Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución 1.

1. Datos básicos do centro

Este centro, situado a un quilómetro de Sobradelo e a seis de O Barco de Valdeorras, está construído na marxe esquerda do río Sil nuns terreos cedidos no seu momento pola compañía eléctrica Iberdrola e está formado por dous edificios claramente diferenciados, mais unidos por un corredor interior do que se pasa das aulas de primaria, sala de profesores, biblioteca e cociña ás aulas de secundaria, informática, dirección, xefatura de estudos, secretaría, departamentos e ximnasio.

O centro, construído no ano 1979 e renovado e ampliado no curso 98-99, está moi ben dotado canto a recursos de tipo material e tamén humano, xa que conta cun claustro habitual duns 17 docentes, cuxo único problema é que é de carácter transitorio, habendo cada ano poucos definitivos. Así e todo, conséguese ó longo de cada curso un bo clima de traballo e implicación.

O CPI Tomás Terrón Mendaña conta coas seguintes instalacións: . • 1 aula de infantil. • 4 aulas para Primaria. . • Aula de apoio para Primaria. (PT) • Aula para audición e linguaxe. • 5 aulas para a ESO • 1 sala pequena para desdobres. • Aula de Apoio. • 5 salas destinadas a departamentos. Todas as aulas dispoñen de dotación dixital actualizada. Temos tamén as aulas correspondentes ás materias de tecnoloxía, informática e plástica, ademais dos correspondentes espazos destinados á cociña, comedor, biblioteca, sala destinada a reunións da ANPA e alumnos/as e aseos para alumnos e alumnas, e todos os demais servicios básicos para o persoal do centro.

Canto á cualificación profesional de todo personal docente que imparte neste centro, é a requerida legalmente polo decreto 07/1999 do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias. Os datos de identificación xerais do centro son:

CPI Tomás Terrón Mendaña Candís, s/n 32330 Sobradelo de Valdeorras (Carballeda) Código do centro: 32002781 Tel: 988335065 Web: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpitomasterroncarballeda/ E-mail: cpi.tomasterron.carballeda@edu.xunta.gal

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro Os/as alumnos/as que acoden ó noso centro, proceden de diversas aldeas próximas ó concello e a maioría son de Sobradelo, aínda que a tendencia actual é a do aumento da asistencia de alumnado procedente de O Barco de Valdeorras. Estes rapaces caracterízanse por pertencer a familias nas que o pai e nai traballan nas naves de lousa da zona e que por mor do seu horario laboral veñen pasando máis de oito horas fóra de casa, polo que a educación e coidado do seus fillos (sobre todo adolescentes) queda relegada a un segundo ou terceiro plano, sendo para a gran maioría deles o traballo e o benestar económico o máis importante e prioritario. Esta situación, que vén afectando a un 80% da poboación desta zona e que repercute de maneira negativa no desenvolvemento e futuro académico dos alumnos/as, vese reflectida a diario nas seguintes situacións: - Falta importante de motivación por parte dos rapaces de cara a obter bos resultados académicos. - Actitude desafiante de moitos alumnos nalgunhas materias (non en todas). - Problemas de comportamento que repercuten en ocasións en serios trastornos de conduta e que leva o profesorado a ter que tomar certas medidas máis efectivas de control: falar cos pais/nais, falar moi seriamente co alumno/a, reflexionar con el/ela, notificacións a servizos sociais, expulsións, procesos sancionadores, etc.; porén, todo isto en numerosas ocasións é en van. - Ansiedade, inquietude e moita présa por cumprir os dezaseis anos e poder ir traballar aínda sendo alumnos con posibilidades. - Falta de obxectividade nas familias, que na maioría dos casos apoian as conductas e actuacións do seus fillos/as cuestionando o labor do profesor/a. Así mesmo, e á parte destas características, o CPI Tomás Terrón ten as mesmas necesidades que calquera outro centro en canto a ter que atender a rapaces e rapazas que presentan unha gran diversidade e heteroxeneidade en canto a intereses (o que comentamos anteriormente), motivacións e capacidades. Así, tanto en educación infantil, primaria corno secundaria o Departamento de Orientación coa colaboración do equipo directivo e dos propios titores e profesores efectúa as pertinentes avaliacións psicopedagóxicas coa finalidade de diagnosticar canto antes a NEE, que nese intre exista e poder establecer as medidas de atención a diversidade que tanto de caracter preventivo como de intervención sexa preciso.

