Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Para procedemento de seguimento do desenvolvemento da consecución de obxectivos do plan establécense en dúas liñas:
- Unha avaliación procesual: Unha vez ao trimestres farase unha valoración dos resultados acadados e, de ser o caso, realizaranse as modificación de acción e propostas de mellora. Algún dos aspectos a valorar son os que a continuación se expoñen:
A formación desenvolvida axustase ás necesidades
A temporalización da formación é axeitada
Os equipamentos empregados son os suficientes
A participación do profesorado está sendo a esperada
As actividades formativas do alumnado están adaptadas para á etapa educativa
As conferencias de uso das novas tecnoloxías para o alumado, supoñen unha concienciación do uso responsable.
A resposta en Abalar das familias aumenta en porcentaxe
O profesorado de infantil utiliza Abalar nas comunicacións coas familias
O profesorado de primaria utiliza Abalar nas comunicación coas familias.
O profesorado especialista utiliza Abalar nas comunicacións coas familias
As familias utilizan Abalar para comunicarse co profesorado
O proxecto na rede Agueiros axuda no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado de 5º e 6º.
Cos datos acadados faranse as propostas de mellora.
Ao remate do primeiro trimestre o estado de cada un dos obxectivos e acción vinculadas é o seguinte:
OBX O01PD: Mellorar a competencia dixital do profesorado. As accións son as seguintes:
AO1.1: Acadado
AO1.2: Pendente
AO1.3: Pendente
OBX O02PD: Promover comunicación profesorado /familias mediante o uso da ferramenta Abalarpro.
AO2.1: Aprazada. Comenzamos pola formación Agueiro.
AO2.2: Aprazada. Comenzamos pola formación Agueiro.
AO2.3: Pendente.
OBX O03PD: Fomentar un uso adecuado e responsable das novas tecnoloxías por parte do alumnado de 5º e 6º de Primaria.
AO3.1: Pendente
AO3.2: Pendente
OBX O04PD: Iniciar ao alumnado de 5º e 6º de Primaria en proxectos colaborativos a través da rede Agueiro.
AO4.1: En proceso
AO4.2: Aprazada pendente de recibir a formación.
AO4.3: Pendente
O desenvolvemento do Plan Dixital se está levando a cabo correctamente a excepción da fprmación Abalar Pro que está aprazada. No momento do remate da formación, poderase completar o resto de accións.
Ao remate do segundo trimestre o estado de cada un dos obxectivos e acción vinculadas é o seguinte:
OBX O01PD: Mellorar a competencia dixital do profesorado. As accións son as seguintes:
AO1.1: Acadado
AO1.2: En proceso
AO1.3: Acadado
OBX O02PD: Promover comunicación profesorado /familias mediante o uso da ferramenta Abalarpro.
AO2.1: Non necesario.
AO2.2: Acadado.
AO2.3: Acadado.
O obxectivo 2 está totalmente acadado.
OBX O03PD: Fomentar un uso adecuado e responsable das novas tecnoloxías por parte do alumnado de 5º e 6º de Primaria.
AO3.1: En proceso.
AO3.2: Pendente
OBX O04PD: Iniciar ao alumnado de 5º e 6º de Primaria en proxectos colaborativos a través da rede Agueiro.
AO4.1: En proceso
AO4.2: Acadado.
AO4.3: En proceso.
O desenvolvemento do Plan Dixital se está levando a cabo correctamente a excepción da formación Abalar Pro que non se considerou necesaria ao atoparse o profesorado manexando esta aplicación e acadándose o obxectivo final. A formación rematou, estanse iniciando os proxectos derivados dela.
Ao remate do terceiro trimestre o estado de cada un dos obxectivos e acción vinculadas é o seguinte:
OBX O01PD: Mellorar a competencia dixital do profesorado. As accións son as seguintes:
AO1.1: Acadado
AO1.2: Acadado
AO1.3: Acadado
O obxectivo 1 está parcialmente acadado, dado que se tiña como valor obxectivo a participación dun 60% do profesorado. Anotáronse no PFPP 18 docentes dos 32 cos que conta o centro, aínda que finalmente remataron a formación 16 destes docentes, supoñendo un 50% do claustro.
OBX O02PD: Promover comunicación profesorado /familias mediante o uso da ferramenta Abalarpro.
AO2.1: Non necesario.
AO2.2: Acadado.
AO2.3: Acadado.
O obxectivo 2 está totalmente acadado. Non foi preciso levar a cabo a formación, pois co fomento por parte do centro e a titorización entre iguais foi suficiente que actualmente todas as comunicacións se realicen en Abalar.
OBX O03PD: Fomentar un uso adecuado e responsable das novas tecnoloxías por parte do alumnado de 5º e 6º de Primaria.
AO3.1: Acadado.
AO3.2: Pendente, por falta de tempo a final de curso.
O obxectivo 3 está parcialmente acadado ao terse realizado unha das dúas charlas que se tiñan por obxectivo fixadas.
OBX O04PD: Iniciar ao alumnado de 5º e 6º de Primaria en proxectos colaborativos a través da rede Agueiro.
AO4.1:Acadado
AO4.2: Acadado.
AO4.3: Acadado
O obxectivo 4 está totalmente acadado ao terse elaborado un proxecto colaborativo a través de Agueiro.
O desenvolvemento do Plan Dixital levouse a cabo correctamente a excepción da formación Abalar Pro que non se considerou necesaria ao atoparse o profesorado manexando esta aplicación e acadándose o obxectivo final.Tamén quedou pendente o obradoiro co concello por falta de tempo a final de curso. As restantes accións están totalmente realizadas e os obxectivos acadados.
Avaliación
Unha avaliación final desenvolverase no mes de xuño, algún dos aspectos a avaliar son os que a continuación se expoñen.Os indicadores serán os seguintes:
Acádanse a totalidade dos obxectivos propostos
Liñas prioritarias axústanse aos obxectivos marcados
Leváronse a termino todas a liñas prioritarias
A participación do foi a esperada
Os indicadores son significativos dos obxectos
A temporalización foi a adecuada
Implicación na aula dos obxectivos do plan
Na memoria do Plan Dixital se proporán pas propostas de mellora e as liñas de mellora para o seguinte curso escolar.
O desenvolvemento do Plan Dixital levouse a cabo correctamente a excepción da formación Abalar Pro que non se considerou necesaria ao atoparse o profesorado manexando esta aplicación e acadándose o obxectivo final.Tamén quedou pendente o obradoiro co concello por falta de tempo a final de curso. As restantes accións están totalmente realizadas e os obxectivos acadados.
Desde o centro considerouse útil as accións levadas a cabo.
Considerase necesario continuar coa formación do profesorado.
Comunicación e difusión
O presente Plan Dixital unha vez informado ao Claustro de Profesores e presentado ao Consello Escolar para a súa aprobación publicarase na páxina web do centro e disporase na secretaría en formato papel para a consulta da comunidade educativa.