Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Breve xustificación do mesmo

Ademais de cumprir coa normativa vixente, entre as que destacamos as seguintes disposicións e resolucións:

  •  Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  •  Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  •  Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  •  Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e posta en práctica do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022
  •  

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Podemos definir o nivel socioeconómico como medio. Debido á oferta totalmente privada do bacharelato prodúcese un desprazamento desta situación media cara a media-alta. Os datos dos que se dispoñía antes da entrada da nova Lei de protección de datos indícannos tamén a relación entre este nivel socioeconómico cun nivel de estudos máis alto, tendente á superación dos estudos superiores, sen que esta situación poida entenderse como xeneralizable a todo o conxunto. Por outra banda, aínda que as taxas globais de alumnado inmigrante na cidade son baixas, aumentou a escolarización de alumnado destas características no centro. O centro ten definidos documentalmente nos seus plans institucionais a dimensión educativa das tecnoloxías da información, comunicación nos principios, obxectivos xerais e  procesos.

OBXECTIVOS XERAIS

Obxectivos xerais do centro en relación ás TIC

  • Potenciar o emprego da informática como ferramenta de traballo no proceso de ensino-aprendizaxe, utilizándoa de forma activa por parte do alumnado e profesorado.
  • Impulsar a comunicación con outros centros e con outras localidades a través de Internet, a fin de coñecer e transmitir valores sociais e de respecto a outras formas de vida e costumes.
  • Usar o encerado interactivo como elemento fundamental do proceso de ensino-aprendizaxe
  • Consolidar o uso da plataforma educativa do centro e de toda a institución para toda a comunidade educativa.

Obxectivos para os alumnos

  • Utilizar programas e contornos que faciliten a aprendizaxe e favorezan a adquisición de habilidades, destrezas e coñecementos.
  • Elaborar un plan vertical de formación das TIC dende a educación primaria.
  • Potenciar a comunicación con outros compañeiros e compañeiras da súa contorna ou de fóra da súa contorna próxima.
  • Espertar o interese e dar as pautas para acceder á información de forma precisa e crítica, potenciando o razoamento e o afán de coñecemento.
  • Utilizar o ordenador e o taboleiro interactivo como medio de creación, de integración, de fomento de valores sociais e de expresión das ideas de cada un.
  • Aprender a utilizar a tecnoloxía de forma ética (programa desenvolvido na normativa de uso de bacharelato)

Obxectivos para o profesorado

  • Favorecer a utilización das TIC por parte do profesorado nas súas tarefas xerais do Centro: programacións, memorias, plans, actividades, exames, fichas…, como medio para perfeccionar a actividade docente e para impulsar a innovación metodolóxica.
  • Saber consultar información a través do ordenador, tanto de temas profesionais: concursos, cursos de formación, convocatorias...como de temas interesantes para a súa actividade docente.
  • Intercambiar experiencias, coñecementos, actividades, e/ou participar en faladoiros, debates, chats, a través de Internet.
  • Favorecer os foros e o intercambio, a participación na creación e evolución de páxinas Web, ou páxinas de información e debate do Centro, da Comunidade Educativa, para dar a coñecer as nosas inquietudes, ideas e alternativas.

Obxectivos da Comunidade Educativa

  • Potenciar a comunicación coa Comunidade Educativa e o contorno en xeral a través do Xestor Educativo e da páxina Web e/ou correo electrónico.
  • Potenciar actividades de participación de toda a Comunidade Educativa: páxina Web, Xornadas, Semanas especiais, foros e debates a través de Internet, enquisas…

Proceso de elaboración

A redacción do plan dixital é o resultado final do traballo dun equipo formado por tres profesores do colexio: Gonzalo Picola, Diego Mallou e Jesús Martín. Contamos coa orientación de Juan Manuel Ogando, asesor asignado pola Xunta.

