Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL

En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital de Centro como organización. O plan dixital de centro, é un instrumento de planificación que debe estar integrado no Proxecto Educativo, según recolle a LOMLOE no seu artigo único. Modificación da Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, punto 62, apartado 1 “O proxecto educativo do centro recollerá asimesmo a estratexia dixital do centro, dacordo co establecido no artigo 111 bis.5.”, co fin de desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa, promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais. Este plan debe construirse ca participación de todos os sectores da comunidade educativa de modo que se convirta nun proxecto compartido. De igual modo, conforme a disposición adicional décima da mencionada ley, o Plan de Continxencia para situacións de emerxencia
conterá as medidas que garanticen a competencia dixital do alumnado e profesorado, reducindo no posible as fendas dixitais de acceso e uso, e as previsións para a revisión dos elementos do curriculo e das programacións didácticas centradas nos aspectos máis competenciais do mesmo.
Durante os curso 2021/2022 cada centro elaborará o seu plan dixital, según as instruccións que se diten, tal e como recolle a resolución do 17 de xuño de 2021 na súa disposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. E na resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022. Por último citar a resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e  implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL

O CEIP Pío XII, é un centro público onde se imparten ensinanzas dende Educación Infantil até 6º de Primaria.

O alumnado que acude o noso centro procede principalmente das zonas de influencia do colexio. As características socioeconímicas e culturais do contexto do noso centro podemos dicir que son medio-altas. O poder adquisitivo da maioría das familias é alto, así como o seu bagaxe cultural. O centro está ubicado en pleno Campus Sur de Santiago de Compostela, de ahí que unha boa cantidade do alumnado sexan fillos do persoal que traballa na USC (Universidade de Santiago de Compostela).

O centro incorporará o Plan Dixital aos documentos oficiais, contribuindo a que na Programación Xeral Anual do curso 22/23 se recolla como un dos seus obxectivos o fomento do uso das novas tecnoloxías, dotando o alumnado da capacidade de utilizalas e de aprender a través delas. Este obxectivo favorece, a un tempo, a consecución dunha formación integral do alumnado, finalidade mesma da educación.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Novembro de 2021, a Xunta de Galicia pon en marcha a Rede DixitalGal, constituindo equipos de apoio dixital aos centros (ADIX). Cada equipo está formado por 3 mentores que serán os encargados de apoiar os centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no deseño, elaboración, dinamización e desenvolvemento do seu Plan Dixital. Seguindo as intruccións da Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, constitueuse un equipo de dinamización do Plan Dixital formado  por 4 persoas: a Xefa de Estudos (por delegación do director), unha Coordinadora e dous membros do claustro.
Seguindo a cronoloxía establecida pola Admón. no mes de decembro do 2021 fíxose o SELFIE, cunha participación do 100% do equipo directivo, o 79% do profesorado e o 85% do alumnado.
En febreiro de 2022 realizouse o Test CDD tendo unha participación do 60,4% do profesorado.
Marzo do 2022 levouse a cabo o DAFO.
Entre abril e maio deseñouse o Plan de Acción
Finalmente en xuño, redactase o Plan Dixital de Centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O imparable desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación está a afectar de forma profunda a todas as actividades que realizan os seres humanos, tanto no seu traballo e no seu lecer, como na súa forma de relacionarse ou de comunicarse. O noso centro educativo non permanece alleo a esta realidade , polo que se expón ofrecer os recursos e estratexias necesarias para a integración e o uso eficaz das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe, de modo que o alumnado poida incorporarse de forma plena na sociedade, e compénsense todo tipo de desigualdades sociais.

En liña coas orientacións da normativa vixente1  e as liñas establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe.

Seguindo a cronoloxía establecida pola Admón. no mes de decembro do 2021 fíxose o SELFIE, cunha participación do 100% do equipo directivo, o 79% do profesorado e o 85% do alumnado.
En febreiro de 2022 realizouse o Test CDD tendo unha participación do 60,4% do profesorado.
Marzo do 2022 levouse a cabo o DAFO


