Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  •  A nivel xeográfico o CEIP Luís Pimentel, está situado no Concello de Lugo, na zona norte da cidade e abarcando o barrio da Piringalla e zonas adxacentes.

O colexio non conta con servizo de transporte escolar, pero si de comedor, de xestión indirecta.

Os sectores de traballo dos pais/nais dos alumnos son principalmente os sectores secundario e terciario (servizos), sendo case inexistentes os pertencentes ao sector primario. Outro sector que tivo un incremento importante nos últimos anos é o de nenos pertencentes a familias inmigrantes, cuxos pais desempeñan traballos pouco cualificados no sector terciario na maioría dos casos.

O tipo de poboamento é urbano formado por núcleos nos que as vivendas están moi concentradas onde se erguen bloques de edificios con varios andares. Trátase do tipo ao que pertence a maioría do alumnado do centro, cuxos país residen en edificios de vivendas aínda que mantendo nos fins de semana a nas vacacións, vinculacións coas familias de orixe nas aldeas de onde proceden e onde residen aínda avós e outros familiares.

En xeral, os nenos e nenas atópanse limitados en canto á súa calidade de vida polas limitacións propias da vida urbana, con pouco contacto co medio rural e limitados polas xornadas laborais dos seus proxenitores. Con todo, a zona educativa é a zona de residencia da maioría dos alumnos, e goza da presenza nas súas inmediacións ou en zonas próximas de dotacións que melloran as súas posibilidades no tempo libre como: pavillón polideportivo, biblioteca pública, parques, xardíns, paseos, piscina municipal.

  •  Como queda reflectido no PEC, a actividade educativa vai dirixida entre outras a:

- Promover unha escola participativa, dinámica, flexible, traballadora, canalizadora das ideas e das propostas de todos e de todas.

- A  atención individualizada ao alumnado, tendo en conta as capacidades específicas de cada un.

- Promover proxectos de mellora e innovación.

Actividades nas que o PD pode contribuír a acadalas.

  •     PD é importante para desenvolver algún dos obxectivos do PEC  comoEducar ao alumnado para un bo uso das Tics( perigos e riscos das redes sociais e responsabilidade no tratamento dos contidos en rede)”, “lograr un sistema de comunicación áxil e eficaz entre toda a comunidade educativa ( Xade, Espazo Abalar, Web do centro...)”. Asemade, a súa contribución na PXA e nos distintos Plans do Centro é imprescindible.

1.2.  Breve xustificación do mesmo

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro.

No artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.

Este centro, como xa se mencionou anteriormente, é un CEIP de tres liñas, cun PEC actualizado o 26 de abril do 2022 e un equipo directivo que finaliza o seu mandato o 30 de xuño do presente ano.

Durante o presente curso escolar iníciase o Proxecto Dixital do noso centro, tendo en conta a seguinte normativa:

  • RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22.
  •  Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

1.3.  Proceso de elaboración

O Claustro do centro aceptou a candidatura da mestra M.L.C.D como mentora para formar parte dun equipo ADIX.

Os pasos a seguir para a implantación do Plan dixital neste curso 2021-2022, foron os seguintes:

1º paso,  novembro, a creación dos equipos ADIX.

2º paso , decembro, envío do cuestionario SELFIE.

3º paso, febreiro, Tests CDD, que tivo que cubrir todo o profesorado que se atopaba no centro neses momentos.

4º paso, DAFO, análise das dúas ferramentas anteriores.

5º paso, abril- marzo, para deseñar obxectivos e acción a seguir.

6º paso, xuño, aprobar o plan dixital no Consello Escolar.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do DAFO do noso Centro empregáronse os seguintes instrumentos de recollida de información:

1. Test SELFIE: Do 15 de novembro ao 5 de decembro de 2021.

2. Test CDD: Do 8 de febreiro de 2022 a 7 de marzo de 2022.

3. Recopilación das aportacións do profesorado para a elaboración do DAFO e realización do mesmo: Técnica dos post-it. 4 de abril de 2022.

 

