Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro En canto ao nivel socieconómico e cultural do alumnado cabe destacar que é moi heteroxéneo e oposto, mentres que hai familias nas que ambos proxenitores traballan, noutras atopámonos con situación de desemprego ou traballos de pouca duración. Este factor inflúe no nivel cultural do alumnado, que polo xeral é medio, aínda que nalgúns casos baixo. En canto o alumnado que recibe provén dos barrios próximos, de zonas máis distantes que están na nosa zona de escolarización e empregan transporte escolar e de lugares de fóra de zona de escolarización que son transportados polas súas familias. Nos últimos anos destacaremos a incorporación de alumnado de escolarización tardía, debido a baixa matrícula que había, o cal proporcionou ao centro unha das súas características actuais, a multiculturalidade e o incremento de alumnado con NEAE. Debido a actual sociedade dixital de constantes cambios na que vivimos os centros educativos é necesario actualizarse constantemente polo que as mestras/es debemos dar respostas a esas necesidades e demandas da sociedade para formar aos nosos alumnos/as de cara ao futuro para desenvolverse adecuadamente nunha contorna dixitalizada. Precisamos dunha transformación da educación e formación que garanta a adquisición e desenvolvemento das competencias dixitais dunha forma adecuada. Tamén é de suma importancia que as organizacións revisen os seus plans e as súas estratexias para mellorar a innovación dos centros educativos e sacar o máximo rendemento das tecnoloxías dixitais.

O CEIP Apóstolo Santiago sempre tivo a iniciativa de apostar polo desenvolvemento das tecnoloxías dixitais desde que comezou a contemplarse este aspecto nos centros educativos. Os proxectos nos que o Centro participa son os seguintes: - Abalar -E-dixgal -Proxecto Compostela - Plan Proxecta - Plan Tic - Plambe - Proxecto Elisa - PFPP - Contratos Programa - Seccións Bilingües - ENAPAS - Polo Creativos ( solicitado). Neste documento visualizaranse as estratexias, a os procesos de ensinanza-aprendizaxe necesarios para conseguir un adecuado desenvolvemento da competencia dixital por parte de todos os integrantes da comunidade educativa e do alumnado. Este Plan Dixital do centro será incorporado os documentos oficiais, contribuíndo a que na Programación Xeral Anual do curso 22/23 aparezan reflexados como un das súas finalidades principais o desenvolvemento e o fomento do uso das tecnoloxías da información e da comunicación. Este obxectivo favorece a consecución dunha formación integral do alumnado e a adquisición das competencias para desenvolverse nun futuro neste mundo dixital no que nos atopamos.

Breve xustificación do mesmo En canto a contextualización normativa en relación o Plan Dixital teremos en conta os seguintes documentos: -Decreto 105/2014, 4 de setembro polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, Art 19 Educación Dixital. No que aparece reflexado “ Os centros docentes que desenvolvan o currículo completo nun contorno dixital deberán establecer un proxecto de educación dixital que formará parte do seu proxecto educativo e deberá contar coa aprobación da consellería competente en materia educativa, segundo o procedemento que se estableza”. -Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. -Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 no que menciona que “ Durante os curso 2021/2022 cada centro elaborará o seu plan dixital”. -Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 -Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. -Estratexia dixital de Galicia 2030.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a anáise DAFO tívose en conta a ferramenta gratuita de autoavaliación SELFIE, que proporciona axuda aos centros educativos para deste xeito integrar as tecnoloxías dixitais na docencia, a aprendizaxe e a avaliación: 

A -Liderado Equipo Direct. 2,6 Profesorado 2,9 Alumnado

B- Colaboración e redes Equipo Direct. 2,8 Profesorado 2,6 Alumnado 3,2

C- Infraestruturas e Equipos Equipo Direct. 3,8 Profesorado 3,6 Alumnado 3,7

D- Desenvolvemento profesional continuo Equipo Direct. 3,3 Profesorado 3,6 Alumnado

E- Pedagoxía: Apoio e Recursos Equipo Direct. 3,6 Profesorado 3,6 Alumnado

F- Pedagoxía: Implementación na aula Equipo Direct. 3,2 Profesorado 3,5 Alumnado 3,3

G- Prácticas de avaliación Equipo Direct. 2,8 Profesorado 2,5 Alumnado

H- Competencias dixitais do alumnado Equipo Direct. 2,7 Profesorado 2,8 Alumnado 3,5

