Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.- Xustificación do Plan Dixital de Centro ( PDC ) en relación coa normativa vixente:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

2.- Contextualización do Plan Dixital de Centro ( PDC ):

O CEIP Almirante Juan de Lángara e Huarte atópase situado preto do centro urbano da cidade de Ferrol aínda que a súa zona de influencia non está demasiado poboada, pois se atopa preto dos equipamentos deportivos municipais da Malata e de varias zonas verdes así como do acceso Norte. Isto é un inconvinte en canto a matrícula, pero a súa situación de entrada a cidade fai que reciba alumnos das zonas rurais do municipio que non posúen centros de educación primaria completa, como Cobas, San Xurxo, Doniños etc.

Aínda que se atopa nunha zona moi castelanizada lingüisticamente falando, existe un gran interese por potenciar a lingua galega e unha actitude de gran respecto cara ás nosas tradicións e costumes.

 

3.- Contribución ao Proxecto Educativo de Centro (PEC):

A finalidade dun centro educativo é que o alumnado aprenda, se forme e se desenvolva como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece co seu entorno. O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que ven recollido en outros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

O PEC engloba todos os documentos esenciais para o bo funcionamento dun centro e, polo tanto, o Plan Dixital estará relacionado con todos eles.

 

4.- Proceso de elaboración: 

No noso centro centro contamos cun PFPP do Plan Dixital no que participan os tres membros do equipo directivo, exercendo como coordinadora a xefa de estudos. A través deste PFPP, formamos un grupo de traballo de 20 horas para realizar todas as xestións relacionadas co Plan Dixital, así como a súa elaboración.

Así mesmo, o noso centro forma parte da Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal), tendo un mentor que forma parte do noso claustro.

O proceso seguido para a elaboración deste plan dixital foi o estipulado polo equipo Adix 1 de Ferrol:

1) Realización dun cuestionario a través da aplicación Selfie por parte dos tres grupos esixidos: a totalidade do profesorado, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria e o equipo directivo.

2) Análise dos resultados do Selfie.

3) Elaboración dun informe DAFO (Debilidades – Ameazas – Fortalezas – Oportunidades) a partir dos resultados obtidos no Selfie.

4) Realización dunha táboa cos obxectivos principais a cumprir neste plan dixital.

 5) Elaboración do documento “Plan dixital” a partir do modelo facilitado polo equipo Adix 1 de Ferrol.

 6) Presentación do documento ao claustro e información ás familias sobre o mesmo. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os documentos de recollida de información usados foron o informe Selfie ( https://schools-go-digital.jrc.ec.europa.eu/school/registry ) e o test de Competencia Dixital Docente (  a través de Fprofe-cuestionarios ).

Analizando os datos obtidos a través do informe Selfie ( nas súas 8 áreas principais ) e os datos obtidos dos resultados do test de Competencia Dixital Docente ( test CDD ) do noso profesorado poderiamos dicir que:

   1.- En relación ao informe Selfie: 

A media dos resultados nas súas diferentes áreas incluíndos os subapartados foi a seguinte:

  • A.- Área Liderazgo:
    • A media desta áreas nos seus subapartados foi de 3,7 sobre 5.
  • B.- Área Colaboración e redes:
    • A media desta área nos seus subapartados foi de 3,5 sobre 5.
  • C.- Área Infraestrutura e equipos:
    • A media desta área nos seus subapartados foi de 4,2 sobre 5. 
  • D.- Área Desenvolvemento profesional continuo: 
    • A media desta área nos seus subapartados foi de 4 sobre 5.
  • E.- Área Pedagoxía: apoios e recursos:
    • A media desta área nos seus subapartados foi de 4,3 sobre 5.
  • F.- Área Pedagoxía: implementación na aula:
    • A media desta área nos seus subapartados foi de 3,8 sobre 5.
  • G.- Área Prácticas de avaliación:
    • A media desta área nos seus subapartados foi de 3,5 sobre 5.
  • H.- Área Competencias dixitais do alumnado:
    • A media desta área nos seus subapartados foi de 3,8 sobre 5.