En outro orden, tratamos, debido a problemática da zona, de incidir e dar gran importancia á orientación académico-profesional para que a través dela os/as alumnos/as poidan ter a man a suficiente información e unha boa formación para busca da devandita información, e así poder elexir libre e obxetivamente a súa vocación académica e profesional e para que non se queden só coa saída do mundo laboral tan pronto cumpran a idade obrigatoria.

En xeral este centro constitúe, de momento un punto de referencia importante na zona, debido, entre outros motivos, non só ó horario que ofrece este centro -adáptase á demanda da contorna-, senón que tamén o feito de non participar no programa E-dixgal e continuar a empregar libros de texto convencionais en combinación co dixital, fai que se favoreza o aumento de matrículas de alumnos que veñene “fuxindo” de E-dixgal.

Horario do centro: Luns e martes: 9 h. - 15.45 h. Mércores, xoves e venres: 9 h. - 15:15 h

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Interno
32 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Verificar a calidade da información. Alumnado Non
Debilidade 2. Creación de contido. Alumnado Non
Debilidade 3. Aprender a comunicarse. Alumnado Non
Debilidade 4. Aprender a codificar e programar. Alumnado Non
Debilidade 1. En xeral as familias teñen baixo nivel na competencia dixital. Familias Non
Debilidade 2. Non fan un control parental axeitado, no uso de dispositivos dixitais. Familias Non
Debilidade 3. Fan unha mala escolla nos dispositivos dixitais para os seus fillos/as. Familias Non
Debilidade 2. Existe brecha dixital entre diferentes componentes da comunidade educativa. Infraestruturas Non
Debilidade 3. Falta apoio para abordar retos. Infraestruturas Non
Debilidade 1. A asistencia técnica que nos ofrece a xunta non é nin sinxela de tramitar nin rápida. Infraestruturas Non
Debilidade 1. Non se ofertan actividades extraescolares relacionadas coa competencia dixital. Oferta Non
Debilidade 1. Pouca disponibilidade horaria para xestións TIC. Organización de centro Non
Debilidade 1. Colaboración do alumnado, xa que moitas veces non responden as tarefas encomendadas a través de plataformas dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Implicación do alumnado, xa que as veces bótase de menos maior implicación. Persoal docente Non
Debilidade 3. Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Debilidade 4. Pensamento computacional. Persoal docente Non
Debilidade 1. Debido as características do centro non dispoñemos de persoal non docente que sería necesario (administrativo, conserxe,....) Persoal non docente Non
Fortaleza 1. En xeral temos alumnado cun comportamento seguro. Alumnado Non
Fortaleza 2. En xeral temos alumnado cun comportamento responsable. Alumnado Non
Fortaleza 1. Económicamente as familias, en xeral, poden afrontar gastos relacionados cos medios dixitais. Familias Non
Fortaleza 2. Dado o pequeno número de alumnos/as, a interacción coas familias é rápida e eficaz. Familias Non
Fortaleza 1. O centro dispón de bos dispositivos dixitais para a ensinanza Infraestruturas Non
Fortaleza 2. Actualmente o centro ten un acceso a Internet moi aceptable. Infraestruturas Non
Fortaleza 3. O centro dispón de bos dispositivos dixitais para o aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza 4. As infraestructuras en xeral do centro son axeitadas. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Se oferta a materia optativa de TIC. Oferta Non
Fortaleza 1. Existe boa comunicación organizativa. Organización de centro Non
Fortaleza 2. Usanse tecnoloxías para mellorar a comunicación (web, whatsapp). Organización de centro Non
Fortaleza 3. Existe unha boa xestión do material informático. Organización de centro Non
Fortaleza 3. Adaptación as necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza 1. No presente curso a maioría dos docentes coñecen e usan recursos educaivos en línea. Persoal docente Non
Fortaleza 2. Coincidencia na línea de pensamento respecto a competencia dixital. Persoal docente Non
32 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. A administración facilita ferramentas dixitais pouco operativas e intuitivas. Administración educativa Non
Ameaza 2. Estase a promover unha conectividade permanente os entornos dixitais moi preocupantes. Administración educativa Non
Ameaza 1. Teñen un déficit de oferta e alternativas para o seu tempo de lecer. Contorna Non
Ameaza 2. Dado a situación moitas veces os problemas meteorolóxicos afectan a conectividade. Contorna Non
Ameaza 1. A lexislación é ineficiente. Lexislación Non
Ameaza 1. Ningunha entidade debería representar unha ameaza. Outras Non
Oportunidade 2. Aproveitar o momento para a reflexión necesaria do xeito de afrontar a mellora da competencia dixital. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Optimización de recursos. Administración educativa Non
Oportunidade 3. Acercamento a realidade, consultando a comunidade educativa. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Non existe no centro. ANPA Non
Oportunidade 1. Dado a localización e o entorno do colexio, temos unha oportunidade para a desconexión dixital. Contorna Non
Oportunidade 2. Oportunidade de interconexión entre eles e coa natureza que os rodea. Contorna Non
Oportunidade 1. É o momento de regular o uso de ferramentas dixitais de maneira eficaz. Lexislación Non
Oportunidade 1. Sería bo momento para que o Concello se implicase máis co centro. Outras Non
Oportunidade 2. Unha biblioteca sería moi necesaria no concello. Outras Non
Oportunidade 4. Fomento de asociacións culturais. Outras Non
Oportunidade 3. Fomento de entidades deportivas. Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD FORMAR FAMILIAS/TUTORES SOBRE A PERIGOSIDADE DE APLICACIÓNS DIXITAIS
02PD Formar para a preservación da saúde emocional ao respecto dos riscos do uso excesivo dos dispositivos e redes sociais.
03PD Empregar periodicamente a Aula Virtual
04PD EMPREGAR FERRAMENTAS DIXITAIS PARA AVALIAR

