Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL

En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital de Centro como organización. O plan dixital de centro, é un instrumento de planificación que debe estar integrado no Proxecto Educativo, según recolle a LOMLOE no seu artigo único. Modificación da Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, punto 62, apartado 1 “O proxecto educativo do centro recollerá asimesmo a estratexia dixital do centro, dacordo co establecido no artigo 111 bis.5.”, co fin de desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa, promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais. Este plan debe construirse ca participación de todos os sectores da comunidade educativa de modo que se convirta nun proxecto compartido. De igual modo, conforme a disposición adicional décima da mencionada ley, o Plan de Continxencia para situacións de emerxencia
conterá as medidas que garanticen a competencia dixital do alumnado e profesorado, reducindo no posible as fendas dixitais de acceso e uso, e as previsións para a revisión dos elementos do curriculo e das programacións didácticas centradas nos aspectos máis competenciais do mesmo.
Durante os curso 2021/2022 cada centro elaborará o seu plan dixital, según as instruccións que se diten, tal e como recolle a resolución do 17 de xuño de 2021 na súa disposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. E na resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022. Por último citar a resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e  implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL

O CEIP Pío XII, é un centro público onde se imparten ensinanzas dende Educación Infantil até 6º de Primaria.

O alumnado que acude o noso centro procede principalmente das zonas de influencia do colexio. As características socioeconímicas e culturais do contexto do noso centro podemos dicir que son medio-altas. O poder adquisitivo da maioría das familias é alto, así como o seu bagaxe cultural. O centro está ubicado en pleno Campus Sur de Santiago de Compostela, de ahí que unha boa cantidade do alumnado sexan fillos do persoal que traballa na USC (Universidade de Santiago de Compostela).

O centro incorporará o Plan Dixital aos documentos oficiais, contribuindo a que na Programación Xeral Anual do curso 22/23 se recolla como un dos seus obxectivos o fomento do uso das novas tecnoloxías, dotando o alumnado da capacidade de utilizalas e de aprender a través delas. Este obxectivo favorece, a un tempo, a consecución dunha formación integral do alumnado, finalidade mesma da educación.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Novembro de 2021, a Xunta de Galicia pon en marcha a Rede DixitalGal, constituindo equipos de apoio dixital aos centros (ADIX). Cada equipo está formado por 3 mentores que serán os encargados de apoiar os centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no deseño, elaboración, dinamización e desenvolvemento do seu Plan Dixital. Seguindo as intruccións da Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, constitueuse un equipo de dinamización do Plan Dixital formado  por 4 persoas: a Xefa de Estudos (por delegación do director), unha Coordinadora e dous membros do claustro.
Seguindo a cronoloxía establecida pola Admón. no mes de decembro do 2021 fíxose o SELFIE, cunha participación do 100% do equipo directivo, o 79% do profesorado e o 85% do alumnado.
En febreiro de 2022 realizouse o Test CDD tendo unha participación do 60,4% do profesorado.
Marzo do 2022 levouse a cabo o DAFO.
Entre abril e maio deseñouse o Plan de Acción
Finalmente en xuño, redactase o Plan Dixital de Centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O imparable desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación está a afectar de forma profunda a todas as actividades que realizan os seres humanos, tanto no seu traballo e no seu lecer, como na súa forma de relacionarse ou de comunicarse. O noso centro educativo non permanece alleo a esta realidade , polo que se expón ofrecer os recursos e estratexias necesarias para a integración e o uso eficaz das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe, de modo que o alumnado poida incorporarse de forma plena na sociedade, e compénsense todo tipo de desigualdades sociais.

En liña coas orientacións da normativa vixente1  e as liñas establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe.

Seguindo a cronoloxía establecida pola Admón. no mes de decembro do 2021 fíxose o SELFIE, cunha participación do 100% do equipo directivo, o 79% do profesorado e o 85% do alumnado.
En febreiro de 2022 realizouse o Test CDD tendo unha participación do 60,4% do profesorado.
Marzo do 2022 levouse a cabo o DAFO


