Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

O CEIP López Ferreiro é un colexio urbano situado na zona antiga de Compostela, concretamente entre a Avda Xoán XXIII e a rúa Xazmíns. En orixe, foi a Escola Anexa de Maxisterio, o que dou lugar á súa localización ao lado da mesma. A súa zona de influencia é a zona vella de Santiago mais recibe alumnado de toda a cidade e de localidades e concellos limítrofes. O horario do centro é de xornada continuada, de 9:30 h. ate as 14:30 h. Todos os martes, en sesión de tarde de 16:30 h. ata as 19:00 celébranse as reunións de traballo dos diferentes equipos e realízanse tarefas de titoría. O centro oferta tamén, xestionado por unha das Anpas, un programa de madrugadores que abre ás 7:30 e servizo de comedor ate as 18:30 horas. Número total de alumnado: 456 Número total do profesorado: 39

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Dende o centro somos conscientes da importancia das tecnoloxías da innovación e da comunicación nos eidos educativo, profesional e social. O que fai que sexamos partícipes de programas e proxectos en materia TIC, entre eles: Abalar; Edixgal; Educación responsable; Educación en igualdade; Plambe; Plan Proxecta; Radio Escolar e Seccións Bilingües.

Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

O Ceip de Prácticas López Ferreiro conta con conectividade a internet sen fios en todos os seus andares. Ademáis, cada unha das aulas conta con ordenador de sobremesa, encerado dixital ou PDI, proxector e altofalantes

Igualmente, os despachos do equipo directivo, sala de profesores/as e a biblioteca, contan con ordenadores. No caso da biblioteca, como tamén está adscrita ao servicio de radio, contamos cunha mesa de misturas.

Cóntase igualmente cunha aula de informática á que tanto profesorado como o alumnado teñen acceso. O centro forma parte do Proxecto Edixgal, polo que cada alumno/a de 5o e 6o conta cun netbook propio, nalgunhas aulas atopamos algún armario de carga pero non os suficientes e os que corresponderían por número de alumnado e de dispositivos. Polo que se empregan adaptadores para poder cargalos durante o período lectivo. En canto á conexión inalámbrica anteriormente comentada, tódolos dispositivos do centro están conectados á VPN da Xunta de Galicia, a cal falla cando hai moitos dispositivos accedendo a Internet ao mesmo tempo, e en ocasións ralentiza a práctica educativa. 

Destacar que a pesar da dispoñibilidade do material presente, supón un esforzo mantelos no estado axeitado. Moitos dos equipos están obsoletos debido ao paso do tempo e á dificultade para reemplazalos por outros novos. A resolución de incidencias é realizada principalmente polos membros do equipo TIC e polo servicio técnico contratado que resolve avarías que o equipo TIC non pode resolver. Por outra banda, acudimos aos responsables de informática da UAC para resolver dúbidas e obter asesoramento nas ocasións que consideramos precisas.

O centro conta con páxina web, na que se pode atopar diversa información así como datos de interese en relación ao centro. E á que se pode acceder na seguinte dirección: edu.xunta.gal/centros/ceiplopezferreiro. Emprégase igualmente a Aula Virtual Moodle para facilitar oa cceso a contidos por parte das familias e do alumnado. Así como as aplicacións corporativas Abalarmóbil, E-Dixgal, Xade...

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para analizar a situación do centro en canto á materia tecnolóxica, o primeiro que fixemos foi realizar unha autoavaliación SELFIE. Esta permitiunos asentar as bases para a realización do plan de acción de cara ao curso escolar 2022-2023.

O seguinte paso foi a realización do Test de Competencia Dixital Docente (CDD).

