Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
- Seguimento do plan
Cada unha das accións propostas neste proxecto dixital ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións no achegamento das accións durante o curso para que as propostas se materialicen.
A avaliación basearase no grao de desenvolvemento dos obxectivos e na eficacia das actuacións.
Expoñemos un sistema de avaliación que nos permita, non só recoller o progreso xeral en materia de dixitalización, senón tamén o progreso de todos os axentes participantes e sobre todo o progreso das actuacións coeducativas expostas.
Basearémonos en dous aspectos fundamentais a hora de avaliar:
- A adquisición e o logro dos obxectivos principais, por parte de todos os sectores implicados (profesorado, alumnado e familias).
- O interese, a participación e o esforzo levado a cabo, constituíndo estes tres aspectos os referentes da nosa avaliación.
Para isto levaremos a cabo dous tipos de avaliación: a parcial e a final.
Avaliación parcial:
A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
O equipo de dinamización do plan dixital fará, no mes de outubro unha avaliación inicial do plan e as súas conclusións serán presentadas nun informe ao Claustro e Consello escolar no mesmo mes.
O seguimento do plan será trimestral e avaliaranse tanto os logros dos alumnos, o profesorado, o persoal non docente e as familias, como o Plan en si (obxectivos, contido, actividades, metodoloxía, temporalización…).
- Os equipos de ciclo e os departamentos de secundaria farán unha valoración das accións programadas e da aplicación do mesmo, facendo propostas de mellora cando así o estimen necesario.
- Na Comisión de Coordinación Pedagóxica farase un seguimento e elaborarase un informe da avaliación levada a cabo. Á devandita reunión poderá asistir o responsable do Plan de Dixitalización. O informe trasladarase ao Claustro e ao Consello escolar para o seu coñecemento, se procede, das medidas e actuacións propostas; así como a súa revisión e avaliación.
Avaliación final:
A avaliación continua complementarase cunha avaliación final onde se valoren os resultados obtidos, as posibles melloras, erros cometidos, necesidades e grao de satisfacción coa experiencia. Para todo iso, empregaranse, entre outros, os seguintes criterios de avaliación:
- O nivel de implicación do profesorado do centro.
- O grao de consecución dos obxectivos establecidos.
- A análise das causas que expliquen os resultados.
- A revisión das actividades realizadas.
- A idoneidade das actuacións programadas e dos recursos previstos para alcanzar os obxectivos.
- A eficacia dos mecanismos de coordinación.
Da avaliación final levada a cabo no mes de xuño realizarase un informe final, que se plasmará na memoria do centro.
Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
O equipo de dinamización do plan dixital faI, no mes de outubro unha avaliación inicial do plan e as súas conclusións serán presentadas nun informe ao Claustro e Consello escolar no mesmo mes.
Os equipos de ciclo e os departamentos de secundaria fan unha valoración das accións programadas e da aplicación do mesmo, e fan propostas de mellora cando así o estimen necesario que se recollen nas actas de departamento ou ciclo
Nas Comisións de Coordinación Pedagóxica celebradas en setembro, outubro e novembro farase un seguimento e elaborarase un informe final da avaliación levada a cabo. Á devandita reunión poderá asistir o responsable do Plan de Dixitalización. O informe final do trimestre trasladarase ao Claustro e ao Consello escolar para o seu coñecemento, se procede, das medidas e actuacións propostas; así como a súa revisión e avaliación.
O coordinador do Plan Dixital fai un seguimentos do grao de cumplimento dos obxectivos fixados
O equipo de dinamización do plan reúnese o día 20 de abril de 2023 para revisar o plan e facer un seguimento de como se está de como se está implementando no centro
- Completar la aplicación “Educalidade”
O coordinador do plan Antonio Cebreiro completa os epígrafes da aplicación
- Confección das enquisas que valorarán e avaliarán o Plan Dixital por parte do profesorado e do alumnado.
- Acordo para a instalación en breve de 12 Paneles interactivos de 75 polgadas, resolución 4K, modelo TafelTech L75EG (Android 11, 4GB RAM, 32GB almacenamento interno).
Nas Comisións de Coordinación Pedagóxica celebradas en febreiro, marzo e abril farase un seguimento e elaborarase un informe final da avaliación levada a cabo.
O informe final do trimestre trasladarase ao Claustro e ao Consello escolar o día 25 de abril para o seu coñecemento, se procede, das medidas e actuacións propostas; así como a súa revisión e avaliación.
O coordinador do Plan Dixital fai un seguimentos do grao de cumplimento dos obxectivos fixados
O equipo de dinamización do plan reúnese o día 15 de xuño de 2023 para revisar o plan e facer un seguimento de como se está de como se está implementando no centro
- Revisión e cumplimento de obxectivos
- Seguimento do plan dixital
- A acreditación das competencias dixitais
- Iniciativas de Amtega para a dixitalización
- Proceso de acreditación de competencias dixitais docentes
- O camino da dixitaización educativa
- Elaborar as enquisas para o seguimento do Plan Dixital. As enquisas están a disposición da comunidade educativa no seguinte enlace:https://www.edu.xunta.gal/centros/cpiatios/?q=node/1321
- Analises das enquisas do profesorado, alumnado e persoal non docente
- Informe do terceiro trimestre sobre desenvolvemento do Plan
- Memoria final do Plan Dixital
- Os responsable do plan dixital realizan presenta un informe ao Claustro e Consello do 30 de xuño de como implementouse o Plan Dixital no centro durante o curso 2022-23
Avaliación
Cando falamos de procedementos para a avaliación enfocámonos na observación directa, cuestionarios e os informes persoais.