1 Artigo 111 bis. Artigo 121 e Art. 132 da LO 2/2006 do de maio de educación

Resolución do 17 de xuño de 2021 na súa disposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Interno
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H6 Outorgar recoñecemento ao traballo dos demais Alumnado Non
Debilidade H7 creación de contidos dixitais Alumnado Non
Debilidade B3 Colaboracións Organización de centro Non
Debilidade B3 Colaboracións Persoal docente Si
Debilidade F5 colaboración do alumnado Persoal docente Non
Debilidade F6 proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade F5 Colaboración do alumnado Persoal non docente Non
Fortaleza H8 aprender a comunicarse Alumnado Non
Fortaleza C8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza H13 Comportamento seguro, comportamento responsable, verificar a calidade da información Alumnado Non
Fortaleza C2 Dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Non
Fortaleza C3 Acceso a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza C5 Asistencia técnica. Infraestruturas Non
Fortaleza C7 Protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza C1 Infraestructuras. Infraestruturas Non
Fortaleza C8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino. Oferta Non
Fortaleza A3 novas modalidades de ensino Organización de centro Non
Fortaleza A1 Estratexias dixitais Organización de centro Non
Fortaleza A2 desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Non
Fortaleza C5 asistencia técnica Organización de centro Non
Fortaleza D1 Necesidades de desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Non
Fortaleza E4 Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza B2 Debate sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza D3 Intercambio de experiencias. Persoal docente Non
Fortaleza E1 Recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza E2 Creación de recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E3 Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza F1 Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F3 Fomento da creatividade. Persoal docente Non
Fortaleza G1 Avaliación das capacidades Persoal docente Si
Fortaleza G5 Autorreflexión sobre o aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza B1 Avaliación do proceso. Persoal docente Non
Fortaleza F4 Inclusión do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G3 Retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Fortaleza D3 Intercambio de experiencias Persoal non docente Non
Fortaleza E1 recursos educativos en liña Persoal non docente Non
Fortaleza E2 creación de recursos dixitais Persoal non docente Non
Fortaleza F4 inclusión do alumnado Persoal non docente Non
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Aportación de recursos económicos e materiais demasiado estandarizados e pouco efectiva. Administración educativa Non
Ameaza Problemas de seguridade na rede. A administración non oferta unha formación específica e/ou en bos formatos para o profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo do profesorado para investigar metodoloxías baseadas nas tecnoloxías. Administración educativa Non
Ameaza Dificultade e lentitude de acceso aos servizos técnicos e de mantemento. As demandas que se fan á administración educativa, en canto equipos e material tecnolóxico, tenden a non ter resposta positiva. Administración educativa Non
Ameaza Outros centros da contorna de influencia que teñan máis opción de formación e máis recursos tecnolóxicos. Contorna Non
Ameaza O profesorado ten tanta carga burocrática que lle impide adicar tempo a explorar novos métodos de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Lexislación Non
Ameaza A constante modificación de currículos complica a innovación e a súa implementación na aula con estratexias conxuntas de aprendizaxe, polo que tamén dificulta a súa consolidación. Lexislación Non
Ameaza Baixa competencia dixital das familias. Baixo nivel no uso efectivo das TIC e de recursos nos fogares do alumnado. Infraestructuras con deficiencias nas casas do noso alumnado. Outras Non
Ameaza O profesorado non utiliza ferramentas de colaboración con outras entidades. Escasa participación do profesorado en redes como e-twining. Outras Non
Oportunidade Existencia dunha boa oferta de actividades de formación. Administración educativa Non
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade ANPA receptiva a colaborar cas distintas iniciativas do colexio a realizar con Tecnoloxía Dixital. ANPA Non
Oportunidade Alumnado con boa predisposición tecnolóxica. Outras Non
Oportunidade Concienciación dos colexios implicados da necesidade da evolución cara a dixitalización e actualización do sistema educativo. Outras Non
Oportunidade Concienciación dos colectivos implicados da necesidade da evolución cara a dixitalización e actuación do sistema educativo. Outras Non
Oportunidade Boa conexión a internet. Boa actualización e mantemento das infraestructuras por parte do centro educativo. Outras Non
Oportunidade As ferramentas corporativas. Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, como o coñecemento do funcionamento interno do colexio; o centro xenerou unha análise DAFO que permite tomar conciencia da súa realidade no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Utilizar a Aula Virtual ao menos unha vez ao trimestre para probas ou cuestionarios de avaliación en liña en educación primaria. (G1. Avaliación das capacidades)
O2PD Crear canles de comunicación dixitais entre o profesorado de educación primaria. (B3. Colaboración e redes)
O3PD A totalidade do alumnado de primaria participa nun proxecto interdisciplinar ao longo do curso. (F6: Proxectos interdisciplinares)

Seguimento

Procedemento

A actualización periódica e constante dos contidos e dos recursos informáticos dispoñibles é totalmente necesaria dada a velocidade de cambios que sufren aplicacións, ferramentas ou dispositivos. Por eso, cada trimestre avaliarase o estado de execución das accións e tamén analizaranse e valoraranse os resultados obtidos e, de ser o caso, proporanse modificacións das accións e as propostas de mellora, para axustar a realidade todos os factores indicados anteriormente que están en permanente evolución.

