Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O plan dixital do IES María Sarmiento pretende ser un instrumento de planificación integrado no Proxecto Educativo que persigue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe. Tal e como se indica na Guía de elaboración do Plan Dixital, este deberá ser “o instrumento que adecúe e facilite o emprego dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido dende o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado”. Para elo, engade, “é fundamental dar un enfoque de centro ao emprego dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de modo que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que de coherencia e guíe o emprego das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo, o Proxecto de Dirección e a Programación Xeral Anual (PXA). A referencia fundamental para que os centros desenvolvan o seu potencial dixital a través dun Plan é o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg), deseenvolvido polo Centro Común de Investigación (JRC, Joint Research Centre), da Comisión Europea. Este Marco é parte do estudio Furthering Innovative Education, posto en marcha pola Dirección Xeral de Educación Cultura da Comisión Europea e o Centro Común de Investigación– Instituto de Estudios de Prospectiva Tecnológica (IPTS). Este plan está concibido como un documento vivo que conten os acordos acadados no centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización de xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. Supón un compromiso por parte de toda a comunidade educativa. Cada un na medida das súas posibilidades e o seu nivel actual de formación.

O plan dixital pretende tamén servir como ferramenta que enlace e axilice todos os procedementos do centro tanto académicos como administrativos, tratando de que sexa unha axuda e unha mellora na propia xestión interna do IES María Sarmiento, contribuíndo coa mellora de medios e formación para quen a precise, e sirva tamén para a difusión do centro vía redes sociais, empregando as ferramentas dixitais necesarias. Para elo potenciaranse recursos como espazo abalar e abalar móbil, aula virtual, redes sociais, xestións de programacións, xade, rede wifi, recursos dixitais docentes, etc. Tentando en todo momento dispoñer dos medios máis axeitados e actualizados posibles para cumprir os nosos obxectivos.

Neste senso, o Plan Dixital pretende aportar un enfoque estratéxico para o desenvolvemento dun plan de acción dentro do centro educativo, no eido tecnolóxico, que permita acadar os obxectivos establecidos no Plan Funcional do centro, e con especial atención aos obxectivos estratéxicos que veñen de implantarse por primeira vez no presente curso 2021/22 na rede de centros integrados de formación profesional.

- Comezo do SELFIE e preguntas personalizadas: (Venres, 3 de Decembro de 2021)

Para a realización desta tarefa, tivemos colgado a nosa disposición, no taboleiro de anuncios da aula virtual, videotitoriais e unha guía pdf de seguemento para os coordinadores do centro para o rexistro e configuración do selfie, realización de cuestionarios etc.

O obxectivo desta ferramenta é axudar o centro a integrar as tecnoloxías dixitais empregando para iso a realización de tres tipos de cuestionarios que recollen a opinión dos membros do equipo directivo, profesorado e do alumnado por niveis, sendo de carácter voluntario é anónimo, compilando logo os resultados nun informe interactivo que identifica tantos os puntos fortes como débiles do centro en canto “a tecnoloxías dixitais”.

Informe de resultados do SELFIE

Para a realización desta tarefa entregouse o informe de centro SELFIE proporcionado pola aplicación.

Reunión online/por videoconferencia para presentar os equipos directivos/ coordinadores dos centros educativos, os pasos no proceso da redacción do Plan Dixital ( marco lexislativo e temporalización das acción).

Informe grupal do testCDD

Realización do test CDD en FPROFE por parte do profesorado dos centros , do 8 ao 28 de febreiro 2022. Enviouse un correo masivo ó profesorado coa ligazón ao test.

Rematado o prazo, recolleuse en pdf, o informe grupal do testCDD do centro. Este informe ofrece os resultados agrupados da autoreflexión do profesorado que participou. É dicir O nivel de competencia dixital e aínda que é orientativo, servirá para poder planificar a formación futura do profesorado no ámbito dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida de información utilizamos o DAFO e o test CDD

O obxectivo do DAFO e unha ferramenta para axudar ó centro a integrar as tecnoloxías dixitais empregando para iso a realización de tres tipos de cuestionarios que recollen a opinión dos membros do equipo directivo, profesorado e do alumnado por niveis, sendo de carácter voluntario é anónimo. Os datos compilados amósanse nun informe interactivo que identifica tantos os puntos fortes como débiles do centro en canto “a tecnoloxías dixitais”.