  • O primeiro paso foi invitar a todo o claustro e a diversos alumnos do colexio a utilizar a ferramenta SELFIE. Esta reúne, de forma anónima, as opinións do alumnado, profesorado e equipo directivo sobre o modo en que se utiliza a tecnoloxía no centro.
  • Os enunciados abarcan ámbitos como o liderado, as infraestruturas, a formación do profesorado e as competencias dixitais do alumnado.
  • Aínda que indica máis opinións que datos en si, é un bo punto de partida.
  • Complétase esta análises co Test de Competencia Dixital (TestCDD)
  • Nun segundo momento o equipo elaborou unha análise DAFO a partir dos resultados de dita ferramenta SELFIE, do test de competencia dixital e da percepción do equipo sobre o propio centro. O equipo directivo corroborou en boa medida a análise feita.
  • Nun terceiro momento optamos por definir seis obxectivos a medio prazo (dous anos) intentando ser operativos e poder facer unha nova versión do plan dixital cunha formulación máis estratéxica. Ditos obxectivos foron desenvolvidos conforme ao modelo proposto. Conscientemente en dito plan foron obviadas algunhas das debilidades detectadas na análise DAFO respecto aos alumnos xa que entendemos que van ser traballadas directamente na nova materia de 1.º e 2.º de ESO “Tecnoloxía e Dixitalización”.
  • Por último redáctase o plan dixital intentando axustarnos na medida do posible ao modelo proposto.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Autoavaliación SELFIE (los resultados se muestran en el archivo adjunto en los anexos)
  • Test CDD (los resultados se muestran en el archivo adjunto en los anexos)
Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Insuficiente comportamento seguro e responsable do alumnado. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a codificar ou programar nin a resolver problemas técnicos que xorden. Oferta Non
Debilidade Insuficiente tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Organización de centro Non
Debilidade Non se contempla dentro do horario tempo dedicado á comunicación. Organización de centro Si
Debilidade Non existe unha estratexia dixital moi definida. Organización de centro Non
Debilidade Non existe certificación en competencias dixitais Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente tempo para formacións específicas e máis completas. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente formación sobre aprendizaxe mixta. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente reflexión sobre as necesidades de DPC. Persoal docente Non
Debilidade Non se utilizan suficientemente as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais. Persoal docente Non
Fortaleza Foméntase a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Fortaleza En Primaria foméntase a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza O alumno aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza As infraestruturas do centro están en constante actualización así como os diferentes equipos que se utilizan. Os equipamentos e as redes están actualizados Infraestruturas Non
Fortaleza Contémplase que o alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles e poida utilizalos durante as clases (de 3.º a 6.º Primaria; Bacharelato) Infraestruturas Non
Fortaleza Asistencia técnica suficiente e rápida Infraestruturas Non
Fortaleza Espazos físicos que faciliten a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza Suficiente creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. Oferta Non
Fortaleza Utilízanse recursos educativos abertos Oferta Non
Fortaleza Existe colaboración con outros centros. Organización de centro Non
Fortaleza Suficiente comunicación interna e externa. Organización de centro Si
Fortaleza Apoio do equipo directivo para probar novas experiencias dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Os plans estratéxicos da institución contemplan a adquisición de novo equipamento tecnolóxico para poder contar coas últimas tecnoloxías. Organización de centro Non
Fortaleza Existen canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro Organización de centro Si
Fortaleza Úsanse contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado Organización de centro Si
Fortaleza Política de protección de datos implantada dende hai tempo a todos os niveis. Outras Si
Fortaleza Formación dixital integrada con outros colexios de La Salle Outras Si
Fortaleza Existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe Outras Si
Fortaleza Existe cultura de traballo colaborativo en sallenet por parte do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza Utilízanse tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Facilítase ao alumnado tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza Non existen diferenzas notables no nivel de competencia dixital dun sector do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza Suficiente experiencia no emprego de Sallenet Persoal docente Non
