Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

1.2.1. Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro

Tradicionalmente, considerábase que os centros de ensino ubicados no casco urbano, caso do IES Arcebispo Xelmírez I, acollían maioritariamente alumnado de nivel socioeconómico medio ou medio-alto, cuxas familias viían dos sectores secundario e terciario. Pero o certo é que o impacto da crise económica, que xerou un proceso de empobrecemento constante da clase media e incrementou a fragmentación social, dificulta hoxe en día a posibilidade de concluír cal é o panorama socioeconómico real do noso alumnado. De feito, no momento actual, a variabilidade laboral da lugar en moitos casos a unha alternancia na situación económica das familias dos nosos alumnos/as, que non sempre contan cunha estabilidade mínima de ingresos.

Por outra banda, e tamén tradicionalmente, entendíase que nas cidades, nos centros urbanos, os rapaces e rapazas tiñan á súa disposición máis ofertas de ocio e maior acceso á cultura que os que vivían no rural. Na actualidade, e debido en gran parte ao acceso xeneralizado ás novas tecnoloxías e á internet, estas diferenzas diminuíron notabelmente.

1.3. Breve xustificación do mesmo Contextualización normativa do Plan Dixital do centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación (ver Anexo 1)
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022: Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022: Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das Pax 3 de 62 ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022/23:

1. Artigo 2. Liñas xerais para o curso 2022/23

c) Accións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado, necesaria para o aproveitamento das posibles estratexias de aprendizaxe.

1.4. Proceso de elaboración do Plan Dixital

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital estivo constituído durante este curso 22-23 polos docentes María Victoria Fraga (profesora de matemáticas e responsable TIC), Javier Méndez (profesor de tecnoloxía e responsable da aula virtual) e por César Lema (xefe de estudos de diurno).

O proceso de elaboración do plan dixital de centro foi o resultado de seguir as distintas directrices que chegaron ao centro tanto dende á Consellería de Educación coma da persoa asesora para a elaboración do mesmo. Resumindo, poderíamos concretar en seis as fases seguidas para a súa elaboración:

a) Preparación da enquisa SELFIE

b) Elaboración do inventario do equipamento do centro

c) Test de Competencia Dixital Docente (CDD)

d) Elaboración da análise DAFO e) Elaboración do Plan de Acción f) Elaboración da primeira versión do Plan Dixital

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe de Autoavaliación Selfie, Test CDD ( (33% de participación) e información relativa ao equipamento

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. A competencia dixital do alumnado non é moi alta. Alumnado Non
Debilidade 1. Hai familias con poucos ou ningún recurso dixital. Familias Non
Debilidade 3. O gran número de incidencias técnicas obriga a contratar asistencia técnica externa. Infraestruturas Non
Debilidade 4. Non hai espazos coworking no centro. Infraestruturas Si
Debilidade 1. Os equipos máis novos pagáronse con fondos do centro. Infraestruturas Non
Debilidade 2. A falta de conectividade wifi en parte do centro dificulta o traballo dixital do alumnado. Infraestruturas Non
Debilidade 5. A antigüidade de moitos dos equipos de aula. Infraestruturas Non
Debilidade 1. A perda da aula-materia no contexto da Covid repercutiu negativamente no bo funcionamento do equipamento inrformático Organización de centro Non
Debilidade 1. Baixa participación no test CDD (non superior ao 36 % en ningunha etapa educativa) Persoal docente Non
Debilidade 2. Unha parte do profesorado descoñece os pormenores legais das licenzas de libre uso. Persoal docente Non
Fortaleza 1. Préstase apoio ao alumnado con dificultades a través de medios dixitais. Alumnado Non
Fortaleza 1. Comunicación a través de Abalar Móbil. Familias Non
Fortaleza 1. O equipo informático dispoñible, e en funcionamento, estase empregando. Infraestruturas Non
Fortaleza 2. Por medio dun cuestionario coñécense as necesidades e a fractura dixital do alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. O centro xa conta cunha estratexia dixital previa, implementada nun plan TIC incorporado á PXA. Organización de centro Non
Fortaleza 1. O centro xa conta cunha estratexia dixital previa, implementada nun plan TIC incorporado á PXA. Organización de centro Non
Fortaleza 2. Hai unha gran difusión das actividades do centro a nivel interno (TV) e externo (redes sociais) Organización de centro Non
Fortaleza 1. Emprego xeralizado da aula virtual do centro. Persoal docente Non
Fortaleza 1. Cada vez máis trámites fanse online. Persoal non docente Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. A constante mobilidade de case a metade do claustro é unha ameaza para calquera plan ou iniciativa do centro. Administración educativa Non
Ameaza 1. As fake news Contorna Non
Ameaza 2. A falta de ciberseguridade no envío de datos. Contorna Non
Ameaza 1. A protección dos menores en todo o relativo ao emprego de ferramentas dixitais Lexislación Non
Ameaza 1. Existe unha falta de recursos didácticos dixitais con licenza libre. Outras Non
Oportunidade 1. A creación dus Polo creativo por parte da Consellería de Educación suporía unha mellora en materiais e recursos didáctico Administración educativa Non
Oportunidade 1. A comunidade educativa comunícase preferiblemente con tecnoloxía dixital. ANPA Non
Oportunidade 1. A propia contorna dixital ofrece moitas oportunidades de formación Contorna Non
Oportunidade 2. Fácil acceso á información (mediante titoriais, navegadores, etc.) Contorna Si
Oportunidade 1. Coa LOMLOE poténciase o conepto de dixitalizació Lexislación Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Proporcionar unha conta de correo corporativo a cada alumno/a do centro
O2PD Creación dun Polo creativo no noso centro
O3PD Creación da páxina web corporativa www.iesxelmirez1.gal
O4PD Formación do profesorado na aula virtual e no manexo de material do Polo creativo
O5PD Renovación do equipamento informático obsoleto
O6PD Mellora da cobertura wifi no centro
O7PD Formación do alumnado en boas prácticas dixitais