O test CDD este informe ofrece os resultados agrupados da autoreflexión do profesorado que participou. É dicir o nivel de competencia dixital e aínda que é orientativo, servirá para poder planificar a formación futura do profesorado no ámbito dixital.

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Insuficiente formación dixital do alumnado. Alumnado Si
Debilidade Escaso uso dos medios dixitais fora de hora de clase con fins de aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Pouca información previa sobre o uso de dispositivos dixitais. Alumnado Si
Debilidade Non todo o alumnado ten acceso a dispositivos dixitais (10%) Alumnado Si
Debilidade O uso da tecnoloxía é sobre todo con fins de ocio na ESO (80%) Alumnado Non
Debilidade Un 25% do alumnado precisa axuda para o traballo dixital. Alumnado Si
Debilidade Baixa competencia dixital Familias Non
Debilidade Non existe Ampa. Familias Non
Debilidade O alumnado debería poder usar os seus dispositivos personais. Infraestruturas Non
Debilidade Falla de espazos sobre todo para Bacharelato. Infraestruturas Si
Debilidade Hai unha queixa sobre o mantemento dos equipos. En FP ou Bacharelato, botan de menos dispositivos a disposición do alumnado e espazos de aprendizaxe dixital (non teñen Edixgal nin hai aulas TIC). Infraestruturas Si
Debilidade Non hai repositorios de materiais en liña. Infraestruturas Si
Debilidade Equipo dixital insuficiente. Infraestruturas Non
Debilidade Non hai acceso a ferramentas por parte do alumnado con NEE. Infraestruturas Non
Debilidade Non hai unha evaluación no centro dos progresos na dixitalización. Organización de centro Non
Debilidade Falta tempo para a exploración da ensinanza dixital. Organización de centro Non
Debilidade O profesorado e o alumnado botan de menos un debate sobre o uso da tecnoloxía. Creación dun foro en AV ou Edixgal para a xestión das titorias. Organización de centro Non
Debilidade Non temos responsable TIC, Edixgal e Plan de Formación Organización de centro Si
Debilidade Fallamos no traballo de xeito colaborativo. Persoal docente Non
Debilidade Non se valoran as destrezas adquiridas polo alumnado fora do centro educativo Persoal docente Non
Debilidade Non se fomenta a creatividade. Persoal docente Non
Debilidade O alumnado solicita maior retroalimentación por parte do profesorado Persoal docente Non
Debilidade Hai que mellorar a competencia dixital do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Un porcentaxe "importante" dos docentes, un 20% non se sinte seguro no uso de ferramentas dixitais Persoal docente Non
Debilidade Non hai uso de ferramentas dixitais no seu traballo Persoal non docente Si
Fortaleza Case todo o alumnado ten acceso a medios dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Estamos moi ben no aspecto técnico e na dotación de medios dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza Oferta educativa amplia Oferta Non
Fortaleza Involucrados na elaboración do Plan Dixital. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado emprega recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Experiencia no uso da Aula Virtual e Edixgal. Persoal docente Non
Fortaleza Plan de Formación Contínua. Persoal docente Non
Fortaleza A maioría do profesorado se sinte capacitado para o uso da tecnoloxía dixital. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega recursos dixitais. Persoal docente Non
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia. Pouca estabilidade no personal docente. Administración educativa Si
Ameaza Non hai ANPA. ANPA Non
Ameaza Posible descenso da poboación. Contorna Non
Oportunidade Debido á crise económica da comarca (Alcoa, Vestas,...) hai un acceso de alumnado que se está reciclando academicamente. Contorna Non
Oportunidade Ventaxas que se poden obter da implantacion da LOMLOE: Competencias. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración con entidades locais: Inem, Alcoa, Concello, empresas,... Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Traballamos na elaboración do informe dafo entre todo o equipo de dinamización do Plan Dixital:

- 1º repartimos dúas áreas do selfie para cada membro do grupo, para analizar individualmente as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades das mesmas.

- 2º Formulamos posibles ítems dese análise.