 

       2. En relación ao Test de Competencia Dixital Docente ( test CDD ):

Os resultados xerais obtidos no test en relación aos diferentes niveis de Competencia Dixital Docente segundo o Marco de Referencia da Competencia Dixital Docente ( MRCDD ) quedou do seguinte xeito:

Nivel competencial

Número mestres

Porcentaxe mestres 

Explorador/a ( A2 ) 2 10%
Integrador/a ( B1 ) 7 35%
Experto/a ( B2 ) 4 20%
Líder ( C1 ) 6 30%
Pioneiro/a ( C2 ) 1 5%
TOTAL 20 100%

Dos 20 docentes do noso centro que participaron no test CDD poderemos destacar o seguinte:
A maioría dos docentes do noso centro ( 7 ) teñen un nivel de competencia dixital Integrador/a (B1), é dicir, o 35,0%.

 

No apartado de "Anexos" poderáse consultar toda a información relativa ao informe Selfie e ao Test CDD e descargar os documentos por se fose necesario.

Interno
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non son quen de facer traballo colaborativo coas novas tecnoloxías. Alumnado Si
Debilidade Non participan máis nas actividades dixitais. Alumnado Si
Debilidade Soporte técnico pagado polo centro. Infraestruturas Si
Debilidade Dispositivos portátiles sen conexión a Internet. Infraestruturas Si
Debilidade Non temos tempo para recibir máis formación Oferta Si
Debilidade Falta de tempo para compartir experiencias dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Falta intercambio de experiencias entre o profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza Están formados en dereitos de autor e licenzas de uso. Alumnado Non
Fortaleza Son quen de utilizar as tecnoloxías dixitais para crear algún contido sinxelo Alumnado Non
Fortaleza Coñecen e utilizan os medios dixitais que poden utilizar para comunicarse co centro. Familias Non
Fortaleza Temos equipos propios para o profesorado e o alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza Temos acceso a internet por cable no 85% das dependencias. Infraestruturas Non
Fortaleza No centro temos diferentes liñas de formación relacionadas coas novas tecnoloxías. Oferta Non
Fortaleza As comunicacións do centro fanse a través de medios dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Colaboradores. Persoal docente Non
Fortaleza Temos coñecementos sobre os dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Non
Fortaleza Temos formación en novas tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza Capacidade para debater. Persoal docente Non
Fortaleza Colaboradores. Persoal docente Non
Fortaleza Fomentamos a creatividade coas tecnoloxías Persoal docente Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Pouca dotación de equipos informáticos. Administración educativa Si
Ameaza Non temos wifi na maioría das instalacións do centro. Administración educativa Si
Ameaza Esixencia de elaborar o plan dixital sen formación previa e con moi pouco tempo. Lexislación Non
Oportunidade Oferta variada de formación en materia dixital, tanto a través do CFR correspondente como do CAFI. Administración educativa Non
Oportunidade Temos proxectos dixitais en curso ofertados por outras entidades. Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizado o informe Selfie e o test CDD observamos unhas fortalezas e debilidades a nivel interno e unhas ameazas e oportunidades a nivel externo que quedan rexistradas no presente contexto DAFO.

O análise DAFO fai que nos plantexemos, dentro do Plan de Acción, unha serie de Obxectivos :

  • O01PD.- Organizar un banco de recursos dixitais e fixar reunións para compartir ideas.
  • O02PD.- Solicitar á Consellería que se faga cargo do soporte técnico.
  • O03PD.- Conseguir que todos os dispositivos portátiles do centro teñan unha boa conexión a internet.
  • O04PD.- Promover a comunicación entre o profesorado do centro.
  • O05PD.- Acadar unha maior participación do alumnado a través da utilización das novas tecnoloxías.
  • O06PD.- Traballar de xeito colaborativo coas tecnoloxías dixitais.
  • O07PD.- Compartir experiencias dixitais entre o equipo docente

Plantexamos esta serie de Obxectivos que levaremos a cabo a través do Plan de Acción secuenciado trimestralmente e que levaremos a cabo mediante Accións e Indicadores e que recolleremos na pestana seguinte de Obxectivos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Organizar un banco de recursos dixitais e fixar reunións para compartir ideas
O02PD Solicitar á Consellería que se faga cargo do soporte técnico
O03PD Conseguir que todos os dispositivos portátiles do centro teñan unha boa conexión a internet
O04PD Promover a comunicación entre o profesorado do centro.
O05PD Acadar unha maior participación do alumnado a través da utilización das novas tecnoloxías
O06PD Traballar de xeito colaborativo coas tecnoloxías dixitais
O07PD Compartir experiencias dixitais entre o equipo docente

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital ( EDPD ) realizará as reunións necesarias para facer un seguimento e valorar as evolucións deste Plan Dixital.

