Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL

En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital de Centro como organización. O plan dixital de centro, é un instrumento de planificación que debe estar integrado no Proxecto Educativo, según recolle a LOMLOE no seu artigo único. Modificación da Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, punto 62, apartado 1 “O proxecto educativo do centro recollerá asimesmo a estratexia dixital do centro, dacordo co establecido no artigo 111 bis.5.”, co fin de desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa, promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais. Este plan debe construirse ca participación de todos os sectores da comunidade educativa de modo que se convirta nun proxecto compartido. De igual modo, conforme a disposición adicional décima da mencionada ley, o Plan de Continxencia para situacións de emerxencia
conterá as medidas que garanticen a competencia dixital do alumnado e profesorado, reducindo no posible as fendas dixitais de acceso e uso, e as previsións para a revisión dos elementos do curriculo e das programacións didácticas centradas nos aspectos máis competenciais do mesmo.
Durante os curso 2021/2022 cada centro elaborará o seu plan dixital, según as instruccións que se diten, tal e como recolle a resolución do 17 de xuño de 2021 na súa disposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. E na resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022. Por último citar a resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e  implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

CONTEXTUALIZACIÓN

O CEIP Raiña Fabiola é un centro dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas dende cuarto de educación infantil ata sexto de primaria.

A maioría do alumnado procede da zona de influencia, ainda que un pequeno número de alumnos e alumnas proceden de Marrocos e Sudamérica.

O nivel socioeconómico e cultural das familias é medio alto, a maioría dos pais e nais teñen estududos universitarios. Está ubicado na zona noroeste da cidade de Santiago de Compostela.

O centro incorporará o Plan Dixital aos documentos oficiais, contribuindo a que na Programación Xeral Anual do curso 22/23 se recolla como un dos seus obxectivos o fomento do uso das novas tecnoloxías, dotando o alumnado da capacidade de utilizalas e de aprender a través delas. Este obxectivo favorece, a un tempo, a consecución dunha formación integral do alumnado, finalidade mesma da educación.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Novembro de 2021, a Xunta de Galicia pon en marcha a Rede DixitalGal, constituindo equipos de apoio dixital aos centros (ADIX). Cada equipo está formado por 3 mentores que serán os encargados de apoiar os centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no deseño, elaboración, dinamización e desenvolvemento do seu Plan Dixital. Seguindo as intruccións da Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, constitueuse un equipo de dinamización do Plan Dixital formado  por 3 persoas: O director, a xefa de estudos e unha coordinadora.
Seguindo a cronoloxía establecida pola Admón. no mes de decembro do 2021 fíxose o SELFIE, cunha participación do 100% do equipo directivo, o 79% do profesorado e o 85% do alumnado.
En febreiro de 2022 realizouse o Test CDD tendo unha participación do 60,4% do profesorado.
Marzo do 2022 levouse a cabo o DAFO.
Entre abril e maio deseñouse o Plan de Acción
Finalmente en xuño, redactase o Plan Dixital de Centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O imparable desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación está a afectar de forma profunda a todas as actividades que realizan os seres humanos, tanto no seu traballo e no seu lecer, como na súa forma de relacionarse ou de comunicarse. O noso centro educativo non permanece alleo a esta realidade , polo que se expón ofrecer os recursos e estratexias necesarias para a integración e o uso eficaz das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe, de modo que o alumnado poida incorporarse de forma plena na sociedade, e compénsense todo tipo de desigualdades sociais.

En liña coas orientacións da normativa vixente1  e as liñas establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe.

Seguindo a cronoloxía establecida pola Admón. no mes de decembro do 2021 fíxose o SELFIE.
En febreiro de 2022 realizouse o Test CDD .
Marzo do 2022 levouse a cabo o DAFO