Seguimento

Procedemento

Unha vez realizada a avaliación diagnóstica inicial, procederase á realización de enquisas sobre o cumprimento do obxectivo marcado, así como rúbricas que se adapten ás necesidades do momento. As ferramentas diagnósticas decidiranse tendo en conta todas as variábeis expostas anteriormente. Canto á temporalización desta avaliación, realizarase, cando menos, unha vez por trimestre, podéndose adaptar estes tempos segundo as necesidades particulares de docentes e discentes.

1º Trimestre

ACTA #COMPDIGEDU/ADIX DE VISITA A CENTRO EDUCATIVO / XANEIRO
Nome do centro 32002781-CPI Tomás Terrón Mendaña
Data e hora da visita Luns, día 06/02/2023, ás 12:50 horas
Enderezo Sobradelo. Carballeda de Valdeorras. 32330. Ourense.
Teléfono 988335065
Correo electrónico cpi.tomas.terron.carballeda@edu.xunta.gal
Páxina web
https://www . edu.xunta.gal/centros/ cpitomasterroncarballeda/
Acceso na web ao plan dixital de centro:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpitomasterroncarballeda/node/
709
Redes sociais
Director/a Berta Gudiña Barrio
Coordinador/a EDPD
#CompDigEdu
Marcos Canedo Prada
Acordos adoptados con
accións recomendadas
-No que vai de trimestre estívose a elaborar nos grupos de traballo do PFPP as enquisas previstas na acción A01.3 sobre os riscos e perigosidade das aplicacións dixitais e a de diagnose inicial para analizar a realidade de cada aula segundo o previsto na acción A02.1 para a partires deses datos elaborar o diario emocional persoal co que traballar a preservación da saúde emocional prevista neste segundo obxectivo do plan dixital do centro.
-Seguirase durante este trimestre coa elaboración de actividades e emprego de ferramentas de avaliación axeitadas dentro da contorna dixital da aula virtual segundo se prevé nas accións A03.2 e A04.2 do plan dixital do centro.
Recollida de boas prácticas innovadoras
Planificou formación específica sobre competencia dixital (a través dun PFPP)
Dentro do marco do PFPP creouse grupo de traballo na liña de plan
dixital
Outros acordos/observacións
Data vindeira visita prevista
Luns, día 06 de marzo de 2023, ás 12:50 horas
Sinatura ADIX Sinatura coordinador/a do equipo de dinamización do PD
#CompDigEdu /

