Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE

O marco normativo que promove e regula a elaboración do Plan Dixital do Centro ven expresado nas seguintes disposicións:

 Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, tendo en conta as modificacións na súa redacción introducidas pola Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro.

   A Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato no curso 2021-2022

  A Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

   A  Resolución de  2 de  xullo de  2020, da  Dirección Xeral  de Avaliación     e Cooperación Territorial, pola que se publicou o Acordo da Conferencia Sectorial da Educación sobre o marco de referencia da competencia dixital docente así como a súa actualización na recente Resolución do 4 de maio de 2022

 As estratexias Galicia Dixital 2023 e Educación Dixital 2030, o Decreto 123/2021, de 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a súa certificación.

CONTEXTUALIZACIÓN  DO PLAN DIXITAL NO CENTRO. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro

(fonte información: PEC, IGE e PAXC)

 O centro está situado no concello de Os Blancos. A procedencia do alumnado ven sendo dos concellos que abaixo se expresan:

Concello: Os Blancos Superficie: 47,56 Nº Parroquias: Poboación (2021): 745

Concello: Calvos de Randín Superficie: 97,87 km2 Nº de Parroquias: 9 Poboación: 717

Ambos concellos pertencen á comarca de A Limia a cal é unha comarca eminentemente rural que amosa os seguintes rasgos:

 Distribución bastante igualada en xeral entre homes e mulleres dos censos poboacionais

Envellecemento demográfico. Crecemento vexetativo baixo. Por idades, predominio da franxa poboacional entre 16 e 64 anos.

Crecemento demográfico negativo en xeral na zona

Segundo a actividade económica, o sector servizos é o que proporciona maior cantidade de ocupacións seguido da agricultura. Moi escasa a poboación con ocupación na industria.

 Existencia dunha importante cabana de gando bovino e porcino.

 Importancia de explotación.

 Importancia da agricultura. Explotacións agrarias en xeral minifundistas. Variedade de cultivos segundo a latitude. Importancia da plantación da pataca.

O comercio desenvólvese xeralmente en negocios familiares.

 Desenvolvemento dun turismo rural sensibilizado co entorno natural e artístico da comarca.

Contexto resultante da Enquisa ás familias sobre Equipamento e Competencia Informática (fonte información: PXA 2021-2022)

 Etapa educativa

Non teñen Internet: Infantil: 0

Non teñen ordenador: Primaria: 0

Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O proxecto educativo do centro contempla como obxectivo para todas as etapas educativas o emprego das TIC tanto por parte do alumnado como do profesorado.

Contribución a Programación Xeral Anual do curso 2021-2022

   A realización do Plan Dixital estaba prevista nos obxectivos específicos da PXA 2021-2022.

 O Plan Dixital contribúe a “Optimizar os recursos e servizos dixitais educativos que nos oferta a Consellería” previsto como obxectivo específico e) na PXA 2021-2022

Contribución a Programación Xeral Anual do curso 2022-2023

O plan de formación permanente de profesorado do centro para este curso e o seguinte xa conta cunha liña de formación dentro dun grupo de traballo no plan dixital de centro.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Conectividade e Infraestruturas de voz e datos do centro

O centro participa no convenio “Escolas conectadas”, e as xestións da Consellería de Educación a través de AMTEGA buscan acadar o acceso á banda ancha ultrarrápida que favoreza a súa completa dixitalización e que a conexión a Internet poida ser empregada simultaneamente por docentes, persoal administrativo e alumnado sen esperas nin cortes non axeitados.

Os centro está integrado dentro da Rede Corporativa de Datos da Xunta de Galicia (RCDXG).

A rede interna do centro educativo segue unha tipoloxía de tipo árbore e componse de: O armario rack principal atópase na planta superior, na aula de AL. Neste armario atopamos:

-o router, que xestiona o acceso e a conexión de toda a rede interna do centro coa Rede Corporativa da Xunta a través das liñas de datos contratadas pola propia Xunta de Galicia cos distintos provedores de internet que dan servizo nos centros educativos

-o switch principal ou switch Abalar na que converxe toda a rede interna do centro educativo e ao que está conectado o router.