- 3º Posta en común dos ítems feitos, eleximos os máis axeitados e clasificámolos nas categorías correspondentes do táboa.

- 4º Elaboramos un informe DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades) do noso centro, partindo dos resultados dos informes selfie e seguindo os puntos da plantilla de folla de cálculo que se nos adxuntou na aula virtual.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Nomeamento dos responsables TIC do centro, Edixgal, e Plan de Formación.
O02PD Realizar reunións de FCT por videoconferencia cando se realicen as prácticas fora da Mariña Lucense
O03PD Establecer a firma electrónica para os documentos do Plan Dixital
O04PD Creación de espazos TIC con ordenadores portátiles-armario
O05PD Recuperar aulas TIC
O06PD Revisión periódica das aulas non edixgal e detección de necesidades
O07PD Confirmación de que todo o alumnado ten acceso a medios dixitais
O08PD Actualización dos ordenadores non Edixgal
O09PD Dotación de equipos dixitais adaptados alumnado con NEE
O10PD Xestión dos medios audiovisuais do Salón de Actos: nomear responsable e elaborar protocolo
O11PD Creación dun banco de recursos dixitais para alumnado, profesorado e familias
O12PD Mantemento do Plan de Formación do profesorado
O13PD Compartir coñecementos e habilidades profesionais de xeito voluntario.
O14PD Elaboración ou selección de titoriais e pílulas sobre recursos dixitais para o alumnado: correo electrónico, netiqueta, edixgal.
O15PD Elaboración de protocolos xerais para a utilización axeitada de materiais dixitais.
O16PD Deseño e posta en práctica dun portal centralizado da información do centro na Paxina Web

Seguimento

Procedemento

O seguimento do plan dixital faremos 2 reunións cada trimestre para detectar posibles fallos ou melloras na consecución dos obxectivos do plan dixital.

1º Trimestre

19-10-2022

Obxectivo 1: Nomeados todos os responsables.
Obxectivo 2: Estanse a realizar videoconferencias para
guiar o alumnado nas practicas no 1º trimestre.
Obxectivo 3: Fírmanse de forma dixital os documentos do
plan dixital pertencentes o Asesor ADIX
Obxectivo 4: Estase a preparar un armario con ordenadores
portátiles.
Obxectivo 5: De momento recuperamos a aula de Musica.
Obxectivo 6: Creouse un protocolo co responsable TIC do
centro.
Obxectivo 7: Pendente de elaboración
Obxectivo 8:Estanse a revisar os ordenadores do centro.
Obxectivo 9: Dispoñen de equipos adaptados.
Obxectivo 10: Estase a preparar un sistema de xestión do
salón de actos na aula virtual do centro.
Obxectivo 11: Pendente de realización
Obxectivo 12: En elaboración.
Obxectivo 13: Estase a preparar un curso no Plan Dixital
Obxectivo 14: Estanse a elaborar recursos
Obxectivo 15: En elaboración
Obxectivo 16: En elaboración, realizouse unha proposta na
aula virtual pendente de aprobación.

15-12-2022

Obxectivo 1: Nomeados todos os responsables.
Obxectivo 2: Estanse a realizar videoconferencias para guiar o alumnado nas practicas no 1º trimestre.
Obxectivo 3: Fírmanse de forma dixital os documentos do plan dixital pertencentes o Asesor ADIX
Obxectivo 4: Dispoñemos de un carro de portátiles no edificio roxo, e prepararemos outro para o edificio verde, estase recuperando 1 aula de informatica
Obxectivo 5: De momento recuperamos a aula de Musica, e en breve recuperaremos unha aula de informática.
Obxectivo 6: Esta funcionando un protocolo para a revisión dos equipos informáticos.
Obxectivo 7: Estanse a prestar ordenadores de brecha dixital o alumnado con necesidades.
Obxectivo 8:Estanse a revisar os ordenadores do centro, e actualizan os que o necesitan.
Obxectivo 9: Dispoñen de equipos adaptados.
Obxectivo 10: O responsable do Salón de actos e o Vicedirector e el que se encarga da súa utilización
Obxectivo 11: Creouse unha aula virtual para o profesorado onde compartimos recursos utilizados diariamente.
Obxectivo 12: A coordinadora elabora as liñas de PFPP e levas a cavo
Obxectivo 13: Estase a preparar un curso no Plan Dixital, e compartimos recursos na aula virtual creada.
Obxectivo 14: Estanse a utilizar recursos existentes en internet e empezamos a deseñar algún recurso.
Obxectivo 15: Utilizamos pilulas de identidade dixital
https://eventos-edu.xunta.gal/identidade-dixital
Obxectivo 16: Crease por parte do Coordinador dunha aula virtual a cal nos permite compartir non so información do centro tanto de funcionamento como docente.

