Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O C.E.I.P. Plurilingüe Vila de Rutis é un centro de recente creación situado en Rutis, Culleredo. Os datos do centro (código, teléfono, número de alumnado e profesorado adcrito) atópase en anexos.

Partindo desta necesidade e en base a normativa vixente elabórase este P.D. Así, teranse como base os  seguintes referentes legais:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Por outra banda, é preciso mencionar a incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. A finalidade dun centro educativo é que o alumnado aprenda, se forme e desenvolva como individuo da sociedade na que vive. Na actualidade, formamos parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez mais dixitalizado, e por esa razón, os centros educativos deben dar resposta a esas necesidades e demandas da sociedade e mercado laboral para poder formar cidadáns do futuro ocas competencias necesarias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada.

O Plan Dixital debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

Este P.D debe aportar e contribuír na posta en marcha, do resto de Plans e Proxectos do centro dado a súa importancia como recurso clave para unha boa planificación dixital e desenvolvemento de estratexias tecnolóxicas. Ademais, debe colaborar na aportación de metodoloxías de traballo que se utilizarán nos programas de innovación nos que participa o centro (Programa Edixgal, Introdución da Robótica en primaria, Digicraft no teu cole, Convive-t,...)

En canto se refire ao proceso de elaboración deste plan, este recolle as ideas principais, determina as prioridades e establece os niveis de planificación que marcarán o plan de traballo do centro escolar no seu proceso de cambio e mellora.

Así mesmo, é clave a participación do equipo directivo no proceso de deseño e implantación na fase de deseño e elaboración do mesmo, pola visión global que desde a súa responsabilidade pode achegar como pola capacidade para mobilizar recursos de organización.

Por último, cabe destacar a colaboración dos membros do Equipo de dinamización das TICS e innovación educativa como dos mentores ADIX que traballan na elaboración deste PD sempre en coordinación co equipo directivo.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE e TCDD, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

*Os datos recollidos en ambos instrumentos atoparánse en anexos.

Interno
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade G7. Necesidade dunha avaliación da competencia dixital máis continua. Alumnado Si
Debilidade O alumnado non ten unha competencia dixital adecuada. Precisase mellorar na retroalimentación do traballo para facilitarlles a planificación de accións posteriores (TestCDD). Alumnado Si
Debilidade F1. Un elevado número de alumnado NEAE e falta de recursos adaptados para este alumnado. Alumnado Si
Debilidade Equipamento insuficiente nalgunhas aulas do centro. Infraestruturas Non
Debilidade C10.Falta de equipamento manexable por todo o alumando. Infraestruturas Non
Debilidade C1. Modificación da ubicación das aulas dado ao incremento de unidades cada curso por ser centro de nova creación e máis ás medidas sanitarias actuais. Organización de centro Non
Debilidade A4.Falta de tempo para explorar novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Debilidade Necesidade dunha estratexia dixital organizada, secuenciada e programada. Segundo o testCDD, mellorar o pensamento computacional. Persoal docente Si
Debilidade D3. Falta o intercambio de experiencias e estratexias de comunicación con outros centros. Persoal docente Non
Debilidade Cambios no persoal docente todos os cursos dado o crecemento do centro por ser de nova creación. Persoal docente Non
Debilidade Non contamos con estabilidade laboral do persoal non docente. Persoal non docente Non
Fortaleza F6. Participación en proxectos interdisciplinares de innovación educativa (robótica, digicraft, ¿) Alumnado Non
Fortaleza C3.Boa conexión, rede de infraestructura e equipamento en 5º e 6º de EP pola participación no programa Edixgal. Alumnado Non
Fortaleza Aumento anual na matrícula de novo alumnado. Alumnado Non
Fortaleza E4. Boa canle de comunicación coa comunidade educativa. Familias Non
Fortaleza Familias moi implicadas . Familias Non
Fortaleza C5.Boa resolución de incidencias técnicas. Infraestruturas Non
Fortaleza Boa disposición por parte do profesorado para seguir coa formación dixital para continuar mellorando a súa estratexia. Persoal docente Non
Fortaleza A3.Docentes familiarizados co tratamento de licenzas e dereitos de autoría. Tamén moi conscientes da política de protección de datos. Persoal docente Non
Fortaleza E4. Boa canle de comunicación entre todos os docentes. Persoal docente Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de dotación de equipamento por parte da Administración ao centro e ao profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Falta de achegas económicas ao centro. Administración educativa Non
Ameaza B3. Necesidade de coordinación con outros centros da contorna e compartir contidos dixitais, dado que segundo o TestCDD debemos mellorar nos recursos dixitais. Contorna Si
Ameaza Excesivos cambios lexislativos que resta tempo e interese para realizar actividades de innovación. Lexislación Non
Ameaza Excesiva burocracia . Lexislación Non
Oportunidade Documentación actualizada en continua revisión e algunha en proceso de elaboración por ser centro de reciente creación Administración educativa Non
Oportunidade Tanto a ANPA, que participa activamente, como as familias, posúen unha maior competencia dixital. ANPA Non
Oportunidade Creación dunha estratexia e Plan Dixital para solventar diferentes situación futuras. Lexislación Non
Oportunidade B3. Obradoiros de comportamento responsable na rede (guardia civil, concello,¿) Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar os resultados do noso DAFO e do SELFIE evidéncianse carencias relacionadas sobretodo con:

  • Estratexia dixital (falta de equipamento, tempo para explorar...)
  • Competencia dixital no alumnado.
  • Falta de coordinación con outras entidades/centros.

Estas carencias son as que se van a intentar abordar a través do P.D do centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Crear espazos de colaboración con outros centros da contorna
O2PD Asegurar que o alumnado de 4to, 5to e 6to desenvolva as súas competencias dixitais nas diferentes actividades.
O3PD Crear proxectos de innovación dixital de forma secuenciada desde E.I ata E.P.

Seguimento

Procedemento

Cada curso levarase a cabo un procedemento de seguimento do desenvolvemento do PD e da consecución dos obxectivos, levando a cabo avaliación do mesmo:

  • Avaliación procesual: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • Avaliación final: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora de cara ao vindeiro curso académico co fin de mellorar e/ou establecer novos obxectivos e accións

A maiores, a mentora ADIX do centro realizará dúas visitas de forma trimestral para ver os avances e o centro educativo irá reflectindo na aplicación Educalidade o seguimento das accións/obxectivos.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre leváronse a cabo varios pasos para a consecución das accións como: o deseño do espazo da A.V na que os docentes poderían subir recursos para compartir, a creación de instruccións para o alumnado de 4º, 5º e 6º EP e a posta en marcha do manexo de ferramentas sobre todo por parte das titoras, e o inicio do plan de innovación dende equipo TIC.

2º Trimestre

No segundo trimestre continuouse co iniciado no primeiro, cun bo avance na consecución das accións. A maiores, chegou o carro para ordenadores da fenda dixital, o cal foi instalado en 4º curso para que puideran traballar cas ferramentas dixitais na súa aula (Pre-Edixgal) sen ter que desplazarse.

Con respecto á innovación, o Equipo de Polos recibiu formacións dende o CFR para poder aplicar despois co alumnado nas sesións de robótica.

3º Trimestre

Durante este trimestre deuse aviso aos docentes para solicitar unha maior colaboración no uso do espazo da A.V e se continuou con normalidade as accións xa comezadas nos outros trimestres.

A maiores, en relación a Innovación, foi solicitado o programa Navega con Rumbo, no cal fomos aceptados.

Finalmente chegaron 16 ordenadores red.es e os paneis dixitais para EI, 1º e 2º EP.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada curso levarase a cabo un procedemento de seguimento do desenvolvemento do PD e da consecución dos obxectivos, levando a cabo avaliación do mesmo:

  • Avaliación procesual: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • Avaliación final: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora de cara ao vindeiro curso académico co fin de mellorar e/ou establecer novos obxectivos e accións

A maiores, a mentora ADIX do centro realizará dúas visitas de forma trimestral para ver os avances e o centro educativo irá reflectindo na aplicación Educalidade o seguimento das accións/obxectivos.

Valoración xeral

A valoración xeral do desenvolvemento do P.D foi positiva aínda que un dos obxectivos non fora acadado na súa totalidade. Consideramos unha boa idea ter escollidos poucos obxectvos a desenvolver no curso dado que estaban moi centrados nas necesidades do centro.

Proposta de mellora

En xeral, os obxectivos do vindeiro curso, estarán algo máis centrados en paliar debilidades e ameazas moi concretas do noso centro, dado que consideramos que así se traballa de forma máis eficiente.

Finalmente consideramos importante que a figura do Coordinador/a do EDPD debería ter unha liberación oficial aínda que sexa dunha sesión semanal, tal e como teñen outras coordinaciones.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital darase publicidade a toda a Comunidade Educativa como se recolle no Plan
de Comunicación do Centro (a través da páxina web e na Aula Virtual).

O enlace para poder acceder a el é o seguinte: Plan Dixital de centro.