Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A elaboración do plan dixital ten a súa xustificación no regulado pola normativa vixente, máis concretamente na:

  • A Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación.
  • Normativa concreta que regula o plan dixital na Resolución do 3 de setembro de 2021 pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Dentro dos obxectivos estratéxicos que o centro ten recollidos ata o ano 2024 está o de mellorar a capacidade dixital do centro con repercusión en todo o alumnado, isto conseguirase, entre outras cousas, a través da implantación deste Plan Dixital, que inclúe obxectivos como son, fomentar o uso de software libre entre profesorado e alumnado (obxectivo nº 1 do PD), instaurar procesos de avaliación que faciliten a autoavaliación, a retroalimentación e o seguimento por parte do alumnado da súa aprendizaxe empregando tecnoloxías dixitais (obxectivo nº 4), facilitar o acceso ao alumnado a coñecementos básicos de sistemas de solución de software (obxectivo nº 5) ou mellorar o coñecemento sobre a propiedade intelectual e os dereitos de autor no uso dos recursos dixitais (obxectivo nº 8).

A dixitalización do centro será clave tamén para a consecución de moitos outros dos obxectivos estratéxicos establecidos no Plan Anual:

- Potenciar a formación continua do profesorado de FP: o profesorado do centro participa activamente en accións formativas relacionadas coa implantación de novas tecnoloxías no ensino, nese senso o obxectivo nº2 do PD será o de adecuar esa formación ás necesidades reais do profesorado.

- Promover e incentivar a participación en actividades de innovación: o CIFP participou en numerosas actividades de innovación os últimos anos, as accións neste eido irán dirixidas a tratar de manter este interese. Algunhas das iniciativs nas que se tomou parte os últimos cursos foron: FP Innova, Maker Faire Galicia, Aulas tecnolóxicas, Proxectos de innovación do MEFP...así, o obxectivo nº6 do PD vai na liña de fomentar a participación do alumnado en proxectos interdisciplinarios empregando tecnoloxías dixitais.

- Potenciar a visibilidade e difusión das alternativas que para a inserción laboral ofrece a FP: relacionados con este obxectivo estratéxico estarían os obxectivos nº 7 e nº 3 do noso PD cuxas accións perseguen, no primeiro caso, o uso das tecnoloxías dixitais con fins de orientación profesional, e no segundo, a creación dunha base de datos de provedores de FCT a disposición do alumnado.

- Promover o emprendemento entre o alumnado: fomentar a cultura emprendedora é outro dos fins que o centro ten marcado, por tratarse dunha alternativa de inserción laboral, tamén se entende incluída no obxectivo 7 do PD, á súa vez, moitas das actividades relacionadas co emprendemento levadas a cabo no centro implican a realización de proxectos interdisciplinarios relacionados co emprego de tecnoloxías dixitais, polo que tamén se atopa dentro do obxectivo nº 6 do PD, un claro exemplo disto sería o proxecto do Ministerio de Educación y Formación Profesional de nome “CIEES Network Proyecto para la instauración del programa de enseñanza[1]aprendizaje de la innovación” que está a desenvolver o centro en colaboración con outros institutos de Castela A Mancha, País Vasco e Cataluña.

Para a elaboración do Plan Dixital, tomouse como base as enquisas SELFIE e de competencia dixital elaborada pola Xunta. Seguíronse en todo momento as recomendacións dos mentores, e deuse a posibilidade de realizar achegas ao plan a todo o claustro de profesores. Incorporáronse ao plan as distintas achegas realizadas polos docentes que quixeron participar no mesmo. O traballo en grupo do equipo de dinamización foi a principal metodoloxía utilizada para a elaboración do plan, aproveitando as reunións do plan de formación especifico.

Os departamentos e coordinacións implicados na implantación deste plan recollerán nas súas respectivas programacións aquelas accións que estea previsto que teñan que desenvolver no marco deste documento, e aínda que a implicación será de todo o centro, algunhas das coordinacións/departamentos máis especificamente involucrados serán:

- A Coordinación TIC

- A Coordinación de innovación e formación do profesorado

- O Departamento de información e orientación profesional e a súa Coordinación de emprendemento

- O Departamento de relación con empresas

- Así como tódolos departamentos de familias profesionais e transversais.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do Plan Dixital, tomouse como base as enquisas SELFIE e de competencia dixital elaborada pola Xunta, cunha participación de 37 docentes sobre un total de 82, acadando unha puntuación de 80,7 sobre 192, o que implica un nivel de competencia "Integrador B1". Seguíronse en todo momento as recomendacións dos mentores, e deuse a posibilidade de realizar achegas ao plan a todo o claustro de profesores.

