Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contribución do PD ao proxecto educativo e ao plan anual

Tal e como se reflicte no noso Proxecto Funcional para o período 2021-2025, estímase que para o ano 2025 o 50% de todos os empregados necesitarán volver a formarse, a medida que se vaian incorporando novas tecnoloxías ao sector produtivo. A alfabetización dixital e competencias en innovacións van ser requisitos necesarios para poder adaptarse ás novas contornas produtivas.

O ritmo de transformación da sociedade actual incrementouse de tal forma, que máis da metade dos cambios máis significativos dos últimos 30 anos producíronse nesta última década.

Por último, toda esta contorna propicia a aparición de megatencias tanto no eido tecnolóxico como a nivel social, sendo dúas as máis presentes actualmente:

  • Metaverso: fai referencia ás contornas virtuais, onde cada vez o usuario inverte máis tempo. Aquí entraría dende a realidade virtual á aumentada, ata as redes sociais como o Facebook, onde interactuamos a través dun avatar virtual. Outro exemplo do ámbito do metaverso e o emprego cada vez maior de videoconferencias nas relacións empresariais, sociais ou educativas.
  • We Q culture: é unha tendencia social que ten relación coa capacidade de “desaprender” individualmente para “aprender” colectivamente. No contexto actual esta capacidade é case máis importante que a propia de aprender. Por outro lado, a cantidade de información e o ritmo dos cambios a que está sometida a sociedade é tal, que non seria posible abarcala se non se asume o proceso de forma colectiva. Polo tanto, o foco ponse na necesidade de pasar dunha sociedade orientada ao “eu” a unha colectiva baseada no “nós” como forma de sobrevivir neste novo contexto.

Como consecuencia de todo o exposto anteriormente, consideramos que o plan dixital pode contribuír a acadar os obxectivos propostos no noso Proxecto Funcional para o período 2021-2025. Tal e como se recolle no documento que se xunta como ANEXO I.

Breve xustificación do mesmo

O plan dixital do centro encadrase na seguinte normativa

  • Lei Orgánica 3/2020 de 29 decembro, pola que modifica a lei orgánica 2/2006, de 3 de maio de educación

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Lei 3/2022, de 2022 de 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional.

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Proceso de elaboración

O proceso de elaboración do plan dixital lévase a cabo tal e como se reflicte no documento xuntado como ANEXO II.

O EDPD está formado por:

  • Coordinadora: Marta Amado

  • Outros membros: Patricia Farto, Amparo Fernández, Loreto Blanco e Reyes Durán

Existe un grupo de traballo formado por as mesmas persoas.

Nas reunións traballábase co material entregado pola mentora ADIX que nos corresponde. Unha vez repasado o material, debátense as accións a levar a cabo utilizando técnicas tipo tormenta de ideas e os acordos definitivos tómanse de xeito colexiado.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información para realizar o plan dixital foron o SELFIE, o test CDD.

Estas dúas ferramentas foron realizadas segundo as instrucións transmitidas pola nosa mentora ADIX.

A ferramenta SELFIE incluíu, ademais das preguntas propostas pola propia ferramenta, cinco preguntas propostas pola Consellería, xúntanse no ANEXO III, e outras cinco propostas por nos -ANEXO IV-. O resumo dos resultados obtidos no SELFIE, xúntanse como ANEXO V.

En canto ao test de CDD, xuntamos como ANEXO VI as táboas resumo dos datos obtidos no devandito test.

Para facer o DAFO cos datos obtidos no SELFIE e no test CDD, tivéronse en conta as seguintes apreciacións:

  1. A nota media para considerar automaticamente un item como debilidade ou ameaza foi de 2 ,5 sobre 5. Tomamos este valor debido a que  consideramos que a meirande parte das persoas que fixeron o SELFIE, eran as que tiñan maior competencia tecnolóxica, polo que entendemos que as valoracións deberían de estar corrixidas a baixa de algún xeito.
  2. Cando nun item, a diferencia da puntuación obtida por parte dos distintos perfís (Equipo directivo, profesorado e alumnado), fora superior a 0,7, ese item revisaríase, idependentemente de que a súa puntuación media fora superior a 2,5.

Baseándonos nestas apreciacións os ítems con capacidade de mellora (ameaza ou oportunidade, segundo o caso) serían:

  • A4. Tempo para explorar o ensino dixital.
  • A5. Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso.
  • A6. Participación das empresas na estratexia.
  • B2. Debate sobre o uso da tecnoloxía.
  • C3. Acceso a Internet
  • C16. Bibliotecas/repositorios en liña.
  • C17. Base de datos de provedores de formación.
  • D1. Necesidades de DPC.
  • E1. Recursos educativos en liña.
  • E2. Creación de recursos dixitais.
  • E3. Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe.
  • E5. Recursos educativos abertos.
  • G7. Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo.

