Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES Félix Muriel orienta a súa actividade docente a potenciar e desenvolver as competencias do seu alumnado co obxectivo de estar nas mellores condicións á hora de se incorporar á vida adulta e se integrar nunha sociedade en constante evolución, con novas esixencias e retos aos que deberá dar unha resposta. Pretende, sobre todo, ofrecer unha educación integral e emocional que axude a fortalecer a autoestima do alumnado, a adopción de actitudes asertivas, a construción dunha mentalidade creativa e positiva que poida ser útil ao alumnado para todos os eidos da vida.

Na procura dunha transformación do IES Félix Muriel nun centro dixitalmente competente, o Plan Dixital actuará como facilitador do desenvolvemento dos proxectos do centro a través das seguintes contribucións:

  • Formación do profesorado e implementación do desenvolvemento das actividades de ensinanza aprendizaxe a través do programa E-Dixgal, ao que se engade o equipamento técnico de redes e equipos nas aulas de 1º e 3º de ESO, ampliadas a 2º e 4º no curso 2023-2024.
  • Colaboración en programas internacionais ou programas europeos favorecendo a comunicación e divulgación dos proxectos programados a través do Plan Erasmus+.
  • Por en disposición equipamento dixital para o desenvolvemento dos proxectos educativos, e de innovación vencellados aos Plans Proxecta existentes, como Monte Vivo, ou aqueles outros proxectos que puideran xurdir para no curso 2022-2023 como a creación da aula de Polos Creativos.
  • Traslado das estratexias TIL ao espazo dixital e ao proceso de dixitalización do centro.
  • Equipamento, organización e catalogación e dinamización de actividades educativas da Biblioteca e a rede de Bibliotecas Escolares.
  • A incorporación de novas ferramentas TIC, estreitará a relación do Plan Dixital co EDLG.
  • Como recolle o Artigo 121. Proxecto educativo da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, o PEC incluirá un tratamento transversal da educación en valores, do desenvolvemento sostible, da igualdade entre mulleres e homes, da igualdade de trato e non discriminación e da prevención da violencia contra as nenas e as mulleres, do acoso e do ciberacoso escolar, así como a cultura de paz e os dereitos humanos. Deste modo o Plan Dixital contribuirá directamente no fortalecemento das accións programadas dende o Plan de Igualdade.
  • A contribución do Plan Dixital nos Plans de Formación PFPP observarase mediante dúas vertentes: a da propia formación, como pode ser a preparación do profesorado no medio E-Dixgal; e a de dar dispoñibilidade de equipamento para o desenvolvemento dos diferentes cursos aprobados polo PFPP para o presente curso.   

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23

A contribución do Plan Dixital á Programación Xeral Anual do curso 2022/2023 virá dada por tres vías de actuación:

  • As accións de mellora e obxectivos presentadas no actual documento que constitúe este plan.
  • A estreita relación, cando non acción conxunta cos Plans e Proxectos, prestando especial atención e contribuíndo ao seu carácter innovador.
  • A contribución que, de maneira transversal, se fai sobre aspectos relativos ao equipamento do centro e á convivencia escolar.

Sinalar que o Plan TIC será substituído por este Plan Dixital, que preverá incorporar aqueles obxectivos que aínda non foran acadados e outros novos.

Breve xustificación do mesmo

A elaboración deste Plan Dixital de Centro dá respostas á seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. 

A través destes sinálanse que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán:

  1. O uso das TIC na aula como medio didáctico e de aprendizaxe.
  2. A confianza e seguridade no uso das tecnoloxías dende perspectivas de igualdade.
  3. Evitar as fendas dixitais e garantir o exercicio do dereito á educación de nenas e nenos en igualdade de condicións.
  4. O desenvolvemento dunha metodoloxía propia dunha aprendizaxe competencial activa.
  5. As accións educativas dirixidas á experimentación e a innovación pedagóxica.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022. 
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 
  • Dende o marco común Europeo establécese a necesidade de fomentar o desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento e de “mellorar as habilidades e capacidades dixitais para a transformación dixital”.    •
  • A LOMLOE, Ley Orgánica 3/2022, de 31 de marzo, de ordenación e integración de la Formación Profesional. Enseñanza 01/04/2022 BOE, pola súa parte recolle:
    • O Plan Dixital de Centro (PDC) debe recoller a súa estratexia dixital, incluíndo as medidas que garantan o desenvolvemento desta competencia por parte de alumnado e os docentes.