2º Trimestre

ACTA #COMPDIGEDU/ADIX DE VISITA A CENTRO EDUCATIVO / MARZO
Nome do centro 32002781-CPI Tomás Terrón Mendaña
Data e hora da visita Luns, día 27/03/2023, ás 12:50 horas
Enderezo Sobradelo. Carballeda de Valdeorras. 32330. Ourense.
Teléfono 988335065
Correo electrónico cpi.tomas.terron.carballeda@edu.xunta.gal
Páxina web
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpitomasterroncarballeda
/
Acceso na web ao plan dixital de centro:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpitomasterroncarballeda
/node/709
Redes sociais
Director/a Berta Gudiña Barrio
Coordinador/a EDPD
#CompDigEdu Marcos Canedo Prada
Acordos adoptados con accións recomendadas
-Neste trimestre os grupos de traballo do PFPP elaboraron e realizaron as enquisas previstas na acción A01.3 sobre os riscos e perigosidade das aplicacións dixitais tanto ás familias como ao alumnado así como a diagnose inicial coa que analizar a realidade de cada aula segundo o previsto na acción A02.1. Queda adiada para o terceiro trimeste a elaboración a partires deses datos dun diario emocional persoal co que traballar a preservación da saúde emocional prevista neste segundo
obxectivo do plan dixital do centro.
-Neste trimestre seguiuse a traballar na elaboración de actividades e emprego de ferramentas de avaliación axeitadas dentro da contorna dixital da aula virtual segundo se prevé nas accións A03.2 e A04.2 do plan dixital do centro. Da súa implementación/avaliación segue prevista a comunicación a través do foro habilitado ao respecto. Este tipo de accións está conlevando o aumento de demanda do emprego da aula de informática polas distintas materias do centro.
-O centro estivo traballando na introdución do vixente plan dixital na plataforma Educalidade aberta neste trimestre para todos os centros
Recollida de boas prácticas innovadoras
Planificou formación específica sobre competencia dixital (a través dun PFPP)
Dentro do marco do PFPP creouse grupo de traballo na liña de plan dixital
Outros acordos/observacións
Data vindeira visita prevista Luns, día 08 de maio de 2023, ás 12:50 horas
Sinatura ADIX Sinatura coordinador/a do equipo de dinamización do PD
#CompDigEdu /

3º Trimestre

ACTA #COMPDIGEDU/ADIX DE VISITA A CENTRO EDUCATIVO / XUÑO
Nome do centro 32002781-CPI Tomás Terrón Mendaña
Data e hora da visita Luns, día 12/06/2023, ás 12:50 horas
Enderezo Sobradelo. Carballeda de Valdeorras. 32330. Ourense.
Teléfono 988335065
Correo electrónico cpi.tomas.terron.carballeda@edu.xunta.gal
Páxina web
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpitomasterroncarballeda/
Acceso na web ao plan dixital de centro:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpitomasterroncarballeda/node/
709
Redes sociais
Director/a Berta Gudiña Barrio
Coordinador/a EDPD
#CompDigEdu
Marcos Canedo Prada
Acordos adoptados con accións recomendadas
01.-Respecto do obxectivo no.01 “Formar ás familias/titores sobre a perigosidade de aplicacións dixitais”
01A.-Realización das accións planificadas para acadar este obxectivo
-No primeiro trimestre realizáronse as accións A01.1 e A01.2 previstas para este obxectivo
-No segundo trimestre os grupos de traballo do PFPP elaboraron e realizaron as enquisas previstas na acción A01.3 sobre os riscos e perigosidade das aplicacións dixitais tanto ás familias como ao alumnado.
-No terceiro trimestre non se realizou a actividade coa Garda Civil correspondente ao Plan Director e prevista na acción A01.4 así como a valoración final prevista na acción A01.5
01B.-Valores acadados nos indicadores deste obxectivo
Para este obxectivo marcouse o seguinte indicador no que se obtiveron os seguintes valores:
¿ Cumprimento das actividades propostas
¿ valor de partida: 1
¿ valor previsto: 5
¿ valor acadado: 4
01C.-Conclusión
Á vista da realización das accións anteriormente referidas e os valores acadados nos indicadores sinalados, considérase parcialmente acadado este obxectivo.
02.-Respecto do obxectivo no.02 “Formar para a preservación da saúde emocional ao respecto dos riscos do uso excesivo dos dispositivos e redes sociais”.
02A.-Realización das accións planificadas para acadar este obxectivo
-A fins do segundo e comezos do terceiro trimestre os grupos de traballo do PFPP realizaron a partires dos datos obtidos nas enquisas referidas anteriormente e previstas na acción A01.3 sobre os riscos e perigosidade das aplicacións dixitais unha diagnose inicial coa que analizar a realidade de cada aula segundo o previsto na acción A02.1.
-No terceiro trimestre e en relación ás accións A02.2 e A02.3 do plan dixital, o centro acordou ofertar ao alumnado que instalase nos móbiles o aplicativo AppBlock co que levar un control de tempo e estadística das prestacións mais empregadas para logo reflexionar sobre a incidencia dos resultados obtidos na preservación da saúde emocional
-No terceiro trimestre realizouse a posta en común e un debate nos diferentes grupos en relación á valoración prevista como acción A02.5 do plan.
02B.-Valores acadados no indicador deste obxectivo
Para este obxectivo marcouse o seguinte indicador no que se obtiveron os seguintes valores:
¿ Cumprimento das actividades propostas
¿ valor de partida: 1
¿ valor previsto: 5
¿ valor acadado: 5
02C.-Conclusión
Á vista da realización das accións anteriormente referidas e os valores acadados no indicador sinalado, considérase acadado este obxectivo.
03.-Respecto do obxectivo no.03 “Empregar minimamente a Aula Virtual”
03A.-Realización das accións planificadas para acadar este obxectivo
-No primeiro trimestre elaboráronse unhas taboas para recoller información por parte do profesorado sobre o emprego que está facendo da Aula Virtual
-Ao longo dos tres trimestres constátase un seguemento positivo das accións previstas en relación a este obxectivo no plan dixital a partires da recollida de información aportada polo profesorado do centro nas taboas deseñadas para tal fin así como polo aumento de horario de solicitude/emprego da aula de informática do centro.
-No terceiro trimestre o claustro realizou a valoración sobre o emprego da aula virtual prevista na acción A03.3 do Plan Dixital.
03B.-Valores acadados no indicador deste obxectivo
Para este obxectivo marcáronse os seguintes indicadores no que se obtiveron os seguintes valores:
¿ Emprega a aula virtual un mínimo dunha vez ao trimestre dentro do horario lectivo
¿ valor de partida: 1
¿ valor previsto: 3
¿ valor acadado: 3
¿ Emprega a aula virtual un mínimo de dúas veces ao trimestre fóra do horario lectivo
¿ valor de partida: 1
¿ valor previsto: 3
¿ valor acadado: 3
03C.-Conclusión
Á vista da realización das accións anteriormente referidas e os valores acadados no indicador sinalado, considérase acadado este obxectivo.
04.-Respecto do obxectivo no.04 “Empregar ferramentas dixitais para avaliar”
04A.-Realización das accións planificadas para acadar este obxectivo
-No primeiro trimestre elaboráronse unhas taboas para recoller información por parte do profesorado sobre o emprego que está facendo de ferramentas dixitais para avaliar
-Ao longo dos tres trimestres constátase un seguemento positivo das accións previstas en relación a este obxectivo no plan dixital a partires da recollida de información aportada polo profesorado do centro nas taboas deseñadas para tal fin
-No terceiro trimestre, a partires das táboas compartidas en drive e nas que o profesorado indicou as ferramentas empregadas, realizouse a valoración prevista sobre o cumprimento deste obxectivo.
04B.-Valores acadados no indicador deste obxectivo
Para este obxectivo marcouse o seguinte indicador no que se obtiveron os seguintes valores:
¿ Emprega, cando menos, unha ferramenta dixital ao trimestre
¿ valor de partida: 0
¿ valor previsto: 3
¿ valor acadado: 3
04C.-Conclusión
Á vista da realización das accións anteriormente referidas e os valores acadados no indicador sinalado, considérase acadado este obxectivo.
Recollida de boas
prácticas innovadoras
Planificou formación
específica sobre
competencia dixital (a
través dun PFPP)
Dentro do marco do PFPP creouse grupo de traballo na liña de plan
dixital
Outros
acordos/observacións
Data vindeira visita
prevista
Sinatura ADIX Sinatura coordinador/a do equipo de dinamización do PD
#CompDigEdu /