En canto ás preguntas incorporadas pola Administración pública, estas centráronse nos servizos dixitais educativos, especialmente na aula virtual e ABALAR, na utilización do software libre, nas actividades formativas do profesorado e a normativa sobre a adquisición de equipamento por parte dos centros.

Segundo os datos amosados por estas preguntas, chegamos á conclusión de que a Administración pode mellorar a páxina web do centro (programa Webs Dinámicas), e a idoneidade da formación que recibe o profesorado por parte da Consellería a través da Rede de formación permanente do profesorado.

En canto ás preguntas incorporadas polo centro, segundo os datos obtidos nestas preguntas, chegamos á conclusión de que pódese mellorar: a páxina web do centro, o excesivo número de plataformas que utiliza o profesorado (esta cuestión non depende de nos), a formación do profesorado e do alumnado sobre a Aula virtual, a formación sobre software específico das diferentes familias profesionais, e a mentoría dixital.

Detectouse que cando confeccionamos as preguntas engadidas polo centro, non fomos coherentes co que preguntamos aos tres colectivos e ás veces para unha mesma cuestión propoñiamos a cada colectivo preguntas totalmente distintas.

En canto ao test CDD, observamos que a percepción que teñen os e as docentes do noso centro sobre a súas competencias dixitais, está por debaixo da media Galega. A puntuación mais baixa obtívose na competencia de Desenvolvemento dixital do alumnado e as mais altas nas competencias de Compromiso profesional e Recursos dixitais.

 

 

 

 

 

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C17 Non hai repositorios de provedores de FCT en liña Alumnado Non
Debilidade C16 OP - Non existen repositorios en liña. Infraestruturas Si
Debilidade C2 Insuficientes dispositivos. Infraestruturas Si
Debilidade C5 A asistencia técnica é insuficiente Infraestruturas Si
Debilidade C17 Non hai base de datos de provedores de FCT Infraestruturas Non
Debilidade C3 Mala cobertura da rede. Infraestruturas Si
Debilidade C14 OP - Os espazos físicos non facilitan o ensino Infraestruturas Si
Debilidade A4 OP Falta de tempo do profesorado. Organización de centro Si
Debilidade A6 As empresas non participan da estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade As ferramentas TICs empregadas non sempre son as corporativas. Persoal docente Non
Debilidade G7 Non se usa TICs para avaliación a pares. Persoal docente Non
Debilidade G5 Baixo uso da autoavaliación do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade A4 OP Falta de tempo para mellorar os métodos de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza C8 -C10 OP Dispositivos dixitais a disposición do alumnado Alumnado Non
Fortaleza C13 OP BYD Alumnado Non
Fortaleza C13 OP Favorecen que alumnado poda traer os seus dispositivos. Familias Non
Fortaleza C1 A infraestrutura dixital respalda a ensinanza. Infraestruturas Si
Fortaleza C7 Existe un sistema de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza C8 Existen dispositivos para o uso do alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza C13 OP - O alumnado pode traer os seus propios dispositivos. Infraestruturas Non
Fortaleza A oferta educativa contempla o ensino a distancia e semipresencial na modalidade DUAL. Oferta Non
Fortaleza A3 Colaboración e apoio do ED aos docentes. Organización de centro Non
Fortaleza A1 Estratexia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza F5 O persoal docente promove a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza A3 O ED apoia ao PD nas novas fórmulas de ensino e dálle acceso a TICs. Persoal docente Non
Fortaleza B1 - B2 - B3 - O persoal docente avalía o progreso en materia de ensino-aprendizaxe, debate sobre o uso de TICs e emprégaas con outras organizacións. Persoal docente Non
Fortaleza G1 - G8 OP Emprégase TICs na avaliación do alumnado e promóvese a formación neste ámbito. Persoal docente Non
Fortaleza E1 - E2 - E3 - O persoal docente accede, emprega e crea recursos educativos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza E2 Busca e creación de recursos dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza F4 - F5 Empréganse actividades para a inclusión e a colaboración do alumnado. Persoal non docente Non
Fortaleza D3 Apoio para o intercambio de experiencias. Persoal non docente Si
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C5 Asistencia técnica insuficiente Administración educativa Non
Ameaza C3 Fallos na conexión á rede. Administración educativa Si
Ameaza A5 OP - Complexidade na lexislación sobre as licenzas de uso e os dereitos de autor, así como as de protección de datos. Lexislación Si
Ameaza A6 As empresas non participan da estratexia dixital do centro. Outras Non
Oportunidade C2 - C3 - Facilita infraestrutura e equipamento para o emprego de TICs. Administración educativa Non
Oportunidade C7 Existencia dunha lexislación sobre protección de datos e sobre licenzas de uso e dereitos de autor. Lexislación Non
Oportunidade E4 Emprego de TICs na relación con outras organizacións. Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizados os datos e realizado o DAFO, decidimos establecer os obxectivos do seguinte xeito:

Selecciónanse as áreas C, D e E como áreas estratéxicas para a transformación dixital do noso centro.

