Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Ao finalizar o primeiro trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:
-
Obxectivo O01PD: Favorecer intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros,tanto entre o profesorado do propio centro coma con outros centros atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
-
AO1.1: En proceso.
-
AO1.2: En proceso
-
AO1.3: En proceso
-
-
Obxectivo O02PD: Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EI atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
-
AO2.1: En proceso.
-
AO2.2: Pendente.
-
AO2.3: Pendente.
-
-
Obxectivo O03PD: Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EP atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
-
AO3.1: En proceso.
-
AO3.2: Pendente.
-
AO3.3: Pendente.
-
-
Obxectivo O04PD: Actualizar os dispositivos dixitais do centro atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
-
AO4.1: Acadado
-
AO4.2: Acadado
-
AO4.3: Pendente.
-
AO4.4: Pendente.
O desenvolvemento do Plan Dixital estase levando a cabo correctamente, cumprindo os prazos previstos e cun bo grao de implantación no centro das accións programadas. No momento en que se leve a cabo a formación previstas para a segunda avaliación, será un pulo importante para o desenvolvemento das accións que restan do plan, así como a actualización dos dispositivos.
-
Ao finalizar o segundo trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:
-
Obxectivo O01PD: Favorecer intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros,tanto entre o profesorado do propio centro coma con outros centros atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
-
AO1.1: En proceso.
-
AO1.2: En proceso
-
AO1.3: En proceso
-
-
Obxectivo O02PD: Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EI atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
-
AO2.1: En proceso.
-
AO2.2: En proceso.
-
AO2.3: En proceso.
-
-
Obxectivo O03PD: Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EP atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
-
AO3.1: En proceso.
-
AO3.2: En proceso.
-
AO3.3: En proceso.
-
-
Obxectivo O04PD: Actualizar os dispositivos dixitais do centro atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
-
AO4.1: Acadado
-
AO4.2: Acadado
-
AO4.3: Non se considera necesario debido á dotación suministrada desde a Administración.
-
AO4.4: Non é necesaria ao non levarse a cabo a acción AO4.3.
-
O desenvolvemento do Plan Dixital estase levando a cabo correctamente, cumprindo os prazos previstos e cun bo grao de implantación no centro das accións programadas. A formación está a piques de rematar, o que supón un avance importe nas accións que restan, do mesmo xeito que o supuxo para obxectivo O04PD toda a dotación informática achegada pola administración.
Ao finalizar o terceiro trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:
-
Obxectivo O01PD: Favorecer intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros,tanto entre o profesorado do propio centro coma con outros centros atópase acadado sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
-
AO1.1: Acadado.
-
AO1.2:Acadado
-
AO1.3: Acadado
-
O obxectivo 1 está totalmente acadado ao terse organizado un total de 4 actividades de intercambio co CEIP A Ramallosa, así como dentro do proxecto “En torno a tu entorno” cos centros CEIP Talhara de Benacazón (Sevilla), co centro CEIP Tirant lo blanc de Alzira (Valencia) e CEIP Santa Florentina de Madrigal de la Vera (Cáceres), onde se realiza un intercambio de experiencias no centro, incluíndo o eido dixital. Ademais, neste último proxecto realízanse conexións por videoconferencia entre os distintos centros participando en algunhas delas o alumnado dos centros.
En relación a este último proxecto, pódese ver un resumo das actividades levadas a cabo durante o intercambio na seguinte web:
https://sites.google.com/ceiptalhara.es/blogagrupacinescolargalextandm/inicio?pli=1
-
Obxectivo O02PD: Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EI atópase parcialmente acadado sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
-
AO2.1:Acadado
-
AO2.2: Acadado parcialmente
-
AO2.3: Acadado parcialmente
-
O obxectivo 2 está parcialmente acadado ao ter publicado cada un dos/as de Educación Infantil participantes no PFPP un mínimo de 1 recursos na aula virtual. Algúns dos docentes superaron este indicador e crearon os 2 recursos marcados como obxectivo ou incluso máis.
-
Obxectivo O03PD: Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EP atópase parcialmente sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
-
AO3.1: Acadado
-
AO3.2: Acadado parcialmente
-
-
AO3.3: En proceso.
-
-
O obxectivo 3 está parcialmente acadado ao ter publicado cada un dos/as de Educación Primaria participantes no PFPP un mínimo de 1 recursos na aula virtual. Algúns dos docentes superaron este indicador e crearon os 2 recursos marcados como obxectivo ou incluso máis.
Obxectivo O04PD: Actualizar os dispositivos dixitais do centro atópase acadado sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
- AO4.1: Acadado
- AO4.2: Acadado
- AO4.3: Non se considera necesario debido á dotación suministrada desde a Administración.
- AO4.4: Non é necesaria ao non levarse a cabo a acción AO4.3.
Polo tanto, o obxectivo 4 está totalmente acadado, dado que foron actualizados os dispositivos dixitais tanto dos xa dispoñibles que foron revisados pola UAC, como grazas a dotación dixital que recibiu o centro e que evitou a necesidade de solicitar un orzamento e compra de equipamento ao quedar cubertas as necesidades.
O desenvolvemento do Plan Dixital levouse a cabo correctamente, cun bo grao de implantación no centro das accións programadas. Os obxectivos 01 e 04 están totalmente cumpridos e os obxectivos 03 e 04 están parcialmente cumpridos ao non ter todo o profesorado os 2 recursos, pero si teñen todos eles 1.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Os obxectivos 01 e 04 están totalmente cumpridos, mentres que o 02 e o 03, están parcialmente cumpridos ao estar creado un recurso por todo o profesorado e algún cumprir o indicador de 2 recursos.
Desde o centro consideran que foron obxectivos útiles os levados a cabo, principalmente o 01 e o 04. No caso dos obxectivos 02 e 03 coa pequena idade do alumnado na que se potencia máis o contacto coa contorna, a manipulación e as sensacións e emocións, non sendo tan determinantes a aplicación de recursos dixitais.
Considérase preciso continuar coa formación do profesorado e mellorar a web.
Comunicación e difusión
En Xuño do 2022, o Plan Dixital será aprobado polo consello escolar, unha vez oído o claustro. Posteriormente publicarase na páxina web do centro.
Ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/crateo/system/files/CRAdeTeo_PlanDixital_V1_2022.pdf