a cabo tarefas de ensino e aprendizaxe procurando a eliminación de condutas de risco.
  • As administracións educativas revisarán os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado de xeito que se facicite a implantación dunha cultura dixital nas aulas.
  • As administracións educativas velarán polo acceso de todo o estudantado aos recursos dixitais precisos que garantan a igualdade de oportunidades entre todos os escolares.
  • Art. 121 da LOE, O proxecto educativo de centro recollerá asimesmo a estratexia dixital do centro de acordo co establecido no artigo 111bis.5.
  • Art. 132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, que inclúe dentro das competencias das persoas directoras promover a innovación e a experimentación con novos métodos de ensino encamiñados a acadar os obxectivos propostos no PEC.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Disposición adicional quinta. Plan dixital de centro: Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan 5 instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022, na disposición adicional terceira. Plan dixital de centro: Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, así como definir os principios, obxectivos e referentes que os deben guiar. Defínense o proceso de redacción, a temporalización, o sistema de coordinación e determínanse os recursos que se van empregar neste proceso.

Para a elaboración do Plan Dixital creouse dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) do noso centro un grupo de traballo formado polo profesorado que forma parte do equipo de Dinamización do Plan Dixital, no que está representado o equipo directivo do mesmo. A través de diferentes sesións de traballo tanto individuais como colectivas, e de reunións coa nosa asesora Adix foise avanzando na realización do mesmo.
O proceso de elaboración estivo condicionado polas instrucións que preparou a Consellería de Educación e que se nos facían chegar a través da nosa
asesora Adix e que consistiron, de xeito resumido, en:
1. Realización enquisas SELFIE para a avaliación da situación do centro dende o punto de vista do equipo directivo, o profesorado e o alumnado.
2. Realización das enquisas de Competencia Dixital Docente (CDD) por parte do profesorado do centro.
3. Realización da análise de Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) a partires dos resultados do SELFIE e do CDD.
4. Realización do Plan de Acción, establecendo os obxectivos, indicadores de logro e accións a partir dos resultados do DAFO.
5. Redacción do documento do Plan Dixital e aprobación no Claustro e no Consello Escolar.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para realizar a análise DAFO do noso centro empregamos varias fontes de información:

  1. Resultados da enquisa SELFIE
  2. Resultados do Test CDD (Competencia Dixital Docente)
  3. Información elaborada polo grupo de traballo do PFPP
    1. Páxina web do centro sen actualizar e pouco uso das redes sociais.
    2. Formación profesorado pouco adaptada ás necesidades docentes.
    3. Carencias na competencia dixital do alumnado.
    4. Pouco uso das ferramentas corporativas da Consellería.

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e a propia experiencia, o grupo de traballo xenerou unha análise DAFO necesaria para a análise de situación e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital, co fin de corrixir debilidades, manter fortalezas, aproveitar oportunidades e afrontar ameazas.

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de competencia dixital do alumnado e uso excesivo no seu ocio. Alumnado Non
Debilidade Familias en risco de fenda dixital. Familias Non
Debilidade Parte do equipamento dixital está obsoleto (PCs e pizarras dixitais) Infraestruturas Non
Debilidade Pouco tempo para explorar o ensino dixital. Organización de centro Non
Debilidade Falta de espazos físicos dispoñibles. Organización de centro Non
Debilidade Competencia dixital docente media (B1), con diferencias entre sectores de profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo para realizar cursos de formación e adaptación dos contidos ás necesidades individuais. Persoal docente Non
Debilidade Non se usan as ferramentas de comunicación na avaliación do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Non se adoptan novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza Mellora na competencia dixital nos últimos cursos. Alumnado Non
Fortaleza Predisposición positiva cara a dixitalización do centro. Familias Non
Fortaleza Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Familias Non
Fortaleza O centro conta con infraestructuras e equipamento dixital en tódalas aulas. Infraestruturas Non
Fortaleza Aplicación de novas modalidades de ensino grazas aos programas como Club de Ciencia, StemBach, premios,... Oferta Non
Fortaleza O equipo directivo e os coordinadores das áreas dixitais están concienciados e traballan activamente en pos da dixitalización do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Fenda dixital: medidas e apoio para identificar dificultades. Organización de centro Non
Fortaleza Existe interese no ámbito dixital na maioría do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza Empleo de entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Fortaleza Colaboración máxima do persoal non docente no ámbito dixital do centro. Persoal non docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias cos auxiliares de conversa. Persoal non docente Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Cambios lexislativos continuos. Increméntanse gradualmente as labores administrativas dos docentes en detrimento das labores pedagóxicas. Administración educativa Non
Ameaza Aplicación incorrecta da lexislación sobre protección de datos e dereitos de autor. Lexislación Non
Oportunidade A administración educativa estimula a formación dixital a través de plans específicos (Edixgal, Plan Dixital, Polos Creativos¿) e de cursos de formación de profesorado (PFPP) Administración educativa Non
Oportunidade Administración educativa preocupada de que os centros teñamos a infraestructura tecnolóxica axeitada para o ensino dixital: equipos, conectividade e servizos. Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración coas actividades organizadas dentro da estratexia dixital. ANPA Non
Oportunidade Contexto sociocultural receptivo á dixitalización da educación e a aplicación de novas modalidades de ensino. Contorna Non
Oportunidade Apoio para reducir a fenda dixital. Contorna Non
Oportunidade Lexislación sobre protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade A dixitalización do centro permitiría acceder a interaccións con universidades, empresas e outras entidades externas. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Dende o momento que se creou o Equipo de Dinamizacións das TIC o centro leva facendo un esforzo de reorganización, renovación e optimización dos recursos persoais e equipamentos informáticos, e tamén na nosa formación a través dos cursos ofertados polas autoridades educativas, ademais de por grupos de traballo e cursos ofertados dentro do noso Plan de Formación no centro (PFPP).
Podemos afirmar que, actualmente, o profesorado deste centro ten a formación necesaria para aproveitar tódalas posibilidades que ofrecen as ferramentas dixitais ofertadas pola Consellería de Educación.
Dispoñemos dos seguintes recursos e ferramentas TIC:

  • Todas as aulas deste centro están equipadas cun ordenador de sobremesa co sistema operativo Abalar, unha pizarra dixital interactiva (PDI), equipo de son e conectividade wifi á rede Abalar nas aulas da ESO.
  • Oito ordenadores de sobremesa co sistema operativo Abalar Libre na sala de profesores para uso dos docentes, e rede wifi de alta velocidade para que se poida traballar dende portátiles de uso personal.
  • Conexión a internet en todo o centro (100 Mbps), con rede wifi independente para alumnado e para o profesorado, a maiores da rede Abalar.
  • Dúas aulas TIC, unha con 30 equipos e outra con 15, dispoñibles para o seu uso nas clases por parte do profesorado. Ademais 3 carros con 20 portátiles para o mesmo fin.
  • Ordenadores de acceso libre, onde o alumnado pode aproveitar no recreo ou no tempo libre para facer buscas na rede ou traballar con software específico.
  • Equipos Edixgal para o alumnado de 1º da ESO. En tres anos disporá todo o alumnado da ESO destes equipos.
  • Páxina web (www.iesrosalia.gal) e blogues para a Biblioteca e Igualdade.
  • Aulas virtuais e suite educativa.
  • Uso de aulas virtuais para cursos do Club de Ciencia e para o traballo co alumnado do Stembach.


Apostouse neste centro polo uso de software libre, polo que ata o día de hoxe o 100% dos equipos informáticos do centro teñen instalado o sistema operativo Abalar, tendo soamente un arranque dual con windows 10 os equipos das aulas TIC, debido ás necesidades específicas dos Ciclos Formativos que se imparten neste centro.
Por outra banda debemos indicar que o centro fixo un importante esforzo de autoformación para mellorar a competencia dixital do profesorado a través de diferentes obradoiros organizados ao inicio do curso para o uso da aula virtual con moodle, uso do software para pizarras dixitais Openboard, uso do Espazo Abalar para comunicarse coas familias, uso do sistema de videoconferencias,... material dispoñible nunha páxina web en forma de documentación e videotitoriais que o profesorado pode revisar en calquera momento.
En canto á xestión do mantemento do equipamento do centro o protocolo seguido é, unha vez informado o Equipo de Dinamización, que este realiza unha diagnose do problema, ben directamente ou ben en comunicación coa Unidade de Atención a Centros (UAC) ou o Servizo Premium de Edixgal. En función desa avaliación soluciónase directamente, recúrrese aos servizos dunha empresa externa ou faise cargo a propia UAC ou o Servizo Premium.
Por último, en canto aos protocolos relacionados coas TIC, simplemente informar que tras estes dous últimos cursos escolares condicionados pola pandemia da Covid-19 fíxose un enorme esforzo en adaptar os medios dispoñibles á teledocencia e a mellorar a comunicación dixital co alumnado e coas familias. O Plan de Continxencia recolle toda esa información, aínda que por sorte a situación actual non fai necesaria a súa aplicación tan estricta.