Seguimento

Procedemento

O plan dixital de centro será avaliado ao final de cada trimestre para valorar o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados, e a posible incorporación de novos obxectivos que sexan de especial interese para o centro.

Reunións para avaliar o seguimento coa axuda da mentora.

1º Trimestre

O1 PD:Proporcionar unha conta de correo corporativo a cada alumno/a do centro se atopa en proceso de xestión e o encargado do mesmo é o cordinador do polo creativo.

2º Trimestre

O1PD: Proporcionar unha conta de correo corporativo a cada alumno/a do centro queda anulado trala charla impartida por AMTEGA no marco da formación ós coordinadores do polo creativo. O equipo TIC acorda anular dito obxectivo e tódalas accións relativas ó mesmo.

O2PD: Creación dun Polo creativo no noso centro: O polo creativo está rematado pero carece de conexión a internet por falta do armario de conexiones, que o coordinador do polo comunicará á UAC para solventala.

O4PD: Formación do profesorado na aula virtual e no manexo de material do Polo creativo: Se comeza coa formación o 29 de Marzo cunha sesión na que se traballa fundalmente o manexo da cámara dixital (Canon EOS 2000D), unha introducción ao material de iluminación, e creación de audio no Polo Dixital (mesa de son, micrófonos, auriculares, cables, etc.)

O5PD: Renovación do equipamento informático obsoleto: A cobertura wiffi está parcialmente acadada. Os novos portátiles recibidos xa instalados. Se analizan as carecias do ciclo formativo para informar á inspección educativa e as do resto para informar a AMTEGA e se consulta sobre o tema coa mentora dixital.. Se solicita a UAC e se notifica ó asesor abalar e se solicita á secretaria do centro que se realice dita solicitude no modelo normalizado, segundo indica a inspección educativa.

O7PDFormación do alumnado en boas prácticas dixitais: 

  • Alumnado de 2º BAC, integrante do equipo de convivencia dan unha charla en cada un dos 1º ESO sobre bo uso do grupo de Whats App da clase e realizan unha dinámica para consensuar perfil axeitado de persoa administradora e usos deste grupo. 
  • Na formación dos Equipos de Axuda (2º e 3ºESO ) trabállase como xestionar conflitos derivados dos malos usos das redes.
  • Taller de 3-4 horas en 1º BAC que lles permite converterse nun modesto equipo cíber,para dar esa charla en 1º ESO.
3º Trimestre

O1PDProporcionar unha conta de correo corporativo a cada alumno/a do centro: Anulado

O2PD Creación dun Polo creativo no noso centro: Acadado

O3PD Creación da páxina web corporativa www.iesxelmirez1.gal: Aprazado

O4PD Formación do profesorado na aula virtual e no manexo de material do Polo creativo: Acadado

O5PD Renovación do equipamento informático obsoleto: Acadado parcialmente

O6PD Mellora da cobertura wifi no centro: Acadado parcialmente

O7PDFormación do alumnado en boas prácticas dixitais: Acadado

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación final do plan dixital terá lugar a final de curso, e será o momento de concretar o grao de cumplimento dos obxectivos que foron propostos a principio de curso. Dita avaliación final incluirá propostas de mellora do plan.

Valoración xeral

Todos os obxectivos que non se aprazaron ou anularon foron acadados total ou parcialmente. O que non se acadou depende de factores externos e polo tanto se fixeron as solicitudes oportunas dentro da competencia do equipo TIC e da dirección do centro.

Proposta de mellora

Reformular obxectivos do Plan dixital e crear outros novos acordes coa infraestrutura do centro e as liñas de liderado da nova dirección a principio de curso.

Mellorar a xestión do equipamento.

Crear novas liñas de formación para alumnado e profesorado, mantendo as actuacións de orientación e convivencia, dado que funcionan de xeito notable.

Creación de novas aulas informáticas móbiles e dinámicas de traballo colaborativo.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital está publicado na páxina web do centro para que toda a comunidade educativa poda acceder ao mesmo e facer propostas de mellora. Plan Dixital IES Arcebispo Xelmirez I