Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.                 Introdución

1.1.             Datos básicos do centro

 

O Ies Celanova Celso Emilio Ferreiro está situado no Claustro do Poleiro do Mosteiro de San Salvador de Celanova (Rúa Fernández Losada s/n).

Contamos con web propia, iescelanova.gal, e impartimos ESO, Bacharelato e FP Básica. Durante este curso tivemos de 344 alumnos e alumnas e 42 docentes.

1.2.            Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

 

O IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (http://iescelanova.gal) é un centro cunha personalidade claramente marcada polo lugar onde se atopa: habitamos nun mosteiro bieito e iso condiciona o noso xeito de traballar: o propio edificio é un axente educativo. Conta cun claustro estable e cun alumnado de diversa procedencia xeográfica e diverso nivel socio-cultural, pero en xeral pouco disruptivo, bastante participativo e cun baixo nivel de absentismo. Un dos nosos lastres é a distribución demográfica: unha gran parte deste alumnado está espallado por núcleos moi dispersos da nosa área xeográfica, algúns realmente apartados e faltos de servizos (transporte, sanidade ou mesmo internet). Así, unha das prioridades do centro é actuar como elemento integrador e igualador deste alumnado periférico.

 

Unha das nosas fortalezas como institución educativa é a Biblioteca. Non só como espazo senlleiro (é a antiga biblioteca do mosteiro) senón como equipo humano e dinámica de traballo. Da biblioteca neste senso amplo parten moitos dos proxectos nos que participamos, así que se configura como unha importante factoría de ideas á hora de realizar actividades de centro, campañas, colaboracións coa comunidade educativa e un longo etcétera. No seu equipo están implicados, dun xeito ou outro, a maioría dos departamentos didácticos, polo que diversos perfiles docentes están a traballar nunha mesma dirección.

 

É habitual que no centro se traballen metodoloxías activas, traballos por proxectos e interdisciplinares, e é habitual tamén que algúns deles se presenten en formato audiovisual, cuestión que queremos potenciar neste curso.

 

As razóns mencionadas anteriormente impúlsannos a estar presentes en diversos programas e a participar nalgúns certames, coa finalidade de visibilizar o traballo que aquí se fai e, por que non, aumentar a nosa autoestima como colectivo rural e apartado pero que intenta non ser menos que outros centros con situacións máis favorecedoras: por exemplo, recentemente acadamos varios premios en Educación

 

por Proxectos, o distintivo de calidade do MEC  "Sello de vida saludable" ou o Sello de Cooperación Bibliotecaria concedido polo MEC, así como programas de corte máis científico-tecnolóxico como o proxecto Empoléirate na Ciencia ou o proxecto Road to CERN. Todo elo con metodoloxía por proxectos, interdisciplinar e colaborativa.

 

No noso entorno o envellecemento da poboación é moi evidente, cunha pirámide de poboación case invertida que ven dada por un éxodo da xuventude á hora de atopar máis e mellores oportunidades formativas e laborais ou mellores servizos. A nosa meta é que o alumnado que queda poida desenvolver todo o seu potencial na medida das nosas posibilidades.

 

Todo isto non será posible sen que os profesores, é dicir, nós, esteamos na vangarda en canto a metodoloxías, didácticas innovadoras e dominio dos recursos dixitais. Dende fai anos intentar estar á altura nestas cuestión, sendo un dos centros TIC da “primeira xeneración”.

 

            Para continuar a nosa formación durante o curso 22/23 retomaremos o PFPP que iniciamos xa fai dous cursos, e cuxa liña dixital engadimos neste que remata, e trataremos de coordinalo co resto dos programas nos que traballa o centro: CPInnova, Proxecta (en varias liñas) e PLAMBE. 

 

1.1.             Breve xustificación do mesmo

 

As instancias superiores sinalaron este curso 21/22 como o idóneo para poñer en marcha o novo Plan Dixital dos centros, contextualizado na seguinte normativa:

 

·                Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

·                    Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

·                    Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

·                    Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 

1.2.             

1.3.             Proceso de elaboración

 

Comezamos o primeiro claustro 21-22 co aviso inminente de que este curso había a obriga de abordar o proceso de elaboración do Plan Dixital. Tamén con moita présa incluímolo no noso PFPP, e formamos o Equipo de Dinamización.