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise o coñecemento da realidade do centro no eido dixital, e facilita a DAFO que permite elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado debe mellorar e ser consciente da importancia dun comportamento seguro na rede Alumnado Si
Debilidade O alumnado debe desenvolver un comportamento responsable. Alumnado Non
Debilidade Asistencia técnica insuficiente Infraestruturas Non
Debilidade Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino na ámbito dixital Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente emprego de entornos visuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado nin para a realización de observacións construtivas sobre o traballo dos demáis. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente creación de recursos dixitais por parte do profesorado para reforzar o labor de ensinanza. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente adaptación das tecnoloxías ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente colaboración do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Avaliación das capacidades. Persoal docente Non
Fortaleza Verificación da calidade de información por parte do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado si aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en Internet. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Infraestruturas Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a ensinanza Infraestruturas Non
Fortaleza Suficientes dispositivos dixitais dispoñibles no centro para a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Suficiente política de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza Exitosa integración das tecnoloxias dixitais a nivel de centro. Oferta Non
Fortaleza Novas modalidades de ensinanza. Organización de centro Non
Fortaleza Suficiente avaliación do progreso en materia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Suficiente participación en proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Fortaleza Fomento da creatividade Persoal docente Non
Fortaleza Si existe colaboración con outras entidades Persoal docente Non
Fortaleza Dispoñibilidade, búsqueda e emprego de recursos educativos en línea por parte do profesorado Persoal docente Non
Fortaleza Eficiente comunicación coa comunidade educativa a través de medios dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Si se usan contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Retroalimentación axeitada. Persoal docente Non
Fortaleza Insuficiente autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Si existe reflexión sobre as TIC Persoal docente Non
Fortaleza Suficiente reflexión sobre as necesidades da realización de proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Fortaleza Participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Fortaleza Búsqueda e emprego no proceso de ensinanza-aprendizaxe de recursos educativos en línea. Persoal non docente Non
Fortaleza Suficiente intercambio de experiencias con persoal colaborador no proceso de desenvolvemento profesional continuo. Persoal non docente Non
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Conexión a Internet lenta. Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo por parte do profesorado para potenciar o seu desenvolvemento profesional continuo en canto ás TIC. Lexislación Non
Oportunidade Existencia de repositorios en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe. Administración educativa Non
Oportunidade Protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración con outras entidades ou centros. Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O plan de acción tivo en conta os recursos materiais e humanos dispoñibles para a súa realización. Centrámonos en propostas que fosen posiblemente acadadas coa dispoñibilidade de recursos cos que conta o centro na actualidade.

Para a realización do Plan de Acción, centrámonos nos resultados das probas anteriores (enquisa SELFIE, TCDD e DAFO) e na análise das mesmas. Esta análise proporcionounos uns indicadores claros sobre os puntos febles e fortes e as necesidades do centro en canto a materia TIC. Esta análise propiciou as bases para comezar a construír o plan de acción, xa que nos axudou a establecer áreas prioritarias e determinar os obxectivos (que teñen que ser específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal) que queremos conseguir. 

Non é preciso material ou equipamento a maiores nin infraestructuras tecnolóxicas. Sen embargo, é preciso o mantemento e o acceso por parte dos membros da comunidade educativa tanto a recursos materiais como de formación, para que as propostas de acción plasmadas neste documento teñan a súa implementación de forma eficaz e efectiva.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do plan dixital de centro (PDC) (*A2: Desenrolo da estratexia dixital co profesorado)
O02PD Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado nos cursos non E-dixgal (*E3 Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe)
O03PD Fomentar un comportamento responsable, seguro e crítico coa información obtida en Internet.

Seguimento

Procedemento

A actualización periódica e constante dos contidos e dos recursos informáticos dispoñibles é totalmente necesaria dada a velocidade de cambios que sufren aplicacións, ferramentas ou dispositivos. Por eso, cada trimestre avaliarase o estado de execución das accións e tamén analizaranse e valoraranse os resultados obtidos e, de ser o caso, proporanse modificacións das accións e as propostas de mellora, para axustar a realidade todos os factores indicados anteriormente que están en permanente evolución.
A persoa mentora Adix, realizará como mínimo dúas visitas ao centro por trimestre, para valorar, xunto coa coordinadora do PDC, o desenvolvemento do mesmo.
Anualmente farase unha valoración, seguimento e revisión da integración das tecnoloxías dixitais no ensino/aprendizaxe no centro; avaliando o grao de consecución dos obxectivos propostos no presente Plan e a adecuación das actividades realizadas. Terase en conta as aportacións dos equipos docentes interniveis e as propostas de
mellora aportadas, que servirán como punto de partida para a actualización do Plan de cara o curso seguinte.