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Unha vez realizada a avaliación diagnóstica inicial, procederase á realización de enquisas sobre o cumprimento do obxectivo marcado, así como rúbricas que se adapten ás necesidades do momento. As ferramentas diagnósticas decidiranse tendo en conta todas as variábeis expostas anteriormente. Canto á temporalización desta avaliación, realizarase, cando menos, unha vez por trimestre, podéndose adaptar estes tempos segundo as necesidades particulares de docentes e discentes.

Tendo en conta os resultados obtidos durante a avaliación inicial e procesual chegarase a unha serie de conclusións que se recollerán convenientemente no Plan Dixital ao final de cada curso traducidas en propostas de mellora.

Valoración xeral

A valoración xeral foi positiva.

Todo o claustro comparte o enfoque que se lle da máis humanista o plan dixital, facendo incapé no traballo en saude emocional e o bo uso dos dispositivos dixitais.

Proposta de mellora

Como propostas de mellora temos 2 salientables:

  1. Contar con persoas especialistas para unhas posibles charlas sobre o bo uso de dispositivos dixitais.
  2. Enfocar traballos básicos a nivel informático, xa que o alumnado vese que está capacitado para facer un uso de aplicacións de móvil, pero menos capaz no envío de simples e-mails, garda de archivos, documentos ou creación de carpetas, por exemplo.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A publicidade e difusión do Plan Dixital do centro, no que están involucradas tanto as familias, como o alumnado e todos os membros da comunidade educativa, levarase a cabo a través da súa publicación na páxina web do centro para que todos teñan acceso ao mesmo. Así mesmo, haberá unha copia impresa na secretaría do centro para a súa consulta.