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non hai apoio económico externo ás familias Administración educativa Non
Ameaza Falta de integración de Sallenet co programa de xestión da Xunta (por falta de vontade da Xunta) Administración educativa Non
Ameaza As administracións públicas non facilitan que se poida dispor de dispositivos electrónicos que permitan traballar as competencias tecnolóxicas de forma transversal. Administración educativa Non
Ameaza Falta de adaptación das familias as novas ferramentas dixitais. ANPA Non
Ameaza Os medios de comunicación e a industria do entretemento non axudan na concienciación do alumnado sobre o bo uso das novas tecnoloxías. Contorna Si
Ameaza Existencia dunha forte corrente que fai ver ao alumnado a tecnoloxía como unha ferramenta de escape e de ocio, en contraposición ás posibilidades que ofrece nos contextos da aprendizaxe e da formación. Contorna Non
Ameaza Os itinerarios das leis educativas non dan a importancia necesaria ás materias que teñen como saberes básicos os propios das TIC. Lexislación Non
Ameaza Facer un uso excesivo das pantallas por parte do alumnado e o profesorado. Outras Non
Oportunidade Apoio das autoridades educativas respecto do Plan Dixital Administración educativa Non
Oportunidade Apoio económico das familias no mantemento da rede e a compra de dispositivos ANPA Non
Oportunidade Dispor dunha infraestrutura capaz de dar resposta as necesidades tecnolóxicas tanto de alumnado como de profesorado. Contorna Non
Oportunidade Apoio na lexislación Lexislación Non
Oportunidade Os cambios políticos e lexislativos non favorecen unha continuidade no relativo ás liñas directrices da formación do alumnado nin do profesorado no terreo das TIC o que dificulta a implantación e uso das novas tecnoloxías. Lexislación Non
Oportunidade Experiencia con Moodle e elaboración de contidos de moitas materias Outras Si
Oportunidade Experiencia da non utilización de libros de texto nalgún curso e materia dende hai sete anos. Outras Si
Oportunidade Existencia dun grupo humano de profesores no centro educativo que ve con moita ilusión as grandes posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, dedicando na maioría dos casos moito tempo fóra do seu horario laboral para pórse ao día no seu uso cara á práctica cotiá na aula. Outras Si
Oportunidade Sallenet permite un alto grao de implantación dos recursos dixitais para desenvolver as distintas tarefas administrativas e docentes: Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Implantar un protocolo de iniciación dos profesores novos no ámbito das TICs xunto a un profesor de referencia para solucionar calquera problema ao respecto.
O02PD Establecer as funcións, tarefas e temporalidade das estruturas organizativas relativas ás TIC e ás funcións de Comunicación.
O03PD Consolidar a plataforma Sallenet-Moodle e Google Workspace como ferramentas de aprendizaxe, avaliación e comunicación. Utilización por todos os alumnos a partir de 3 de Primaria, ESO e Bacharelato como referencia no traballo persoal
O04PD Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, tanto entre o profesorado do propio centro coma doutros centros de similares características
O05PD Poñer en práctica actividades desde as TIC que traballen directamente as capacidades de alto nivel en clave de competencias.
O06PD Implantar robótica en Infantil, Primaria e ESO

Seguimento

Procedemento
  • Autoavaliación de competencia dixital docente.

  • Reunións e actas da comisión TIC.

  • Resultados da avaliación dos feitos finais anual.

  • Cuestionarios de avaliación de actividades concretas.

  • Avaliación da actividade docente polas familias.

  • Avaliación dos alumnos.

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar serán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

No contexto da avaliación final farase unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  • Autoavaliación de competencia dixital docente.

  • Reunións e actas da comisión TIC.

  • Resultados da avaliación dos feitos finais anual.

  • Cuestionarios de avaliación de actividades concretas.

  • Avaliación da actividade docente polas familias.

  • Avaliación dos alumnos.

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar serán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

No contexto da avaliación final farase unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital será debatido e votado nunha das reunións do profesorado

Farase público a toda a comunidade educativa a través de Sallenet. Haberá un apartado (un foro) onde se poderán presentar cuestións e facer suxestións.