Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación lexislativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 

O C.R.A. de Rianxo está formado actualmente por oito escolas repartidas por cinco das seis parroquias que compoñen o Concello de Rianxo cun total de once aulas. No catálogo do centro, catro destas escolas teñen carácter multigrado, agrupando alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil e alumnado de 1o e 2o de Educación Primaria na mesma aula. Este curso en catro destas escolas non hai matriculado alumnado da etapa de Educación Primaria, funcionando na práctica como aulas multigrado de Educación Infantil. Dúas escolas están compostas exclusivamente por alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil, cun total de tres aulas multigrado. As dúas escolas restantes presentan o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria agrupados por etapa educativa. Polo tanto, nestas escolas hai dúas aulas (unha de Educación Infantil e outra de Educación primaria).

As escolas contan con conexión a Internet e un ou varios encerados dixitais.

A integración destas novas tecnoloxías ten que facerse buscando, investigando, indagando... sobre todas aquelas posibilidades que ditas tecnoloxías nos ofrecen á hora de dar una nova dimensión ao proceso educativo redefiníndoo nun novo marco de coñecemento que sirva como motivación ao noso alumnado á hora de prepararse para explorar, experimentar... en busca do coñecemento no que todos os días traballamos mestres e alumnos/as.
A pesar de ter invertido tempo en formación e prácticas con ferramentas tecnolóxicas, constatamos unha gran diferenza de coñecementos TIC no profesorado do centro. Isto leva aparellado que non nos propoñamos grandes retos, senón acadar unha normalización no eido das tecnoloxías como ferramentas útiles para lograr unha mellor calidade pedagóxica. Por este motivo neste curso académico será preciso ofertar formacións centradas nas necesidades reais máis inmediatas:
• Manexo avanzado da web do centro(Websdinámicas-Drupal).

A utilización das TIC na aula supón un cambio importante no papel do profesorado e do alumnado, na organización dos tempos e na metodoloxía. Os efectos pedagóxicos das TIC dependen da planificación didáctica realizada e das actividades que desenvolvamos coa mesma.

O Plan Dixital virá a intentar mellorar a Competencia Dixital do alumnado e intentar compensar calquera desigualdade polon feito de vivir nunha zona de tipo rural, aínda que non deprimida economicamente.

Este Plan Dixital pasará a formar parte do Proxecto Educativo e da Programación Xeral Anual, introducindo cambios significativos na práctica docente, nos contidos das distintas materias e guiando algúns dos procesos de aprendizaxe.


Proceso de elaboración: 

A elaboración do Plan Dixital recaeu sobre o Equipo de Dinamización do Plan Dixital xunto coas persoas que forman o Equipo TICs, tal e como se indica na resolución do 3 de setembro de 2021. Para a creación do antes citado Equipo de Dinamización, nomeouse unha persoa coordinadora a cal foi a encargada de informar a todo o equipo sobre as tarefas a realizar no curso de Aula Virtual no que foi matriculada. 

Neste curso (https://www.edu.xunta.gal/centros/plandixital/aulavirtual/), realizouse o seguimento de todas as actividades que se foron levando a cobo ao longo do curso e que culminaron coa elaboración deste documento. 

Estas tarefas secuenciaronse en 2 fases:

  • Fase I (Inicial): Análise e diagnose da situación dos centros. 
Nesta primeira fase realizáronse varias tarefas de análise, entre elas a preparación e elaboración do SELFIE (do 3 de outubro ao 8 de novembro do 2021)(ANEXO 1: Informe SELFIE), realización do profesorado en Fprofe do Test de Competencia Dixital Docente (CDD) (do 8 de febreiro ao 7 de marzo do 2022) (ANEXO 2: Informe test CDD)
Para levar a cabo a diagnose, elaboramos o documento DAFO (do 8 marzo ao 4 de abril do 2022) (ANEXO 3: DAFO) para o cal tivemos, xunto co grupo de PFPP do Plan Dixital, unha formación a través do CAFI, impartida pola Mentora ADIX da nosa zona (1 sesión de 2 horas). 
 