Incorporáronse ao plan as distintas achegas realizadas polos docentes que quixeron participar no mesmo.

O traballo en grupo do equipo de dinamización foi a principal metodoloxía utilizada para a elaboración do plan, aproveitando as reunións do plan de formación especifico.

Interno
41 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Valoración axeitada do traballo que outras persoas poñen a disposición do público en xeral en internet. (H6) Alumnado Si
Debilidade Base de datos a disposición dos alumnos de provedores de formación en centros de traballo. (C17) Alumnado Si
Debilidade Fomento da participación do alumnado en proxectos interdisciplinarios utilizando tecnoloxías dixitais. (F6) Alumnado Si
Debilidade Os alumnos non son quen de resolver problemas técnicos que poidan xurdir ó empregar tecnoloxías dixitais. (H13) Alumnado Non
Debilidade Tecnoloxías dixitais para que o alumno documente, e reflexione sobre a súa aprendizaxe, e que poda facer observacións construtivas sobre o traballo dos seus compañeiros. (G5-G8) Alumnado Si
Debilidade Acceso dos alumnos ás ensinanzas cunha base normalizada de coñecementos básicos das distintas solucións de software (compresores, ofimática, programación). (H11) Alumnado Si
Debilidade Uso de tecnoloxías dixitais con fins de orientación profesional. (F8) Alumnado Si
Debilidade Páxina web do centro con pouca información. Alumnado Non
Debilidade Coñecemento da dispoñibilidade e uso de software libre. Infraestruturas Si
Debilidade Os espazos físicos poderían estar mellor deseñados de cara a unha aprendizaxe óptima con tecnoloxías dixitais. (C1) Infraestruturas Non
Debilidade Emprego de recursos dixitais só para difundir información. Organización de centro Non
Debilidade A ausencia de estratexia dixital impide involucrar ó profesorado. (A1-A2) Persoal docente Non
Debilidade Oferta de formación nalgúns casos pouco axeitada ás necesidades de formación. Persoal docente Si
Fortaleza Os alumnos aprenden habilidades dixitais relacionadas coa súa cualificación profesional. (H15) Alumnado Non
Fortaleza Seguimento das tarefas na aula virtual. Alumnado Non
Fortaleza Impártense charlas sobre a utilización responsable e de xeito seguro de internet. Os alumnos aprenden a valorar se a información que obteñen na rede e fiable e precisa. (H1-H3-H4) Alumnado Non
Fortaleza Os alumnos con necesidades educativas especiais teñen acceso a tecnoloxías asistenciais. (D5) Alumnado Non
Fortaleza Os alumnos aprenden a comunicarse, crear contidos dixitais, e adquiren as habilidades dixitais para as distintas materias. (H7-H8) Alumnado Non
Fortaleza Notificacións a través da aplicación AbalarMobil Familias Non
Fortaleza Repositorios u bibliotecas en liña con contidos de ensino aprendizaxe. (C16) Infraestruturas Non
Fortaleza Disponse dunha infraestrutura dixital sobradamente axeitada, desde o punto de vista cuantitativo e cualitativo para respaldar o proceso de ensino aprendizaxe. Dispón de servizo técnico para a solución de problemas.(C1-C5) Infraestruturas Non
Fortaleza Permítese o uso de dispositivos propios, e no seu defecto o uso de dispositivos propiedade do centro que pode usar o alumnado. Facilítase en todo momento o acceso a internet de calquera dos dispositivos. (C2-C3) Infraestruturas Non
Fortaleza Equipamento mercado polo propio centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Sistema de protección de datos. (C7) Infraestruturas Non
Fortaleza Falta de tempo para poder explorar novos métodos de ensino, ou mellorar os establecidos con tecnoloxías dixitais. (A4) Organización de centro Non
Fortaleza Debátese sobre as necesidades de desenrolo profesional continuo (DPC), e disponse de oportunidades de DPC no relativo ó emprego de tecnoloxías dixitais específicas para as materias que imparten. (D1) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado usa e crea recursos dixitais, así como entornas virtuais de aprendizaxe, para reforzar a súa labor de ensino aprendizaxe, e usa as tecnoloxías dixitais para as comunicacións relativas ó centro. (E2) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado usa e crea recursos dixitais, así como entornas virtuais de aprendizaxe, para reforzar a súa labor de ensino aprendizaxe, e usa as tecnoloxías dixitais para as comunicacións relativas ó centro. (E2) Persoal docente Non
Fortaleza Úsanse actividades de aprendizaxe que motivan, fomentan a creatividade, e a colaboración entre a alumnado. (F3) Persoal docente Non
Fortaleza No centro avalíanse os progresos de ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. (B1) Persoal docente Non
Fortaleza Utilízanse tecnoloxías dixitais para avaliar e retroalimentar as habilidades dos alumnos. (G1) Persoal docente Non
Fortaleza Nos casos de colaboración do centro con outras organizacións, empréganse tecnoloxías dixitais. (B3) Persoal docente Non
Fortaleza Debate sobre as vantaxes e desvantaxes do uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino aprendizaxe. (B2) Persoal docente Non
Fortaleza Actitude positiva por parte da dirección e os docentes para a exploración de novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. (A3) Persoal docente Non
Fortaleza Nos casos de colaboración do centro con outras organizacións, empréganse tecnoloxías dixitais. (B3) Persoal docente Non
Fortaleza Úsanse actividades de aprendizaxe que motivan, fomentan a creatividade, e a colaboración entre a alumnado. (F3) Persoal docente Non
Fortaleza Actitude positiva por parte da dirección e os docentes para a exploración de novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. (A3) Persoal docente Non
Fortaleza No centro avalíanse os progresos de ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. (B1) Persoal docente Non
Fortaleza Debátese sobre as necesidades de desenrolo profesional continuo (DPC), e disponse de oportunidades de DPC no relativo ó emprego de tecnoloxías dixitais específicas para as materias que imparten. (D1) Persoal docente Non
Fortaleza Utilízanse tecnoloxías dixitais para avaliar e retroalimentar as habilidades dos alumnos. (G1) Persoal docente Non
Fortaleza Medidas para identificar as dificultades que xurdan co aprendizaxe mixto, por parte de alumnos e profesores, tendo en conta o contexto socioeconómico dos alumnos. (C11) Persoal docente Non
41 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia na solicitude de equipamentos dotacionais. Administración educativa Non
Ameaza Límite cuantitativo nos contratos menores. Lexislación Non
Oportunidade Persoal do centro ten conciencia da importancia de respectar os dereitos de autor e o uso de licencias de uso. (A5) Lexislación Non
Oportunidade Colaboración do centro con empresas externas para a participación e desenrolo da estratexia dixital do centro. (A6) Outras Non
Oportunidade Colaboración con outras organizacións. (B4) Outras Non
Oportunidade Uso de tecnoloxías dixitais para a comunicación periódica, na alternancia dos alumnos entre o centro e as empresas de formación. (B6) Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Do DAFO despréndense varias conclusións:

Estamos nun centro cun nivel de equipamento óptimo, no que se usa software comercial con licenzas educativas. Todo iso fai que determinados obxectivos sexan de difícil implantación, e outras nos que a implantación é relativamente sinxela.

Fomentar o uso do software libre é algo complexo cando dispós de ferramentas comercial plenamente operativas e licenciadas.

Outros aspectos son relativamente fáciles de implantar, base de datos de provedores de FCT, incentivar e promover a elaboración de materiais propios, e respectar os dereitos de autor, así como difundir o uso das licenzas Creative Commons.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar o uso de software libre ou gratuíto entre profesorado e alumnado (Pregunta específica 5)
O02PD Oferta de formación nalgúns casos pouco axeitada ás necesidades de formación. (D1-D2)
O03PD Crear una base de datos a disposición dos alumnos de provedores de formación en centros de traballo.
O04PD Instaurar procesos de avaliación que faciliten: 1-a autoevaluación e a coevaluación 2-a retroalimentación entre o propio alumando 3-o seguimento por parte deste, da súa aprendizaxe
O05PD Facilitar o acceso ao alumado a coñecementos básicos das distintas solucións de software (compresores, ofimática, programación...)
O06PD Fomento da participación do alumnado en proxectos interdisciplinarios utilizando tecnoloxías dixitais.
O07PD Usar as tecnoloxías dixitais con fins de orientación profesional
O08PD Mellorar o coñecemento sobre a propiedade intelectual e dereitos de autor no uso dos recursos dixitais.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do plan farase a través da análise trimestral de cada acción prevista para a consecución de cada obxectivo proposto. Cada obxectivo xa conta cuns indicadores específicos que axudarán a determinar se o este foi acadado ou se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen. Este consistirá en realizar unha valoración da acción (9) e a declaración do estado (10) da mesma. Os indicadores de avaliación do plan anualmente serán:

  • Eficacia ou utilidade do plan nos distintos ámbitos.

  • Estrutura organizativa para a elaboración e implementación do plan.

 

1º Trimestre
2º Trimestre

Con respecto ao seguimento do plan dixital pode dicirse que a temporalización dos obxectivos vaise cumprindo en gran medida.