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C1 Infraestrutura. Infraestruturas Non
Debilidade B1 Avaliación do progreso. Organización de centro Non
Debilidade A1 Estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade A2 Desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Non
Debilidade B2 Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Debilidade E2 Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Debilidade G3 Retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Debilidade B1 Avaliación do progreso. Persoal docente Non
Debilidade D3 Intercambio de experiencias. Persoal docente Non
Debilidade E3 Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade F6 Colaboración do alumnado Persoal docente Non
Debilidade G1 Avaliación das capacidades Persoal docente Non
Debilidade G5 Autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade E2 Creación de recursos dixitais Persoal non docente Non
Fortaleza C8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza C2 Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza C3 Acceso a Internet. Infraestruturas Non
Fortaleza C5 Asistencia técnica. Infraestruturas Non
Fortaleza C7 Protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza C5 Asistencia técnica. Organización de centro Non
Fortaleza D1 Necesidades de DPC Persoal docente Non
Fortaleza D2 Participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza E1 Recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza F1 Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F3 Fomento da creatividade. Persoal docente Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Persoal docente Non
Fortaleza E4 Comunicación con la comunidade Persoal docente Non
Fortaleza F5 Colaboración do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza D3 Intercambio de experiencias Persoal docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza B3 Colaboracións Outras Non
Ameaza C1 Infraestruturas. Outras Non
Oportunidade C3 Acceso a Internet. Administración educativa Non
Oportunidade C5 Asistencia técnica Administración educativa Non
Oportunidade C2 Dispositivos dixitais para o ensino Administración educativa Non
Oportunidade C7 Protección de datos. Lexislación Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Para o primeiro punto de partida a hora de concretar o Plan de Acción tivemos que ter en conta ás necesidades detectadas na enquisa SELFIE, Test CDD, DAFO así como os recursos, tanto materiais como humanos (segundo a conectividade, os recursos tecnolóxicos e servizos dixitais). Unha vez representados todo este tipo de información e datos dunha forma clara e concisa fixáronse os obxectivos neste plan que serán revisados anualmente.

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o propio centro educativo xerou unha análise DAFO que permite obter o coñecemento preciso da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Potenciar o uso da Aula Virtual nos cursos de EI e de primeiro a cuarto de EP
O02PD Utilizar a Aula Virtual/E-Dixgal ao menos unha vez ao trimestre para probas ou cuestionarios de avaliación en liña.
O03PD Crear actividades dixitais para levar a cabo na aula.

Seguimento

Procedemento

Para a descrición da organización e do proceso de elaboración do Plan Dixital é importante citar que en Novembro de 2021, a Xunta de Galicia pon en marcha a Rede DixitalGal, constituíndo equipos de apoio dixital aos centros (ADIX). Cada equipo está formado por 3 mentores que serán os encargados de apoiar os centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no deseño, elaboración, dinamización e desenvolvemento do seu Plan Dixital.

Organización das actividades realizadas Tipoloxía Temporalización Rexistro do CEIP Apóstolo Santiago en SELFIE. Aplicación de datos do centro 1º trimestre Todo o profesorado de 5º E 6º, con máis dun ano, equipo directivo e alumnado cubrirá a enquisa SELFIE Información e aplicación na aula 1º trimestre Realización da enquisa SELFIE. Aplicación 1º trimestre Reflexionar sobre os resultados da enquisa SELFIE. Análise e avaliación. 2º trimestre Realizar una nova enquisa SELFIE Análise e reflexión 2º trimestre Análise dos resultados SELFIE Análise e reflexión 2º trimestre Realización do Test de Competencia Dixital e reflexión Aplicación na aula 2º trimestre Docencia para o rexistro de datos e elaboración da DAFO Formación e información 2º trimestre Rexistro de datos recollidos na BOAR do DAFO Transferencia de datos 2º trimestre Realización da DAFO en Microsoft Excell Análise e reflexión 2º trimestre Distribución correcta das fortalezas, debilidades, oportunidades e fortalezas. Intercambio de experiencias do centro e reflexión 3º trimestre Docencia para o rexistro de obxectivos para o seguinte curso escolar Formación e información 3º trimestre Elaboración de táboas onde aparecen estes obxectivos Aplicación de datos e búsquela de recursos necesarios a mellorar 3º trimestre

Organización das actividades realizadas Tipoloxía Temporalización

Rexistro do CEIP Apóstolo Santiago en SELFIE. Aplicación de datos do centro 1º trimestre