-O servidor do centro, que forma parte da estrutura dos centros Abalar/Edixgal

-Switchs secundarios ubicados no propio armario principal.

Os puntos de acceso WIFI que dan cobertura ao centro emiten un sinal SSID:

-a conexión WIFI edu.xunta.gal é unha conexión que require configuración e autenticación corporativa.

-Equipamento dispoñible no centro

Dirección: Un equipo de sobremesa, unha impresora, un escáner

Sala de mestres/as: Fotocopiadora e escáner Ricoh en branco e negro

Aula Ed. Infantil: Equipo de sobremesa, impresora,  ordenador portátil, proxector.

Aula 1 de EP: Equipo de sobremesa, impresora, ordenador portátil, proxector e EDi

Aula 2 de EP: Equipo de sobremesa, impresora, ordenador portátil, proxector e EDi

Aula 3 de EP: Equipo de sobremesa, impresora, ordenador portátil, proxector e EDi

Aula de AL: Un equipo de sobremesa e impresora.

Biblioteca: Dous equipos de sobremesa, dous escáneres, unha impresora

De uso común: Catro táblets

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para realizar a matriz DAFO, tivéronse en conta os seguintes documentos: informa SELFIE, informe test CDD e a análise cualiativa.

Interno
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non dan suficiente mérito ó traballo de outras persoas coas Tics. Alumnado Non
Debilidade Non empregan as tecnoloxías dixitais para comunicarse. Familias Si
Debilidade Non contan con infraestruturas dixitais suficientes. Familias Non
Debilidade Non teñen facilidade de aceso a internet Familias Si
Debilidade Non contamos con suficientes espazos físicos para traballar coas TICS Infraestruturas Si
Debilidade Non empregamos as Tics para fomentar a creatividade. Oferta Non
Debilidade Non utilizamos as Tics como recurso para reflexionar sobre a súa aprendizaxe. Oferta Si
Debilidade O profesorado non emprega as Tics para que o alumnado reflexione sobre o seu traballo. Organización de centro Non
Debilidade Non dispomos de tempo para explorar o ensino dixital. Persoal docente Si
Debilidade .Non intercambiamos experiencias dentro da comunidade educativa. Persoal docente Non
Debilidade Non utilizamos as Tics para fomentar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Non empregamos as Tics para fomentar a creatividade. Persoal docente Si
Debilidade Non intercambiamos experiencias dentro da comunidade educativa Persoal non docente Non
Fortaleza Contamos con infraestrutura dixital suficiente Alumnado Non
Fortaleza Actúa de maneira segura en internet. Alumnado Non
Fortaleza Actúa de maneira responsable en internet Alumnado Non
Fortaleza Comunicamonos empregando as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza As familias colaboran en todo o relacionado coas Tics. Familias Non
Fortaleza Contamos con dispositivos dixitais para o seu uso Infraestruturas Non
Fortaleza Contamos con infraestrutura dixital suficiente Infraestruturas Non
Fortaleza Facilidade de aceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Contamos con asistencia técnica cando xorden problemas Infraestruturas Non
Fortaleza Contamos con sistema de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza Apoio do equipo directivo a hora de probar novas formas de ensinanza. Oferta Non
Fortaleza Avaliamos o noso progreso en materia de ensinanza - aprendizaxe coas Tics. Oferta Non
Fortaleza Empregamos as Tics como medio de avaliación Oferta Non
Fortaleza Empregamos as Tics como medio de avaliación Oferta Non
Fortaleza Empregamos as Tics para facilitar a retroalimentación. Oferta Non
Fortaleza Empregamos as Tics para reforzar a aprendizaxe. Oferta Non
Fortaleza Contamos con estratexias dixitais suficientes Organización de centro Non
Fortaleza Contamos con dispositivos dixitais suficientes Organización de centro Non
Fortaleza Contamos con facilidade de aceso a internet no noso centro. Organización de centro Non
Fortaleza Debatemos sobre as vantaxes e desvantaxes das Tics. Organización de centro Non
Fortaleza Contamos con estratexias dixitais Persoal docente Non
Fortaleza .Avaliamos o noso progreso en materia de ensinanza - aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Buscamos recursos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza .Implicamos ó noso alumnado coas Tics Persoal docente Non
Fortaleza Adaptamos o noso método de ensinanza as Tics Persoal docente Non
Fortaleza Creamos recursos dixitais novos Persoal non docente Non
Fortaleza Buscamos recursos dixitais novos Persoal non docente Non
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non contan con infraestruturas dixitais suficientes Administración educativa Non
Ameaza Falta de existencia de proxectos externos ANPA Non
Ameaza Pouca posibilidade de acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo Contorna Si
Ameaza Non contamos con estratexia dixital Lexislación Non
Ameaza Escaso apoio do concello no que a infrastructuras dixitais se refire. Outras Non
Oportunidade Contamos no centro con suficientes dispositivos dixitais para o seu uso Administración educativa Non
Oportunidade Importante colaboración da Anpa en todo o relacionado coas tecnoloxías da información e comunicación ANPA Non
Oportunidade .Colaboración con institucións alleas ó centro Contorna Non
Oportunidade Boa relación coa ANPA Contorna Non
Oportunidade .Importante colaboración coas familias Contorna Non
Oportunidade Coñecemos as normas sobre o dereito de autor e as licenzas de uso Lexislación Non
Oportunidade .Emprego das TICS en colaboración con outras organizacións Outras Non
Oportunidade Colaboración con entidades externas ó centro Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD , analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas, xunto ca reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, observanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presente análise DAFO sinaladas a a maior parte delas cunha puntuación en base a cal,  de xeito cuantitativo, establácense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de  prioridades as que nos propoñemos aatender en difernentes temporalizacións. Aquelas que son de atención más urxente, serán as que  nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convertindo os items en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar na seguridade e responsabilidade do alumnado no manexo das novas tecnoloxías e tomar medidas para garantir sempre a integridade e veraci-dade da información que se colle de Internet.
O02PD Fomentar a formación do profesorado para o emprego dos Entornos Virtuais de Aprendizaxe.