Proceso de elaboración

A análise da situación do centro atendeu ás dimensións establecidas polo Marco Europeo de Organizacións Dixitalmente Competentes (DigCompOrg). Apoiámonos na ferramenta de autoavaliación SELFIE, dispoñible para todos os centros educativos, que proporciona un informe de situación actual. Os documentos de informe SELFIE e do test CDD, actuaron como documentos de referencia para xerar unha análise DAFO que favoreceu a reflexión sobre a situación do centro no contexto da dixitalización, e a elaboración final do Plan Dixital de Centro en termos fixación de obxectivos e actuacións de mellora.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Ademais do propio coñecemento da situación do centro por parte dos integrantes do EDPD, apoiámonos na ferramenta de autoavaliación SELFIE, dispoñible para todos os centros educativos, que proporciona un informe de situación actual. Os documentos de informe SELFIE e do test CDD, actuaron como documentos de referencia para xerar unha análise DAFO que favoreceu a reflexión sobre a situación do centro no contexto da dixitalización, e a elaboración final do Plan Dixital de Centro en termos fixación de obxectivos e actuacións de mellora.

Interno
80 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixo emprego e coñecemento de ferramentas de software libre. Alumnado Si
Debilidade Non acostuma a pedir axuda no manexo das tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade Competencias dixitais baixas. Alumnado Si
Debilidade Non pode traer ou usar os dispositivos móbiles no centro. Alumnado Non
Debilidade Demanda maior acceso por vías dixitais aos resultados da avaliación do proceso de ensino aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade Escaso emprego de ferramentas dixitais para a creación de contidos. Alumnado Non
Debilidade Os dispositivos dixitais tenden a ser elementos de distracción nos procesos de aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade O alumnado demanda maior retroalimentación no desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade Baixo aproveitamento das tecnoloxías dixitais (redes sociais) como ferramentas de aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade Descoñece ou non emprega correctamente as funcionalidades da ferramenta de Abalar móbil para a comunicación co profesorado. Familias Si
Debilidade En ocasións os dispositivos dixitais son compartidos por varios integrantes da familia. Familias Non
Debilidade Baixa competencia dixital. Familias Si
Debilidade Infraestrutura insuficiente nas aulas. Infraestruturas Si
Debilidade Escaso uso de dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Si
Debilidade 3 Aulas específicas con dotación informática insuficiente para ratio de 27 alumnos/aula. Infraestruturas Si
Debilidade O alumnado non ten acceso a rede WIFI. Infraestruturas Si
Debilidade Equipos obsoletos, cableado de aula deficiente e con problemas de seguridade. Infraestruturas Si
Debilidade Non conta cunha estratexia de Plan Dixital definida. Organización de centro Si
Debilidade Non permite o uso de dispositivos móbiles no centro. Organización de centro Si
Debilidade Ten adquirido material dixital con recursos económicos propios. Organización de centro Si
Debilidade Escasa colaboración para compartir contidos en espazos dixitais comúns. Organización de centro Non
Debilidade Web do centro pouco actualizada. O alumnado demanda unha información máis clara a través da mesma. Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo para a exploración no ensino dixital. Organización de centro Si
Debilidade Non permite ao alumnado o uso de dispositivos dixita.is propios no centro. Organización de centro Non
Debilidade Non ten contas propias de centro para o desenvolvemento das comunicacións a través das redes sociais. Organización de centro Si
Debilidade Ausencia de persoa que se encargue da coordinación TIC. Organización de centro Si
Debilidade Falta de espazos de debate. Organización de centro Non
Debilidade Presenta déficit na asistencia técnica que permita resolver os problemas co equipamento e uso de dispositivos dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Resultados CDD por debaixo da media galega. Persoal docente Si
Debilidade Baixo tempo adicado ao ensino dixital ou a través de medios dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non existen espazos nin repositorios de contidos creados polo profesorado. Persoal docente Non
Debilidade Baixo emprego dos recursos para a comunicación por vía dixital. Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo para a formación e creación de contidos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Falta de espazos para o debate sobre o uso das TIC. Persoal docente Si
