Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro

O CEIP ANEXA de Lugo está situado na zona Centro-Sur da capital, na rúa Avda. de Ramón Ferreiro nº 6- CP 27002

Neste Centro hai 457 alumnos de 3 a 12 anos distribuídos nos seguintes niveis educativos:

De 3 a 5 anos Educación Infantil e de 6 a 12 anos Educación Primaria.

Actualmente o Centro componse de 19 unidades e 25 postos de traballo (DOG nº 221 de 16 de novembro de 1999) cunha ratio profesor/alumno de 1/25.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

2.1.Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

Neste Centro disfrutamos dun cableado en todos os espazos, de recente instalación por parte da Consellería de Educación, nembargantes non dispoñemos de wifi agás nas aulas de E-Dixgal.

Todas as aulas están dixitalizadas, aínda que a maioría dos equipos están obsoletos. Na aula de informática ocorre o mesmo, casi todos os equipos van lentos ou non arrancan. Os equipòs das aulas de de. Infantil, moitos deles fóron adquiridos como agasallos das editoriais, polo que algúns xa están anticuados e outros son demasiados sixelos.

Na biblioteca dispoñemos de un equipo para uso do proxecto Meiga e outros para información. Ata de agora non recibimos ningún equipo específico para levar a cabo os proxectos. Nas salas de profesorado hai ordenadores para uso común e para traballos administrativos temos os equipos antiguos, mais están todos actualizados.

Habitualmente faise uso dos seguintes servizos educativos: páxina web do centro : (ceip.anexa.lugo@edu.xunta.gal), aula virtual, Agueiro, E-Dixgal, espazoAbalar, Abalar móbil,…).

A Xestión do mantemento do equipamento do centro estase a facer polo Centro, aínda que o que se refire a E-Dixgal, xa se encarga a Consellería por medio do servizo Premium.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Cada nivel é unha illa no centro Alumnado Non
Debilidade Vese a tecnoloxía como un fin non como un medio ou ocio Familias Non
Debilidade Conexións a internet cableada e wifi lamentable Infraestruturas Non
Debilidade Está pechado a novas modalidades de ensinanza Oferta Non
Debilidade Non hai unha estratexia dixital clara Organización de centro Non
Debilidade Non existe colaboración prácticamente entre docentes en rede Carga lectiva moi grande Persoal docente Non
Fortaleza A pertenza a Edixgal pode dar un pulo neste aspecto Alumnado Non
Fortaleza Teñen unha enorme devoción pola eficacia na formación Familias Non
Fortaleza Todos os alumnos contan con equipos e conexion a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Sempre hai un plan de formación no centro no ámbito TIC Oferta Non
Fortaleza O acceso as tic en todos os ámbito Organización de centro Non
Fortaleza Persoal traballador e implicado Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A temporadalidade do profesorado nos plans de formación Administración educativa Non
Ameaza Escasa formación ANPA Non
Ameaza O tránsito entre o tradicional e o vangardista será un reto Lexislación Non
Oportunidade A pertenencia a rede DixitalGal pode dar un pulo neste aspecto Administración educativa Non
Oportunidade Concienciación das familias ANPA Non
Oportunidade O tránsito entre o tradicional e o vangardista será un reto Contorna Non
Oportunidade O marco lexislativo da LOMLOE pode axudar neste aspecto Lexislación Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Contar con unha estratexia dixital definida
Adaptar os materiais necesarios para nenos/as con diversidade
Mellorar a conectividad WiFi en todo o centro

Seguimento

Procedemento

Secuencia de pasos seguida para elaborar o Plan de Acción a partir da análise DAFO:

Establécense áreas prioritarias e determínanse os obxectivos ( específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados ao marco temporal) que queremos conseguir. Os obxectivos están contextualizados a áreas de mellora en relación coas do marco DigCompOrg.

 

Indícase brevemente:

  • Ata onde queremos chegar para cada un dos obxectivos e con que elementos. Esta información reportarana os indicadores e os seus valores de partida e de chegada.

  • Determínanse as accións para conseguir cada obxectivo, elixindo os responsables das mesmas, acordando unha temporización e determinando os recursos necesarios.

Para cada obxectivo cumpriméntase unha táboa que recolle esta información. A mesma táboa empregase para facer o seguimento de cada obxectivo na fase de avaliación do Plan.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan dixital publicarase na páxina Web do Centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipanexalugo/) e a súa difusión levarase a cabo pola mensaxería Abalar ou mesmo por correo electrónico.