A observación directa a realizamos a través da “táboa de observación directa” en que contemplamos a conduta da comunidade educativa en aspectos relacionados co desenvolvemento do plan dixital no centro asi definimos uns indicadores e os agrupamos en tres categorías
- Plan de centro coeducativo
- Sensibilización da comunidade educativa
- Implicación da comunidade educativa
Coa observación directa contemplamos que a avaliación foi satisfactoria así acádanse 14 dos 17 indicadores, dos tres indicadores non acadados esta e a situación:
- Esta en proceso de ser acadado que a comunidade educativa este satisfeita coa estratexia de comunicación, dende a coordinación do plan dixital tentamos chegar a toda a comunidade educativa pero observamos que hai familias que non accede a información. Tentaremos mellorar a comunicación para o próximo curso.
- Esta en proceso de ser acadado utilizar a dixitalización na documentación do centro, taboleiro de anuncios, porque aínda se usa documentación en papel.
- Esta pendente que participen máis as familias en actuacións que teñen relación con plan dixital, porque ainda que participan na vida cotiá do centro, observamos que non participan nas actividades do plan dixital.
Os cuestionarios, habilitados en https://docs.google.com/forms/u/0/ comprenden un conxunto de preguntas a diferentes colectivos, alumnado, persoal non docente e profesorado sobre aspectos relacionados con la percepción que cada colectivo ten sobre a implantación, desenvolvemento e utilidade que ten ao seu parecer o plan dixital.
Unha vez realizados tendo a nosa disposición as resposta fixemos unha análise dos resultados que recollemos nun informe, que debemos destacar que foi moi satisfactorio en liñas xerais, pero vemos unha oportunidade de mellor aclaro no colectivo de persoal non docente.
Avaliación final completou á avaliación continua onde se valoren os resultados obtidos, as posibles melloras, erros cometidos, necesidades e grao de satisfacción coa experiencia. Para todo iso, empregaranse, entre outros, os seguintes criterios de avaliación:
-
O nivel de implicación do profesorado do centro foi moi alta, así un 86% do porfesorado participou na implementación e desenvolvemento do plan
-
O grao de consecución dos obxectivos establecidos dos 15 obxectivos plantexados, para este primeiro ano acadamos un resultado satisfactorio en 11 de eles, feito que consideramos positivo, no acadamos os seguintes obxectivos
-
A análise das causas que expliquen os resultados.
-
A revisión das actividades realizadas.
-
A idoneidade das actuacións programadas e dos recursos previstos para alcanzar os obxectivos.
-
A eficacia dos mecanismos de coordinación.
Da avaliación final levada a cabo no mes de xuño realizarase un informe final, que se plasmará na memoria do centro.
- Unha rede mais estable
- Renovación de parte dos equipos infomáticos
- Máis formación para as persoas implicadas no proxecto
- Mellora no asesoramento
Os obxectivos seguintes non acadados, tenraremos lograrlos no vindeiro ano:
O05PD Obxectivo- Saber consultar información na rede, tanto de temas de investigación profesional como de temas interesantes para a súa actividade docente.
• Indicador- Enquisa de satisfacción sobre as charlas informativas
• Indicador- Porcentaxe do profesorado que notifican incidencias e dificultades no uso de internet e ofimática
O07PD Obxectivo- Utilizar programas e contornas que faciliten a súa aprendizaxe e favorezan a adquisición de habilidades, destrezas e coñecementos
- Indicador- Valoración do alumnado sobre o material facilitado polas persoas titoras
- Indicador- Porcentaxe de titorías que aloxan na aula vritual recursos que faciliten a aprendizaxe e as destrezas
O13PD Obxectivo- Garantir na contorna virtual do centro a protección de datos de todos os seus usuarios.
- Indicador- Porcentaxe de profesorado e persoal non docente que coñece o Regulamento Xeral de Protección de Datos e a Lei de Protección de Datos e Garantía de Dereitos Dixitais.
Comunicación e difusión
O primeiro paso será a inclusión do Plan Dixital no Proxecto Educativo do Centro.
Posteriormente o equipo de dinamización do plan ao inicio de curso (setembro) poñerá en coñecemento do Claustro e do Consello escolar o devandito plan, e informará dos aspectos máis relevantes do mesmo.
Seguindo coa difusión, todos os membros do Claustro do profesorado reciben unha copia do plan dixital a través do correo cooperativo edu.xunta.gal e os/as xefes/as de departamento e coordinadores/as de ciclo deben certificar nas actas das súas primeiras reunións, que o plan foi lido e implementado nas respectivas programacións.
Por outra banda unha copia Plan Dixital enviarase tamén aos membros do Consello Escolar a través do correo cooperativo “edu.xunta.gal”
Para que toda a comunidade educativa do centro teña acceso ao plan este publicarase na paxina web do centro no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiatios/?q=node/1321
O alumnado recibirá información do Plan Dixital por parte dos/as titores/as nas primeiras reunións de titoría que teñan con eles no mes de setembro. Ademais mostrarán ao alumnado o enlace da páxina web onde poden atopar o plan.
Como último canle de difusión usaremos o espazo abalar onde crearemos un aviso para todas as familias, informando que implementaremos o Plan dixital no centro e o enlace onde poden atopar o mesmo.