Debilidade Escaso emprego de tecnoloxías dixitais para o desenvolvemento do proceso de avaliación. Persoal docente Si
Debilidade Escasa creación de contidos dixitais propios. Persoal docente Si
Debilidade Pouco profesorado líder ou experto dixital (B2 -C2). Persoal docente Si
Debilidade Baixo emprego dos recursos para a comunicación por vía dixital. Persoal docente Si
Debilidade Escasa promoción de ferramentas dixitais para a creación de contidos por parte do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Carece dunha ferramenta, libro dixital do profesor onde desenvolver as súas tarefas sen atentar contra a Lei de Protección de Datos. Persoal docente Si
Debilidade Baixo nivel de autoconfianza no emprego das contornas dixitais no desenvolvemento do proceso de ensinanza e aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza Considera ter autonomía na resolución de problemas a través da información de internet. Alumnado Si
Fortaleza Conta con dispositivos dixitais propios para o traballo na casa. Alumnado Non
Fortaleza Conta con correo corporativo do centro propio e individualizado. Alumnado Non
Fortaleza Alta percepción das súas propias competencias dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Coñece as posibilidades de emprego dos dispositivos móbiles para o proceso de ensinanza e aprendizaxe e a comunicación entre pares e co profesorado. Alumnado Non
Fortaleza Pode facer uso dos dispositivos móbiles con carácter educativo baixo autorización do profesorado. Alumnado Non
Fortaleza Alta participación en proxectos interdisciplinares (Erasmus+, Rede DixitalGal, GDNL, TIL, Montevivo; Biblioteca). Alumnado Si
Fortaleza En casa hai dispositivos dixitais para o traballo escolar. Familias Non
Fortaleza Hai internet en casa. Familias Non
Fortaleza Emprego de Abalar Móbil para as comunicacións co centro. Familias Non
Fortaleza Escasos problemas de conectividade no fogar. Familias Non
Fortaleza Partidarias da actualización da dixitalización do centro así como dos procesos de ensino-aprendizaxe. Familias Non
Fortaleza O centro conta con acceso a internet 600mb Infraestruturas Non
Fortaleza Aulas dotadas de equipamento dixital (PC e Proxector) Infraestruturas Non
Fortaleza Grupos de Ciclo (FP) con dotación dixital propia. Infraestruturas Non
Fortaleza Todas as aulas teñen acceso a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza Ciclo Formativo de Grao Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia. Oferta Non
Fortaleza Centro Erasmus+. Oferta Non
Fortaleza Bacharelato Científico Matemático e Bacharelato de Humanidades. Oferta Non
Fortaleza Emprego da Aula virtual como medio para o desenvolvemento do Ensino Mixto. Organización de centro Non
Fortaleza Integración na Rede DixitalGal. Organización de centro Non
Fortaleza Fomenta a participación e formación do profesorado en contextos dixitais a través dos plans de formación do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Participación de empresas e entidades externas non educativas nos procesos de ensino aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza Facilita equipamento dixital ao alumnado con necesidades. Organización de centro Non
Fortaleza Profesorado e alumnado contan con conta corporativa propia do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Está en proceso de creación e aprobación dun novo Plan Dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Promove novas modalidades de Ensino (solicitude de participación no programa E-Dixgal, Proxectos Interdisciplinares e Rede DixitalGal). Organización de centro Non
Fortaleza Fomenta o emprego de redes sociais como canles de comunicación e información a través dos proxectos de centro Erasmus+, Biblioteca e EDLG. Organización de centro Non
Fortaleza Emprego da web https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/ do centro como espazo preferente para a comunicación dixital do centro Organización de centro Non
Fortaleza Ferramentas para a comunicación a través dos recursos dixitais: Abalar, Aula Virtual Moodle, correo corporativo do centro (profesorado e alumnado). Persoal docente Non
Fortaleza Participación do profesorado nos plans de Formación TIC. Persoal docente Non
Fortaleza Coñecemento e emprego de software libre. Persoal docente Non
Fortaleza CDD media do profesorado: Integrador (B1). Persoal docente Non
Fortaleza Profesorado iniciado na metodoloxía de ensino mixto. Persoal docente Non