1 Artigo 111 bis. Artigo 121 e Art. 132 da LO 2/2006 do de maio de educación

Resolución do 17 de xuño de 2021 na súa disposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Interno
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H6. Otorgar recoñecemento o traballo dos demáis Alumnado Non
Debilidade H4. Verificar a calidade da información Alumnado Non
Debilidade H7. Creación de contidos dixitais Alumnado Non
Debilidade H8. Aprender a comunicarse Alumnado Non
Debilidade A2. Desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Non
Debilidade A1. Estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade B1 Avaliación do progreso Organización de centro Non
Debilidade B3. Colaboracións Persoal docente Non
Debilidade D1. Necesidades de DPC Persoal docente Non
Debilidade F3. Fomento da creatividade Persoal docente Non
Debilidade F6. Proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade B1. Avaliación do progreso Persoal docente Non
Debilidade F1. Adaptación as necesidade do alumnado Persoal docente Si
Debilidade G3. Retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Debilidade G7. Comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo Persoal docente Non
Debilidade G5. Autorreflexión sobre o aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade D3. Intercambio de experiencias Persoal docente Non
Debilidade E2. Creación de recursos dixitais Persoal docente Si
Debilidade E3. Emprego de EVA Persoal docente Si
Debilidade G1. Avaliación das capacidades Persoal docente Non
Fortaleza H1. Comportamento seguro Alumnado Non
Fortaleza C8. Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza H3. Comportamento responsable Alumnado Non
Fortaleza C1. Infraestructuras Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Dispositivos para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza C7. Protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza C5. Asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza C3. Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza F4. Inclusión do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza B2. Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensino Persoal docente Non
Fortaleza D2. Participación no DPC. Persoal docente Non
Fortaleza E1. Recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza E4. Comunicación ca comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza F5. Colaboración do alumnado Persoal docente Non
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Falta de tempo do profesorado para investigar metodoloxías de ensino con tecnoloxía dixital Administración educativa Non
Ameaza - Constante modificación do Currículo Administración educativa Non
Ameaza - Ratio elevada Administración educativa Non
Ameaza - Centros educativos cercanos Contorna Non
Ameaza C7. Protección de datos Lexislación Non
Ameaza - Lentitude por parte do Concello para o mantemento das infraestructuras Outras Non
Oportunidade - Existencia dunha boa oferta de Actividades de formación. Administración educativa Non
Oportunidade - Administración Educativa aposta polo Plan Dixital Administración educativa Non
Oportunidade C2. Dispositivos dixitais para o ensino Administración educativa Non
Oportunidade C3. Acceso a internet. Administración educativa Non
Oportunidade - ANPA receptiva e colaborativa ANPA Non
Oportunidade - Alumnado con dispositivos dixitais na casa Contorna Non
Oportunidade - O centro goza de boa imaxe no exterior Contorna Non
Oportunidade - Centros educativos cercanos Contorna Non
Oportunidade - Alumnado con boa capacidade tecnolóxica Contorna Non
Oportunidade - Alta competencia dixital das familias Contorna Non
Oportunidade - Cercanía Campus Universitario Contorna Non
Oportunidade B3. Colaboracións Outras Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, como o coñecemento do funcionamento interno do colexio; o centro xenerou unha análise DAFO que permite tomar conciencia da súa realidade no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado dos cursos non E-Dixgal.
O02PD Creación dun repositorio de recursos eductaivos propios na Aula Virtual do Centro
O03PD Crear unha comunidade educativa na plataforma Agueiro
O04PD Introducir a ensinanza dixital na etapa de Educación Infantil

Seguimento

Procedemento

A actualización periódica e constante dos contidos e dos recursos informáticos dispoñibles é totalmente necesaria dada a velocidade de cambios que sufren aplicacións, ferramentas ou dispositivos. Por eso, cada trimestre avaliarase o estado de execución das accións e tamén analizaranse e valoraranse os resultados obtidos e, de ser o caso, proporanse modificacións das accións e as propostas de mellora, para axustar a realidade todos os factores indicados anteriormente que están en permanente evolución.

A persoa mentora Adix, realizará como mínimo dúas visitas ao centro por trimestre, para valorar, xunto ca coordinadora do PDC, o desenvolvemento do mesmo.


Anualmente farase unha valoración, seguimento e revisión da integración das tecnoloxías dixitais no ensino/aprendizaxe no centro; avaliando o grao de consecución dos obxectivos propostos no presente Plan e a adecuación das
actividades realizadas. Terase en conta as aportacións dos equipos docentes interniveis e as propostas de mellora aportadas, que servirán como punto de partida para a actualización do Plan de cara o curso seguinte.

1º Trimestre

OBXECTIVO 1: Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado dos cursos non E-Dixgal

Ainda non se iniciaron as accións correspondentes a este obxectivo.

OBXECTIVO 2: Creación dun repositorio de recursos eductaivos propios na Aula Virtual do Centro

- Por decisión conxunta do equipo de implementación do PDC, optouse por remitir as acción a crear na AV a facelas en Agueiro

OBXECTIVO 3: Crear unha comunidade educativa na plataforma Agueiro

- Actualmente o colexio está dado de alta na plataforma Agueiro co cal a acción AO3.1. estaría acadada.

- Tamén se lle solicitou ao CAFI a formación o respecto, que se impartirá a partir de xaneiro do 2023, deste xeito a acción AO3.2. tamén estaría acadada

 

OBXECTIVO 4: Introducir a ensinanza dixital na etapa de Educación Infantil

- Estase a levar a cabo un PFPP específico, coordinado por unha profe de infantil para mellorar a competencia dixital deste profesorado

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital de Centro, procederase a darlle a maior difusión entre a comunidade educativa utilizando para este fin a páxina web do centro e o correo electrónico corporativo, sen prexuizo de facer un claustro monográfico a principios de curso para promover e resaltar a importancia da colaboración da comunidade educativa no desenvolvemento do Plan Dixital de Centro.
Asemade este debandito Plan formará parte da documentación oficial do centro; é dicir, do Proxecto Educativo, do Proxecto de dirección e do Plan Xeral Anual (PXA).

Ligazón o Plan Dixital de Centro: Plan dixital de centro