1º Trimestre

Obxectivo 1: establecer un equipo deprofesoras/es (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do Plan Dixital do Centro (PDC). O equipo está realizando un inventario exhaustivo do amterial do colexio, para proceder a repartilos polas aulas. Ademais dun inventario xeral para organizar de xeito accesible e práctico o que ten.

Obxectivo 2: promover o uso da aula virtual corporativa co alumnado nos cursos non E-dixgal. Realizouse unha actualizaciñon da AV, por parte da persoa encargada, abríndose ao profesorado a posibilidade de solicitar unha formación específicaque ela mesma podería impartir.

Obxectivo 3: fomentar un comportamento responsable, seguro e crítico coa información obtida en internet. Estare recoñilando información de diversas fontes, como "navega no rumbo" para elaborar material en distintos soportes para conciencias á comunidade educativa en xeral.

2º Trimestre

OBXECTIVO 1: Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do plan dixital de centro (PDC)

- O equipo de PDC, está realizando un inventario exhaustivo do material do colexio, para proceder a repartilos polas aulas. Ademais dun inventario xeral para organizar de xeito accesible e práctico o que se ten. Todo esto está rematado.

- As accións deste obxectivo están acadadas.

20/03/2023: Foi enviado o centro parte do material dos polos creativos, ademáis recibiu as pantallas dixitais interactivas para infantil e primeiro ciclo de primaria que xa están colocadas na aula.

* OBXECTIVO 2: Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado nos cursos non E-dixgal .

- Realizouse unha actualización da AV por parte da persoa encargada, abríndose o profesorado a posibilidade de solicitar unha formación específica que ela mesma podería impartir.

- Enviouselle un mail o profesorado para comprobar as necesidades específicas de formación ao respecto, sen ter contestación, polo que a primeira acción queda aprazada e a segunda está en estado de realizada por compromiso persoal da encargada.,

20/03/2023: Non se recibeu ningunha solicitude ao respecto por parte do profesorado. A coordinadora considera que este obxectivo debe aprazarse ata o curso que ben, por saturación de actividades (polos creativos, venres creativos e formación para o uso das novas pizarras dixitais)

* OBXECTIVO 3: Fomentar un comportamento responsable, seguro e crítico coa información obtida en Internet.

- Estase recopilando información de diversas fontes, coma “navega con rumbo” para elaborar material en distintos soportes para concienciar a comunidade educativa en xeral

- Sí se recopilou a información, falta solamente organizala, quedan as accións pendentes, por estar todo o equipo de dinamización do PDC, centrado na posta en marcha dos polos creativos; de feito, empezarán o primeiro venres de marzo cos “venres creativos”

20/03/2023: Está pendente solicitar as charlas da policía.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para que este plan cumpla cos seus obxectivos, debe estar en constante revisión e actualización.
O equipo de Dinamización do Plan Dixital terá reunións periódicas para contrastar a evolución das actuacións descritas no documento, e velará pola súa realización. Igualmente o equipo directivo estará ao tanto da situación do Plan Dixital en cada momento e igualmente se informará ao claustro do seu desenvolvemento.

Como anteriormente se mentou, as propias táboas servirán de instrumento de avaliación do plan.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital de Centro, procederase a darlle a maior difusión entre a comunidade educativa utilizando para este fin a páxina web do centro e o correo electrónico corporativo, igualmente, comunicarase en claustro a finais deste curso e comezos do curso 2022-2023.

Este plan deberá incluíse no Proxecto Educativo de Centro, no Proxecto de dirección e no Plan Xeral Anual (PXA).