Fortaleza Alta participación en proxectos interdisciplinares (Erasmus+, Rede DixitalGal, ENDL, TIL, Montevivo; Biblioteca). Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de estratexias de autoavaliación no uso das TIC.s e da súa integración nos procesos de ensino-aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Desenvolvemento de estratexias de ensino mixto a través de aula propia e espazo aberto na Aula Virtual. Persoal non docente Non
Fortaleza Participación en proxectos interdisciplinares, Equipo de Mediación e Equipo de Igualdade. Persoal non docente Non
Fortaleza Presenza de intérprete de signos no centro para atención do alumnado con necesidades específicas de tipo auditivo. Persoal non docente Non
80 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A formación TIC non se axusta ás demandas do profesorado. Administración educativa Si
Ameaza Non facilita ao profesorado o emprego dun libro dixital do profesor que poida cumprir ca Lei de Protección de Datos. Administración educativa Non
Ameaza Elevada ratio alumnado/aula que dificulta a atención individualizada. Administración educativa Non
Ameaza Falta de axilidade na resolución de problemas asociados ás infraestruturas e ao equipamento dixital. Administración educativa Si
Ameaza Limita a autonomía dos centros no desenvolvemento de estratexias dixitais e no emprego de recursos dixitais axeitados ás súas demandas. Administración educativa Si
Ameaza Problemas de dotación económica para poder atender a plans de intervención máis ambiciosos. ANPA Non
Ameaza Escasa oferta de actividades extraescolares. ANPA Non
Ameaza Escaso fomento da formación no uso de ferramentas dixitais atendendo ao á Lei de Protección de Datos. Contorna Non
Ameaza Nivel socioeconómico familiar medio - baixo. Contorna Non
Ameaza Procedencia de contornas diversas por parte de alumnado con desigualdades no acceso aos medios dixitais. Contorna Non
Ameaza Mal uso das redes sociais e dos dispositivos móbiles. Contorna Non
Ameaza Cambios continuos na lexislación. Lexislación Non
Ameaza Descoñecemento dos usos responsables das TICs do profesorado e do alumnado. Lexislación Non
Ameaza Descoñecemento entre o alumando da Lei de Protección de Datos. Lexislación Non
Ameaza Descoñecemento das vantaxes e inconvenientes da normativa sobre dereitos de autor. Lexislación Non
Ameaza Uso incorrecto das TIC por parte do profesorado en relación á LPD. Lexislación Non
Ameaza Participación nula ou escasa do financiamento ou dotación de equipamento dixital no centro e no alumnado. Outras Non
Ameaza Baixa competencia dixital. Outras Non
Oportunidade Acceder á solicitude do centro na participación do programa E-Dixgal. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de formación a través dos plans de formación para o profesorado e fomento dos plans de formación de centro. Administración educativa Non
Oportunidade Financiamento a través de Proxectos Interdisciplinares (Plans Proxecta). Administración educativa Non
Oportunidade Fomento de metodoloxías de innovación educativa (Plans Proxecta, E-Dixgal). Administración educativa Non
Oportunidade Partidaria da actualización da dixitalización do centro así como dos procesos de ensino-aprendizaxe. ANPA Non
Oportunidade Colabora na atención ás necesidades específicas do alumnado na dotación de recursos. ANPA Non
Oportunidade Estreita colaboración nas actividades extraescolares nas que participa de maneira activa. ANPA Non
Oportunidade Mellora na oferta de actividades extraescolares. ANPA Non
Oportunidade Emprego da Aula Virtual como espazo de retroalimentación co profesorado e onde solicitar axuda para os procesos de ensino-aprendizaxe. Contorna Non
Oportunidade O alumnado conta con variedade de dispositivos dixitais propios. Contorna Non
Oportunidade Coñecemento e emprego de redes sociais potencialmente explotables como medios de aprendizaxe. Contorna Non
Oportunidade Fomento de novas estratexias educativas favorecedoras de metodoloxías innovadoras e dos procesos de dixitalización. Lexislación Non
Oportunidade Profesorado autor de contidos protexidos. Lexislación Non
Oportunidade Uso do profesorado de Software Libre e contidos de uso libre. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración de entidades privadas en proxectos educativos interdisciplinares. Outras Non
Oportunidade Colaboración permanente con entidades municipais e extramunicipais públicas como privadas no desenvolvemento de proxectos educativos como en actividades extraescolares. Outras Non
Oportunidade Estreita colaboración ca administración municipal en diferentes proxectos educativos. Outras Non
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Realizado e analizados os resultados do DAFO 2021-2023 desenvolvido no centro, poderiamos achegar as seguintes conclusións:

A nivel xeral sinalar que as maiores fortalezas e debilidades atópanse, como é lóxico, no alumnado, no profesorado e na organización do centro.

Respecto dos dous primeiros hai certa coincidencia en cuestións básicas como o nivel de competencia dixital que en termos xerais é baixo, como así se reflectiu no SELFIE e no test CDD. O mesmo sucede coa creación de recursos dixitais propios, especialmente a través de ferramentas de software libre. Finalmente sinalar a importancia da necesidade de máis formación sobre o correcto emprego dos recursos dixitais e os riscos de comportamentos perigosos e descoñecemento do marco normativo como a Lei de Protección de Datos.

Esta situación vese contrarrestada coa alta participación do profesorado na formación en ferramentas dixitais educativas; como tamén a participación deste xunto co alumnado en procesos de aprendizaxe a través do uso de metodoloxías didácticas activas que contan con recursos dixitais.

En canto a organización do centro sinalar en canto ás debilidades, máis aló das de tipo técnico ou de infraestruturas, a máis notable delas é a falta dun Plan Dixital definido, que intenta ser superada a través do Plan Dixital presentado e aprobado no curso 2021-2022. A aposta decidida no centro por avanzar no proceso de dixitalización vese reflectida na participación de programas como o a Rede Dixital Gal, E-Dixgal ou Polos Creativos, así como nos plans de formación de centro; e na inclusión dos instrumentos e recursos dixitais na integración dos procesos de creación e desenvolvemento de aprendizaxes levadas a cabo a través de diferentes proxectos educativos. Ademais a demanda, sobre todo por parte do alumando e das familias, dunha mellora na comunicación estase a solucionar mediante a elaboración do futuro Plan de Comunicación así como na actualización de ferramentas dixitais como a web do centro, e a presenza en redes sociais.

Respecto das posibles ameazas e oportunidades detectadas no DAFO, cabe sinalar que estas veñen fundamentalmente da administración educativa dende dúas perspectivas, a lexislación educativa e os seus constantes cambios e os investimentos no proceso de dixitalización na liña das directrices da UE e da Axenda 2030 e os obxectivos para o desenvolvemento.

Neste sentido sinalar tamén, a oportunidade que xeran as familias en favor destes procesos a través da súa participación e respaldo á participación do centro en programas como o de E-Dixgal.

Como conclusión sinalar que unha vez analizados os resultados dos diferentes instrumentos de avaliación da dixitalización do centro como o SELFIE, o CDD e o DAFO o centro aprobou un Plan Dixital ambicioso, realista e alcanzable cando menos na súa meirande parte. Para iso marcáronse 10 obxectivos, algúns deles xa logrados, a partir de catro ámbitos de actuación: equipamento, formación, competencias e comunicación.

Equipamento

  • Actualizar e aumentar os espazos dixitalizados

  • Mellorar as infraestruturas dixitais e o equipamento do centro

Formación

  • Mellorar a CDD (Competentecia dixital docente)

  • Converter AV e E-Dixgal en espazos referentes para a avaliación do alumnado

  • Adoptar medidas sobre protección de datos, privacidade, seguridade e dereitos dixitais

Competencias

  • Crear un Equipo TIC no centro

  • Colaboración e traballo en rede

  • Crear un club TIC do alumnado

Comunicación

  • Integrar as tecnoloxías dixitais para a mellora da comunicación organizativa

  • Utilizar as tecnoloxías dixitais do centro para a participación e a coordinación docente

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear un Equipo TIC no centro.
O02PD Integrar as tecnoloxías dixitais para a mellora da comunicación organizativa.
O03PD Mellorar a CDD.
O04PD Converter AV e E-Dixgal en espazos referentes para a avaliación do alumnado.
O05PD Adoptar medidas sobre protección de datos, privacidade, seguridade e dereitos dixitais.
O06PD Utilizar as tecnoloxías dixitais do centro para a participación e a coordinación docente.
O07PD Actualizar e aumentar os espazos dixitalizados.
O08PD Mellorar as infraestruturas dixitais e o equipamento do centro.
O09PD Crear un club TIC do alumnado.
O10PD Utilizar as tecnoloxías dixitais do centro para a participación do alumnado.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do PD realizarase ao final de cada trimestre, polo que o equipo directivo xunto co equipo TIC, reunirase nos meses de decembro, marzo e xuño para analizar se se está a cumprir o calendario de accións previsto no apartado anterior, analizando:

  • Cumprimento dos obxectivos en prazo.
  • Grao de satisfacción na consecución dos obxectivos.
  • Posibles adaptacións das accións de mellora.
  • Outras observacións.
1º Trimestre
  • Cumprimento dos obxectivos en prazo.