 

2º Trimestre

21-3-2023

Obxectivo 1: Nomeados todos os responsables.
Obxectivo 2: Estanse a realizar videoconferencias para guiar o alumnado nas practicas no 1º trimestre.
Obxectivo 3: Fírmanse de forma dixital os documentos do plan dixital pertencentes o Asesor ADIX
Obxectivo 4: Dispoñemos de un carro de portátiles no edificio roxo, outro no verde, e temos habilitada a aula C1.
Obxectivo 5: Xa recuperamos a aula de Musica, e unha aula de informática a C1.
Obxectivo 6: Esta funcionando un protocolo para a revisión dos equipos informáticos.
Obxectivo 7: Estanse a prestar ordenadores de brecha dixital o alumnado con necesidades.
Obxectivo 8:Revisados e actualizados os ordenadores do centro.
Obxectivo 9: Dispoñemos de equipos adaptados.
Obxectivo 10: O responsable do Salón de actos e o Vicedirector e el que se encarga da súa utilización
Obxectivo 11: Creouse unha aula virtual para o profesorado onde compartimos recursos utilizados diariamente.
Obxectivo 12: A coordinadora elabora as liñas de PFPP e levas a cavo
Obxectivo 13: No grupo de Plan Dixital estase a usar Symbaloo e Sites para dar a coñecer as diferentes aplicacions utilizadas nas aulas, e facer un repositorio.
Obxectivo 14: Estanse a utilizar recursos existentes en internet e empezamos a deseñar algún recurso.
Obxectivo 15: Utilizamos pilulas de identidade dixital
https://eventos-edu.xunta.gal/identidade-dixital
Obxectivo 16: Creación por parte do Coordinador dunha aula virtual a cal nos permite compartir información do centro tanto de funcionamento como docente.

3º Trimestre

6-6-2023

O01PD: Nomeados todos os responsables.
O02PD: Realizadas as videoconferencias co alumnado que estaba de practicas lonxe do centro para evitar desprazamentos.
Obxectivo 3: Fírmanse de forma dixital os documentos do plan dixital pertencentes o Asesor ADIX
Obxectivo 4: Dispoñemos de un carro de portátiles no edificio roxo, outro no verde, e temos habilitada a aula C1.
Obxectivo 5: Xa recuperamos a aula de Musica, e unha aula de informática a C1.
Obxectivo 6: Esta funcionando un protocolo para a revisión dos equipos informáticos.
Obxectivo 7: Estanse a prestar ordenadores de brecha dixital o alumnado con necesidades.
Obxectivo 8:Revisados e actualizados os ordenadores do centro.
Obxectivo 9: Dispoñemos de equipos adaptados.
Obxectivo 10: O responsable do Salón de actos e o Vicedirector e el que se encarga da súa utilización
Obxectivo 11: Creouse unha aula virtual para o profesorado onde compartimos recursos utilizados diariamente.
Obxectivo 12: A coordinadora elabora as liñas de PFPP e levas a cavo
Obxectivo 13: No grupo de Plan Dixital estase a usar Symbaloo e Sites para dar a coñecer as diferentes aplicacions utilizadas nas aulas, e facer un repositorio.
Obxectivo 14: Estanse a utilizar recursos existentes en internet e empezamos a deseñar algún recurso.
Obxectivo 15: Utilizamos pilulas de identidade dixital
https://eventos-edu.xunta.gal/identidade-dixital
Obxectivo 16: Creación por parte do Coordinador dunha aula virtual a cal nos permite compartir información do centro tanto de funcionamento como docente.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O01PD O procedemento de avaliacion de este plan e si crean os cargos no centro que ata o momento non estan vacantes.