Todo o profesorado de 5º E 6º, con máis dun ano, equipo directivo e alumnado cubrirá a enquisa SELFIE Información e aplicación na aula 1º trimestre Realización da enquisa SELFIE. Aplicación 1º trimestre

Reflexionar sobre os resultados da enquisa SELFIE. Análise e avaliación. 2º trimestre

Realizar una nova enquisa SELFIE Análise e reflexión 2º trimestre

Análise dos resultados SELFIE Análise e reflexión 2º trimestre

Realización do Test de Competencia Dixital e reflexión Aplicación na aula 2º trimestre

Docencia para o rexistro de datos e elaboración da DAFO Formación e información 2º trimestre

Rexistro de datos recollidos na BOAR do DAFO Transferencia de datos 2º trimestre

Realización da DAFO en Microsoft Excell Análise e reflexión 2º trimestre

Distribución correcta das fortalezas, debilidades, oportunidades e fortalezas. Intercambio de experiencias do centro e reflexión 3º trimestre

Docencia para o rexistro de obxectivos para o seguinte curso escolar Formación e información 3º trimestre

Elaboración de táboas onde aparecen estes obxectivos Aplicación de datos e búsquela de recursos necesarios a mellorar 3º trimestre

 

1º Trimestre

* Obxectio 1: Potenciar o uso da Aula Virtual nos cursos de EI e 1º-4º de EP

- Tómase a decisión de centrarse na ferramenta Agueiro

- Fíxose un curso de formación interna sobre Agueiro

* Obxectivo 2: Utilizar a Aula Virtual/Edixgal ao menos unha vez ao trimestre para probas ou cuestionarios de avaliación en liña.

- Estase usando Edixgal, para o traballo diario da aula, tanto para docencia como avaliación.

* Obxectivo 3: Crear actividades dixitais para levar a cabo na aula

- Este obxectivo levarase a cabo na ferramenta Agueiro. O equipo TIC e o equipo de coordinación do PDC decidiron estructurar, as actividades previstas en Agueiro,entorno as conmemoracións do centro

- Estase a levar adiante actividades usando tablets, PDI, e o ordenador como bases para a docencia diaria e por outra banda para adaptación aos nenos con necesidades educativas.

Previsión de implantar durante o curso 2022-2023  o curso de Obradoiros multinivel (parecidos aos clusters de aprendizaxe). Empezouse a implementar o martes 07/02. Nos dous primeiros ciclos fanse obradoiros audiovisuais e un obradoiro verde e un obradoiro de retos e xogos en educación; en terceiro ciclo fíxose unha enquisa o alumnado para coñecer as súas preferencias.

Por parte do equipo de dinamización do PDC en coordinación co equipo  TIC , estase a realizar un traballo de reorganización do material electrónico inventariable para darlle un uso moito máis efectivo aos recursos do centro e facilitar así a labor docente do profesorado; a saber:

  • •Internete en todos os espazos do centro 

  • •Actualización de software en xeral 

  • •Creación dun recuncho con material para emerxencias 

  • •Distribución aos mestres de equipos informáticos que non se lle daba uso 

  • •Limpeza de ordenadores para un uso máis estable. 

  • •Sinalización de espazos en base a DUA 

 

2º Trimestre

* Obxectio 1: Potenciar o uso da Aula Virtual nos cursos de EI e 1º-4º de EP

- Tómase a decisión de centrarse na ferramenta Agueiro

- Fíxose un curso de formación interna sobre Agueiro

- O cole está dado de alta en Agueiro e secuenciado o grupo de traballo, dentro do grupo Tic e da liña do plan de formación do Plan dixital, nombrouse unha persoa responsable de cada conmemoración, responsable de subir a agueiro os recursos usados para as mesmas, tanto para o profesorado como para o alumnado

* Obxectivo 2: Utilizar a Aula Virtual/Edixgal ao menos unha vez ao trimestre para probas ou cuestionarios de avaliación en liña.

- Estase usando Edixgal, para o traballo diario da aula, tanto para docencia como avaliación.

* Obxectivo 3: Crear actividades dixitais para levar a cabo na aula

- Este obxectivo levarase a cabo na ferramenta Agueiro. O equipo TIC e o equipo de coordinación do PDC decidiron estructurar, as actividades previstas en Agueiro,entorno as conmemoracións do centro

- Estase a levar adiante actividades usando tablets, PDI, e o ordenador como bases para a docencia diaria e por outra banda para adaptación aos nenos con necesidades educativas.