Analizada a situación actual do noso centro en canto ás necesidades de mellora de infraestruturas tecnolóxicas, equipamento e servizos dixitais educativos, podemos concluir:

  • Equipamento:
    • Renovación de 8 pizarras dixitais nas aulas.
    • 20 equipos de sobremesa para completar unha das aulas de informática.
    • 11 equipos ultraportátiles para completar carros de préstamo (aula móbil).
    • 2 taboleiros interactivos para usar como paneis informativos.
    • 1 equipo portátil con S.O. windows para administración (problema de drivers se usamos Abalar)
    • Nova arquitectura pedagóxica: mobiliario zona de traballo aberta para o alumnado, mesas para traballo en grupo con tomas de corrente e conexión de rede e cadeiras lixeiras.
  • Equipamento Polos Creativos (detallado na convocatoria):
    • kits de electrónica básicos e avanzados
    • microcontroladores, sensores e actuadores
    • Sistemas IoT e de domótica
    • Máquina CNC
    • Cortadora láser
    • Equipamento audiovisual: sistemas de grabación de audio e radio, croma, equipamento de iluminación, gafas de RV
    • Ordenadores e monitores.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OB1 Formar e fomentar o uso de EVA edixgal no profesorado
OB2 Realizar as programacións didácticas en formato dixital na aplicación PROENS
OB3 Actualizar e renovar a páxina web do centro e activar o uso das redes sociais
OB4 Mellorar a competencia dixital do profesorado do centro
OB5 Mellorar a competencia dixital do alumnado: formar nos riscos e ameazas no uso das TIC
OB6 Fomento da dixitalización na comunicación centro e profesorado coas familias: espazoAbalar-Abalarmóbil e AbalarPro

Seguimento

Procedemento

O seguimento das accións de cada obxectivo realizarase valorando nun primeiro nivel se o obsectivo foi acadado ou non, e para cada unha das accións de dito obxectivo farese unha valoración entre Realizada, Aprazada ou Pendente.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestra acadáronse os seguintes obxectivos: 

1. Formar e fomentar o uso de EVA edixgal no profesorado: Non acadado

    a. Curso de formación inicial: Realizado

    b. Compartir experiencias: Pendente

    c. Feedback alumnado e familias: Pendente

2. Realizar as programación didácticas en formato dixital na aplicación PROENS: Acadado

    a. Curso inicial de formación: Realizado

    b. Servizo de asistencia técnica para o profesorado: Realizado

3. Actualizar e renovar a páxina web do centro e activar o uso das redes sociais: Non acadado

    a. Usar a redes sociais para visibilizar as actividades do centro: Realizado

    b. Publicar a nova páxina web: Pendente

    c. Manter actualizada a páxina web: Pendente

4. Mellorar a competencia dixital do profesorado do centro: Non acadado

    a. Deseñar o PFPP dacordo ás necesidades reais do profesroado: Realizado

    b. Realizar cursos de formación internos non regrados: Pendente

    c. Fomentar a realización dos test CDD/SELFIE para o profesorado: Realizado

5. Mellorar a competencia dixital do alumnado: formar nos riscos e ameazas no uso das TIC: Non acadado

    a. Charla en titoría sobre os riscos no uso das redes sociais: Pendente

    b. Charla en titoría sobre a protección da privacidade e o acoso en redes: Pendente

    c. Charla en titoróa sobre a adición a redes, internet e videoxogos: Pendente

6. Fomento da dixitalización na comunicación centro e profesorado coas familias: espazoAbalar-Abalarmóbil e AbalarPro: Acadado

    a. Comunicación das vantaxes no uso destas ferramentas: Realizado

 

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre acadáronse os seguintes obxectivos: 

1. Formar e fomentar o uso de EVA edixgal no profesorado: Non acadado

    a. Curso de formación inicial: Realizado

    b. Compartir experiencias: Realizado

    c. Feedback alumnado e familias: Pendente

2. Realizar as programación didácticas en formato dixital na aplicación PROENS: Acadado

    a. Curso inicial de formación: Realizado

    b. Servizo de asistencia técnica para o profesorado: Realizado

3. Actualizar e renovar a páxina web do centro e activar o uso das redes sociais: Acadado

    a. Usar a redes sociais para visibilizar as actividades do centro: Realizado

    b. Publicar a nova páxina web: Realizado

    c. Manter actualizada a páxina web: Realizado

4. Mellorar a competencia dixital do profesorado do centro: Non acadado

    a. Deseñar o PFPP dacordo ás necesidades reais do profesroado: Realizado

    b. Realizar cursos de formación internos non regrados: Pendente

    c. Fomentar a realización dos test CDD/SELFIE para o profesorado: Realizado

5. Mellorar a competencia dixital do alumnado: formar nos riscos e ameazas no uso das TIC: Non acadado

    a. Charla en titoría sobre os riscos no uso das redes sociais: Pendente

    b. Charla en titoría sobre a protección da privacidade e o acoso en redes: Pendente

    c. Charla en titoróa sobre a adición a redes, internet e videoxogos: Pendente

6. Fomento da dixitalización na comunicación centro e profesorado coas familias: espazoAbalar-Abalarmóbil e AbalarPro: Acadado

    a. Comunicación das vantaxes no uso destas ferramentas: Realizado

3º Trimestre

Durante o terceiro trimestre acadáronse os seguintes obxectivos: 