Seguimento

Procedemento

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo.

A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Neste primer trimestre non se puido acadar o obxectivo plantexado, tivose que aprazar por distintas razóns e casuísticas do que significa ser un centro pequeno.

2º Trimestre

Neste segundo trimestre empezáronse a levar a cabo distintas actividades relacionadas co obxectivo 1, seguridade nas redes, desenvolvendose éstas de xeito satisfactorio.

3º Trimestre

No último trimestre acadamos o obxectivo número 1; a través dunha enquisa sobre seguridade nas redes, e xogos interctivos con actividades na aula virtual do centro.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual

No referido á avaliación do proceso, levaremos a cabo unha avaliación trimestral no que se dará conta do estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados, e de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

 

Avaliación final (revisión)

Ao finalizar o curso escolar, o Plan Dixital deberá ser valorado e proposto para revisión e mellora con aportacións de todos os sectores implicados da comunidade educativa do centro. Valorarase o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

En calquera caso, consideramos prioritaria a mellora da conectividade en todo o centro, a creación de aulas con maior dispoñibilidade de material de conexión á rede.

Valoración xeral

A valoración xeral do plan dixital non é de todo satisfactoria dado que non se acadaron todos os obxectivos propostos xa que o prazo proposto non era o suficiente amplo para levar a cabo polo que o segundo obxectivo aplázase para o próximo curso escolar.

Proposta de mellora

As propostas de mellora que se propoñen desde o centro educativo están relacionadas coa mellor temporalización das actividades, contar con máis recursos persoais así como definir mellor as actividades a levar a cabo ao comezo do próximo curso escolar. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital, procederase á publicar na web do centro todo o contido anteriormente referido ademais dunha ligazón para a descarga do plan na súa redacción íntegra para que sexa divulgado ao resto da comunidade educativa e a disposición de quen desexe.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipblancos/node/60