O02PD Número de reunións feitas por videoconferencia para as FCT

O03PD Nº de documento con firma dixital

O04PD Nº de ordenadores a disposición do alumnado.

O05PD Nº de horas en aulas específicas

O06PD Nº de incidencias en ordenadores 

O07PD Nº de alumnos con acceso a medios dixitais

O08PD Nº ordenadores non actualizados no segundo trimestre do curso 2022/23.

O09PD Numero de equipos dixitais adaptados a alumnado con NEE

O10PD Responsable Salón de Actos.

O11PD Nº de departamentos que aportan recursos.

O12PD Nº de profesores apuntados no PFPP

O13PD Numero de sesións de formación voluntaria realizadas a final de curso

O14PD Nº de titoriais ou pílulas aportadas.

O15PD Numero de protocolos xerais elaborados para a utilización axeitada de materiais dixitais 

O16PD Nº de visitas á Páxina Web do centro.

Valoración xeral

O01PD Conseguido, nomeados todos o cargos a principio de curso.

O02PD Evítanse desprazamentos innecesarios do Alumnado para facer o seguimento das prácticas

O03PD 75% de documento con firma dixital

O04PD Ter o armario con 25 portátiles

O05PD Que ó inicio do curso 2022/23 as materias de plástica, música, tecnoloxía e audiovisuais se impartan nun 90% en aulas específicas.

O06PD Conseguir que a mediados do curso 2022/23 non haxa unha demora de máis dunha semán na resolución de incidencias

O07PD Debe estar cuberto o 75% das necesidades.

O08PD Actualizados o 50% dos equipos con deficiencias o 15 de outubro

O09PD Necesidades cubertas a 1 de Novembro.

O10PD Que haxa responsable do Salón de Actos

O11PD 50% dos departamentos xeran recursos para este banco.

O12PD 47 ou máis profesores apuntados no plan do curso 2022/23

O13PD Realización de alomenos 3 sesións de formación voluntaria ó final de curso, unha por trimestre.

O14PD Aportación de alomenos 6 titoriais ou pílulas ó final de curso, dúas por trimestre

O15PD Aportación de alomenos 3 protocolos ó final de curso, un por trimestre

O16PD Duplicar o número de visitas á páxina Web do centro

Proposta de mellora

O01PD Non foron necesarias, obxectivos acadados

O02PD Aumentar a porcentaxe de videoconferencias para o seguimento das prácticas.

O03PD Firmar o 90% da documentación do Plan Dixital.

O04PD Obxectivo acadado non precisa mellora.

O05PD Necesitáronse as aulas durante a pandemia para poder impartir as clases e xa foron recuperadas non requiren mellora este obxectivo.

O06PD O mantemento dos equipos faise dunha forma adecuada despois de acadar este obxectivo so compre seguir coa estratexia de revisión acadada este curso 2022/2023.

O07PD Seguir dando apoio o alumnado que ten acceso a medios dixitais.

O08PD Seguir actualizando equipos.

O09PD Seguir colaborando a que o alumnado con NEE teña equipos adaptados.

O10PD O responsable do salón de Actos e o Vicedirector, non precisa mellora este obxectivo.

O11PD Seguir xerando material para o banco de recursos.

O12PD Manter o PFPP e ofrecer formación para a mellora de competencias dixitais.

O13PD Manter o intercambio de información entre docentes.

O14PD Manter a creación de Pílulas e recursos para o alumnado.

O15PD Manter a realización de pílulas e charlas para o alumnado en relación a utilización segura nos entornos dixitais.

O16PD Manter activa a paxina web do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital, unha vez informado e aprovado por Claustro e Consello Escolar asi como asumido por todos os membros da comunidade educativa do IES María Sarmiento, involucrándose no seu desenvolvemento.

 

Así mesmo, de xeito máis concreto, poderemos especificar unha serie de actuacións que se levarán a cabo ao longo do curso e mediante as cales as diferentes persoas responsables tamén axudarán difundir e responsabilizar do cumprimento dos obxectivos do plan ao resto da comunidade educativa.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmariasarmiento/node/906