1 Artigo 111 bis. Artigo 121 e Art. 132 da LO 2/2006 do de maio de educación

Resolución do 17 de xuño de 2021 na súa disposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Interno
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7 Creación de contidos dixitais Alumnado Non
Debilidade H6 Otorgar recoñecemento ao traballo dos demais Alumnado Si
Debilidade H8 Aprender a comunicarse Alumnado Non
Debilidade G7 Comentarios a outros alumnos Persoal docente Non
Debilidade F5 Colaboración do alumnado Persoal docente Non
Debilidade G3 Retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Debilidade B2 Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Si
Debilidade D2 Participación no DPC Persoal docente Non
Debilidade F6 Proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade G1 Avaliación das capacidades Persoal docente Si
Debilidade G5 Autorreflexión sobre o aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza C8 Dispositivos dixitais para o alumnado Alumnado Non
Fortaleza H1 Comportamento seguro Alumnado Non
Fortaleza H3 Comportamento responsable Alumnado Non
Fortaleza H4 Verificar calidade da información Alumnado Non
Fortaleza C5 Asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza C7 Protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza C8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Infraestruturas Si
Fortaleza C1 Infraestructuras Infraestruturas Non
Fortaleza C2 Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza C3 Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza A2 Desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Organización de centro Non
Fortaleza B1 Avaliación do progreso Organización de centro Non
Fortaleza C5 Asistencia técnica Organización de centro Non
Fortaleza A1 Estratexia dixital Organización de centro Non
Fortaleza B3 Colaboracións Persoal docente Non
Fortaleza E2 Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza E4 Comunicación ca CE Persoal docente Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Persoal docente Non
Fortaleza B1 Avaliación do progreso Persoal docente Non
Fortaleza D3 Intercambio de experiencias Persoal docente Non
Fortaleza E1 Recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza E3 Emplelo de EVA Persoal docente Si
Fortaleza F1 Adaptación as necesidasdes do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F4 Inclusión do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza D1 Necesidades de DPC Persoal docente Non
Fortaleza F3 Fomento da creatividade Persoal docente Non
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C2 Dispositivos dixitais para a ensinanza Administración educativa Si
Ameaza C5 Asistencia técnica Administración educativa Non
Ameaza C1 Infraestructura Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo do profesorado para investigar metodoloxías baseadas nas tecnoloxías, Administración educativa Non
Ameaza C7 Protección de datos Lexislación Non
Ameaza O profesorado ten tanta carga burocrática que lle impide adicar tempo a explorar novos métodos de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Lexislación Non
Ameaza As demandas que se fan á administración educativa, en canto equipos e material tecnolóxico, tenden ou a tardar moito ou a non ter resposta positiva. Lexislación Non
Ameaza A constante modificación de currículos complica a innovación e a implementación na aula de estratexias conxuntas de aprendizaxe, e dificulta a súa consolidación. Lexislación Non
Ameaza Falta de actualización e mantemento das infraestruturas do centro. Lexislación Non
Oportunidade C8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Multitude de recursos dixiais para empregar na aula. Administración educativa Non
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital Administración educativa Non
Oportunidade O sofware libre e as ferramentas corporativas. Administración educativa Non
Oportunidade C3 Acceso a internet Administración educativa Non
Oportunidade ANPA receptiva a colaborar cas distintas iniciativas do colexio a realizar con Tecnoloxía Dixital. ANPA Non
Oportunidade Alumnado con dispositivos dixitais na casa para o traballo escola Contorna Non
Oportunidade Facilidade de colaborar e compartir actividades con outros centros. Contorna Non
Oportunidade O centro goza de boa imaxe no exterior Contorna Non
Oportunidade Concienciación dos colectivos implicados da necesidade da evolución cara a dixitalización e actualización do sistema educativo. Contorna Non
Oportunidade C7 Protección de datos Lexislación Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, como o coñecemento do funcionamento interno do colexio; o centro xenerou unha análise DAFO que permite tomar conciencia da súa realidade no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD PROMOVER O USO DA AULA VIRTUAL CORPORATIVA CO ALUMNADO
02PD MELLORAR A COMPETENCIA DIXITALDO PROFESORADOQUE ACADOU NOTA MEDIA-BAIXA NO TEST CDD
03PD ACTUALIZACIÓN DOS EQUIPOS INFROMÁTICOS DO CENTRO
04PD Utilización de tecnoloxía dixital para promover a colaboración entre o alumnado
05PD Solicitude do proxecto Edixgal

Seguimento

Procedemento

A actualización periódica e constante dos contidos e dos recursos informáticos dispoñibles é totalmente necesaria dada a velocidade de cambios que sufren aplicacións, ferramentas ou dispositivos. Por eso, cada trimestre avaliarase o estado de execución das accións e tamén analizaranse e valoraranse os resultados obtidos e, de ser o caso, proporanse modificacións das accións e as propostas de mellora, para axustar a realidade todos os factores indicados anteriormente que están en permanente evolución.

A persoa mentora Adix, realizará como mínimo dúas visitas ao centro por trimestre, para valorar, xunto ca coordinadora do PDC, o desenvolvemento do mesmo.