Nalgúns casos o obxectivo cumpriuse antes do prazo programado.

Entre os obxectivos alcanzadas completamente pódense mencionar:

  • Crear unha base de datos a disposición dous alumnos de provedores de formación en centros de traballo.
  • Mellorar ou coñecemento sobre a propiedade intelectual e dereitos de autor non uso dous recursos dixitais.

En canto aos obxectivos alcanzados parcialmente podemos mencionar:

  • Fomento da participación do alumnado en proxectos interdisciplinarios utilizando tecnoloxías dixitais
  • Deste obxectivo estase pendente da aprobación do mesmo por parte da Consellería.

Noutros obxectivos levamos  certo retraso na consecución do mesmo.

Podemos citar con respecto a isto:

  • A instauración de procesos de avaliación.
  • Usar as tecnoloxías dixitais con fins de orientación profesional.

Do resto de obxectivos podemos dicir que se cumpre a temporalización prevista.

3º Trimestre

Fíxose unha petición aos distintos departamentos didácticos para que elaborasen unha listaxe do software libre que usan ou poderían usar no desenvolvemento do labor docente. É posible que o momento no que se solicitou non fose o máis axeitado. Tratarase de corrixir para o próximo curso. Só conseguiuse unha listaxe do software libre dun dos catro departamentos didácticos, isto é un 25%, cifra que podemos considerar baixa.

Publicitouse o listado de empresas colaboradoras na realización da FCT, e púxose a dispor dos alumnos para a súa consulta no seguinte enderezo web:

https://cifpasmercedes.org/wp-content/uploads/2023/01/FCT.pdf

O coordinador TIC non foi quen en ningún momento de solicitar a información necesaria para poñer en marcha o repositorio de recursos dixitais básicos. A proposta para solicitar información chegou de maneira tardía aos departamentos, e sen esta información básica non foi posible alcanzar un nivel aceptable deste obxectivo.

Publicitouse a existencia dunha guía sobre a propiedade intelectual e dereitos de autor. Pódese consulta no seguinte enderezo web:

https://cifpasmercedes.org/CreativeCommons/

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Os instrumentos usados para a avaliación serán principalmente as enquisas dixitais de satisfacción dirixidas aos distintos usuarios do plan (profesorado, alumnado, familias, ...) e entrevistas informais entre o persoal que participa no desenrolo do propio plan (equipo plan dixital, claustro, coordinador TIC,...). Estableceranse valores aceptables de resultado destas enquisas que serán revisadas polo Equipo do plan dixital para o seu traslado ao Equipo directivo.

Valoración xeral

Non se poideron acadar os obxectivo 4, 5 e 7

Acadáronse completamente os obxectivos 3, 6 e 8

Acadáronse parcialmente os obxectivos 1 e 2

Infravalorouse a complexidade dos obxectivos propostos, aínda que se logrou sentar as bases de traballo para o curso que vén. A recollida de información tense que facer entre os meses de setembro e principios de outubro, o que nos permitirá durante ese primeiro trimestre empezar a organizar os contidos, e encadear as distintas fases para a consecución dos obxectivos plantexados

Proposta de mellora

Que na reunión de setembro os departamentos didácticos elaboren a lista de software libre que van usar nas actividades para desenvolver nos distintos ciclos que integran a familia profesional, e que se incorpore ás distintas programacións didácticas.

Actualización da base de datos de colaboradores coa FCT a finais de cada un dos trimestres do próximo curso. Deberá actualizarse a base de datos nos meses de decembro, marzo e xuño,

Para o curso que vén procederase á impresión de cartelería, e á súa colocación en zonas de paso, aulas e demais espazos usados polos alumnos sobre o respecto aos dereitos de autor, así como a forma de utilizar as licenzas CreativeCommons, se así o desexan nos traballos por eles elaborados.

Tentar de acadar completamente os obxectivos acadados parcialmente o que non se acadaron no curso 2022-2023

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do plan dixital do centro entre a comunidade educativa realizarase a través dos seguintes medios:

  • A páxina web corporativa.

  • As redes sociais do centro.

  • Abalar Móbil

  • E no caso dalgunhas accións máis concretas, tamén mediante a Aula Virtual.

Sen prexuízo de calquera outra comunicación que deba realizarse a través dos correspondentes órganos de goberno, participación e coordinación do CIFP: Claustro, Consello Social...

Á súa vez as accións concretas que está previsto desenvolver para a consecución dos obxectivos marcados no plan dixital, e que precisen publicidade, teñen asociado o seu propio protocolo de difusión e unha temporalización para ese fin, como se pode observar nas táboas correspondentes recollidas no apartado 3 deste plan dixital.