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Pouca formación no uso das tecnoloxías na parte Académica (H). Alumnado Si
Debilidade Falta de tecnoloxía nos fogares para practicar. Familias Non
Debilidade Servicio Técnico insuficiente (C5). Infraestruturas Si
Debilidade Mal funcionamento dos ordenadores. (C2) Infraestruturas Si
Debilidade Falta de tempo en horario lectivo para TICs (A4). Organización de centro Si
Debilidade Escasa formación dixital de base para manexar as TICs (TCDD). Persoal docente Si
Debilidade Falta de formación específica ao longo do curso, en especial para Ed. Infantil (TCDD). Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo para adicarlles as TICs nas dinámicas de aula debido as ratios levadas. Persoal docente Non
Fortaleza Ordenador e pizarras en todas as aulas (C2) Infraestruturas Si
Fortaleza Compañeiros e compañeiras dispostos a axudar. Persoal docente Si
Fortaleza Boa dispoñibilidade do equipo TICs para solucionar os problemas. Persoal docente Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo por exceso de contidos para poder usar as TICs. Administración educativa Non
Ameaza Excesiva burocracia. Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo por parte dos mestres para dedicarlle á formación. Administración educativa Non
Ameaza Deterioro dalgúns medios informáticos, como as Pizarras interactivas (C2). Administración educativa Si
Oportunidade Cada vez hai máis cursos de formación en TICs. Administración educativa Si
Oportunidade A Consellería aposta polo desenvolvemento dos Plans Dixitais. Administración educativa Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE e o TCDD, o centro realizou unha análise DAFO(Debilidades, Ameazas, Fortalezas, Oportunidades) que permitiu o coñecemento da realidade do Centro no eido dixital e facilitou a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Deseñar e empregar procesos de ensino-aprendizaxe mixto
O02PD Dispoñer de asistencia técnica no Centro e renovación da Aula TIC.

Seguimento

Procedemento

Dado que o Plan Dixital é un documento que permite o coñecemento do centro no eido dixital, a súa revisión e avaliación é imprescindible; polo que, o procedemento de seguimento do desenvolvemento de dito plan e da consecución de obxectivos levarase a cabo, No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Accións realizadas no 1º Trimestre:

Obxectivo 1

AO1.1: Solicitada a formación específica para a AV.

Obxectivo 2

AO2.1: Reorganizados horarios con disponibilidade horaria suficiente para a coordinación TIC.

AO2.3: Elaborado un rexistro de incidencias técnicas do 1º Trimestre.

Outras accións:

Para facilitar a consecución do obxectivo 1 engadiuse unha nova acción, consistente en dotar e poñer en funcionamento tres carros móbiles con ordenadores portátiles para uso do profesorado e alumnado no Edificio Principal (1) e no Edificio Novo (2).

Posta en marcha e dinamización do proxecto Edixgal.

2º Trimestre

Obxectivo 1

AO1.2:  Organizadas varias unidades de aprendizaxe creadas polo profesorado.

AO1.3: Uso frecuente da A.V. na vida ordinaria do Centro.

Obxectivo 2

AO2.3 : Elaborado un rexistro de incidencias técnicas do 2º Trimestre.

Outras accións:

No mes de Xaneiro realizouse unha formación online sobre Aula Virtual para o profesorado do Centro á que asistíu unha porcentaxe significativa do Claustro.

No mes de marzo organizouse a instalación dos 14 novos Paneis Interactivos envíados pola Consellería.

Ao longo deste trimestre organizáronse os tres carros móviles cos ordenadores portátiles: un para o edificio principal e dous para o edificio novo. Tamén se facilitaron 12 ordenadores para o edificio de 3 anos para uso de alumnado.

Seguimento e axuda no desenrolo do proxecto Edixgal.

3º Trimestre

Obxectivo 1

AO1.2:  Organizadas varias unidades de aprendizaxe creadas polo profesorado principalmente nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

AO1.3: Uso frecuente da A.V. na vida ordinaria do Centro.

Obxectivo 2

AO2.2: : Acción pendente de nova dotación por parte da Consellería.

AO2.3 : Elaborado un rexistro de incidencias técnicas do 3º Trimestre.

Outras accións desenvoltas:

Organización de charlas sobre seguridade na rede e riscos de internet dentro do plan Navega con rumbo para alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria.

Dentro do Plan Director de mellora de seguridade escolar realizáronzse accións formativas vencelladas ao Acoso e a Navegación Segura.

No mes de Xuño desenrolouse unha formación presencial sobre os Paneis Dixitais Interactivos a cargo do asesor Abalar do Centro.

Seguimento do proxecto Edixgal, reorganización e posta a punto do equipamento para o vindeiro curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora que se reflectirán tamén na Memoria Anual do Centro.

Valoración xeral

A valoración da implementación do Plan Dixital ao longo deste curso foi en xeral positiva xa que unha parte importante do claustro implicouse na formación solicitada redundando nas prácticas metodolóxicas co alumnado  o que se viu reflectido na creación das unidades de aprendizaxe na A.V.

A dotación dos novos Paneis Interactivos supuxo tamén unha mellora na dotación de equipamento do centro.

Proposta de mellora

De cara ao vindeiro curso quedaría pendente de consecución a  AO2.2. (renovación de equipamento da aula Tic) correspondente ao obxectivo 2.

Consideramos que podería ser de interese o desenrolo de unidades de aprendizaxe ampliando as xa elaboradas intentando a ampliación ao resto dos cursos do centro, creando algún REA propio.

Dinamizar e poñer en marcha a futura dotación do Polo Creativo.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital, como os demais plans do centro, están a disposición da comunidade educativa na Páxina web do centro en O Centro>Secretaría >Documentos do centro Enlace Plan Dixital