Anualmente farase unha valoración, seguimento e revisión da integración das tecnoloxías dixitais no ensino/aprendizaxe no centro; avaliando o grao de consecución dos obxectivos propostos no presente Plan e a adecuación das actividades realizadas. Terase en conta as aportacións dos equipos docentes interniveis e as propostas de mellora aportadas, que servirán como punto de partida para a actualización do Plan de cara o curso seguinte.

1º Trimestre

* OBX1. Promover o uso da AV. Pendente da formación dun grupo de traballo

- A primeira acción está rematada e a segunda deste primeiro trimestre queda pendente ata despois da formación que terá lugar en xaneiro.

* OBX2. Mellora da competencia dixital do profesorado.

- A coordinadora e o seu equipo considerou oportuno centrar a formación no emprego da ferramenta Agueiro.

* OBX3. Actualización equipos informáticos.

- Revisáronse os equipos informáticos e repartíronse polas aulas portátiles que non se estaban usando. Co cal na actualidade todas as aulas contan cun equipo informático revisado e en funcionamento.

* OBX4. Colaboración entre o alumnado. Pendente de formación sobre a ferramenta Agueiro

- As accións para acadar este obxectivo, quedan supeditadas a formación que se fará en xaneiro.

2º Trimestre

OBX1. Promover o uso da AV. Pendente da formación dun grupo de traballo

- A primeira acción está rematada e a segunda deste primeiro trimestre queda pendente ata despois da formación que terá lugar en xaneiro. A formación darase sobre Agueiro, dado o interésA que manifestou a maioría do profesorado sobre o uso da Aula Virtual.

- A formación indicada arriba impartirase o 28 de marzo e o 11 de abril

* OBX2. Mellora da competencia dixital do profesorado.

- A coordinadora e o seu equipo considerou oportuno centrar a formación no emprego da ferramenta Agueiro. Están a espera de concretar as datas co relator para facer a debandita formación.

- A formación indicada arriba impartirase o 28 de marzo e o 11 de abril

* OBX3. Actualización equipos informáticos.

- Revisáronse os equipos informáticos e repartíronse polas aulas portátiles que non se estaban usando. Co cal na actualidade todas as aulas contan cun equipo informático revisado e en funcionamento. Está en previsión adquirir polo propio centro 8 portátiles.

- A día de hoxe non se adquiriu ningún equipo

- Instaloronse na biblioteca 3 ordenadores de sobremesa, para uso do alumnado

- A dificultade máis salientable é o pouco interés manifestado pola maioría do profesorado en recibir formación específica sobre AV e Agueiro, o que limita o uso da tecnolxía dixital no proceso de ensino/aprendizaxe; a pesar dos esforzos do equipo de dinamización e da dirección

- Na formación que terá lugar sobre Agueiro soio se apuntaron dúas persoas.

* OBXECTIVO 5: Solicitude do proxecto Edixgal

- Dado o rechazo pola maioría do profesorado do centro, este obxectivo queda definitivamente descartado para este curso 2022/2023.

Celebrouse un claustro o mércores 15 de marzo de 2023 e acordouse por maioría non solicitar E-Dixgal

 

3º Trimestre

Non hai ningunha variación con respecto o 2º trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Dado a escasa implicación por parte do profesorado, tan soio podo reseñar que neste curso, acadáronse poucos obxectivos.

 

Valoración xeral

No que se refire a valoración, dicir que foi  imposible poder levar adiante as accións dos obxectivos pola razón exposta anteriormente, é dicir a nula implicación da maioría do claustro.

Proposta de mellora

Intentarase de cara o curso 2023/2024 buscar algún obxectivo que poida ser atrainte e intentar que o claustro se implique. Quizais ca chegada das pizarras interactivas e os polos creativos, poidamos motivar o profesorado e así levar adiante unha transformación do ensino-aprendizaxe.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital de Centro, procederase a darlle a maior difusión entre a comunidade educativa utilizando para este fin a páxina web do centro e o correo electrónico corporativo, sen prexuizo de facer un claustro monográfico a principios de curso para promover e resaltar a importancia da colaboración da comunidade educativa no desenvolvemento do Plan Dixital de Centro.
Asemade este debandito Plan formará parte da documentación oficial do centro; é dicir, do Proxecto Educativo, do Proxecto de dirección e do Plan Xeral Anual (PXA).

Ligazón o Plan Dixital de Centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprainhafabiola/system/files/PLAN%20DIXITAL.pdf