- Creación dun equipo TIC do centro formado por 5 persoas composto por profesorado do Dto. de Tecnoloxía, equipo directivo e coordinador e dinamizador dixital do centro

- Proxecto E-Dixgal e equipamento de alumnado e profesorado

- Proxecto Polos Creativos (conseguir dotación)

- Mellora e actualización nas comunicacións do centro:

              a) Actualización da web incluída modificación de logo corporativo

              b) Difusión do emprego da ferramenta Abalar Móbil

              c) Creación de contas en distintas redes sociais

- Elaboración e difusión do Plan de Formación de profesorado no centro (Pfpp)

  • Grao de satisfacción na consecución dos obxectivos.

- O grao de satisfacción na consecución dos obxectivos durante este período é alto

  • Posibles adaptacións das accións de mellora.

- As aulas E-Dixgal/ Abalar precisan de actualización do equipamento. A consellería non dotou de equipamento novo ás aulas E-Dixgal

- O centro require dunha reconfiguración e readaptación dos espazos onde localizar a aula/espazo de Polo Creativos

- Mellora na comunicación ao profesorado dos plans de formación Pfpp

- Mellora dos espazos dixitalizados a través de:

                 a) Actualización de equipamento e configuración das aulas de informática.

                 b) Revisión de posibles necesidades.

                 c) Dotación de equipamento E-Dixgal

  • Outras observacións.

- A mellora na rede wifi do centro beneficiou o correcto desenvolvemento do traballo cos equipos E-Dixgal

- A dotación de Polos Creativos non chegou ao centro ata o mes de decembro

- Procedeuse ao estudo de orzamento  para rehabilitar o espazo destinado a Polos Creativos

2º Trimestre
  • Cumprimento dos obxectivos en prazo.

- Mellora do CDD a través do plans de formación Pfpp e da habilitación de espazos de aprendizaxe na AV e evaformación

- Desenvolvemento das actuacións do plan de formación Pfpp

- Creación de materiais de aprendizaxe por parte do coordinador e dinamizador dixital e do profesorado

- Obsérvase que hai profesorado que xa fai uso das ferramentas institucionais AV e EVA E-Dixgal como espazos de referencia para as cualificacións do alumnado

- Queda pendente o traballo no obxectivo "Adoptar medidas sobre protección de datos, privacidade, seguridade e dereitos dixitais"

- Consecución dos obxectivos 6 e 7 a través da instalación e posta en marcha da aula Polos Creativos, primeiras actuacións co material da dotación do mesmo

  • Grao de satisfacción na consecución dos obxectivos.

- O grao de satisfacción na consecución dos obxectivos durante este período é alto

- O grao de satisfacción na consecuión do obxectivo 5: Adoptar medidas sobre protección de datos, privacidade, seguridade e dereitos dixitais; é baixo

- Ponse en marcha a planificación dun Club TIC ou Club Polos Creativos

  • Posibles adaptacións das accións de mellora.

- Afondar na mellora e actualización dos espazos de aprendizaxe do profesorado: AV e EVA E-Dixgal

- Reavaliar as necesidades de formación da comunidade educativa en medidas sobre protección de datos, privacidade, seguridade e dereitos dixitais

- Necesidade de crear protocolos de uso da aula  Polos Creativos

- Insistir no uso de Agueiro como espazo de comunicación e difusión de actividades didácticas para o alumnado e profesorado

- Incrementar o número de profesorado usuario do espazo Agueiro

  • Outras observacións.

- O profesorado que forma parte da comunidade do IES en Agueiro non acado o 50% do claustro

3º Trimestre
  • Cumprimento dos obxectivos en prazo.

- Logro de obxecgivo 9: Creación do Club TIC ou Club Polos Creativos cun total de 17 participantes procedentes do alumnado de 1º e 2º de ESO

- Finalización das accións de formación correspondentes ao plan de formación do Pfpp referidas ao obxectivo 3 de desenvolvemento da CDD

- Participación dun equipo de 7 docentes do centro no curso de Platega: G2201116 - Traballo e avaliación por competencias nas ferramentas dixitais institucionais co fin de acadar o obxectivo 4: Converter AV e E-Dixgal en espazos referentes para a avaliación do alumnado.