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso a esta ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e a avaliación deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro.

A persoa mentora Adix realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital o seu desenvolvemento.

1º Trimestre

O cumprimento do Plan Dixital está a ser moi complicado por mor da obra de rehabilitación integral do noso centro que se está a desenvolver dende o mes de maio de 2022. Debido a esta obra tivemos que desmontar a aula de informática para poder utilizar ese espazo para utilizar como aula de AL, tivemos que trasladar todas as aulas do último andar a espazos da planta baixa e o primeiro andar onde a conexión a intermet é moi deficiente, estropeáronse varios cables de rede, a instalación eléctrica é moi deficiente e non podemos enchufar ningún aparello nalgunhas aulas da planta baixa porque saltan os plomos, estivemos en varias ocasións sen conexión a internet e sen liña telefónica, etc. Actualmente estamos agardando a que remate a obra para poder recuperar a normalidade e seguir na procura dos obxectivos do noso plan dixital.

2º Trimestre

No 2º trimestre comezamos a recuperar un pouquiño a normalidade posto que xa puidemos colocar as aulas no seu espazo orixinal. A obra de rehabilitación integral está practicamente finalizada polo que xa puidemos ir desenvolvendo as actuacións previstas no plan dixital. 

Dende a Consellería fixeron toda a instalación do cableado para dispoñer de 2 puntos de acceso a internet por cable e, do mesmo xeito deron cobertura wifi en todo o centro aínda que a día de hoxe non conseguimos conectar algúns dispositivos con wifi. Deuse parte desta incidencia á UAC pero concluiron que a instalación inhalámbrica está perfectamente feita e que non detectan ningún erro que eles poidan solucionar.

Tamén se creou un apartado específico na aula virtual para colgar diferentes recursos dixitais ordenados por áreas e ciclos.

3º Trimestre

No 3º trimestre conseguimos situar todas as aulas no sitio correcto e comezar a funcionar con total normalidade.

Metéronse, na aula dixital do centro, diferentes recursos dixitais clasificados por materias para que poida acceder a eles todo o profesorado.

Instaláronse 5 paneis dixitais nas 3 aulas de infantil e nas aulas de 1º e 2º de educación primaria.

Este curso foi un pouco complicado o seguimento do Plan Dixital debido a todos os inconvintes derivados da obra pero, finalmente, acadamos a maioría dos obxectivos propostos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para o Plan Dixital establécense dous tipos de avaliación:

  • Avaliación procesual: realizarase ao remate de cada trimestre. Nesta avaliación participarán todos os membros do equipo de Plan Dixital. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

  • Avaliación final: realizarase ao rematar o curso e participarán todos os membros do equipo do Plan Dixital. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración seral do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

O Plan Dixital foise desenvolvendo con algún que outro problema posto que os dous primeiros trimestres tivemos o colexio inmerso nunha obra de rehabilitación integral que modificou espazos, conexións, horarios, etc. Finalmente conseguiuse levar a cabo a maioría dos obxectivos propostos grazas ao esforzo do equipo de mestres e mestras que sempre prestaron a súa colaboración.

Proposta de mellora

Sería bo conseguir que dende a Consellería houbese algunha partida de cartos destinada a pagar o mantemento informático que, a día de hoxe, sae do presuposto xeral do centro.

Polo demais, consideramos que o Plan Dixital está bastante ben adaptado ás necesidades do noso centro e continuaremos traballando para desenvolvelo da mellor maneira posible.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan dixital darase a coñecer á comunidade educativa nas diferentes reunións de avaliación realizadas por cada titor/a ao comezo de cada curso. Así mesmo, quedará unha copia na secretaría do centro a disposición de calquera membro da comunidade educativa que o queira consultar. A maiores, colgouse na web do centro.

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso a esta ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e a avaliación deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro.

No apartado de "Anexos" poderáse consultar toda a información relativa ao Plan Dixital e descargar o documentos por se fose necesario.