Sen saber demasiado ben en que acabaría a cousa, fomos realizando as fases pertinentes. Por sorte sempre se nos atendeu cando precisamos axuda, e sen máis, pasamos por todas as fases do proceso: Selfie, Test CDD, Análise Dafo, Plan de Acción e finalmente a redacción deste PD.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Verificación da información. Aprendizaxe ALFIN. 2.Equipamento do alumnado obsoleto. Alumnado Non
Debilidade 1.O profesorado utiliza os seus propios equipos e software na xestión administrativa das súas clases. Infraestruturas Non
Debilidade 1.Non temos unha oferta de formación profesional relacionada con competencias dixitais. 2.Non se poden ofertar materias de relacionadas coas competencias dixitais por falta de profesorado e de alumnado. 3.Non hai materia de libre configuración na ESO relacionada coas competencias dixitais Oferta Non
Debilidade 1. Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. 2. Non se contempla dentro do horario tempo adicado á comunicación. 3.Insuficiente tempo para xestión de repositorios propios e trasladar a aula os cambios metodolóxicos. Organización de centro Non
Debilidade 1. Parte do profesorado completamente desactualizado e desmotivado para o uso das TICS 2. Moito profesorado eventual, que non permite a realización de proxectos a longo plazo. 3. Falta de desenvolvemento profesional continuo. 4. Falta de recoñecemento profesional ao profesorado implicado nas TICs Persoal docente Non
Debilidade 1.Falta de implicación por parte doutros membros do colectivo. Persoal non docente Non
Fortaleza 1.Uso habitual de contornas virtuais. Boa predisposición de cara ao uso das TICs Alumnado Non
Fortaleza 1.Uso habitual de ABALAR. Matriculación online Familias Non
Fortaleza 1. Equipamento 2.Web propia e intranet 3.Comunicación diaria de faltas ás familias por DINAHOSTING 4.Aula de Audiovisuais ben equipada Infraestruturas Non
Fortaleza 1.Materia optativa en Bacharelato "Deseño e impresión 3D" Oferta Non
Fortaleza 1. Desenvolvemento dixital continuo dende dende a primeira rede de centros TIC. 2. Uso de contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado (Moodle e outros). 3.Web de xestión interna. Organización de centro Non
Fortaleza 1. Parte do profesorado moi competente e actualizado no uso das TICS. 2. Apoio da equipa directiva aos proxectos TIC. Persoal docente Non
Fortaleza 1. Secretaría implicada e colaboradora, formándose voluntariamente. Persoal non docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Falta de horario do profesorado. Traballo "voluntario". 2. Lentitude en certas tramitacións relacionadas con equipamento, averías, etc. 3.Falta de coherencia entre o que se nos esixe e o que se nos facilita. 4.Falta de usabilidade do XADE, e en xeral en todas as plataformas facilitadas pola administración. 5.Lentitude nos progresos das novas plataformas que se ofertan, e nalgúns casos nunca se chegan a poñer funcionamento. Administración educativa Non
Ameaza 1.Non hai ANPA Non
Ameaza 1. Falta de competencia dixital de algunhas familias. 2. Falta de recursos económicos. Pirámide poboacional invertida, envellecida. Familias dependentes dos avós. 3. O uso do transporte limita ao alumnado para acceder a cursos complementarios e actividades fora do horario habitual. 4. Falta de acceso á rede en núcleos afastados que impide a realización de certas tarefas dixitais. Contorna Non
Ameaza 1. A lexislación é unha ameaza en si mesma. Os cambios continuos non facilitan o noso traballo. 2.Incoherencia entre o que se nos esixe ao profesorado en protección de datos e acceso ás plataformas e o que se lle esixe ao alumnado. Lexislación Non
Oportunidade 1. Colaboración co Concello e outras entidades privadas e pública (Mancomunidade, Fundación Curros). Contorna Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
MELLORAR O EQUIPAMENTO INFORMÁTICO NAS AULAS PARA EVITAR QUE O PROFESORADO TEÑA QUE USAR O PROPIO. (C2)
ACADAR RECOÑECEMENTO HORARIO AO PROFESORADO IMPLICADO NO PLAN DIXITAL (D)
TRABALLAR COMPETENCIAS ALFIN PARA QUE O ALUMNADO MELLORE AS SÚAS HABILIDADES PARA CONTRASTAR E VERIFICAR INFORMACIÓN. (H5)

Seguimento

Procedemento

O seguimento do PD realizarase mediante dúas vías:

A liña do PFPP solicitada para tal fin.

As reunións co noso asesor ADIF.

1º Trimestre

O obxectivo relativo á compensación horaria para os docentes participantes do plan NON SE ACADOU. 

2º Trimestre

Acadado parcialmente o relativo á mellora dos equipos de aula para facelos máis cómodos e ergonómicos.

Acadado parcialmente o relativo a ALFIN, cos materiais xa elaborados pero todavía non difundidos suficientemente.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual valorar o estado da execución das accións por se houbera que modificar algunha cuestión, ademais de ir recollendo propostas de mellora no sucesivo. Avaliación final: En cada obxectivo recóllese o valor de partida e o valor previsto, que serán os principais criterios de avaliación. De non acadarse os resultados esperados, abordaremos o mesmo obxectivo para o seguinte curso, no que supoñemos que se continuará o plan. Podería ser axeitado pasar ao profesorado unha enquisa de avaliación na que recoller as súas opinións sobre o plan dixital, tanto en no que a nós nos compete como en canto ao que lle compete á administración educativa.

Valoración xeral

Polo momento, a valoración non é moi entusiasta, nin dende o punto de vista do equipo de dinamización nin do resto do claustro.

Está consistindo en realizar bastante máis burocracia que medidas útiles, sen que a administración educativa resolva ningún problema (compensación horaria) nin reforce as dotacións.

Neste mesmo instante, o cambio de formato do documento do curso pasado a esta plataforma EDUCALIDADE, está mermando o tempo dos docentes e do equipo directivo para realizar cuestións máis útiles. Agardamos que permaneza, xa que o traballo está feito, por moitos anos, e non se cambien formatos e plataformas cada curso.

Por outra banda, o traballos dos CFRs, na persoa do noso asesor, e dos ADIF, están a ser, no noso caso, intachables. Máis ben é a contorna administrativa a que non nos entusiasma nin acabamos de ver útil.

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Poderá consultarse o plan na web do centro ( iescelanova.gal), no apartado "Documentos do Centro". Opcionalmente, e se o equipo oportuno, poderemos facer uso das redes sociais e blogs do centro, así como dalgún panel expositivo físico no que se dea conta do proceso e dos obxectivos.