  • Fase II: Deseño e elaboración do Plan Dixital.
    A primeira tarefa desta segunda fase foi a elaboración dos obxectivos do Plan de Acción (do 21 de abril ao 11 de maio) (ANEXO 4: Plan de acción), para a cal tivemos unha segunda formación (1 sesión de 2 horas) e para finalizar o curso, estamos a levar a cabo a redacción deste docuemtno, o Plan Dixital de Centro (do 11 de maio ao 12 de xuño) (ANEXO 5: PDs do CRA de Rianxo  con especificacións por escolas)

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa empregados foron: 

a) SELFIE: é un paquete completo que axuda ás escolas a desenvolver un plan de acción para unha aprendizaxe eficaz na era dixital. Ofrece pautas paso a paso para revisar os resultados e establecer prioridades e obxectivos, desenvolver un plan de acción, implementar e avaliar ese plan.

b) Test CDD: con este Test de Competencia Dixital Docente, enmarcado no Marco Europeo DigCompEdu, extraemos información directa sobre o nivel de Competencia Dixital do profesora do centro, facendo unha anlálise dos resultados. 

 

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade FALTA COMPETENCIA DIXITAL. Alumnado Si
Debilidade FALTA DE COMPETENCIA DIXITAL. Familias Si
Debilidade ESCASEZA DE RECURSOS NAS DISTINTAS ESCOLAS QUE COMPOÑEN O CRA. Infraestruturas Si
Debilidade POUCOS DISPOSITIVOS DISPOÑIBLES, DOS QUE DISPOÑEMOS ESTÁN DETERIORADOS E/OU DESACTUALIZADOS. Infraestruturas Si
Debilidade FALTA DE ESTRATEXIA DIXITAL. Organización de centro Non
Debilidade NECESIDADE DE ADAPTAR OS MEDIOS TECNOLÓXICOS Á TIPOLOXÍA DE CENTRO (CRA) Organización de centro Si
Debilidade FALTA DE TEMPO POR PARTE DOS MESTRES-AS PARA FORMARSE EN CANTO Á COMPETENCIA DIXITAL. Persoal docente Si
Debilidade O PROFESORADO NON EMPREGA A AV. Persoal docente Si
Debilidade DEBIDO Á ESCASEZA DE FORMACIÓN, PRESENTAN DIFICULTADES DE CARA A CREACIÓN DE RECURSOS. Persoal docente Si
Fortaleza COMPORTAMENTO RESPONSABLE. Alumnado Non
Fortaleza PARTICIPACIÓN PROXECTOS EDUCATIVOS COMO: ERASMUS+, PLANS PROXECTA OU BIBLIOTECAS CREATIVAS. Oferta Non
Fortaleza AULA VIRTUAL E PÁXINA WEB ACTUALIZADAS. Organización de centro Non
Fortaleza UTILIZAMOS FERRAMENTAS COORPORATIVAS PARA A COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS (ABALAR MÓBIL). Organización de centro Non
Fortaleza USO SISTEMÁTICO DE PÁXINA WEB COORPOTATIVA DO CENTRO PARA COMPARTIR ACTIVIDADES E INFORMACIÓN COA COMUNIDADE EDUCATIVA. Persoal docente Non
Fortaleza O PROFESORADO MÓSTRASE COMUNICATIVO EN CANTO AS SÚAS EXPERIENCIAS AO REDOR DA COMPETENCIA DIXITAL. Persoal docente Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza FALTA DE FONDOS ESPECÍFICOS PARA MERCAR DISPOSITIVOS. Administración educativa Si
Ameaza DIFICULTADES PARA SOLVENTAR PROBLEMAS TÉCNICOS Administración educativa Non
Ameaza EXCESO DE CARGA BUROCRÁTICA. FALTA DE HORARIO PARA AS PERSOAS COORDINADORAS. Lexislación Si
Oportunidade POSIBILIDADE DE COMUNICACIÓN PARA QUE COÑEZAN AS CARENCIAS. Administración educativa Non
Oportunidade BOA COMUNICACIÓN E RESPOSTA ÁS DEMANDAS PROPOSTAS. ANPA Non
Oportunidade COLABORACIÓNS CO CONCELLO NA RESOLUCIÓN TÉCNICA DIXITAL. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Grazas á información recollida e xerada a través dos datos do SELFIE e do Test CDD, que nos permitiu confirmar e coñecer a realidade do noso centro no relativo ao eido dixital, puidemos extraer unha análise DAFO que nos permite reflexionar sobre a realidade do noso centro e nos facilitou a elaboración das liñas de actuación fundamentais para a redacción dos obxectivos e accións a desenvolver no vindeiro curso e que se recollen neste Documento.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Implementar un proxecto interdisciplinar anual que participe a totalidade do alumnado.
O02PD Solicitar PFPP para formación para a creación de recursos didácticos dixitais-
O03PD Solicitar equipamento para as diferentes escolas.
O04PD Solicitar liberación horaria para a realización das funcións das persoas coordinadoras do PD e TICs.
O05PD Empregar Escolas na nube como ferramenta colaborativa e comunicación no centro e con outros CRAs.
O06PD Promover o uso do Abalar móbil/Abalarpro para a comunicación coas familias.