- Inventario de dispositivos dixitais - revisión de materiais como parte da consecuención dos obxectivos 7 e 8 do Plan Dixital

  • Grao de satisfacción na consecución dos obxectivos.

- O grao de satisfacción na consecución dos obxectivos durante este período é alto

  • Posibles adaptacións das accións de mellora.

- Valorar posibles intervencións por necesidades de dotación dentro do proxecto do E-Dixgal

- Adecuación de espazos da aula Polos Creativos, aula de creación audiovisual

- Revisión do obxectivo 2 para a mellora da comunicación

- Realización dun Selfie no primeiro trimestre do curso 2023-2024 co fin de concretar o logro dos obxectivos 6 e 10

  • Outras observacións.

- Revisión e actualización (clonado) do equipamento E-Dixgal ca nova versión da maqueta Abalar v11

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación realizarase ao final do curso, coincidindo co seguimento do terceiro trimestre. Neste apartado de xeito global analizarase:

  • Consecución de obxectivos.
  • Desviación nos obxectivos non conseguidos na súa totalidade.
  • Motivos polos que non se lograron os obxectivos.
  • Se os obxectivos alcanzados deben ser potenciados no curso seguinte ou se xa están nunha situación óptima.
  • Posibles modificacións ou substitución de obxectivos.
  • Análise do funcionamento do equipo TIC e a coordinación co equipo directivo.
Valoración xeral

Facemos unha valoración moi positiva do grao de consecución dos obxectivos marcados no plan de acción. Dos 10 obxectivos, 9 deles están nun estado de acadado íntegra (4) ou parcialmente (6). Tendo en conta que estes segundos requiren dunha actualización permanente ou actuacións en cursos vindeiros como a realización de controis permanentes do estado da competencia dixital docente ou do alumnado a través de probas pertinentes como o Selfie;  ou non dependen unicamente do funcionamento do centro como poden ser aqueles referidos a dotación de recursos.

A situación no centro revela un estado distinto ao punto de partida observándose unha notable mellora a nivel xeral. A decisión do claustro na participación do centro no proxecto Edixgal contribuíu nesta transformación, mellorando a conectividade e a dispoñibilidade de equipamento para o alumnado e o profesorado participante. Outro gran avance para o centro foi a consecución da aula Polos Creativos, un novo espazo de innovación que abre as posibilidades de traballo con novas metodoloxías abrindo as expectativas de desenvolver novas estratexias de ensino aprendizaxe.

Obsérvase interese por parte da comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias; en seguir desenvolvendo o proceso de dixitalización de centro, tendo sempre en perspectiva que a dixitalización debe ser un instrumento de mellora do proceso educativo e non un fin en si mesmo.

Poucos obxectivos do plan de acción non foron conseguidos na súa totalidade. Queda pendente unha intervención na Biblioteca para transformala nun novo espazo dixitalizado. Por outro  lado é importante atender a posibles debilidades, como poden ser aspectos referidos á comunicación e sobre todo en todo aquelo referido ao obxectivo 5 "Adoptar medidas sobre protección de datos, privacidade, seguridade e dereitos dixitais".

 

Proposta de mellora

Unha vez analizada e avaliada a evolución e consecución de logros a partir das diferentes accións contempladas neste Plan Dixital de centro consideramos que para o próximo curso debemos refacer o plan de acción, centrando o traballo nos seguintes aspectos:

1) Mellora da CD tanto do profesorado como do alumnado

2) Deixar pechados os protocolos de comunicación

3) Optimizar o traballo de mantemento de instalacións e equipamento.

4) Manter un equipo de traballo de profesorado, implicar ao alumnado na xestión dos espazos dixitalizados

5) Deseñar unha formación en centro acorde as nosas necesidades, centrándonos na formación E-Dixgal e manexo de equipamento de Polos Creativos, así como afondar na formación en ferramentas institucionais para creación de contidos como poden ser H5P ou eXeLearning.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do seguinte plan dixital seguirá as mesmas canles que se teñen empregado para outros documentos do centro. Presentarase ante claustro en canto estea rematado, e estará a disposición de calquera que o queira consultar na páxina web do centro. Ademais, será obxecto das futuras actuacións de difusión a través das intervencións que puidesen ser contempladas no Plan de Comunicación de centro.

Plan Dixital