Propoñemos:

  • 2 obxectivos para mellorar a área C: Infraestruturas e equipamento;
  • 1 obxectivo enfocado na área D: Desenvolvemento profesional continuo e
  • 2 Obxectivos na área E: Pedagoxía: apoio e recursos.

Creemos que deste xeito poderemos mellorar moitos aspectos da dixitalización do noso centro que representan debilidades, aproveitaremos as nosas fortalezas e as oportunidades e tentaremos de minorar o efecto das ameazas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Incrementar o uso da aula virtual por parte do profesorado e do alumnado como recuso didáctico (Áreas SELFIE A-C-D-E)
O2PD Empregar a aula virtual e as ferramentas corporativas como recursos de xestión e administración do centro (Áreas SELFIE A-D-E)
O3PD Mellorar as infraestruturas, conexión wifi e equipamentos dixitais (Área SELFIE C)
O4PD Mellorar a competencia dixital docente e os espazos para o uso de tecnoloxía dixital (Áreas SELFIE A-C-D-E)
O5PD Dixitalizar as aulas taller da FP básica (Áreas SELFIE C-D-E)

Seguimento

Procedemento

A revisión e seguimento levarase a cabo polo equipo de dinamización do plan dixital de xeito trimestral. Ademais, dúas veces ao trimestre a coordinadora reunirase coa mentora do plan dixital e farán o seguimento.

1º Trimestre

Realizáronse dúas reunións coa mentora dixital. Revisáronse as accións levadas a cabo e outras cuestións referidas a indicacións dadas por Servicios Centrais (Axúntanse as actas firmadas pola coordinadora e pola mentora ADIX como ANEXO VII)

Realizouse unha reunión do EDPD antes do remate do trimestre para ver en conxunto a evolución trimestral do plan e poder transmitirlle á mentora os avances no plan e a propostas para continuar traballando.

Estes procedementos repetíronse ao longo dos tres trimestres.

2º Trimestre

Realizáronse dúas reunións coa mentora dixital. Revisáronse as accións levadas a cabo e outras cuestións referidas a indicacións dadas por Servicios Centrais (Axúntanse as actas firmadas pola coordinadora e pola mentora ADIX como ANEXO VII)

Realizouse unha reunión do EDPD antes do remate do trimestre para ver en conxunto a evolución trimestral do plan e poder transmitirlle á mentora os avances no plan e a propostas para continuar traballando.

Estes procedementos repetíronse ao longo dos tres trimestres.

3º Trimestre

Realizáronse dúas reunións coa mentora dixital. Revisáronse as accións levadas a cabo e outras cuestións referidas a indicacións dadas por Servicios Centrais (Axúntanse as actas firmadas pola coordinadora e pola mentora ADIX como ANEXO VII)

Realizouse unha reunión do EDPD antes do remate do trimestre para ver en conxunto a evolución trimestral do plan e poder transmitirlle á mentora os avances no plan e a propostas para continuar traballando.

Estes procedementos repetíronse ao longo dos tres trimestres.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O OBX 1 acadouse na data prevista. Para este obxectivo, desenvolvéronse 7 accións e todas están realizadas a 30 de xuño de 2023. A estrutura da AV, para poder traballar nela, está realizada; se ben, pódese continuar mellorando e polo tanto ímolo reflectir como proposta de mellora. A formación en ferramentas e a creación de contidos dixitais tamén teñen capacidade de mellora en canto ao número de profesores implicados.

En canto ao OBX 5, este está parcialmente cumprido, pero non se chegou ao valor do indicador como para consideralo acadado (50% das accións realizadas). Este obxectivo depende da financiación da Administración e espérase que o curso que ven co programa Polos Creativos poda retomarse.

Proposta de mellora

1.- Pódense retomar as accións A01.5 Formar ao claustro nas ferramentas institucionais da ConselleríaA01.7 Crear contidos dixitais para as distintas familias profesionais, aumentando a porcentaxe de docentes implicados/as  e introducindo os REA. En canto a formación, pódense engadir outras ferramentas que non se tiñan contemplado  (Agueiro, correo web, ABALAR, ......).

5.- Retomar a actividade A05.1 Acondicionar e dixitalizar as aulas taller de FPB Aloxamentos e lavandaría e realizar a actividade A05.2 Acondicionar e dixitalizar a aula taller de FPB Aranxos. Contemplar a posibilidade de contar con Polos Creativos o curso 23/24

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital darase a coñecer entre a comunidade educativa por diversas vías:

  • Presencialmente: a través das reunións do claustro e de áreas e departamentos

  • Dixitalmente: estará exposto na aula virtual e na páxina web

Ademais, o equipo de dinamización informará puntualmente ao claustro das accións que se vaian realizando.