1. Formar e fomentar o uso de EVA edixgal no profesorado: Non acadado

    a. Curso de formación inicial: Realizado

    b. Compartir experiencias: Realizado

    c. Feedback alumnado e familias: Non realizado

2. Realizar as programación didácticas en formato dixital na aplicación PROENS: Acadado

    a. Curso inicial de formación: Realizado

    b. Servizo de asistencia técnica para o profesorado: Realizado

3. Actualizar e renovar a páxina web do centro e activar o uso das redes sociais: Acadado

    a. Usar a redes sociais para visibilizar as actividades do centro: Realizado

    b. Publicar a nova páxina web: Realizado

    c. Manter actualizada a páxina web: Realizado

4. Mellorar a competencia dixital do profesorado do centro: Acadado

    a. Deseñar o PFPP dacordo ás necesidades reais do profesroado: Realizado

    b. Realizar cursos de formación internos non regrados: Realizado

    c. Fomentar a realización dos test CDD/SELFIE para o profesorado: Realizado

5. Mellorar a competencia dixital do alumnado: formar nos riscos e ameazas no uso das TIC: Acadado

    a. Charla en titoría sobre os riscos no uso das redes sociais: Realizado

    b. Charla en titoría sobre a protección da privacidade e o acoso en redes: Realizado

    c. Charla en titoróa sobre a adición a redes, internet e videoxogos: Realizado

6. Fomento da dixitalización na comunicación centro e profesorado coas familias: espazoAbalar-Abalarmóbil e AbalarPro: Acadado

    a. Comunicación das vantaxes no uso destas ferramentas: Realizado

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do Plan Dixital ten como obxectivo medir o grao de consecución dos obxectivos e das accións plantexadas. Neste sentido empregaremos o cadro de valoración de Seguimento das Accións para validar a realización de cada unha das accións, de xeito que:

  • 1º trimestre: validación das accións temporalizadas neste período e dos obxectivos que teñen tódalas accións completadas.
  • 2º trimestre: validación das accións temporalizadas neste período e dos obxectivos que teñen tódalas accións completadas.
  • 3º trimestre: validación das accións temporalizadas neste período e dos obxectivos que teñen tódalas accións completadas.
  • Valoración final da consecución de obxectivos e realización das accións e realizar as propostas de mellora correspondentes.
Valoración xeral

A valoración xeral do cumplimento do noso Plan Dixital é positiva, aínda que non se acadaran tódolos obxectivos: 

1. Formar e fomentar o uso de EVA edixgal no profesorado: O uso da plataforma EVA Edixgal e minoritaria é teremos que buscar novas estratexias que fomenten o seu uso por parte do profesorado. Os cursos de formación ofertados tiveron un baixo seguimento por parte do profesorado.

2. Realizar as programación didácticas en formato dixital na aplicación PROENS: Éxito total en canto a formación interna como o uso desta nova plataforma.

3. Actualizar e renovar a páxina web do centro e activar o uso das redes sociais: Obxectivo conseguido ao 100%

4. Mellorar a competencia dixital do profesorado do centro: Os cursos ofertados non tiveron moito seguimento, polo que haberá que axustar mellor a oferta ás necesidades do profesorado

5. Mellorar a competencia dixital do alumnado: formar nos riscos e ameazas no uso das TIC: Obxectivo acadado, aínda que teremos que repetilos cada curso escolar.

6. Fomento da dixitalización na comunicación centro e profesorado coas familias: espazoAbalar-Abalarmóbil e AbalarPro: Aumento do profesorado que usa estas plataformas, aínda que non acadamos todavía o 100%

Proposta de mellora

Tendo en conta a avaliación anterior pensamos que as liñas principáis cara o vindeiro curso serán:

  1. Aumentar o uso da plataforma EVA Edixgal en 1º, 2º e 3º da ESO
  2. Buscar estratexias e ferramentas para un uso adecuado dos equipos edixgal por parte do alumnado
  3. Adaptar o PFPP ás necesidades e demandas do profesorado
  4. Charlas de formación en titoria ao alumnado sobre riscos e ameazas do uso das TIC

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez informado o claustro e aprobado polo Consello Escolar este será publicitado na páxina web do centro para que sexa accesible a toda a
comunidade escolar. No inicio do curso académico 2022/23 será difundido ao novo profesorado do centro.