Previsión de implantar durante o curso 2022-2023  o curso de Obradoiros multinivel (parecidos aos clusters de aprendizaxe). Empezouse a implementar o martes 07/02. Nos dous primeiros ciclos fanse obradoiros audiovisuais e un obradoiro verde e un obradoiro de retos e xogos en educación; en terceiro ciclo fíxose unha enquisa o alumnado para coñecer as súas preferencias.

Por parte do equipo de dinamización do PDC en coordinación co equipo  TIC , estase a realizar un traballo de reorganización do material electrónico inventariable para darlle un uso moito máis efectivo aos recursos do centro e facilitar así a labor docente do profesorado; a saber:

  • •Internete en todos os espazos do centro 

  • •Actualización de software en xeral 

  • •Creación dun recuncho con material para emerxencias 

  • •Distribución aos mestres de equipos informáticos que non se lle daba uso 

  • •Limpeza de ordenadores para un uso máis estable. 

  • •Sinalización de espazos en base a DUA 

Instaláronse paneis en todas as titorías de infantil e 1º ciclo de primaria, polo tanto as previsión de compra de tablets previstas non se levarán a cabo, salvo para un neno con necesidades especiais.

Se siguén mantendo o espacio de “materiais” para necesidades puntuais dos equipos e os puntos de acceso wifi.

Os paneis están xa instalados e incorporados a docencia e en primaria están esperando os soportes.

En primaria os martes despois do recreo fanse obradoiros, nos que cada ciclo ten 3 obradoiros diferentes: Natureza, xogos e retos e o de audiovisuais, todos eles úsase tecnoloxía dixital: camvas, genially, apps (toontastic, mirror  para creación avateres, croma.....

Para 3º ciclo fanse obradoiros máis espcíficos, que seleciona o propio alumnado, por exemplo: obradoiro de xadrez, xogos e retos, creación escrita...

3º Trimestre

Seguiuse co cumplimento dos obxectivos marcados e pechouse a actividade en cada un deles. Para comprobar as implementacións de cada un dos obxectivos, pódese ver na memoria do PFPP, xa que practicamente todos e cada un deles tiñan un valor dentro dalgunha das liñas de formación.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Debido a suma importancia da actualización de contidos e recursos informáticos así como os cambios constantes que sofren todo este tipo de recursos levaremos a cabo unha revisión constante. Para o seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos levaremos a cabo unha avaliación procesual a como mínimo unha vez ao trimestre por parte do equipo do Plan Dixital, o Claustro e o Equipo Directivo. Trataremos determinar e avaliar a consecución dos obxectivos propostos e aspectos como a realización das accións, a reflexión, o análise así como a valoración dos resultados e, determinar cambios ou modificacións de mellora no caso de que fose necesario. En canto a avaliación final levarase a cabo como mínimo unha vez ao ano. No que se determinará o grao de consecución dos obxectivos finais e as propostas a mellorar no centro educativo. Terase en conta as aportacións dos equipos docentes e as propostas de mellora mencionadas anteriormente servirán como punto de partida para a actualización do Plan de cara o curso seguinte.

Valoración xeral

A valoración xeral da implementación do plan é positiva. Non obstante, hai que mencionar que os cambios que se fixeron desde a elaboración do plan ata a implementación este curso, foron moitos e moi diversos. Realizouse moito traballo e moi constribuínte no eido de Agueiro e coas posibilidades didácticas que aportaron os paneis interactivos. A maiores, tamén temos que poñer en valor a utilización TIC que realizaron os titores e o profesorado de apoio implicado nos obradoiros, posto que se utilizaron moitos programas informáticos e audiovisuais ao longo de dous trimestres que tiveron unha implicación directa na docencia do alumnado. 

Proposta de mellora

- Realizar un inventario dos elementos informáticos do centro.

- Mellorar a dispoñibilidade de conexión no salón de actos.

- Introducir os Polos Creativos e revisar as súas posibilidades didácticas.

- Mellorar a aula de informática e sacarlle o máximo rendemento posible aos ordenadores infrautilizados (sobre todo, portátiles dados pola consellería).

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do Plan Dixital entre toda a comunidade educativa do CEIP Apóstolo Santiago empregando a páxina web do centro, o correo electrónico corporativo así como os tablóns situados na entrada do centro para promover a realidade dixital na que atopamos inmersos e que continuamente atópase nun cambio constante no que hai que resaltar o feito de ir actualizándose a diario. Dito Plan Dixital formará parte do Proxecto Educativo, do Plan Xeral Anual (PXA) e do Proxecto de Dirección.