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital, realizará, alomenos, unha xuntanza trimestral para valorar a evolución do Plan.

Do mesmo xeito, a persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro, para analizar, xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital, o desenvolvemento do PD.

A persoa coordinadora do PD, terá acceso á ferramenta EduCalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan, baixo a supervisión da persoa directora e co apoio do resto de persoas que forman o equipo. 

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso 2022-23, acadáronse os seguintes obxectivos:

  • O01PD "Implementar un proxecto interdisciplinar anual que participe a totalidade do alumnado." Realizouse a 1ª  das súas 3 accións: AO01.1: Acordo do proxecto anual e accio¿ns a desenvolver.  A única acción prevista para este primeiro trimestre.
  • O02PD "Solicitar PFPP para formación para a creación de recursos didácticos dixitais" AO2.1:Acordo de participación PFPP. e AO2.2:Inscripción do profesorado participante no Programa.
  • O04PD "Solicitar liberación horaria para a realización das funcións das persoas coordinadoras do PD e TICs." AO04.1:Solicitude de liberación horaria.
  • AO05PD: "Empregar “Escolas na nube” como ferramenta colaborativa e comunicación no centro e con outros CRAs." Tendo 3 de 4 accións acadadas. AO5.1:Matriculación do profesorado en “Escolas na nube” AO5.2: Reparto de credenciais de acceso ao profesorado. AO5.3: Exposición sobre o funcionamento e oportunidades do aplicativo. (aínda que esta última será reforzada nunha formación solicitada a través do PFPP, que será impartida no 2º trimestre)
  • O06PD "Promover o uso do Abalar móbil/Abalarpro para a comunicación coas familias." AO6.1: Enviar comunicación ás familias coas instrucións para a instalación e uso de abalar móbil. e AO6.2: Enviar unha comunicación inicial ás familias a través do abalar.

Por outra parte o obxectivo O03PD "Solicitar equipamento para as diferentes escolas." queda pendente, xa que, a mentora ADIX informou de que este curso soamente podemos levar a cabo os obxectivos que precisen dos recursos cos que xa conta o centro. Polo tanto queda a última das súas accións adiada para o seguinte curso. 