A persoa mentora Adix, realizará como mínimo dúas visitas ao centro por trimestre, para valorar, xunto ca coordinadora do PDC, o desenvolvemento do mesmo.

Anualmente farase unha valoración, seguimento e revisión da integración das tecnoloxías dixitais no ensino/aprendizaxe no centro; avaliando o grao de consecución dos obxectivos propostos no presente Plan e a adecuación das
actividades realizadas. Terase en conta as aportacións dos equipos docentes interniveis e as propostas de mellora aportadas, que servirán como punto de partida para a actualización do Plan de cara o curso seguinte.

 

1º Trimestre

OBXECTIVO 1: Utilizar a Aula Virtual ao menos unha vez ao trimestre para probas ou cuestionarios de avaliación en liña en educación primaria.

- A maioría do profesorado de primaria cumpreu cas accións propostas para acadar este obxectivo no tempo indicado.

OBXECTIVO 2:Crear canles de comunicación dixitais entre o profesorado de educación primaria.

- O documento está creado e o profesorado cubriu os apartados correspondentes. Queda pendente continuar utilizando este tipo de documentos.

OBXECTIVO 3: A totalidade do alumnado de primaria participa nun proxecto interdisciplinar ao longo do curso.

- As accións propostas están pendentes de inicialas.

2º Trimestre

OBXECTIVO 1: Utilizar a Aula Virtual ao menos unha vez ao trimestre para probas ou cuestionarios de avaliación en liña en educación primaria.

- As accións vanse cumprindo segundo os prazos previstos

OBXECTIVO 2:Crear canles de comunicación dixitais entre o profesorado de educación primaria.

- O documento está creado e o profesorado cubriu os apartados correspondentes. Queda pendente continuar utilizando este tipo de documentos, a espera de obter información sobre a protección de datos en google drive.

OBXECTIVO 3: A totalidade do alumnado de primaria participa nun proxecto interdisciplinar ao longo do curso.

- As accións seguen a temporalización prevista.

 

3º Trimestre

3º TRIMESTRE. 1ª VISITA. 25/05/2023

* OBXECTIVO 1: Utilizar a Aula Virtual ao menos unha vez ao trimestre para probas ou cuestionarios de avaliación en liña en educación primaria. (G1. Avaliación das capacidades)

- Estase a empregar a aula virtual na docencia como apoyo para a avaliación.

*OBXECTIVO 2: Crear canles de comunicación dixitais entre o profesorado de educación primaria.

- Este obxectivo queda aprazado, dado que non foi posible levar adiante as accións correspondentes o mesmo.

* OBXECTIVO 3: A totalidade do alumnado de primaria participa nun proxecto interdisciplinar ao longo do curso. (*F6: Proxectos interdisciplinares)

- Este obxectivo pódese considerar acadado, posto que as accións leváronse a término

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Rematado o curso o Claustro de profesores en reunión ordinaria tratará o Plan Dixital coma un dos puntos do día. Nese momento é cando se porán de manifesto os resultados acadados, as propostas de mellora e os obxectivos para o vindeiro curso.

Valoración xeral

Rematado o curso o 3º obxectivo, ( A totalidade do alumnado de primaria participa nun proxecto interdisciplinar ao longo do curso. (*F6: Proxectos interdisciplinares) foi conseguido na súa totalidade. E os outros dous acadáronse parcialmente. O positivo é a posta en marcha do PDC, unha vez detectadas as necesidades do mesmo, no ensino/aprendizaxe con tecnoloxía dixital.

Proposta de mellora

Sería dexesable algo máis de formación para o profesorado no ámbito da elaboración de recursos dixitais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital de Centro, procederase a darlle a maior difusión entre a comunidade educativa utilizando para este fin a páxina web do centro e o correo electrónico corporativo, sen prexuizo de facer un claustro monográfico a principios de curso para promover e resaltar a importancia da colaboración da comunidade educativa no desenvolvemento do Plan Dixital de Centro.
Asemade este debandito Plan formará parte da documentación oficial do centro; é dicir, do Proxecto Educativo, do Proxecto de dirección e do Plan Xeral Anual (PXA).

Ligazón o Plan Dixital de Centro: https://colexioamilagrosa.gal/sites/default/files/inline-files/Plan%20Dixital.pdf