2º Trimestre

No segundo trimestre comezáron as formacións do PFPP de Plan Dixital, ás cales a participación do profesorado foi moi favorable. Estas formacións terminarán no terceiro trimestre e estiveron enfocadas no funcionamento de Páxina Web (Drupal) e Esolas na Nube. Tamén se amosaron diferentes pllataformas e recursos dixitais coorporativos a disposición do profesorado. 

3º Trimestre

No terceiro trimestre culminouse o curso coa consecución do Obxectivo O01PD Implementar un proxecto interdisciplinar anual que participe a totalidade do alumnado. As actividades realizadas foron publicadas para amosalas á comunidade educativa, a través da Páxina web do centro. 

En canto ao obxectivo O05PD Empregar Escolas na nube como ferramenta colaborativa e comunicación no centro e con outros CRAs, queda parcialmente acadado coa intención de culminar no vindeiro curso e poder realizar a última acción "AO05.4: O profesorado comparte coa dirección documentación a través da plataforma." Xa se realizaron as formacións en Esolas na Nube cunha alta participación. Agora quedamos coa tarefa pendente do seu uso sistemático acordando crear 2 escritorios un para profesorado e outro para o alumnado. 

A valoración xeral das formacións do PFPP, aínda que a participación do profesorado é moi favorable, o pensamento xeral do mesmo é que foi pouco funcional e adecuado ao funcionamento do centro. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, levarase a cabo por dias vías:

A través dunha avaliación procesual unha vez ao trimestre para analizar e valorar o estado de execución das accións, analizar e valorar os resultados, e de ser o caso, realizar posibles modificacións nas accións de mellora.

- Do mesmo xeito, ao finalizar o curso académico 2022-2023 relizarase unha avaliación final para valorar o nivel de logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Así mesmo valoraránse accións e obxectivos novos para mellorar no vindeiro curso académico. 

 

Valoración xeral

A consecución dos obxectivos foi case total, quendando parcialmente acadados os obxectivos O03PD (tendo en conta que a solicitude de equipamento á Administración queda adiada para o vindeiro curso. Podemos confirmar que se dende a Administración e sen solicitude previa recibiuse equipamento para as escolas como PCs de sobremesa para todas as aulas para o uso do alumnado e os novos Paneis Dixitais. Todas as pantallas quedaron en funcionamento agás a de Abuín, quedando á espera da estrutura para poder anclala á parede)  e o O05PD (despois das formacións procederemos ao uso sistemático da plataforma Escolas na Nube e creando os diferentes escritorios). 

Por outra parte as formacións de PFPP en Páxina Web tiñan como finalidade a actualización da Páxina, que queda pendente da próxima actualización por parte da consellería. 

Proposta de mellora

- Continuar coa formación do profesorado.

- Mantemento e ampliación do material e equipamento dixital.

- Actualización e mantemento da Páxina Web na súa próxima actualización.

- Usos permanente e sistemático de Escolas na Nube.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital de Centro estará exposto na Páxina Web do centro ao igual que se poñerá en coñecemento do mesmo a toda a comunidade educativa a través das canles de comunicación coorporativas das que dispoñemos no centro (Abalar móbil, correo electrónico...)

Do mesmo xeito, este documento, quedará a disposición en formato físico impreso, no edificio da Sede para que calquera persoa que o solicite poida revisalo.

Este plan é coñecido polo Claustro e aprobado no Consello Escolar con data 30 de xuño de 2022.

Ligazóns ao Plan Dixital do Cra de Rianxo e expecificacións por Escolas na súa Web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022.pdf

Abuín: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/ABUÍN-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022_2.pdf

Capela: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/CAPELA-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022.pdf

Cruceiro: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/CRUCEIRO-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022.pdf

Cuvide: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/CUVIDE-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022.pdf

Outeiro: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/OUTEIRO-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022.pdf

Pazo: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/PAZO-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022.pdf

Quintáns: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/QUINTÁNS-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022_0.pdf

Rañó: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/system/files/RAÑÓ-15027551_CRADERIANXO_PlanDixital_V1.0_14062022.pdf